Guerra civil española

A guerra civil española[7] foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948.

O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.

Guerra civil española
Bundesarchiv Bild 183-H25224, Guernica, Ruinen

A cidade de Guernica devastada pola aviación fascista en 1937.
Data 17 de xullo de 1936-1 de abril de 1939
Lugar España continental e insular, Marrocos Español, Sáhara español, Guinea Española.
Resultado Vitoria do bando nacional ou sublevado.
Belixerantes
Flag of Spain (1931–1939).svg II República Española
Flag of the International Brigades.svg B. Internacionais
Bandera CNT-AIT.svg Milicias confederais
Bandera del bando nacional 1936-1938.svg Bando nacional
Flag of the NSDAP (1920–1945).svg Alemaña nazi
Flag of Italy (1861–1946).svg Italia fascista
Forzas en combate
Exército Popular
-750.000 homes[1]
-1500 pezas de artillería[1]
~800 tanques e carros blindados[2]
Forzas da orde
~16.400 gardas civis
~7.900 carabineiros
~12.000 gardas de asalto
Forzas aéreas da República Española
1300 avións[3]
Armada Republicana
~13.000 efectivos da Armada
-1 acoirazado
-3 cruceiros
-14 destrutores
-12 submarinos
Brigadas internacionais
~59.380
Exército Nacional
-800.000 homes[4](65.000 no comenzo)
-2000 pezas de artillería[3]
~300 tanques e carros blindados[3]
Forzas da orde
~15.800 gardas civís
~6.500 carabineiros
~5.000 gardas de asalto
Exército de África
-75.000 homes[2]
Aviación nacional
~1500 avións[5]
Armada nacional
~7.000 efectivos da Armada
-1 acoirazado
-4 cruceiros
-1 (+4*) destrutores
-2* submarinos
* Vendidos por Italia en 1937
Lexión Cóndor
-15.000 efectivos
~100 avións[3]
Corpo Truppe Volontarie
-75.000 efectivos[2]
~120 avións[3]
Baixas
~500.000 (~120.000 na retagarda)[6]

Antecedentes

Artigo principal: Segunda República española.
Bundesarchiv Bild 102-09411, Primo de Rivera und der König von Spanien
Afonso XIII e o ditador Primo de Rivera, marzo de 1930

Despois da falta de confianza cara ao rei Afonso XIII expresada na segunda rolda das eleccións municipais do 12 de abril de 1931, o rei parte cara ao exilio e o 14 de abril proclámase a Segunda República española. Dende esa data asume o poder un goberno deseñado no Pacto de San Sebastián. O 28 de xuño realízanse unhas novas eleccións que repiten o voto de confianza a republicanos e socialistas. Comeza así o Bienio republicano-socialista, tamén coñecido como Bienio reformista, que iniciou o seu labor nun contexto económico adverso co crac da Bolsa de Nova York de 1929 e a Gran Depresión. Aínda que non afectou a España coa mesma intensidade que a outros países máis desenvolvidos, a crise provocou o aumento do paro e o estancamento da produción. En Europa, esta perda do nivel de vida derivada da crise fixo avanzar as solucións ditatoriais, autoritarias ou fascistas.

A República herdaba tamén as consecuencias dos erros económicos da ditadura de Miguel Primo de Rivera. A crise da peseta, que non soubo atallar durante a ditadura o ministro de Facenda José Calvo Sotelo, provocou, ante a chegada da República, que os ricos traspasaran parte dos seus cartos cara ó exterior (até 917 millóns de pesetas entre o 1 de abril e o 30 de xuño, cantidade equivalente ó 15% dos depósitos totais), temorosos das reformas fiscais ou mesmo da revolución social. Esta retirada de capital, xunto coa limitación dos investimentos, provocou un novo aumento do paro, principalmente no campo. Isto provocou un clima de tensión que estaría presente durante toda a República.

Bienio republicano-socialista

Aínda e todo o goberno republicano-socialista realizou importantes reformas, que moitas veces chocaron de fronte cos sectores privilexiados e poderosos, que vían ameazada a súa concepción social, económica e institucional. Así redactouse unha Constitución que definía España como unha República democrática de traballadores de toda clase, que se organiza en réxime de liberdade e xustiza. Ademais garantía dereitos individuais e colectivos inéditos no estado até aquela.

En 1932 aprobouse o Estatuto de autonomía de Cataluña, visto por algúns membros do exército como un atentado contra a “sacra unidade da patria”, a pesar de que a república naceu unitaria e non federal. Ademais comezou o vieiro dos Estatutos vascos e galego, que no caso do vasco remataría en 1936 e no caso galego, a pesar de ser aprobado en referendo, nunca chegou a entrar en vigor polo comezo da guerra civil. A cuestión territorial foi un foco de tensións. O malestar no exército fíxose patente no levantamento militar do xeneral José Sanjurjo Sacanell. Este golpe de estado (coñecido como Sanjurjada) produciuse o 10 de agosto de 1932 en Sevilla e resultou un fracaso. Sanjurjo tentou fuxir a Portugal pero foi detido en Huelva.

Tamén foron de vital importancia a reforma do exército emprendida por Manuel Azaña e a reforma educativa que constituíu un dos éxitos máis grandes da República, realizando un esforzo encomiable para reducir a taxa de analfabetismo e para a educar os meniños, cun ensino obrigatorio, gratuíto e laico. Pero onde se atopou unha confrontación máis belixerante foi na reforma agraria e na cuestión relixiosa, das que se falará máis adiante. Por mor desta forte oposición dos sectores privilexiados a ver minguado o seu poder que durante séculos exerceu, as reformas sociais efectuábanse moi lentamente co conseguinte enfado popular, que sumado ó descontento das clases dominantes creou un clima de descontento popular, que culmina nunha serie de levantamentos anarquistas, dos que son salientables os Sucesos de Casas Viejas e Castilblanco, reprimidos con dureza e que provocan un forte balbordo político, a caída do Goberno e a celebración de eleccións anticipadas en 1933.

