Guerra civil

Denomínase guerra civil calquera confrontamiento bélico cuxos participantes non son na súa maioría forzas militares regulares, senón que están formadas ou organizadas por persoas, xeralmente da sociedade civil.

M1A1 abrams front

Características

A súa característica máis común é que o conflito armado desenvólvese nun mesmo país, enfrontándose entre si persoas dun mesmo lugar (cidade, etnia ou comunidade) defendendo, xeralmente, dúas ideoloxías ou intereses distintos.

Nalgúns casos, o obxectivo é a secesión dunha parte do territorio, aínda que nestes casos non sempre se consideran como "guerras civís" (exemplos dun tipo ou outro poden ser a guerra civil estadounidense ou as guerras de descolonización). Nesta conflagración, chega ás veces a intervención de unidades estranxeiras de distintos países, mesmo, axudando ou colaborando cos distintos bandos desa mesma guerra civil, cuxos individuos chegan a ser voluntarios civís que apoian a ideoloxía do bando seleccionado.

Clasificación formal

Battle of Gettysburg
Consecuencia da batalla de Gettysburg, Guerra civil estadounidense, 1863

James Fearon, estudoso das guerras civís na Universidade Stanford define unha guerra civil como "un conflito violento nun país no que loitan grupos organizados que pretenden tomar o poder central ou dunha rexión ou cambiar políticas gobernamentais".[1] Ann Hironaka especifica ademais que unha banda da guerra civil é o estado.[2] A intensidade na que un disturbio civil se converte nunha guerra civil é discutido polos estudosos. Algúns científicos políticos definen guerra civil se hai máis de 1000 vítimas,[1] mentres que outros especifican que polo menos ten que haber 100 por cada bando.[3] Correlates of War, conxunto de datos empregados polos que estudan os conflitos, clasifica as guerras civís cando hai máis de mil vítimas relacionadas coa guerra cada ano do conflito. Este número é unha fracción pequena dos millóns que faleceron na segunda guerra civil sudanesa ou na guerra civil de Camboxa, por exemplo, mais exclúe conflitos moi coñecidos como os de Irlanda do Norte e a loita do Congreso Nacional Africano durante o Apartheid en Suráfrica.[2]

Baseando no criterio de 1000 vítimas por ano, houbo 213 guerras civís entre 1816 e 1997, 104 das cales entre 1944 e 1997.[2] Se se usa o criterio de 1000 vítimas totais houbo 90 guerras civís entre 1945 e 2007, con 20 en 2007.[1]

As convencións de Xenebra non definen especificamente o vocábulo "guerra civil", mais delimitan as responsabilidades das partes nun "conflito armado de carácter non internacional", o que inclúe as guerras civís.

T-55 Ethiopian Civil War 1991.JPEG
Tanques nas rúas de Adís Abeba durante a guerra civil de Etiopía (1991)

Con todo, o comité internacional da Cruz Vermella tratou de aclarar o concepto cos seus comentarios sobre a convención de Xenebra, indicando que as convencións son "tan xerais, tan vagas, que moitas das delegacións temían que podían tomarse para cubrir calquera acto cometido pola forza das armas". Entón, os comentarios proporcionan diferentes condicións das que dependerían as convencións de Xenebra, aínda que o comentario sinala que non debería ser interpretado como condicións ríxidas. Estas condicións listadas pola ICRC son:[4][5]

(1) Que a parte en rebeldía contra o goberno de iure posúa unha forza militar organizada, unha autoridade responsable polos seus actos, que actúa nun determinado territorio e que ten os medios de respectar e asegurar respecto pla Convención.

(2) Que o goberno legal estea obrigado a dar recursos á forza militar regular contra os insurxentes organizados como exército e en posesión dunha parte do territorio nacional.

(3) (a) Que o goberno de iure recoñecese os insurxentes como belixerantes; ou (b) Que se dean a eles mesmos os dereitos como belixerantes; ou (c) Que se trate os insurxentes co recoñecemento como belixerantes para o propósito só da presente Convención; ou (d) Que a disputa fose admitida na axenda do Consello de Seguridade ou da Asemblea Xeral das Nacións Unidas como parte dunha ameaza á paz internacional, unha violación da paz ou un acto de agresión.

