Gueral, Coles

San Martiño de Gueral é unha parroquia do concello ourensán de Coles. Segundo o IGE[1] en 2014 tiña 3 habitantes (3 homes) nunha única entidade de poboación[2].

Desde o punto de vista eclesiástico, forma parte da parroquia eclesiástica de Gueral, xunto cos 5 lugares da parroquia de Gueral do concello da Peroxa.

Coordenadas: 42°26′28.8″N 07°50′59.5″O / 42.441333, -7.849861

Gueral
ConcelloColes
Poboación3 hab. (2014)
Entidades de poboación1

Notas

  1. IGE (ed.). "Nomenclátor de Galicia, ano 2014. Busca por entidades".
  2. Xunta de Galicia (ed.). "Nomenclátor de Galicia. Busca directa".

Lugares e parroquias

Parroquias de Coles

Véxase tamén

Outros artigos

Gueral

San Martiño de Gueral é unha parroquia eclesiástica galega do arciprestado de Ourense-Norte na diocese de Ourense que ten as súas terras e os seus lugares repartidos entre dous concellos: o da Peroxa e o de Coles. No ano 2014 tiña 76 habitantes , deles 36 eran homes e 40 eran mulleres, o que supón un descenso de 28 habitantes con relación ao ano 2007.

As aldeas de Alemparte, O Conchouso, Corvelle, Gueral e Vilar de Corvelle pertencen ao concello da Peroxa; e a de Moure pertence ao concello de Coles.

Gueral, A Peroxa

San Martiño de Gueral é unha parroquia do concello ourensán da Peroxa. Segundo o IGE en 2014 tiña 73 habitantes (33 homes e 40 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto co lugar de Moure (en Gueral, Coles), forma a parroquia eclesiástica de Gueral.

Moure, Gueral, Coles

Moure é un lugar da parroquia de Gueral no concello ourensán de Coles na comarca de Ourense. Tiña 3 habitantes (3 homes) no ano 2014 segundo datos do INE e do IGE. Isto supón un descenso con respecto ao ano 2011 cando tiña 7 habitantes.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.