Guatemala

Guatemala é un país da América Central, limitado ó oeste e ó norte por México, ó leste por Belize, polo Golfo de Honduras e por Honduras, e ó sur polo Salvador e polo océano Pacífico. A súa capital é Cidade de Guatemala.

Coordenadas: 15°30′N 90°15′O / 15.500, -90.250

República de Guatemala
Bandeira de Guatemala
Emblema de Guatemala
BandeiraEmblema
Guatemala (orthographic projection)
Himno: ¡Guatemala, Feliz...!
Capital
 • Poboación
Cidade de Guatemala
4 010 780
Cidade máis poboadaCidade de Guatemala
Linguas oficiaisCastelán
Forma de gobernoRepública Presidencialista Democrática
Presidente
Vicepresidente
Jimmy Morales[1]
Jafeth Cabrera
Independencia de España15 de setembro de 1821
SuperficiePosto 106º
 • Total108 889 km²
 • % auga0,4 %
Fronteiras1 687 km
Costas400 km
PoboaciónPosto 67º
 • Total (2008 est.[2])13 677 815 hab.
 • Densidade126 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 60º
 • Total (2007)65 282 millóns US$
 • per cápita4 333 US$
MoedaQuetzal (GTQ)
IDH (2007)0,696 (121º) – medio
XentilicioGuatemalteco, -a
Fuso horarioUTC-6
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.gt
Prefixo telefónico+502
Prefixo radiofónicoTGA-TGZ, TDA-TDZ
Código ISO320 / GTM / GT
Membro de: ONU, OEA, OIM, SICA, MCCA, CEPAL, CIN, OEI, Parlacen, Grupo de Río

Historia

Artigo principal: Historia de Guatemala.

Época precolombiana

Tikal
Templo das Máscaras en Tikal.

Guatemala está situada dentro do núcleo da área xeográfica coñecida como Mesoamérica. Dentro dos seus límites territoriais existiron varias culturas, destacando a civilización maia. Guatemala é o berce desta antiga civilización, que logrou un complexo desenvolvemento social e científico, en distintos eidos, como a arquitectura, a escritura, un avanzado cálculo do tempo por medio das súas propias matemáticas e a astronomía. Destacaron tamén no campo da arte, como na pintura, na escultura e na enxeñaría monumental, chegando a construír grandes metrópoles dende o período preclásico tales como os lugares de San Bartolo, Cival, Nakbé, El Mirador, na Conca de El Mirador; Uaxactún, Tikal, Ceibal, Río Azul, Yaxhá, Dos Pilas, Cancuén, Machaquilá, Aguateca, nas terras baixas do Norte, situadas no departamento de Petén; e Kaminal Juyú, nas terras altas do altiplano central; así como tamén Abaj Takalik no departamento de Retalhuleu, situado na zona costeira do Océano Pacífico na área sur.

Á chegada dos españois en 1524, os maias como tal xa desapareceran, mais os indíxenas (provenientes de Tula) encontrábanse divididos en señoríos e cidades-estado como Utatlán ou Gu'marcaj, capital dos ki'che'; Iximché, capital dos kakchikel; Zaculeu, capital dos mames; Mixco Viejo, capital dos pokomames; Chuitinamit, capital dos tzu'tuhiles. Todas estas tribos loitaban entre elas, polo que a conquista foi relativamente sinxela, aínda que Tayasal, capital dos maia itzá, e Zacpetén, capital dos ko'woj, ambas en Petén non foron conquistadas até 1697, debido a que se atopaban moi ben defendidas e Hernán Cortés desistiu en atacalas no seu camiño cara Honduras, sendo as últimas culturas de América en ser conquistadas.

Colonización

En 1523 os conquistadores españois entraron polo oeste, provenientes de México, baixo o mando do capitán Pedro de Alvarado. Os españois enfrontáronse primeiro cos k'iches e logo aliáronse brevemente cos kaqchikeles. A primeira vila fundada por estes foi o 25 de xullo de 1524 nas proximidades de Iximché, capital dos kaqchikeles, recibindo o nome Santiago de Guatemala na honra do apóstolo maior.

O 22 de novembro de 1527 foi trasladada a cidade ao Val de Almolonga (hoxe San Miguel Escobar, Sacatepéquez), debido ao constante asedio que sufría por parte dos nativos. Esta foi destruída na madrugada do 11 de setembro de 1541 por un alude de lodo e pedras que proviña do do Volcán de Agua (Volcán Hunahpú lle chamaban os indíxenas), sepultando á entón capital da rexión; enterrando á cidade coa maioría dos seus habitantes. Entre eles estaba a gobernadora Beatriz de la Cueva, viúva de Pedro de Alvarado. Isto obrigou a que de novo fose trasladada ao Val de Panchoy, uns 6 km ao sur, no que actualmente é hoxe en día a cidade de Antigua Guatemala. Neste sitio estivo asentado Santiago de Guatemala, capital do «Reyno de Guatemala», até 1775, cando se move a cidade ao Val de la Ermita, actual localización da capital. O rei Filipe II de España e Portugal e Indias outorgoulle o nome de «Muy noble y muy leal Ciudad de Santiago de los Caballeros de Goathemala».

Durante a dominación española, que durou case 300 anos, Guatemala foi un reino de carácter estratéxico (Capitanía Xeneral do Reino de Guatemala) que á súa vez dependía do Virreinato da Nova España (México). Guatemala estendíase dende a rexión de Chiapas (agora estado mexicano) até Costa Rica. A súa división política variou con frecuencia, o igual que as fronteiras entre as diversas provincias. A mediados do século XVII, o reino no seu conxunto tiña 32 provincias, das cales 12 atopábanse no territorio que actualmente constitúe a República de Guatemala: o val de Guatemala, onde se encontraba a cidade de Santiago, sede da Real Audiencia; as Alcaldías Maiores de Amatique, Suchitepéquez e Verapaz, os rexementos de Acasaguastlán, Atitlán, Chiquimula, Escuintla, Guazacapán, Quetzaltenango, Sololá (Tecpanatitlán) e Totonicapán.