(4) (a) Que os insurxentes teñan unha organización con propósito de ter as características dun Estado. (b) Que a autoridade civil insurxente exercite autoridade de facto sobre a poboación nunha porción determinada do territorio nacional. (c) Que as forzas armadas actúan baixo a dirección dunha autoridade organizada e estean preparadas para observar as leis ordinarias da guerra. (d) Que a autoridade civil insurxente acorde estar rexida polas cláusulas da Convención.

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 James Fearon, "Iraq's Civil War" Arquivado 17 de marzo de 2007 en Wayback Machine. en Foreign Affairs, Marzo/Abril 2007
  2. 2,0 2,1 2,2 Ann Hironaka, Neverending Wars: The International Community, Weak States, and the Perpetuation of Civil War, Harvard University Press: Cambridge, Mass., 2005, p. 3, ISBN 0-674-01532-0
  3. Edward Wong, "A Matter of Definition: What Makes a Civil War, and Who Declares It So?" New York Times November 26, 2006
  4. Final Record of the Diplomatic Conference of Geneva of 1949, (Volume II-B, p. 121)
  5. Véxase tamén: Comité internacional da Cruz Vermella commentary sobre a Terceira Convención de Xenebra de 1949, Artigo III, Sección "A. Casos de conflito armado".

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ali, Taisier Mohamed Ahmed and Robert O. Matthews, eds. Civil Wars in Africa: roots and resolution (1999), 322 páxinas
  • Mats Berdal and David M. Malone, Greed and Grievance: Economic Agendas in Civil Wars (Lynne Rienner, 2000).
  • Paul Collier, Breaking the Conflict Trap: civil war and development policy World Bank (2003) – 320 páxinas
  • Collier, Paul; Sambanis, Nicholas, eds. (2005). Understanding Civil War:Evidence and Analysis. 1: Africa. Washington, DC: The World Bank. ISBN 978-0-8213-6047-7.
  • Collier, Paul; Sambanis, Nicholas, eds. (2005). Understanding Civil War:Evidence and Analysis. 2: Europe, Central Asia, and Other Regions. Washington, DC: The World Bank. ISBN 978-0-8213-6049-1.
  • Stathis Kalyvas, "'New' and 'Old' Civil Wars: A Valid Distinction?" World Politics 54, no. 1 (2001): 99–118.
  • David Lake and Donald Rothchild, eds. The International Spread of Ethnic Conflict: Fear, Diffusion, and Escalation (Princeton University Press, 1996).
  • Roy Licklider, "The Consequences of Negotiated Settlements in Civil Wars, 1945–1993," American Political Science Review 89, no. 3 (verán 1995): pp 681–690.
  • Andrew Mack, "Civil War: Academic Research and the Policy Community," Journal of Peace Research 39, no. 5 (2002): pp. 515–525.
  • David T. Mason and Patrick 3. Fett, "How Civil Wars End: A Rational Choice Approach," Journal of Conflict Resolution 40, no. 4 (outono 1996): 546-568.
  • Patrick M. Regan. Civil Wars and Foreign Powers: Outside Intervention in Intrastate Conflict (2000) 172 páxinas
  • Stephen John and others., eds. Ending Civil Wars: The Implementation of Peace Agreements (2002), 729 páxinas
  • Monica Duffy Toft, The Geography of Ethnic Violence: Identity, Interests, and the Indivisibility of Territory (Princeton NJ: Princeton University Press, 2003).
  • Barbara F. Walter, Committing to Peace: The Successful Settlement of Civil Wars (Princeton University Press, 2002),

Ligazóns externas

ABC (xornal)

ABC é un xornal de carácter xeralista publicado en Madrid e distribuído por toda España, de corte conservador e que se define como monárquico[Cómpre referencia]. Foi fundado o 1 de xaneiro de 1903 por Torcuato Luca de Tena y Álvarez-Ossorio. No 2010 foi nomeado director o xornalista galego Bieito Rubido.