Bienio radical-cedista

Artigo principal: Bienio radical-cedista.
CEDA flag
CEDA.

Nas eleccións xerais de novembro gañaron as dereitas, resultando a CEDA como partido máis votado. Porén o presidente da República, Niceto Alcalá-Zamora, mandou formar goberno a Alejandro Lerroux, do Partido Republicano Radical, que contou co apoio parlamentario da CEDA. Comezaba así o coñecido como Bienio negro, debido á política contrarreformista e de retroceso que se realizou. O primeiro goberno formado contaba tan só con membros do Partido Republicano Radical e con ningún da CEDA que condicionou o seu apoio a que as escolas eclesiásticas seguiran activas, que se paralizara a Lei de Congregacións, se revisara a lexislación laboral e se detivera a reforma agraria. Nesta política contrarreformista, de rectificación das reformas do anterior bienio, tamén se encontra a paralización dos estatutos vasco e galego así como a amnistía ós participantes no golpe de estado de José Sanjurjo Sacanell.

En Cataluña o goberno central anulou a LLei de contractes de conreu que facilitaba o acceso á propiedade da terra ós arrendatarios dos viñedos. Ricardo Samper, daquela xefe de goberno e que apoiara a lei tivo que dimitir ante a intransixencia das dereitas ante esta lei. Ante esta crise as esquerdas pedían a disolución das Cortes e a convocatoria de novas eleccións. A CEDA, en troques, aspiraba a entrar no goberno, e trala volta de Lerroux á xefatura do goberno, finalmente entran tamén tres membros da CEDA. A UGT convocou unha folga xeral revolucionaria que seguiron os partidos de esquerda e centro-esquerda co ánimo de botar abaixo o goberno. O goberno declarou ilegal esta folga e declarou o estado de guerra en toda España. A folga comezou o 5 de outubro e tivo seguimento nas principais cidades, mais tería unha relevancia notoria en Cataluña e Asturias.

Seal of the Generalitat of Catalonia
O Goberno suspende a Generalitat de Cataluña.

En Cataluña a folga xeral foi unida ó descontento da esquerda nacionalista pola lentitude das transferencias de competencias conseguidas co estatuto de autonomía. O goberno da Generalitat de Cataluña presidido por Lluís Companys, de Esquerra Republicana de Catalunya, proclama o Estado Catalán dentro dunha República Federal Española. Este feito provocou a intervención do Exército, que axiña domina a situación despois dalgunhas loitas e o canoneo da cidade, nas que morren unhas 46 persoas (8 soldados e 38 civís), a detención de Companys e a fuxida de Josep Dencás (conseller de Governació). A autonomía catalá foi suspendida polo Goberno e a Generalitat de Cataluña foi substituída por un Consell de la Generalitat designado polo Goberno, nomeando a Manuel Portela Valladares gobernador xeral de Cataluña. A lei de Cultivos foi anulada. O President da Generalitat e os seus seguidores foron detidos e procesados. O consello de guerra ditou pena de morte contra dous militares rebeldes e condenou a Companys a 30 anos de reclusión por “rebelión militar”.

Mais foi en Asturias onde a folga obtivo un maior carácter revolucionario. Alí a CNT mantiña unha postura máis proclive á formación de alianzas obreiras que noutras zonas de España. Deste xeito adheriuse na Alianza Obrera na que estaban a Federación Socialista Asturiana, a Unión General de Trabajadores e a Confederación Regional del Trabajo, e fóronse engadindo ós poucos outros partidos. A insurrección posuía certa organización e os obreiros tiñan acceso a armas. O goberno recorreu a Francisco Franco para afogar a rebelión, que finalmente custou a vida a 1.100 persoas e 300 soldados e gardas civís, provocando 2.000 feridos. A represión que se realizou a continuación foi durísima, e a petición de amnistía para os presos foi un dos principais puntos no programa do Frente Popular. O goberno, ante a derrota dos seus adversarios, saíu fortalecido, mais a CEDA quería máis poder no goberno. Ante esta situación, e despois de que Alcalá Zamora indultara a Ramón González Peña (indulto ó que a CEDA se opuña), Lerroux tivo que formar un novo goberno no que a CEDA acadou cinco ministros, entre eles Gil Robles, na carteira de guerra, que colocou en postos chaves a militares como o xeneral Joaquín Fanjul, Francisco Franco, Manuel Goded ou Emilio Mola.

A finais de 1935 producíronse dous escándalos de corrupción que botaron abaixo o goberno. O primeiro foi o do estraperlo en outubro, que provocou un forte desprestixio de Alejandro Lerroux. Alcalá-Zamora fixo dimitir a Lerroux e encargou formación de novo goberno a Joaquín Chapaprieta, pero ó pouco chegou un novo escándalo de corrupción, o de Tayá-Nombela. Gil Robles retiroulle o seu apoio a Chapaprieta, confiando en ser nomeado o novo encargado de formar goberno. Pero Alcalá-Zamora, temoroso da reacción popular, preferiu un home de centro, Manuel Portela Valladares. Portela Valladares decretou a disolución das Cortes e convocou eleccións para o 16 de febreiro de 1936.