Esta rexión era tan rica en minerais e metais como México, Bolivia e Perú. Mais destacouse principalmente pola súa produción agrícola. Os seus principais recursos foron a cana de azucre, o cacao, as madeiras preciosas e tinta de anil para tinxir téxtiles. A cidade de Santiago de Guatemala chegou a desenvolver un nivel notable na arquitectura, caracterizada como «barroco sísmico», na imaxinaría relixiosa, a pintura e a música. As festividades do ano litúrxico e do santoral definían a vida dos seus habitantes, a cal xiraba esencialmente arredor da relixión. A Catedral era o centro de toda a actividade relixiosa, e polo seu rango catedralicio posuía unha vida musical intensa.

O 21 de xullo de 1775 foi necesario o traslado de Antigua Guatemala, sempre vulnerábel a erupcións volcánicas, inundacións e terremotos; tras ser destruída por dous terremotos, cuxos remanentes consérvanse como un monumento nacional. A Cidade de Guatemala foi fundada oficialmente o 2 de xaneiro de 1776, converténdose cos anos na cidade máis grande e populosa de todo o istmo.

A finais do século XVIII, cando se implantou o réxime da Intendencia nalgunhas rexións do reino, o número de provincias reduciuse a 15, das cales 9 estaban no actual territorio de Guatemala: as Alcaldías Maiores de Chimaltenango, Escuintla, Sacatepéquez, Sololá, Suchitepéquez, Totonicapán e Verapaz, e os rexementos de Chiquimula e Quetzaltenango.

Ao emitirse en 1812 a Constitución de Cádiz, o reino de Guatemala desapareceu como unidade, e foi substituído por dúas provincias, sen subordinación entre si: a Provincia de Guatemala, que comprendía o territorio de Chiapas, El Salvador, Guatemala e Honduras, e a Provincia de Nicaragua e Costa Rica. En 1821, durante a segunda etapa de vixencia desa Constitución, segregáronse da Provincia de Guatemala as Provincias de Comayagua (Honduras), Chiapas e El Salvador.

Independencia

Na rexión seguiron medrando industrias como as do índigo, o cacao e a cana de azucre, creando grandes riquezas e permitindo a creación de outras industrias como a dos tecidos, cuxo auxe durou até finais do século XVIII. Desexando crear relacións comerciais con outras nacións, ademais de España, a elite gobernante de aquela época decidiu declarar a súa independencia, tanto política como económica da coroa, o 15 de setembro de 1821.

Anexión ao Imperio Mexicano

Tras un breve período de incerteza política, o 5 de xaneiro de 1822, as provincias centroamericanas anexionáronse a México co fin de unirse politicamente, como unha estratexia para contrarrestar á coroa española. Un ano máis tarde Guatemala e as súas provincias (Provincias Unidas do Centro de América), separáronse. As rexións de Guatemala, El Salvador, Honduras, Nicaragua, República de los Altos e Costa Rica, formaron unha república de corte federal, con sede en Guatemala.

As República Centroamericana (1823-1839) tivo unha Constitución que avogaba por unha forma de goberno liberal, pluralista e republicana; mais vellas estruturas socioeconómicas conservadoras da época opuxéronse a ditos cambios, xa que lles eran lesivos aos seus intereses particulares, polo que xestaron revoltas internas en cada provincia, o que desembocou na súa posterior desintegración e nunha guerra civil na zona (1838-1840) que acabaría coa confederación de Guatemala como un estado independente, así como os estados centroamericanos que actualmente se coñecen. Dentro da separación que se tivo das Provincias Unidas de Centroamérica, Guatemala cedeu o territorio de Santa Ana ao Salvador.

Finais do século XIX e comezos do XX

Posterior á desintegración centroamericana foi Rafael Carrera y Turcios o que gobernaría como presidente de Guatemala (desde 1851 ata 1865), apoiado por conservadores. Entre os seus logros como presidente cabe salientar o feito de que defendese o país de diversas invasións estranxeiras. Entre as cales se atopa a coalición invasora de O Salvador e Honduras, a cal foi derrotada na Batalla de la Arada. Tamén no goberno de Carrera tivo lugar a expedición de conquista estadounidense por parte de William Walker ao territorio centroamericano, a cal orixinou a Guerra Nacional contra los Filibusteros. Co mandato de Carrera comezaría unha longa lista de Presidentes de Guatemala con ditaduras. Un relativamente importante nesta lista foi o Xeneral Justo Rufino Barrios que impulsou a chamada Reforma Liberal de 1871 co fin de cambiar o país, mellorar o seu comercio, e introducir novos cultivos e manufacturas, tamén introduciu o ferrocarril e por todo isto é lembrado como o reformador. Durante esta era o café fíxose un cultivo importante para Guatemala. Pero ao final de contas era un ditador, creou o traballo forzoso para os indíxenas e autoproclamouse dirixente das forzas armadas de Centroamérica. Barrios tiña ambicións de reunificar América Central e levou o país á guerra nun intento falido de alcanzar este fin; morreu na Batalla de Chalchuapa en 1885.

Para 1901 a United Fruit Company comezou a volverse a forza principal en Guatemala (tanto política, como económica), durante a longa presidencia ditatorial de Manuel Estrada Cabrera. O goberno subordinábase a miúdo a intereses da Compañía (unha das principais de Centroamérica e que con axuda de Estados Unidos tiña poder para cambiar gobernos democráticos por monicreques ao seu servizo). Mentres que a compañía axudaba coa construción dalgunhas escolas, tamén obstaculizaba o comercio local; así, opúxose á construción de estradas porque isto competiría co seu monopolio do ferrocarril. A UFC controlou máis do 40% da terra do país e as instalacións dos portos. O período de ditadura liberal acabaría en 1944.