Edítase en lingua castelá salvo certos artigos e noticias de carácter autonómico escritos na lingua da comunidade autónoma e, a diferenza doutros xornais españois, a impresión faise de modo que cada exemplar vai grampado e con formato folio.

Alcocero de Mola

Alcocero de Mola é un concello español da provincia de Burgos (Castela e León). A súa poboación é de 32 habitantes (INE 2012).

Alcocero foi rebautizado como «Alcocero de Mola» en referencia á morte do militar Emilio Mola, xeneral do bando sublevado que morreu nun accidente aéreo preto da localidade durante a guerra civil española

As vítimas, os nomes, as voces e os lugares

As vítimas, os nomes, as voces e os lugares é un estudo que pretende recoller o número total de mortos e procesados en Galicia como consecuencia do Golpe de Estado do 1936, así coma as circunstancias que rodearon a súa morte ou axuizamento.

Da elaboración do informe encargouse unha comisión formada por membros das tres universidades galegas, coordinados polo historiador Lourenzo Fernández Prieto, a instancia da Consellería de Cultura.

Asalto do bou Eva

O asalto do bou Eva foi un dos episodios máis tráxicos da represión franquista en Galiza. O 23 de abril de 1937 oito homes e unha muller (casada dende pouco cun deles) dispoñíanse a escapar a Francia por mar dende o porto de Vigo.

Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) constituiuse a partir dunha xuntanza celebrada o 3 de maio de 1980 en Santiago de Compostela por un grupo de escritores, entre os que se contaban Alfredo Conde, Paco Martín, Xosé Manuel Martínez Oca, Xosé Luís Méndez Ferrín, Alfonso Pexegueiro, Manuel Rivas, Uxío Novoneyra, Xavier Rodríguez Barrio, Bernardino Graña e Xoán Ignacio Taibo que acordan formar unha asociación que defendese os intereses da práctica escrita en galego seguindo o facho da Asociación de Escritores de Galicia que non puido desenvolver o seu labor polo estoupido da Guerra Civil española pouco despois da súa constitución.

A AELG celebrou o I Congreso de Escritores Galegos en 1981 e participa na organización dos encontros Galeusca con escritores cataláns e vascos. Durante anos estivo enfrontada á Real Academia Galega por considerala unha institución inmobilista que non traballaba a prol da cultura galega. A revista Escrita Contemporánea é o seu voceiro oficial. Está recoñecida pola Academia Sueca para presentar candidatos oficiais ao Premio Nobel de Literatura e forma parte do Congreso de Escritores Europeos.

Ten a súa sede no Edificio de Sindicatos da cidade da Coruña. A 1 de xaneiro de 2019 a asociación contaba con 459 socios, nese ano convocou un Parlamento de Escritoras.

Década de 1930

A década de 1930 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1930 e remata o 31 de decembro de 1939.

Federico García Lorca

Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada.Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e finado en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz, membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), o poeta español máis lido de tódolos tempos. Morreu fusilado polas autoridades franquistas un mes despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé ao inicio da Guerra civil española.

Francisco Franco

Francisco Franco Bahamonde, nado en Ferrol o 4 de decembro de 1892 e finado en Madrid o 20 de novembro de 1975, tamén coñecido como o Caudillo ou o Xeneralísimo, foi un militar e ditador español, integrante do alzamento contra o goberno democrático da Segunda República, que desembocou na guerra civil española. Foi investido como xefe supremo do bando sublevado o 1 de outubro de 1936, exercendo como Xefe do Estado de España desde o término do conflito ata o seu falecemento en 1975, e como xefe de Goberno entre 1938 e 1973.

Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo conservador, católico e anticomunista. Este cambio debeuse á derrota do fascismo na segunda guerra mundial. Aglutinou en torno ao culto á súa persoa diferentes tendencias do conservadorismo, o nacionalismo e o catolicismo opostas á esquerda política e ao desenvolvemento de formas democráticas de goberno.

Durante o seu mandato á fronte do exército e da xefatura do Estado, especialmente durante a guerra civil e os primeiros anos do réxime, tiveron lugar múltiples violacións dos dereitos humanos, segundo sinalan numerosas investigacións históricas e denuncias de particulares. A cifra total de vítimas mortais durante o franquismo varía en torno a varios centenares de miles de persoas, que pereceron na súa maioría en campos de concentración, execucións extraxudiciais ou en prisión.