A Fronte Popular

Nestas eleccións saíu vencedora a Fronte Popular, unha coalición de partidos republicanos de esquerda. A reacción popular foi inmediata, a xente apresurábase a sacar dos cárceres os presos políticos antes aínda de chegar a amnistía. O Xefe do Estado Maior Central, xeneral Franco, deulle o apoio do exército a Manuel Portela Valladares para que "non deixara pasar o comunismo". Intentou promover entre algúns militares unha sublevación. Goded tamén tentou sublevar o cuartel da Montaña de Madrid e outros dous xenerais que estiveran en todas as conspiracións contra a República, Joaquín Fanjul e Ángel Rodríguez del Barrio, sondexaron esa posibilidade. Franco non viu o momento maduro e botouse para atrás, aínda que eses días do 17 ó 19 de febreiro estivo máis preto que nunca de dar un golpe militar. Portela Valladares decidiu dimitir, polo que Alcalá-Zamora tivo que ordenar a Manuel Azaña que formase goberno. O día 19 de febreiro Azaña forma o goberno no que inclúe tan só republicanos de esquerda, decidindo non incluír ningún socialista (aínda que Largo Caballero xa vetara a participación do PSOE no novo goberno). Pese o moderado do novo goberno, as dereitas reaccionaron coma se os soviéticos acadasen o poder. A primeira medida do novo goberno foi a concesión dunha amnistía. Desde o comezo procedeuse a unha restauración das reformas emprendidas no primeiro bienio. Así se restauraron Generalitat de Catalunya, os concellos socialistas suspendidos dende outubro de 1934 e os concellos vascos suspendidos no verán de 1934. Reactívanse os procesos dos estatutos de autonomía, de tal xeito que o 1 de outubro se aproba Estatuto de Autonomía de Euskadi e en febreiro de 1938[8] o Estatuto de Autonomía de Galicia é admitido a trámite (aínda que non foi discutido nin aprobado). Reanudáronse tamén os traballos do Instituto de Reforma Agraria e enviáronse os militares máis proclives ó golpismo lonxe de Madrid.

Monumento a José Calvo Sotelo (Madrid) 02
O asasinato de José Calvo Sotelo xustificará a guerra

A inestabilidade e tensión social provocou que algúns partidos políticos comezaran a formar as súas milicias. A Falange Española comezou a provocar a maior desorde e terror posibles (a “dialéctica dos puños e das pistolas”). O 10 de marzo a Falange atentou contra a vida do mestre Luis Jiménez de Asúa, asasinando o policía Jesús Gisbert que o escoltaba. O 14 de marzo, de novo a Falange, atentou contra a vida de Largo Caballero, sen éxito. Pouco despois a Falange Española foi ilegalizada. Pero non por iso deixaba de actuar: asasinaron a Manuel Pedregal, un maxistrado que sentenciara a 30 anos de cárcere un falanxista que matara un vendedor de xornais de esquerdas; puxeron unha bomba no desfile conmemorativo do 14 de abril, resultando durante a confusión morto un Garda Civil a disparos da Garda de Asalto (no enterro deste houbo enfrontamentos entre a Falange e a Garda de Asalto, resultando varios mortos e feridos); asasinaron o xornalista Manuel Andrés en Donostia, o tamén xornalista Luciano Malumbres en Santander e o capitán socialista Carlos Faraudo en Madrid; abriron fogo de metralleta no centro de Madrid contra traballadores, matando 3 e ferindo 40, o día 16 de abril. A tensión non minguaba.

O día 7 de abril Alcalá-Zamora é destituído coma presidente da República. A proposición redactada por Indalecio Prieto e Manuel Azaña e presentada no Congreso dos deputados o 3 de abril, sinala que non foi necesaria a disolución das Cortes o 7 de xaneiro de 1936, e que, seguindo a Constitución un presidente non pode disolver as Cortes dúas veces se non é coa aprobación da Cámara. Como substituto seu foi elixido Manuel Azaña. Indalecio Prieto aspiraba a ser o novo presidente do goberno, pero nunha votación do seu partido a maioría decidiron que o PSOE non entrara no goberno. Manuel Azaña nomeou presidente do goberno o galego Santiago Casares Quiroga.

En xullo de 1936 aconteceron uns importantes sucesos, que se ben non desencadearon o alzamento, si que lles serviu para xustificalo. O 12 de xullo uns falanxistas asasinaron o tenente da Garda de Asalto José Castillo, membro da UMRA. Algúns dos seus compañeiros decidiron vingarse ó día seguinte, asasinando a tiros o líder da dereita monárquica, autoproclamado fascista[9], José Calvo Sotelo.

Sublevación

Artigo principal: Sublevación do 18 de xullo de 1936.

A conspiración contra a República comezou no mesmo momento no que se deu a coñecer o pacto dos partidos da esquerda para formaren o Frente Popular que había concorrer ás eleccións do 16 de febreiro. Despois das eleccións finalizadas co triunfo do Frente Popular, os militares presionaban sobre o presidente do goberno en funcións Manuel Portela Valladares para que declarase o estado de guerra. Portela sen chegar a declaralo dimitiu o 19 de febreiro, formando Azaña un novo goberno que envía os militares que máis se destacaran na conxura fóra de Madrid, Franco a Canarias, Goded a Mallorca e Emilio Mola a Pamplona, que se preparou alí para organizar o levantamento. Entre o 5 e o 12 de marzo reuniuse coa maioría dos militares golpistas, entre outros Franco (co que contactaron dende o principio, pero que non confirmou a súa participación até o asasinato de Calvo Sotelo), Mola, Orgaz, Fanjul e Valentín Galarza. Alí Mola comentou que estaba preparando un levantamento que podería suceder o 19 de abril, mais a conspiración foi descuberta polo PCE, o que forzou o goberno a tomar medidas. A pesar de todo seguiuse adiante coa trama golpista. Na dianteira da trama organizada por Emilio Mola tamén estaría José Sanjurjo Sacanell. Polo tanto, Mola convértese no verdadeiro reitor da conspiración (o denominado “director”), crea unha rede de axentes para preparala, entre os que salienta Gonzalo Queipo de Llano, inspector dos carabineiros, e conecta cos carlistas que estaban preparando a súa propia insurrección para a que crearan unha Xunta Suprema Militar Carlista. Tamén participan da preparación do alzamento a Unión Militar Española, e a Junta de Generales (da que era coordinador Emilio Mola)—, monárquicos, carlistas e outros sectores da extrema dereita.