A revolución de 1944

En 1944, un grupo de xente, tales como oficiais militares disidentes, estudantes, profesionais liberais; chamados os "Revolucionarios de Outubro", derrocaron ao goberno de Federico Ponce Vaides, substituíndoo por unha xunta composta por o Maior Francisco Javier Arana, o Capitán Jacobo Arbenz e Jorge Torriello, que pouco despois convocou eleccións libres e democráticas que foron ganadas polo profesor e escritor Juan José Arévalo Bermejo, que acababa de regresar da Arxentina onde se encontraba exiliado. Foi o primeiro presidente elixido democraticamente en Guatemala que completou o seu mandato. O seu "socialismo cristiano" inspirado no New Deal americano, foi moi criticado pola clase alta e os terratenentes.

Arévalo impulsou moitas reformas e a creación de numerosas institucións co fin de mellorar o estado guatemalteco, como por exemplo o Banco de Guatemala, a Superintendencia de Bancos, o Instituto Guatemalteco de Seguridade Social (IGSS), deseñou e implementou entre outras as escolas tipo federación.

As reformas iniciadas por Arévalo foron continuadas polo seu sucesor, Jacobo Arbenz Guzmán, gañador das eleccións seguintes. Ao chegar ao poder, Arbenz declarou así as súas intencións:

Proxectaba unha reforma agraria para aumentar a produtividade das terras e o nivel de vida dos campesiños, propoñía a expropiación das terras improdutivas e a súa cesión en usufruto a labregos necesitados. O plan estrelou cos terratenentes, entre os que destacaba a United Fruit Company, dando lugar a un ambiente de república bananeira. O presidente propuxo expropiar as terras da United Fruit Company ao prezo de valoración que a compañía usaba para liquidar os seus impostos.

A United Fruit Company pediu axuda ao presidente Eisenhower, utilizando como pretexto, entre outras cousas, o feito de que Arbenz legalizase o Partido Guatemalteco do Traballo, tachado de forma non obxectiva de comunista, chegando a denominarse como comunista perigoso en 1952. Logo a CIA organizou a "operación PBSUCCESS", que consistía no adestramento e pagamento dun exército rebelde paramilitar (Movemento de Liberación) que cometeu o Golpe de Estado de 1954 e derrocou ao presidente substituíndoo por un militar ás ordes de Estados Unidos, o coronel Carlos Castillo Armas.

Ditadura e guerra civil

O coronel golpista Carlos Castillo Armas reverteu moitos dos cambios realizados por Arbenz con anterioridade. Foi asasinado en 1957, substituíndose polo Xeneral Miguel Ydígoras Fuentes, anterior Ministro de Obras Públicas na ditadura ubiquista e detractor das políticas de Arévalo e Arbenz. Ydigoras formou en Guatemala aos activistas que intentaron a Invasión de Baía de Cochinos. Os boinas verdes (United States Army Special Forces) instaláronse no país, e adestrando alí ao seu exército. Dese tempo datan a creación dos escuadróns da morte, e de organizacións paramilitares como a Mano Blanca ou o Exército Secreto Anticomunista especializados na tortura e asasinato de intelectuais, periodistas, estudantes e campesiños sospeitosos de manter posicións esquerdistas.

En resposta ao seu goberno cada vez máis autocrático, un grupo de oficiais militares de menor rango rebelouse, intentando derrocalo en 1960. Cando fracasaron, varios fuxiron e estabeleceron lazos estreitos con Cuba. Este grupo converteuse no núcleo das forzas armadas que loitaron contra os gobernos militares durante os 36 anos seguintes. Os seus catro grupos principais guerrilleiros de esquerda realizaron sabotaxes económicos e ataques armados ás instalacións do goberno e os membros das forzas de seguridade estatal. Estas organizacións combinaríanse para formar a Unidade Revolucionaria Nacional Guatemalteca en 1982.

O goberno de Miguel Ydígoras Fuentes acabaría en marzo de 1963 bruscamente a súa presidencia, para pasar a mans do coronel Enrique Peralta Azurdia.

36 anos de conflito armado (1960-1996)

Pouco despois houbo eleccións democráticas o resultou Presidente electo Julio César Méndez Montenegro en 1966. Aínda que nun principio parecía unha democracia transparente, pronto se cheirou a farsa, cunha eleccións amañadas entre o goberno e o exército, existindo, ao final, un xenocidio entre as masas opositoras e as respostas guerrilleiras.

O Xeneral Carlos Manuel Arana Osorio (1970-1974) foi o primeiro dunha serie de presidentes militares.

En 1972 un novo grupo guerrilleiro infiltrouse dende México. En 1974, o Xeneral Kjell Lauguerud García derrotou ao Xeneral Efraín Ríos Montt, o candidato do Partido Cristiano Democrático, que afirmou que se lle furtara a vitoria. En 1978, tras outras elección fraudulentas, o Xeneral Romeo Lucas Garcia asumiu o poder. En 1970 dous novos grupos guerrilleiros, o EGP e a ORPA intensificaron o levantamento contra os gobernos militares. En 1979, Jimmy Carter, prohibiu calquera axuda militar ao exército guatemalteco, a causa dos sistemáticos abusos deste contra a poboación.

Un dos espectáculos durante este período foi o que lle ocorreu á embaixada española. O 31 de xaneiro de 1980, un grupo de indíxenas e campesiños de varias aldeas do departamento noroccidental de El Quiché, apoiados por estudantes, ocupou a embaixada de España na capital para denunciar a represión nas súas comunidades, o goberno afirmou que os asaltantes se autoinmolasen, mais os diplomáticos españois explicaron que a policía executara aos participantes e incendiaran o lugar para ocultar os seus crimes. Entre as vítimas mortais figuraron o cónsul español Jaime Ruiz del Árbol, o ex vicepresidente de Guatemala Eduardo Cáceres, o ex chnceler guatemalteco Adolfo Molina e o pai de Rigoberta Menchú.