Franquismo

O franquismo foi o réxime político vixente en España entre 1939 e 1975, baseado no liderado do xeneral Francisco Franco Bahamonde. Tamén se chama franquismo a ditadura e ideoloxía pola que se rexeu España nesta época, tamén coñecida como nacionalcatolicismo, con elementos do fascismo.

Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, denominado "Alzamento Nacional" polos sublevados, foi un golpe de carácter militar con fins políticos[Cómpre referencia] perpetrado contra o goberno da Segunda República Española entre o 17 e o 18 de xullo de 1936 e cuxo fracaso parcial conduciu á guerra civil española. A historiografía moderna desfixo esta última denominación por ser partidista e inexacta.[Cómpre referencia]

Guerra civil española

A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948.

O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.

Guerra civil estadounidense

A guerra civil estadounidense (tamén coñecida como guerra de Secesión; en inglés, American Civil War, The Civil War ou War Between the States) ocorreu nos Estados Unidos de América entre 1861 e 1865. Ningunha guerra causou máis mortes de americanos do que a Guerra Civil, que provocou un total de mortos estimado en 970 mil persoas -dos cales 620 mil eran soldados, preto do 3% da poboación americana da época. As causas da guerra civil, o seu desenlace, e aínda os propios nomes da guerra, son aínda motivos de controversia e debate nos días actuais.

A guerra civil estadounidense consistiu na loita entre 11 estados do Sur (latifundista e aristócrata) contra os estados do Norte (industrializado e dedicado a estilos máis modernos de vida). Esta diferenza de modos de vida considerase como unha das causas principais do conflito. Mentres o norte pasaba por un período de expansión económica grazas á industrialización, á protección ao mercado interno e á man de obra libre e asalariada, a economía do sur dependía da exportación de produtos agropecuarios -especialmente do algodón, cuxas exportacións eran a principal fonte de renda destes estados. A agricultura do sur, pola súa banda, dependía moito do uso do traballo escravo.

Ao longo das primeiras décadas do século XIX, a inmigración masiva e a intensa industrialización fixeron que o poder do Norte no goberno crecese económica e politicamente. Desenvolvéronse grandes tensións políticas e sociais entre o Norte e o Sur. En 1860, Abraham Lincoln, un republicano contrario á escravitude, venceu as eleccións presidenciais americanas. Lincoln, ao asumir o posto, alcumou os Estados Unidos "Casa Dividida".

En 1861, ano do inicio da guerra, o país consistía en 19 estados libres, onde a escravitude estaba prohibida, e 15 estados onde a escravitude era permitida. Ata o 4 de marzo, día en que Lincoln asumiu o posto de presidente, 11 estados escravistas declararan a súa separación da Unión, e crearon un novo país, os Estados Confederados de América. A guerra comezou cando forzas confederadas atacaron o Fort Sumter, un posto militar americano en Carolina do Sur, o 12 de abril de 1861, e rematou o 28 de xuño de 1865, coa rendición das últimas tropas da Confederación.

Durante a guerra civil, disputáronse 391 batallas en 28 estados da Unión, deixando un saldo de aproximadamente 620.000 mortos.

A Guerra Civil foi o episodio máis traumático da historia dos Estados Unidos de América. As cicatrices non se pecharon por completo ata o día de hoxe. Tódalas guerras posteriores en que participou Estados Unidos tiveron lugar moi alén das súas fronteiras, pero este conflito devastou o sur e someteu esa rexión á ocupación militar. O país perdeu máis homes nesta guerra que en calquera outra.

A guerra resolveu dous problemas fundamentais que dividiran a Estados Unidos desde 1776: puxo fin á escravitude, que foi completamente abolida pola Emenda 13 da Constitución en 1865; e decidiu, dunha vez por todas, que Estados Unidos non é unha colección de estados semi-independentes senón unha soa nación indivisible. Logo de catro amargos anos de guerra, conservouse a Unión e liberáronse os escravos.