A esquerda tentou aproximarse ós militares, sobre todo mediante a Unión Militar Republicana Antifascista (UMRA). Un grupo de aproximadamente 200 militares desta organización desprazouse a África coa intención de secuestrar os xefes golpistas, pero esta operación foi descuberta por Casares Quiroga e desmontada deseguido. Os dirixentes do UMRA reuníronse con Casares Quiroga para avisalo do alzamento previsto para o 16 de xullo e déronlle os nomes dos militares golpistas: Franco, Mola, Goded, Varela, Aranda, Fanjul, Yagüe, García Valiño e Alonso Vega. O presidente do goberno non deu creto a estas afirmacións respondendo que non existía perigo ningún de insurrección.

En xullo de 1936 aconteceron uns importantes sucesos, que se ben non desencadearon o alzamento, si que se empregaron para xustificalo. O 12 de xullo uns falanxistas asasinaron o tenente da Garda de Asalto José Castillo, membro da UMRA. Algúns dos seus compañeiros decidiron vingarse e achegáronse ó domicilio de Antonio Goicoechea, pero ó non atoparse alí foron ó de Gil Robles, que tampouco se atopaba alí, e definitivamente ó de José Calvo Sotelo, que foi asasinado a tiros[10].

Finalmente as ordes definitivas de Mola foron que o exército de África se sublevase ás 5 da mañá do día 18 de xullo e 24 horas máis tarde en toda a península. O exército de África tería que controlar o Marrocos español, e logo ser transportado vía marítima a Andalucía, polo que a frota tamén tiña que sublevarse.

Este plan foi descuberto o 17 de xullo en Melilla, debido a que un dos dirixentes locais da Falange de Melilla informa o dirixente local de Unión Republicana, chegando esta información ó Xeneral Romerales, Comandante Militar de Melilla, que á súa vez informa a Casares Quiroga. Romerales envía pola tarde unha patrulla de soldados e gardas de asalto a rexistrar o departamento cartográfico. O coronel ó mando do mesmo atrasa o rexistro e chama ó cuartel da Legión, dende onde envían un grupo de lexionarios. Ante estes, a patrulla réndese e os sublevados proceden a arrestar a Romerales, proclaman o estado de guerra e inician anticipadamente o levantamento, informando os seus compañeiros do resto de Marrocos de que foran descubertos, pese ó risco de que os demais conspiradores non estiveran preparados. Así e todo, na noite do 18 de xullo xa se eliminara a resistencia no Marrocos español.

Francisco Franco dirixiuse a Marrocos dende Canarias no famoso voo no Dragon Rapide, alugado co diñeiro de Juan March, para comandar as tropas regulares.

Para pasar as tropas regulares á península necesitou pedir apoio ás forzas nazis e fascistas, xa que o estreito de Xibraltar estaba controlado polas tripulacións da escuadra republicana, que se amotinaran contra os oficiais rebeldes. Hitler envioulle a Franco unha partida de 20 Junker e 6 cazas Heinkel. O obxectivo de Hitler era que co triunfo dun golpe militar dereitista, Francia perdera un posible aliado. Pola súa banda Mussolini enviou unha escuadrilla de 12 bombardeiros Savoia-Marchetti S.M.81 e 2 buques mercantes con cazas FIAT CR.32.

Bundesarchiv Bild 146-1968-048-15, Spanischer Bürgerkrieg
Milicianas ao principio da guerra. No bando da Fronte Popular o poder pasou do goberno ás milicias antifascistas

Pese a todo, o apoio á sublevación non foi maioritario entre o exército. Dos 18 xenerais con mando de división, incluídos da Garda Civil e de Carabineiros, é dicir, os que controlaban as unidades de intervención máis importantes, unicamente se sublevaron 4: Cabanellas, Queipo de LLano, Goded e Franco e só Cabanellas mandaba a tropas na península. Outros dous xenerais de división en situación de dispoñibles que interviñeron na sublevación foron Fanjul e Saliquet.
Entre os xenerais de brigada só 14 de 56 apoiaron o golpe de estado. Os sublevados contaban inicialmente cuns 120.000 homes armados, dos 254.000 que había nese intre na península, nas Illas i en África[11].

Mais varios factores confluíron para daren superioridade ós alzados e diminuír a eficacia de quen permaneceron leais. Un foi a orde xeral do goberno de desmobilizar os soldados, para minguar forza ós militares rebeldes, que porén conseguiu o efecto contrario, xa que moitos deses soldados, naquelas zonas onde fracasou a sublevación, se negaron despois a volver ás súas unidades e, baixo o amparo da mobilización revolucionaria e popular, ingresaron nas milicias. Os anarquistas e socialistas, os primeiros en organizar milicias, desconfiaban en gran parte destes xefes e oficiais. Truncábase así dende o comezo o que podía ter sido o exército republicano.

Para os sublevados era todo diferente xa que, a pesar de o exército peninsular non estar tampouco moi preparado para a guerra, contaban con forzas disciplinadas e organizadas. Sobre todo dispuxeron dende o comezo co exército de África, coa case totalidade dos seus 1.600 xefes e oficiais e dos 40.000 homes baixo seu mando. A súa tropa máis coñecida era a Legión, composta de prófugos, delincuentes e marxinados que eran introducidos no culto á violencia e á virilidade. Ó carón da Legión estaban tamén as Forzas Regulares Indíxenas, composta por mercenarios marroquís e algúns españois.

A sublevación na península non triunfou, mais tampouco foi esmagada pola ineficiencia do goberno.

Comezo

Spanis Civil War 1936-ca
Faccións no inicio da guerra civil española. En azul a zona nacional e en vermello a republicana. O verde amosa as conquistas rápidas dos nacionais

No principio do alzamento, España viuse dividida en dúas zonas segundo a facción que tiña o control:

  • A republicana, principalmente no levante, fiel á II República española
  • A nacional no occidente, constituída polos partidarios do golpe de estado.