Nas eleccións de 1974 comezábase a ver claramente a tendencia de eleccións fraudulentas, cunha forte campaña contra os rebelde dende o "Partido Revolucionario" gobernante. Nos seguintes comicios do 78 e 82 seguiron gañando xenerais militares, até que os militares deron un golpe de Estado o 23 de marzo de 1982, para evitar a toma de posesión dun novo electo presidente militar Ángel Aníbal Guevara tras unhas constatadas eleccións fraudulentas.

Ríos Montt, co apoio da administración estadounidense de Ronald Reagan, formou unha xunta militar de tres membros, anulando a constitución do 65, disolvendo o congreso, anulando a lei electoral e aos partidos. Logo duns meses, asumiría el mesmo a presidencia da república, gobernando en solitario.

O Presidente procurou derrotar aos guerrilleiros con accións militares e reformas económicas. Os guerrilleiros esquerdistas e as brigadas de morte dereitistas tamén se adicaron a realizar masacres, desaparicións forzadas, e torturas de non combatentes, mais as PAC e os militares foron os que fixeron a maior parte das 200.000 mortes neste tempo, até que o 8 de agosto de 1983, Ríos Montt foi deposto polo seu propio Ministro de Defensa, Xeneral Óscar Mejía Víctores, quen permitiu un regreso controlado á democracia en Guatemala. En xaneiro de 1986, Vinicio Cerezo, un político civil e o candidato a presidente pola Democracia Cristiana, ganou a primeira elección sostida baixo unha nova constitución democrática con moito apoio popular.

O exército e as Patrullas de Autodefensa Civil (PAC), recobraron esencialmente todo o territorio guerrilleiro; a actividade guerrilleira diminuiu e foi en gran parte limitada a operacións de golpear e fuxir. Ríos Montt produciu un enorme número de mortes civís.

A breve presidencia de Ríos Montt foi probablemente o período máis violento do conflito de 36 anos, que resultou en aproximadamente 200.000 muertes de civís, na súa maioría indíxenas desarmados. Aínda que os guerrilleiros esquerdistas e as brigadas de morte tamén se dedicaron a realizar masacres, desaparicións forzadas, e torturas de non combatentes, a maioría das violacións de dereitos humanos foron realizadas polos militares guatemaltecos e as PAC que eles controlaban.

O 8 de agosto de 1983, Ríos Montt foi deposto polo seu propio Ministro de Defensa, xeneral Óscar Mejía Víctores (Ríos Montt acabará fundando un partido político). O xeneral Mejía permitiu un regreso controlado da democracia en Guatemala, comenzando cunha elección o 1 de xullo de 1984 para unha Asemblea Constituínte para redactar unha constitución democrática. O 30 de maio de 1985, despois de 9 meses de debate, a Asemblea Constituínte acabou de redactar unha nova constitución, que entrou en vigor inmediatamente. Vinicio Cerezo, un político civil e o candidato a presidente pola Democracia Cristiana, ganou a primeira elección sostida baixo a nova constitución con case o 70% do voto, e tomou posesión en 1986.

Democracia e inestabilidade (1986- 2001)

Despois da súa toma de posesión, en xaneiro de 1986, o Presidente Vinicio Cerezo creou, entre outras cousas, un comité lexislativo de dereitos humanos, e o estabelecemento en 1987 da oficina do procudador dos dereitos humanos. A corte suprema tamén emprendeu unha serie de reformas para loitar contra a corrupción e mellorar a eficiencia do sistema legal.

Coa chegade de Cerezo, os militares afastáronse do goberno e regresaron ao papel máis tradicional de proporcionar seguridade interna, especificamente convatindo contra insurxentes armados.

Os últimos dous anos do goberno de Cerezo foron marcados por unha economía en declive, folgas, marchas de protesta e acusacións de corrupción estendida. A incapacidade do goberno de tratar con moitos dos problemas nacionais -como mortalidade infantil, analfabetismo, saúde e asistencia social deficientes, e niveis crecentes de violencia- contribuíu ao descontento popular.

O 11 de novembro de 1990 celebráronse eleccións parlamentarias e presidenciais. Despois dunha votación de desempate, o enxeñeiro Jorge Serrano Elías, do partido Movemento de Acción Solidaria (MAS), asumiu a presidencia o 14 de xaneiro de 1991, completando así a primeira transición dun goberno civil electo democraticamente a outro. Creárase unha alianza entre dito partido e os Demócratas Cristiáns e a Unión do Centro Nacional (UCN).

Serrano acabou fuxindo do país tras iniciar unha restrición de liberdades civís coa idea de controlar a corrupción; e o 5 de xuño de 1993, o Congreso, de acordo coa constitución de 1985, elixiu ao Procurador de Dereitos Humanos, para completar o período presidencial de Serrano Elías. Este cargo ocupábao De León, que non era membro de ningún partido político e que, ademais, gozaba de apoio popular. Lanzou unha campaña anticorrupción para “purificar” o Congreso e a Corte Suprema, esixindo as renuncias de todos os membros de ámbolos dous corpos.

A pesar da resistencia considerábel do Congreso, a presión presidencial conduciu a un acordo en novembro de 1993, entre a administración e o Congreso, intermediado pola Igrexa Católica. Este paquete de reformas constitucionais foi aprobado polo referendo popular o 30 de xaneiro de 1994. En agosto de 1994, un novo Congreso foi electo para completar o período non vencido. Controlado polos partidos anti-corrupción o populista Frente Republicano Guatemalteco (FRG) encabezado polo ex-xeneral Ríos Montt, e o Partido de Avanzada Nacional (PAN)- o novo Congreso comenzou a afastarse da corrupción que caracterizou aos seus precursores.