Aínda que a vitoria do norte na Guerra Civil asegurou a integridade de Estados Unidos como nación indivisible, moitas cousas destruíronse no curso do conflito, e o obxectivo secundario da guerra, a abolición do sistema de escravitude, logrouse só de xeito imperfecto. Para os negros, foi unha loita longa e penosa en busca da igualdade. Moitos trasladáronse ás cidades do norte, só para afrontar novas dificultades. Pero un crecente movemento en prol dos dereitos civís continúa traballando en contra de teimudos sistemas sociais e económicos co fin de garantir igualdade de oportunidades para os negros en materia de vivenda, educación e traballo.

Na guerra compuxéronse cancións coma When Johnny Comes Marching Home.

Guerra civil rusa

A guerra civil rusa (en ruso Rússkaia grazhdánskaia voiná, Русская гражданская война, transliteración internacional Russkaja graždanskaja vojna) confrontación civil entre os comunistas bolxeviques (Exército Vermello) e un exercito formado por un grupo heteroxéneo conservadores, demócratas, socialistas, nacionalistas e o chamado Exército Branco. O conflito durou de 1917/18 a 1920 ou 1921. O momento exacto do comezo é discutido polos historiadores. Algúns fano coincidir coa Revolución de Outubro de 1917, outros coa primavera de 1918.

A guerra foi dura e brutal, e incluíu ataques contra poboación civil; os mortos calcúlanse nuns oito millóns. A participación de forzas estranxeiras da Entente e dos Imperios centrais contribuíu a aumenta-la súa duración e violencia. A Unión Soviética perdeu como consecuencia da guerra o control dunha gran parte do Imperio Ruso: ademais da xa independente Polonia, que comprendía parte das actuais Ucraína e Belarús, os estados bálticos e Finlandia conseguiron a independencia. O conflito acabou coa vitoria do Exército Vermello sobre as últimas tropas brancas en Crimea en novembro de 1920.

Illa de San Simón

A illa de San Simón pertence á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, sendo un dos cinco lugares desta parroquia. Na actualidade atópase deshabitada. Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo, delimitando cos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. A illa está unida á illa de Santo Antón por unha ponte. O conxunto de ambas as illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto.

Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999.

Liberia

Liberia, oficialmente República de Liberia, é un país de África Occidental. Liberia significa "Terra dos libres" en latín. Limita ao norte con Serra Leoa e coa Guinea, ao leste con Costa do Marfil e ao suroeste co océano Atlántico. Abrangue unha área de 111 369 km² e está habitado por 4 503 000 de persoas (2015). O inglés é a lingua oficial, e outras 20 linguas indíxenas son faladas por diferentes tribos que representan máis do 95% da poboación. A súa capital é Monrovia.

Os bosques da costa están compostos na súa maioría por mangleirais tolerantes do sol, mentres que as terras menos poboadas do interior teñen bosques que se abren a unha meseta de pastizais. O clima é ecuatorial, con abondosas chuvias durante a estación húmida dende maio a outubro e o vento harmattan que lembra o paso do ano. Liberia posúe arredor do 40% da selva húmida guineana. Foi un importante produtor de caucho a comezos do século XX.

A República de Liberia comezou como un asentamento da American Colonization Society (ACS), pero declarou a súa independencia o 26 de xullo de 1847. Os Estados Unidos non recoñeceron a independencia de Liberia até a Guerra Civil Estadounidense o 5 de febreiro de 1862. Entre o 7 de xaneiro de 1822 e a Guerra Civil, máis de 15 000 escravos americanos liberados foron enviados dende os Estados Unidos e 3 198 afrocaribeños foron recolocados no asentamento.Os colonos afroamericanos levaron canda si a súa cultura a Liberia. A constitución liberiana e a súa bandeira foron creadas a semellanza dos Estados Unidos. O 3 de xaneiro de 1848, Joseph Jenkins Roberts, un rico afroamericano nado libre en Virxinia, foi elixido como o primeiro presidente de Liberia despois de que o pobo proclamara a independencia. Ó contrario que o resto dos países africanos, Liberia é a única república que autoproclamou a independencia sen rebelarse e loitar con outra nación, sendo a primeira e máis antiga república do continente. Liberia mantivo e preservou a súa independencia durante a era colonial europea.