Tras cinco días, o protectorado de Marrocos, Canarias, Baleares, Galicia, Logroño, Aragón e Navarra enfrontábanse a Asturias, Cantabria, Euskadi, (nas súas maiores cidades, non no rural) Menorca, Cataluña, Andalucía e Murcia. Os pretextos do bando sublevado foron o desgoberno e os resultados dos partidos da esquerda (coligados no partido chamado Frente Popular) nas eleccións de maio de 1936, que achegaban o risco dunha revolución social comunista e a ruptura da unidade española por mor dos estatutos de autonomía; pero, en realidade, o alzamento resulta ser consecuencia dunha tensión social -a das dúas Españas- entre a parte conservadora do país (Falanxe e Igrexa católica), que ía indefectiblemente perdendo os seus privilexios, e a toma do poder por parte da esquerda (nacionalistas, comunistas e anarquistas).

Bandos

Co inicio da guerra, España quedou dividida en dúas zonas: O bando republicano, tamén chamado "bando leal" ou, polos sublevados "bando roxo"; e o bando nacional, tamén chamado "bando sublevado", "franquista", e "fascista".

O bando republicano

Reemplazo republicano
Reemprazo de voluntarios do exército republicano destinados á fronte de Teruel, 1938
  • Flag of the Second Spanish Republic.svg Segunda República Española (véxase tamén Exército Popular): No bando republicano ficaron os partidos que apoiaban á Fronte Popular, xeralmente de esquerdas. Permaneceu neste bando a esquerda comunista (PCE, POUM), os anarquistas (CNT, FAI), os republicanos de esquerda (PSOE), os nacionalistas galegos (PG, ORGA), cataláns (ERC, Lliga Regionalista de Catalunya) e vascos (PNV, ANV) así como numerosos grupos de centro-dereita de corte liberal, progresista e antimonárquicos. Aínda que se ten sinalado o papel da Igrexa no bando sublevado, o certo é que nos dous bandos había católicos: os nacionalistas vascos eran maioritariamente católicos, e católico-practicantes mesmo xenerais como Antonio Escobar ou Vicente Rojo. Tamén son destacables os casos do Cardeal Vidal i Barraquer e o nuncio apostólico Tedeschini, que apoiaban ambos o bando republicano.

Milicias: As milicias foron tropas de voluntarios de diferentes sindicatos e partidos políticos que loitaron xunto ás tropas regulares da República.

  • Flag of the Basque Country.svg Eusko Gudarostea: O Goberno vasco, nacionalistas aliados ó bando republicano, creou a Marina Auxiliar de Euskadi, baixo o mando de Joaquín Egia, con algúns bous armados (catro bacallaeiros con canóns de 101,6 mm), nove bous en misión de dragaminas e ata 24 pesqueiros pequenos máis como dragaminas costeiros ou de porto. Estas unidades do goberno nacionalista vasco, a diferenza das unidades aliadas republicanas, amosaban un alto grao de preparación e espírito combativo, interceptando mercantes alemáns con cargamento para os franquistas e chegando a enfrontarse ó «Velasco» o 15 de novembro de 1936. Tamén foi destacado o papel das milicias vascas de terra, que organizaron o chamado "cinto de ferro" en torno a Bilbao, que freou o avance das tropas rebeldes durante moito tempo.
  • Anarchist flag.svg Milicias anarquistas: A CNT e a FAI organizaron unha milicia popular que tivo un papel importante na Revolución Española. Tralo alzamento do exército do 18 de xullo de 1936 formáronse nas zonas onde fracasou a sublevación grupos armados de civís organizados polos partidos políticos e os sindicatos, que se uniron ós restos das unidades regulares do exército e as forzas de seguridade estatais que permaneceron fieis á República.[12]

A formación típica destas milicias espontáneas foi a columna.

Participación estranxeira:

  • Flag of the Soviet Union (1924–1955).svg
    19361228 soviet vessel spanish port alicante military supplies spanish republic
    O cargueiro ruso Kursk, desembarcando material militar no porto de Alacant
    Unión Soviética: Achegou asesores militares, e incluso oficiais de mariña para mandar algúns submarinos republicanos. A Unión Soviética vendeu á República armas, vehículos e material. Foron 1.000 avións, 331 carros de combate, 1.500 pezas de artillería, algún cento de camións blindados, centos de milleiros de armas lixeiras e 30.000 toneladas de munición. A República pagouno coas reservas de ouro do Banco de España, gastando uns 500 millóns de dólares americanos. Hai que ter en conta que, entón, España posuía a cuarta reserva de ouro máis grande do mundo, cun valor aproximado de 750 millóns de dólares. Algúns teñen condenado a URSS de abusar da precaria situación republicana para venderlles armas a prezos excesivos, pero o certo é que os soviéticos tamén enviaron moitos asesores militares, os cales participaron activamente, incluso nos combates.
  • Francia Francia: Facilitou ó comezo da guerra, e ata o Pacto de Non-Intervención, avións, pilotos e armas polos que cobrou preto de 150 millóns de dólares. Non obstante, aínda que deixou de axudar trala sinatura do pacto, seguiu mostrando simpatía cara á República e numerosos franceses alistáronse nas Brigadas Internacionais.
  • Flag of the International Brigades.svg Brigadas Internacionais: O Comintern a través do NKVD organizou e dirixiu unha tropa de voluntarios para que fosen loitar en favor da República, as popularmente coñecidas como Brigadas Internacionais, nas cales predominaban as esquerdas, pero nas que había xente de tódalas ideoloxías. Os voluntarios americanos formaron o Batallón Lincoln e os canadenses o Batallón Mackenzie-Papineau (os Mac-Paps). Tamén houbo un pequeno grupo de pilotos estadounidenses que formaron o Escuadrón Ianqui, liderado por Bert Acosta. Houbo brigadistas famosos, escritores e poetas como Ralph Fox, Charles Donelly, John Cornford e Christopher Caudwell que describirían as súas experiencias na fronte. Loitaron arredor de 40.000 brigadistas e outros 20.000 serviron en unidades médicas ou auxiliares. O 23 de setembro de 1938 ordenouse a súa retirada total co fin de modificar a posición de non-intervención mantida polo Reino Unido e Francia.
  • Flag of Mexico (1934-1968).svg México: Apoiou a causa republicana fornecendo ás forzas leais de rifles e comida. Tamén realizou unha gran tarefa trala guerra axudando os exiliados (baste recordar o caso de Manuel Azaña protexido até a súa morte polo goberno mexicano).
19361228 soviet vessel spanish port alicante military supplies spanish republic
O cargueiro ruso Kursk, desembarcando material militar no porto de Alacant