Baixo o goberno de De León, o proceso de paz, agora coa participación das Nacións Unidas, comezou o seu camiño. O goberno e a URNG asinaron acordos sobre dereitos humanos (marzo de 1994), el restabelecimiento de persoas desprazadas (xuño de 1994), esclarecimento histórico (xuño de 1994), e dereitos indíxenas (marzo de 1995). Tamén se desenvolveu un progreso significativo sobre un acordo socioeconómico e agrario.

As eleccións nacionais para presidente, o Congreso, e oficinas municipais producíronse en novembro de 1995. Con case vinte partidos que competiron na primeira ronda, a elección presidencial chegou até un desempate o 7 de xaneiro de 1996 no cal o candidato do PAN, Álvaro Arzú Irigoyen derrotou a Alfonso Portillo Cabrera do FRG por un 2% dos votos. Arzú ganou debido á súa forza na Cidade de Guatemala, onde servira antes como alcalde, ademais da área circundante urbana. Portillo ganou en todos os departamentos rurais excepto Petén. Baixo a administración de Arzú, concluíronse as negociacións e, en decembro de 1996, o goberno firmou os Acordos de Paz, que zanxaba un conflito de 36 anos. A situación dos dereitos humanos tamén mellorou durante o goberno de Arzú, e tomáronse medidas para reducir a influencia dos militares en asuntos nacionais.

Século XXI

En 1999 Alfonso Portillo (FRG) ganou a Óscar Berger (PAN). Ganou en 22 departamentos e na Cidade de Guatemala, que era considerada a fortaleza do PAN. Portillo, á parte de ter relacións co ex-xeneral Ríos Montt, o Presidente de feito de Guatemala no 1982-83, acabou cometendo varios furtos polos que está con orde de captura de Guatemala e da Interpol; por desvíos millonarios de diñeiro.

No 2004 foi electo como Presidente de Guatemala o avogado Óscar Berger Perdomo, apoiado pola Gran Alianza Nacional (GANA). O seu goberno foi ineficaz contra a delincuencia organizada, pandillas denominadas maras, a consolidación do narcotráfico (enraizada durante o goberno anterior, e a forte migración da súa poboación (maiormente pobre e acosada pola criminalidade).

As seguintes eleccións realizadas no outono de 2007, os partidos políticos Unidade Nacional da Esperanza (UNE), liderado polo enxeñeiro Álvaro Colom; Partido Patriota (PP), liderado polo xeneral retirado, Otto Pérez Molina, ganaron os dous primeiros lugares, pasando a unha segunda volta que deron como ganador a Colom quen se converteu Presidente da República de Guatemala o 14 de xaneiro de 2008.

En maio de 2010, a tempestade Agatha e da erupción do volcán Pacaya causou danos á costa e da rexión central do país, cun resultado de 30 000 vítimas.[3].

Demografía

Artigo principal: Demografía de Guatemala.

Dos 13 millóns de habitantes, case a metade da poboación é urbana (onde 3 millóns viven na capital), 76% da poboación está entre 14 e 45 anos de idade. Desde 1950, a poboación está crecendo moi rápido, pero actualmente se está abrandado, Existe unha pequena comunidade crecente de Coreanos, de O Salvador, mexicanos, europeos e outros países de América, porén moitos guatemaltecos viven en México ou en Estados Unidos. A lingua oficial é o español.

Poboación: A maior parte da composición étnica do país son indíxenas (51%), seguido por os caucásicos brancos (25%), inferior a 15% da poboación é mestizo. Guatemala ten unha poboación esmagadoramente raza pura.

Relixión: Protestantismo hoxe en día é a maior relixión, os católicos representan 41% (antes era a relixión maioritaria do país).

Xeografía

O cumio máis elevada do país é o volcán Tajumulco (4.220 msnm); destacan tamén o Santa María (3.772 msnm), o Agua (3.766 msnm), o Fuego (3.763 msnm), o volcán Atitlán (3.537 msnm), situado xunto ao lago homónimo, e o Pacaya (2.552 msnm) achando canda ao Lago de Amatitlán, no Departamento de Guatemala. Os terremotos son frecuentes nas proximidades do cinto volcánico do sur, onde destruíronse numerosas asentamentos. no litoral atlántico, principal saída comercial neste océano, atópase o maior lago do país, o Izabal.

Os ríos de Guatemala de maior lonxitude son: Río Motagua , Río Usumacinta, Río Polochic, Río Dulce e Río Sarstún.

Departamentos

Guatemala está dividida en 22 departamentos, que se reparten por 8 rexións administrativas, e posúen 333 concellos.

GuatemalaProvs
|
Flag of Guatemala.svg Departamentos de Guatemala.
  1. Coat of arms of Alta Verapaz.png Alta Verapaz
  2. Coat of arms of Baja Verapaz.gif Baja Verapaz
  3. Coat of arms of Chimaltenango Department.png Chimaltenango
  4. Coat of arms of Chiquimula.png Chiquimula
  5. Bandera del Departamento El Petén.png El Petén
  6. Bandera PRO.JPG El Progreso
  7. ..El Quiché Flag(GUATEMALA).png El Quiché
  8. ..Escuintla Flag(GUATEMALA).png Escuintla
  9. Coat of arms of Guatemala Department.png Guatemala
  10. Huehuetenango Flag with Coat.png Huehuetenango
  11. ..Izabal Flag(GUATEMALA).png Izabal
  12. Flag of Jalapa Department.gif Jalapa
  13. Vlagjutiapa.gif Jutiapa
  14. Vlagquetzaltenango.gif Quetzaltenango
  15. Vlagretalhuleu.gif Retalhuleu
  16. Bandera de Sacatepéquez.svg Sacatepéquez
  17. Vlagsanmarcos.gif San Marcos
  18. Coat of arms of Santa Rosa.png Santa Rosa
  19. Vlagsolola.gif Sololá
  20. ..Suchitepéquez Flag(GUATEMALA).png Suchitepéquez
  21. Vlagtotonicapan.gif Totonicapán
  22. ..Zacapa Flag(GUATEMALA).png Zacapa

Economía

Artigo principal: Economía de Guatemala.