Durante a Segunda Guerra Mundial, Liberia apoiou os esforzos dos Estados Unidos na loita contra Alemaña, e en troques, os Estados Unidos investiron unha infraestrutura considerable en Liberia para axudar os seus esforzos bélicos. Isto axudou ó país a modernizarse e a mellor as súas redes de transporte. Ademais, o presidente William Tubman foi o responsable de grandes reformas económicas que transformaron o país. Internationalmente, Liberia foi un membro fundador da Sociedade de Nacións, da Organización das Nacións Unidas e da Organización para a Unidade Africana.

As tensións políticas duradeiras por mor do goberno durante 27 anos de William Tubman deveron nun golpe de estado militar en 1980, marcando o comezo dunha política de inestabilidade. Cinco anos de goberno do People's Redemption Council e outros cinco anos de goberno civil do National Democratic Party of Liberia foron seguidos pola Primeira e Segunda Guerra Civil Liberianas. Os resultados foron a morte e o desprazamento de máis de medio millón de persoas e a devastación da economía. O acordo de paz de 2003 conseguiu unhas eleccións democráticas no 2005. A recuperación do país avanza, pero arredor dun 85% da poboación vive por debaixo do limiar de pobreza.

A estabilidade económica e política de Liberia estivo ameazada na década de 2010 pola epidemia do ébola. Orixinouse na Guinea en decembro de 2013, entrou en Liberia en marzo de 2014 e foi declarada oficialmente rematada o 8 de maio de 2015.

Partido Comunista de España

O Partido Comunista de España (ou PCE) é un partido político español integrado actualmente en Izquierda Unida, que xurdiu de grupos do PSOE e da CNT partidarios de sumarse á III Internacional fundada por Lenin e de apoiar a revolución rusa que el dirixía.

Virxinia

Virxinia é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O seu nome oficial é Commonwealth of Virginia. A rexión onde actualmente está localizada Virxinia foi a primeira en ser colonizada polos británicos. Jamestown, unha cidade do estado, foi o primeiro asentamento británico permanente en América, fundado en 1607. Os colonos británicos fundaron tamén a primeira institución de Poder Lexislativo en América, en 1619. A rexión foi denominada Virxinia en 1584 por un explorador británico, Walter Raleigh, en homenaxe á raíña Sabela I de Inglaterra, tamén coñecida na época como a Raíña Virxe.

Virxinia foi unha das Trece Colonias que se rebelaran contra o dominio británico da rexión durante a Revolución Americana de 1776. A guerra de independencia terminou en Virxinia, cando as forzas británicas lideradas por Lord Cornwallis se renderon en Yorktown en 1781. Posteriormente, Virxinia participaría activamente do lado dos Estados Confederados de América na Guerra Civil Estadounidense, sendo que a capital confederada, Richmond, se localizaba neste estado. A Guerra Civil Estadounidense oficialmente terminou cando a principal forza confederada, liderada por Robert E. Lee, se rendeu en Appomattox.

O estado de Virxinia posúe diversos alcumes. O máis coñecido deles é Old Dominion (Vello Dominio), tendo sido alcumada así polo Rei Carlos II de Inglaterra, por causa da lealdade da poboación da colonia ao Rei. Outro cognome do estado é Mother of Presidents, porque 8 presidentes americanos naceron e creceron en Virxinia: George Washington, Thomas Jefferson, James Madison, James Monroe, William Henry Harrison, John Tyler, Zachary Taylor e Woodrow Wilson. Os catro primeiros foron catro das cinco primeiras persoas en presidir os Estados Unidos. Cinco deles, Washington, Jefferson, Madison, Monroe e Wilson, foron reelectos.

Outro alcume de Virxinia, menos coñecido, é Mother of States (Nai de Estados). Facían parte de Virxinia tamén os actuais estados americanos de Kentucky e Virxinia Occidental. Porén, Kentucky separouse de Virxinia en 1792. Virxinia Occidental separouse de Virxinia durante a Guerra Civil Estadounidense.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.