O bando nacional

  • Bandera del bando nacional 1936-1938 corregida.svg España franquista: No bando sublevado o apoio era basicamente rural e burgués, máis conservador e relixioso. Sobre todo foron aquelas clases máis ou menos privilexiadas até entón (burgueses, aristócratas, moitos militares, parte da xerarquía eclesiástica, terratenentes ou pequenos labradores propietarios...) que trala vitoria da Fronte Popular vían perigar a súa posición ou consideraban que a unidade de España estaba en perigo. Sumáronse a este bando os partidos da CEDA (aínda que moitos deles arrepentíronse máis tarde), os falanxistas e os membros das JONS, e a maioría do exército de terra. A maioría do exército de aire e de mar permaneceron leais á República.

Participación estranxeira:

  • Flag of Germany (1935–1945).svg Alemaña nazi: Axudou a Franco enviando a España a Lexión Cóndor, técnicos e asesores militares. Aproveitou a guerra para probar os seus novos modelos de armas e tácticas. Probáronse os cazas Messerschmitt Bf 109 e os bombardeiros Junkers Ju 52 e Heinkel He 111. Estreou en España as súas tácticas de bombardeo sobre cidades. Aínda que non foi o único, o máis famoso (pola súa crueldade) foi o bombardeo de Guernica representado por Picasso no seu cadro Guernica, exposto no pavillón español da Exposición Universal de París de 1937.
  • Flag of Italy (1861–1946).svg Italia: Enviou a España ó Corpo Truppe Volontarie (140.000 soldados) con máis de 7.600 vehículos e a Aviación Lexionaria (758 avións e pilotos). Axudou ó bloqueo do armamento enviado dende a URSS a España con accións puntuais da súa propia Armada. Achegou case sesenta «submarinos lexionarios» á frota de Franco—non todos simultaneamente—e vendeulle catro destrutores e dous submarinos.
  • Flag of Portugal.svg Portugal: Axudou con tropas de voluntarios e permitindo o paso de subministracións alemás polos seus portos.
  • Irlanda Irlanda: Enviou un corpo de voluntarios chamados os "Camisas azuis irlandeses" baixo o mando do xeneral Eoin O'Duffy, aínda que cómpre sinalar que houbo incluso máis irlandeses que se uniron ás Brigadas Internacionais.

Evolución

Development of the Spanish Civil War fronts
Evolución da guerra civil española.

A guerra estaba a ser gañada polo bando rebelde, capitaneado cada vez máis polo xeneral Franco, fronte á facción republicana (con Manuel Azaña como presidente da II República española, e Francisco Largo Caballero e logo Juan Negrín como xefes do goberno). No entanto, ningún bando cría nas súas posibilidades de vitoria e buscaron apoios no exterior. A Alemaña nazi e a Italia de Benito Mussolini colaboraron co bando sublevado, mentres que ós republicanos lles chegaron axudas da URSS e das Brigadas Internacionais, uns 60.000 combatentes estranxeiros de diversas partes do mundo organizados polo Comintern.

Principais episodios:

Remate

Spain final-guerra-civil
Parte de guerra asinado por Francisco Franco anunciando a fin da guerra.

El generalísimo Franco

A guerra terminou o 1 de abril de 1939 tras unha carnicería de máis de medio millón de vítimas (sen contar mortos indirectos de fame ou enfermidades). Tanto na propia guerra coma nos anos posteriores, os poderes non dubidaron en utilizar a poboación segundo os seus intereses políticos: a represión trala vitoria franquista levaría a moitos españois ó exilio ou ó fusilamento, tras uns anos de loita de guerrilla (termo que se estendeu internacionalmente para designar a utilización de escaramuzas por parte de exércitos non regulares). Coa fin da guerra, instaurouse un goberno ditatorial de corte fascista que rexería os destinos dos españois ata pouco despois da morte de Franco en 1975.

Consecuencias

Esta guerra foi un ensaio das armas que se utilizarían despois na II Guerra mundial. A estrutura política de gran parte de Europa escorou cara ó fascismo e o comunismo, mentres que en España comezou unha época de rescisión das liberdades e represión de todo aquilo que se afastase da liña política do réxime.

Vítimas da Guerra Civil

Spanish Civil War - Mass grave - Estépar, Burgos
Fosa común en Estépar, Burgos, con 26 vítimas do bando republicano. A escavación tivo lugar en xullo de 2014.

O número de vítimas civís aínda se discute. Algúns afirman que a cifra estaría entre 500 000 e 1 000 000 de persoas.[13] Moitas destas mortes non foron debidas ós combates, senón á represión en forma de execucións sumarias e paseos. Esta levouse a cabo no bando sublevado de maneira sistemática e por orde dos seus superiores, mentres no bando republicano produciuse de maneira descontrolada en momentos no que o goberno perdeu o control das masas armadas.[14] Os abusos centráronse en tódolos sospeitosos de simpatizar co bando contrario.

Outro xeito de represión foi a creación dos campos de concentración, que foron sendo construídos co avance da fronte, como o de Arnao, coa caída da fronte Asturiana.