Guatemala é a maior economía de América Central, e divide os seguintes factores:

Agricultura: Representa máis de metade do PIB e 51% das exportacións, onde predominan o café, cardamomo, azucre, bananas, etc. Guatemala é un dos maiores exportadores de café do mundo, eo maior en América Central, iso é debido á chegada de inmigrantes alemáns que desenvolveu o café do país (especialmente nas terras altas).

Industria: Representa o 20% do PIB, está utilizada principalmente en produtos téxtiles, procesamento de alimentos, montaxe de vehículos, electrodomésticos, pinturas, farmacéutica, de bebidas, de publicación, entre outros.

Turismo: Turismo e investimento estranxeiro está a medrar desde 2007, os países que realizan actividades turísticas en Guatemala son europeos, e nortemaericanos

Notas

  1. "Así asume el nuevo presidente de Guatemala". ElPeriódico (en castelán) (Guatemala). 14 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2016.
  2. The CIA World Factbook
  3. Tormenta “Ágatha” golpea Guatemala.

Véxase tamén

Ligazóns externas

América

América ( pronunciación ), as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se estende no Hemisferio Occidental desde o océano Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

É frecuente a sinécdoque de referirse con este nome aos Estados Unidos de América.

América Central

América Central ( pronunciación ), tamén chamada Centroamérica, é unha rexión que se atopa no extremo sur de América do Norte e que ás veces é definido como un subcontinente de América. Esta rexión limita con México polo norte, Colombia polo sueste, o mar Caribe polo leste e o océano Pacífico polo oeste e o sur. América Central componse de sete países: Belize, Costa Rica, O Salvador, Guatemala, Honduras, Nicaragua e Panamá. A poboación combinada de América Central estímase entre 41 739 000 (estimacións de 2009) e 42 688 190 (estimacións de 2012).América Central forma parte do punto quente de biodiversidade de Mesoamérica, que se estende dende o norte de Guatemala até o centro de Panamá. Por mor da presenza de diversas fallas xeolóxicas activas e do arco volcánico centroamericano, existe unha grande actividade sísmica na rexión, como erupcións volcánicas e terremotos, que resultaron en mortes, feridos e danos á propiedade.

Na era precolombiana, América Central estaba habitada por pobos indíxenas de Mesoamérica no norte e no oeste e por pobos do istmo colombiano no sur e no leste. Despois das viaxes da expedición de Cristovo Colón a América, España comezou a colonizar América. Dende 1609 até 1821, a maioría dos territorios de América Central (agás os dos futuros Belize e Panamá, e incluíndo o moderno estado mexicano de Chiapas) estaban gobernados polo vicerreinado de Nova España dende Cidade de México como Capitanía Xeneral of Guatemala. O 24 de agosto de 1821, o vicerrei español Juan O'Donojú asinou os Tratados de Córdoba, que estabeleceron a independencia de Nova España respecto de España. O 15 de setembro de 1821, promulgouse a Acta de Independencia de América Central para anunciar a separación de América Central do Imperio Español e prever o estabelecemento dun novo estado de América Central. Algunhas das provincias de Nova España na rexión de América Central (como as que se converterían en Guatemala, Honduras, O Salvador, Nicaragua e Costa Rica) foron anexionadas ó Primeiro Imperio Mexicano; porén, en 1823 separáronse de México para formar a República Federal de América Central, que durou até o ano 1838.

En 1838, Nicaragua, Honduras, Costa Rica e Guatemala convertéronse nos primeiros estados de América Central en ser independentes, seguidos por O Salvador en 1841, Panamá en 1903 e Belize en 1981.

América Latina

América Latina ou Latinoamérica, entidade territorial e sociocultural diferente a Hispanoamérica e Iberoamérica, constituída polo conxunto de países de América que foron antigas colonias de países europeos onde se fala as linguas romances, é dicir derivadas do Latín, correspondentes ás actuais España, Portugal e Francia. O xentilicio que normalmente se emprega é latinoamericano.

O termo Latinoamérica foi introducido por primeira vez polo Imperio Francés de Napoleón III, durante a súa invasión de México, como forma de incluír a Francia entre os países con influencia en América e case exclusivamente coa fin de excluír ós anglosaxóns.

Nestes países obsérvanse moitas similitudes debido á súa longa historia en común por ser territorios coloniais de España e Portugal e, en menor medida, de Francia. Entre eles obsérvanse tamén variacións lingüísticas, étnicas, sociais, políticas, económicas e climáticas.

Bandeira de Guatemala

A bandeira de Guatemala foi creada polo Decreto executivo do 17 de agosto de 1871, sendo Presidente da República o xeneral Miguel García Granados.

Belize

Belize é un pequeno país en América Central, ribeirego do mar Caribe, que linda con México ao norte e Guatemala ao oeste e ao sur. Está separada de Honduras polo golfo do mesmo nome ao leste, cunha distancia de 75 quilómetros no punto máis próximo entre as dúas nacións. Belize era anteriormente coñecida como Honduras Británica e o nome coloquial procede da Cidade de Belize (Belize City) e do río Belize. Cidade de Belize é a cidade máis grande do país, o porto principal e a súa antiga capital.

Cidade de Guatemala

Cidade de Guatemala (oficialmente e en castelán La Nueva Guatemala de la Asunción, habitualmente coñecida coma Ciudad de Guatemala, Guatemala) é a capital e a cidade máis extensa do estado de Guatemala. Á súa vez, é a capital do Departamento de Guatemala e a cidade máis extensa de América Central.

Segundo o censo do ano 2002, a cidade conta cunha poboación de 3 942 348 habitantes. A cidade está sita nun val na área sur central do país.