A Guerra Civil na literatura e no cine

Los Fugaos
Apresamento dun republicano (Recreación).

Son numerosas as obras tanto da gran pantalla como literarias cuxa trama acontece durante a contenda:

Literatura

  • For Whom the Bell Tolls, novela de Hemingway que narra a historia dunha partida de guerrilleiros que deben dinamitar unha ponte coa axuda dun experto artificiero estadounidense.
  • La llamada de España: escritores extranjeros en la guerra civil, ensaio a cargo do estudoso inglés Niall Binns, profesor da Universidade Complutense de Madrid[15].
  • O lapis do carpinteiro, novela que reflicte unha historia de amor na Galicia xa controlada polo bando franquista.

Cine

Notas

  1. 1,0 1,1 Hugh Thomas. Historia de la Guerra Civil Española. Capítulo 43, páx. 838.
  2. 2,0 2,1 2,2 Hugh Thomas. Historia de la Guerra Civil Española. Apéndice VII, páx. 1053.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Fernando García de Cortázar. Atlas de historia de España. República y guerra, páx. 488.
  4. Hugh Thomas. Historia de la Guerra Civil Española. Capítulo 42, páx. 817.
  5. Destes, 700 avións foron enviados pola Alemaña Nazi, mentres que 800 forn pola Italia fascista. Dos enviados pola Alemaña nazi, 100 estiveron en servizo coa Lexión Cóndor mentres que 120 estiveron coa Aviación Lexionaria
  6. O número de perdas é debatible; as estimacións suxiren que entre 500,000 e un millón de persoas faleceron. Cos anos, os historiadores diminuíron estas cifras, e estudos modernos conclúen que 500,000 mortes é a cifra máis acertada. Hugh Thomas, The Spanish Civil War (2001), pp. xviii & 899–901, inclusive.
  7. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para estalar. Vexa a frase de exemplo.
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2007. Consultado o 18 de febreiro de 2008.
  9. Pequeno extracto do seu discurso do 16 de xuño:
    Frente a ese Estado estéril, yo levanto el concepto del Estado integrador, que administre la justicia económica y que pueda decir con plena autoridad: no más huelgas, no más lock-outs, no más intereses usurarios, no más fórmulas financieras de capitalismo abusivo, no más salarios de hambre, no más salarios políticos no ganados con un rendimiento afortunado, no más libertad anárquica, no más destrucción criminal contra la producción, que la producción nacional está por encima de todas las clases, de todos los partidos y de todos los intereses. (Aplausos). A este Estado le llaman muchos Estado fascista; pues si ese es el Estado fascista, yo, que participo de la idea de ese Estado, yo, que creo en él, me declaro fascista. (Rumores y exclamaciones. UN DIPUTADO: «¡Vaya una novedad!».) (...)
    Discurso en Cortes o 16 de xuño de 1936. Ver un maior extracto do discurso
  10. Beevor, Antony: La guerra civil española. Páxina 79.
  11. Casanova, Julián: República y guerra civil. Páxinas 192-193.
  12. "Milicias y unidades militares confederales". alasbarricadas.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 27 de decembro de 2007.
  13. O número de perdas non está claramente documentado; as estimacións suxiren que entre 500 000 e un millón de persoas faleceron. Cos anos, os historiadores diminuíron estas cifras, e estudios modernos conclúen que 500 000 mortes é a cifra máis acertada. Hugh Thomas, The Spanish Civil War (2001), pp. xviii & 899–901, inclusive.
  14. Thomas, Hugh, Op.Cit.
  15. La llamada de España, en Google Books
  16. "Ficha da película en FilmAffinity". Consultado o 18-04-2017.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Alonso Montero, Xesús; Villar, Miro (1999). Guerra Civil (1936-1939) e literatura galega. (Textos e documentos para unhas xornadas de estudio e debate) Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega. ISBN 84-95415-00-3
  • Coordenação de Fernando Rosas (1998). Portugal e a Guerra Civil en Espanha. Lisboa: Edições Colibri / Instituto de História Contemporânea da F.C.S.H.. ISBN 972-772-016-1
  • Fernández Santander, Carlos (2000). Alzamiento y Guerra Civil en Galicia (1936-1939). Tomo I e II. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-952-0
  • Fernández Santander, Carlos (2002). El exilio gallego de la guerra civil(en español) Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-083-8
  • González López, Emilio (1990). Memorias de un Diputado republicano en la Guerra Civil española (1936-1939). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-479-0
  • Grandío Seoane, Emilio (2001). Vixiancia e represión na Galicia da guerra civil. "Informe Brandariz" [sic] (A Coruña, 1937). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-017-X
  • Ríos, Isabel (1998). Testimonio de la Guerra Civil (3ª edición). Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-294-1
  • Santos Alfonso, Alfonso (2003). La guerra civil en Lugo años 1937, 1938 y 1939. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-8485-106-0
  • Souto Blanco, María Jesús (1998). La represión franquista en la provincia de Lugo (1936-1940). Sada (A Coruña): Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-891-5
  • Souto Blanco, María Jesús (1999). Los apoyos al régimen franquista en la provincia de Lugo (1936-1940). La corrupción y la lucha por el poder. Sada (A Coruña): Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-944-X
  • Suárez, Xosé Manuel (2002). Guerra civil e represión en Ferrol e comarca. Ferrol en tempo de Historia: recuperación da nosa memoria histórica. Ferrol: Concello de Ferrol. ISBN 84-88991-19-3
  • Viale Moutinho, José (1999). No Pasarán! Cenas e cenários da Guerra Civil de Espanha. Lisboa: Editorial Notícias. 2ª ed. ISBN 972-46-0958-8

Outros artigos

Ligazóns externas

1937

1937 foi Ano Santo Xacobeo.

Alcocero de Mola

Alcocero de Mola é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 32 habitantes (INE 2012).