Estado de Chiapas

Chiapas é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman os Estados Unidos Mexicanos. Atópase no sueste de México, sendo o 19º estado de México, tras plebiscito popular, o 14 de setembro de 1824. É coñecido polos seus atractivos turísticos, coa natureza e ruínas das civilizacións precolombianas, entre cidades coloniais e co contacto directo coas diferentes etnias que cohabitan no estado. Exemplos de lugares turísticos son a zona arqueolóxica de Palenque e as fervenzas de Agua Azul.

Limita polo leste con Guatemala, polo oeste con Oaxaca, polo norte con Tabasco, polo sur co océano Pacífico e polo noroeste con Veracruz. Ten 122 concellos.

Honduras

Honduras é un país de América Central, limitado ó norte polo Golfo de Honduras, ó norte e ó leste polo Mar Caribe (por onde posúe fronteira marítima co territorio colombiano de San Andrés e Providencia), ó sur por Nicaragua, polo Golfo de Fonseca e polo Salvador e ó oeste por Guatemala. A súa capital é Tegucigalpa.

A República de Honduras é un país centroamericano cun goberno republicano presidencialista. Debúllase en dezaoito departamentos, formando, constitucionalmente, as cidades de Tegucigalpa e Comayagüela, conxuntamente, a capital da república.

Máis do 80% do territorio hondureño é montañoso, abundante en fauna e flora, con numerosos tipos de bosques e ríos. As montañas poden chegar a ter unha altura de 2.827 msnm, con vales e chairas por todo o territorio. Os vales máis importantes encóntranse próximos aos dous océanos, nas zonas norte e sur do país. Na zona central do país tamén nos atopamos con vales como o de Comayagua e o de Catacamas. A Cordilleira Centroamericana divide ao territorio entre as cordilleiras Oriental, Occidental e Central.

A poboación de Honduras é de aproximadamente 7,8 millóns de habitantes.

Lingua jacalteca

O jacalteco, tamén coñecido como popti’, é unha lingua maia falada principalmente en Guatemala e en parte de México. É falada por máis de 9 000 membros do pobo jacalteco do departamento guatemalteco de Huehuetenango, e por outros 500 máis na zona adxacente de Chiapas, en México. O nome popti' para a lingua é empregado pola "Academia de Linguas Maias de Guatemala" e polo Congreso de Guatemala.

Lingua k'iche'

A lingua k'iche' ou quiché é unha lingua que forma parte do grupo quicheano de linguas, que forman parte da familia lingüística das linguas maias. É falada maioritariamente polos membros do pobo k'iche', orixinaria de Guatemala, aínda que tamén ten presenza no sueste de México a causa da migración de refuxiados a este país durante o período da Guerra Civil Guatemalteca nos anos oitenta do século XX. Ten arredor dun millón de falantes en Guatemala, e uns 524 falantes en México (2002), sendo a lingua maia coa comunidade lingüística máis extensa e a segunda lingua de Guatemala, despois do español. Moitos falantes do k'iche' son bilingües da súa lingua nativa e do español, aínda que este fenómeno é menos frecuente nos ámbitos rurais illados.

Existe unha substancial variación dialectal da lingua k'iche', a algúns dos seus dialectos son considerados ás veces como linguas separadas. A maior parte dos falantes empregan a variedade coñecida como k'iche' central, que tamén é a máis empregada nos medios de comunicación e o ámbito educativo. Outros dialectos son o k'iche' centro-occidental, k'iche' de San Andrés, k'iche' de Joyabaj, k'iche' oriental, k'iche' de Nahualá e k'iche' de Cunén.

Aínda que non é unha lingua oficial nin en Guatemala nin en México, e os niveis de alfabetización como primeira lingua son baixos, a importancia do k'iche' tende a crecer tanto nas escolas como na radio no territorio guatemalteco. É recoñecida como lingua nacional en Guatemala a raíz da "Lei de Idiomas Nacionais" aprobada polo Congreso de Guatemala no 2003. En México, como resultado das reformas da Constitución deste país, e das leis regramentarias derivadas, o k'iche' ten o recoñecemento de lingua nacional, coa mesma validez no territorio mexicano que o español e outras sesenta e catro linguas indíxenas.

A obra máis coñecida escrita en k'iche' clásico é o Pop Wuj, máis comunmente coñecido como Popol Vuh.

Lingua mam

O mam é unha lingua indíxena mesoamericana e un membro da póla quicheana-mameana da familia de linguas maias. É falada polo pobo mam nos departamentos Quetzaltenango, Huehuetenango, San Marcos e Retalhuleu, en Guatemala, e no estado de Chiapas de México.

Lingua poqomchi'

O poqomchi' é unha lingua maia falado polo pobo poqomchi' en Baja Verapaz, Guatemala. Está estreitamente relacionada coa lingua poqomam e ten dous dialectos principais, oriental e occidental, falados por máis de 90 000 persoas no ano 2000. É a lingua predominante do concello de Chicamán (El Quiché) que limita con Baja Verapaz.

Lingua q'eqchi'

O q'eqchi' (tamén escrito kekchi, k'ekchi' ou kekchí) é unha lingua maia falada pola comunidade q'eqchi' de Guatemala e Belize.

Linguas maias

As linguas maias forman unha familia lingüística falada en Mesoamérica e norte de Centroamérica. As linguas maias son faladas por preto de 6 millóns de indíxenas maias, principalmente en Guatemala, México, Belize e Honduras. En 1996, Guatemala recoñeceu formalmente 21 linguas maias por nome, e México recoñeceu oito máis.A familia maia é unha das mellores documentadas e máis estudadas das linguas americanas. As linguas maias modernas descenden do protomaia, unha lingua que se pensa que foi falada hai 5.000 e que foi parcialmente reconstruída usando o método comparativo. A lingua protomaia diversificou en seis pólas lingüísticas diferentes: a huasteca, quicheana, a iucateca, a q’anjob’al, a mameana e a ch'ol-tzeltal.