Alcocero foi rebautizado como «Alcocero de Mola» en referencia á morte do militar Emilio Mola, xeneral do bando sublevado que morreu nun accidente aéreo preto da localidade durante a guerra civil española

As vítimas, os nomes, as voces e os lugares

As vítimas, os nomes, as voces e os lugares é un estudo que pretende recoller o número total de mortos e procesados en Galicia como consecuencia do Golpe de Estado do 1936, así coma as circunstancias que rodearon a súa morte ou axuizamento.

Da elaboración do informe encargouse unha comisión formada por membros das tres universidades galegas, coordinados polo historiador Lourenzo Fernández Prieto, a instancia da Consellería de Cultura.

Asalto do bou Eva

O asalto do bou Eva foi un dos episodios máis tráxicos da represión franquista en Galiza. O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller (casada dende pouco cun deles) dispoñíanse a escapar a Francia por mar dende o porto de Vigo.

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participa na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea é o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña. A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios, nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.

Bando nacional

Bando nacional foi o nome co que se autodenominaron os sublevados, a raíz da sublevación do 18 de xullo de 1936 contra o Goberno da Segunda República Española, formado tras o triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro dese ano, e que daría orixe á Guerra Civil Española (1936-1939).

Brigadas Internacionais

As Brigadas Internacionais constituían unidades militares do exército da Segunda República Española durante a Guerra Civil formadas por voluntarios de diferentes países para loitar contra o exército franquista.

Buenaventura Durruti

Buenaventura Durruti Dumange, nado en León o 14 de xullo de 1896 e falecido en Madrid o 20 de novembro de 1936, foi un sindicalista e revolucionario anarquista español.

Campo da Rata

O Campo da Rata é unha extensión de terreo situada na cidade da Coruña, nas inmediacións do barrio de Adormideiras, cerca da Torre de Hércules.

Tralo triunfo do golpe de estado do 18 de xullo de 1936 e nos anos seguintes a esa data, foron fusilados na zona varios centos de presos, a meirande parte deles republicanos e sindicalistas.

Década de 1930

A década de 1930 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1930 e remata o 31 de decembro de 1939.

Emilio González López

Emilio González López, nado na Coruña o 13 de novembro de 1903 e falecido en Nova York o 10 de decembro de 1991, foi un historiador e político galego.

Erbecedo, Coristanco

San Salvador de Erbecedo é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Coristanco na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2014 tiña 711 habitantes (338 mulleres e 373 homes) distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 889 habitantes. Segundo o IGE, en 2004 a súa poboación era de 829 habitantes (426 mulleres e 403 homes).

Esta pequena parroquia de poboación conta cun total de tres igrexas, das cales dúas seguen en uso. A primeira delas está situada no lugar do Campo, e úsase para facer a misa pola Virxe da Saleta. Case ao lado desta está unha que é máis antiga e que está en desuso dende practicamente a fin da guerra civil española. A pouco menos de 200 metros desta última encóntrase a máis nova e a que se usa para a misa de todos os domingos, e xeralmente para enterros e defuncións.

Xeralmente nos días de festa adórnase o cruceiro situado no lugar do Campo, ao igual que a primeira igrexa e que lle da un aire novo á pequena parroquia.

Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, denominado "Alzamento Nacional" polos sublevados, foi un golpe de carácter militar con fins políticos[Cómpre referencia] perpetrado contra o goberno da Segunda República Española entre o 17 e o 18 de xullo de 1936 e cuxo fracaso parcial conduciu á guerra civil española. A historiografía moderna desfixo esta última denominación por ser partidista e inexacta.[Cómpre referencia]

Illa de San Simón

A illa de San Simón pertence á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, sendo un dos cinco lugares desta parroquia. Na actualidade atópase deshabitada. Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo, delimitando cos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. A illa está unida á illa de Santo Antón por unha ponte. O conxunto de ambas as illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.

Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999.

Luis Carrero Blanco

Luís Carrero Blanco, nado en Santoña, Cantabria, o 4 de marzo de 1904 e finado en Madrid o 20 de decembro de 1973, foi un militar e político español. Ocupou diversos cargos no goberno franquista, e foi asasinado por ETA cando era Presidente do goberno de España durante a etapa final desa ditadura.

Majadahonda

Majadahonda é un concello e cidade española da Comunidade de Madrid, situada a 16 km ao noroeste da capital. Ten unha poboación de 71.299 habitantes (2017).

Orixinariamente zona de cultivo e pastoreo. Durante a toma de Madrid na Guerra Civil española foi escenario de duros combates. A súa expansión foi acelerada, como en todos os pobos e cidades pertencentes o área metropolitana de Madrid. Ten gran cantidade de servizos como o novo Hospital Puerta de Hierro e a presenza de bastantes empresas do sector terciario.

O lapis do carpinteiro

O lapis do carpinteiro é unha novela do escritor galego Manuel Rivas, publicada en 1998 en galego por Edicións Xerais.

Peralta

Peralta ou Azkoien (en castelán: Peralta; en éuscaro: Azkoien; as dúas denominacións cooficiais) é un municipio situado na Comunidade Foral de Navarra (España), no meiriñado de Olite, a 59,4 km da capital, Pamplona.

Urania Mella

Urania Mella Serrano, nada en Vigo no 15 de novembro do 1899 e finada en Lugo no 26 de maio do 1945, foi unha política galega e precursora do asociacionismo feminino. Filla do pensador anarquista Ricardo Mella Cea e mais de Esperanza Serrano, a súa vez filla de Juan Serrano Oteiza, coñecido anarquista madrileño e fundador da Revista Social, foi presidenta da sección viguesa da Unión de Mulleres Antifascistas, así como membro do Socorro Rojo Internacional.

Guerra civil española (1936–39)
Cronoloxía
Organizacións políticas
Implicación estranxeira
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.