As linguas maias forman parte da área lingüística mesoamericana, unha zona de converxencia creada a través de séculos de interacción entre os pobos de Centroamérica. Tódalas linguas maias presentan os trazos diagnósticos básicos da súa área lingüística. Por exemplo, todas empregan substantivos relacionais no canto de preposicións para indicar relacións espaciais. Tamén posúen trazos gramaticais e tipolóxicos que os diferencian doutras linguas de Centroamérica, como o uso da ergatividade no tratamento gramático dos verbos, os seus suxeitos e obxectos, categorías flexivas específicas nos verbos e unha clase gramatical especial de "posicións" que é característica das linguas maias.

Durante a era precolombiana da historia de mesoamérica, algunhas linguas maias foron escritas na escrita hierolóxica maia. O seu uso foi particularmente estendido durante o período clásico da civilización maia (c. 250–900 AD). O corpus supervivente componse de 10.000 inscricións coñecidas en edificios, monumentos, poemas e códices, combinada coa rica literatura poscolonial maia escrita en alfabeto latino.

Miguel Ángel Asturias

Miguel Ángel Asturias Rosales, nado en Cidade de Guatemala o 19 de outubro de 1899 e finado en Madrid o 9 de xuño de 1974, foi un escritor e diplomático guatemalteco. Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1967 e un ano antes, obtivo o Premio Lenin da Paz.

Nicaragua

A República de Nicaragua é un pequeno estado de Centroamérica que limita ao noroeste con Honduras, ao sur con Costa Rica, ao oeste co océano Pacífico e ao leste co mar Caribe. Nicaragua defínese como un Estado independente, libre, soberano, unitario e indivisible.

O Salvador

O Salvador (en castelán: El Salvador) oficialmente República do Salvador (en castelán: República de El Salvador), é o país máis pequeno e máis densamente poboado de América Central. Limita polo nordeste con Honduras, polo leste co golfo de Fonseca, polo sur co Océano Pacífico e polo oeste con Guatemala. A súa capital é San Salvador, sendo tamén a meirande cidade. No ano 2016, o país tiña unha poboación de arredor de 6,34 millóns de persoas.

Durante séculos, O Salvador estivo habitado por numeros pobos mesoamericanos, especialmente o pobo pipil, así como o pobo lenca e os pobos maias. A comezos do século XVI, o Imperio Español conquistou o territorio, incluíndoo no Vicerreinado de Nova España, gobernado dende Cidade de México. Porén, o Vicerreinado de México tiña pouca ou ningunha influencia nos asuntos cotiáns do istmo de América Central, que foi colonizado en 1524. En 1609, a área converteuse na Capitanía Xeral de Guatemala, da cal O Salvador formou parte até a súa independencia de España en 1821, primeiro como parte do Primeiro Imperio Mexicano, do cal se secesionou, como parte da República Federal de América Central, en 1823. Cando a república se disolveu en 1841, O Salvador converteuse nun estado soberano, despois formou unha unión de curta duración con Honduras e Nicaragua chamada República Maior de América Central, que durou dende 1895 até 1898.Dende finais do século XIX até mediados do século XX, O Salvador padeceu inestabilidade política e económica crónicas, caracterizadas por golpes de estado, revoltas e unha sucesión de líderes autoritarios. A persistente desigualdade social e o malestar social culminaron na devastadora guerra civil do Salvador (1979–1992), entre o goberno militar e unha coalición de grupos guerreiros de esquerda. O conflito rematou cos Acordos de Paz de Chapultepec, que posibilitaron o estabelecemento dunha república constitucional multipartidista que se mantén até o presente.

A economía do Salvador estivo dominada historicamente pola agricultura, comezando coas plantas Indigofera, o cultivo máis importante durante o período colonial, seguido polo café, que a comezos do século XX representaba o 90% das exportacións do país. Dende entón, O Salvador reduciu a súa dependencia do café e embarcouse na diversificación da economía mediante a apertura de relacións comerciais e financeiros e a expansión do sector manufactureiro. O colón, a moeda oficial do Salvador dende 1892, foi substituída polo dólar estadounidense en 2001.

O Salvador atópase no posto 16 entre os países de América Latina en termos de Índice de Desenvolvemento Humano, e o cuarto en América Central (detrás de Panamá, Costa Rica e Belize) grazas a que se atopa nunha fase de rápida industrialización. Porén, o país segue a loitar contra os altos índices de pobreza, desigualdade e crime.

Rigoberta Menchú

Rigoberta Menchú Tum, nada en Uspantán, Quiché o 9 de xaneiro de 1959, é unha líder indíxena maia e defensora dos dereitos humanos, membro do grupo k'iche'. É embaixadora de Boa Vontade da Unesco e gañadora do Premio Nobel da Paz e do Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.

Destacou polo seu liderado á fronte das loitas sociais no eido nacional e internacional. O 12 de febreiro de 2007, anunciou que se postularía ás eleccións presidenciais de Guatemala de 2007 pola coalición de partidos WINAQ e Encuentro por Guatemala; quedou en quinto lugar con un 3,09%. Malia a derrota, o 7 de maio de 2011 o partido indíxena WINAQ xunto a outros partidos proclamouna como candidata presidencial para as eleccións presidenciais do 11 de setembro de 2011 na Fronte Ampla de Guatemala.

Álvaro Arzú

Álvaro Enrique Arzú Irigoyen, nado na Cidade de Guatemala, 14 de marzo de 1946 e finado na mesma cidade o 27 de abril de 2018, foi un político guatemalteco. Presidente de Guatemala desde o 14 de xaneiro de 1996 ata o 10 de xaneiro do 2000. Tamén foi elixido alcalde de Cidade de Guatemala en catro ocasións: en 1982, pero un golpe de estado impediulle asumir o cargo; 1986, desta vez asumiu e serviu o seu mandato; outra vez en xaneiro do 2004; e foi reelixido unha vez máis en setembro do 2007, cun 55% dos votos.

Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.