Guardo

Guardo é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 6.195 habitantes (INE 2013).

Coordenadas: 42°47′0″N 4°50′0″O / 42.78333, -4.83333

Guardo
Escudo de Guardo
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaPalencia
ComarcaAlto Carrión
Xeografía
Altitude1.124 msnm
Superficie62,83 km²
Demografía
Poboación6.915 hab. (2013)
Densidade110,06 hab./km²
Xentilicioguardenses
Outros datos
Código postal34880
AlcaldeJuan Jesús Blanco Muñiz (PP)
www.guardo.es

Localidades

  • Muñeca
  • Intorcisa
  • San Pedro de Cansoles

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alternativa por Castilla y León

Alternativa por Castilla y León (ACAL) (Alternativa por Castela e León en galego) foi unha coalición electoral española xurdida a finais de 2006 e constituída legalmente en marzo de 2007 e que agrupaba partidos nacionalistas, rexionalistas e independentes de Castela e León. Os seus promotores foron a formación nacionalista castelá Tierra Comunera, o Partido de El Bierzo e o Partido del Progreso de las Ciudades y las Comarcas de Castilla y León. O Partido de El Bierzo formou parte da coalición só para as eleccións autonómicas, non para as municipais nas que se presentou en solitario.

Aspiraban a conseguir 100.000 votos en Castela e León e obter representación no parlamento rexional. O seu obxectivo era rematar co bipartidismo de PP e PSOE.

Presentáronse en candidatura conxunta para as eleccións Autonómicas de Castela e León de 2007: Ademais de Tierra Comunera, forman parte de Alternativa de Castilla y León, Independientes de Palencia, Tiétar, Laguna, Riaza, o Partido de El Bierzo, Partido del Progreso de las Ciudades y Comarcas de Castilla y León, Iniciativa por Soria, de las Merindades, de Guardo, os Verdes de Segovia e previsiblemente os Verdes de Laciana, Agrupación de Segovia e Unión del Pueblo Zamorano.En 2008 ao termo das eleccións Xerais sáese da coalición Tierra Comunera e o resto de partidos seguen formando Alternativa por Castela e León. En 2009 Tierra Comunera e Alternativa por Castilla y León forman xunto a outros partidos castelanitas-rexionais de Castela e león: o Partido de Castilla y León (PCAL), para concorrer nunha candidatura única ás Eleccións Autonómicas de Castela e León de 2011 e às Xenerais de 2012. Nas municipais o de concorrer unidos ou non terá que verse concello a concello chegado o momento.

Chelo García-Cortés

María Consolación García-Cortés Cadavid, nada en Ourense o 3 de decembro de 1951, máis coñecida como Chelo García-Cortés, é unha xornalista galega que desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional no xornalismo do corazón.

Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles

Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles máis coñecido pola contracción do seu nome: CAF, é unha empresa vasca con sede social en Beasain (Guipúscoa) que leva décadas a construír trens e material ferroviario para as redes de tranvía, ferrocarril metropolitano e suburbano, de medio e longo percorrido e de alta velocidade máis importantes do mundo.

Fresno del Río

Fresno del Río é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 196 habitantes (INE 2012).

Lope de Vega

Félix Lope de Vega Carpio, nado en Madrid o 25 de novembro de 1562 e finado o 27 de agosto de 1635, foi un escritor español, considerado un dos máis importantes poetas e dramaturgos do Século de Ouro. Pola extensión da súa obra pódeselle considerar coma un dos autores máis prolíficos da literatura universal.

O chamado Fénix dos enxeños, Poeta do ceo e da terra e Monstro da Natureza (por Miguel de Cervantes) renovou as fórmulas do teatro español nun momento no que o teatro comezaba a ser un fenómeno cultural de masas. Máximo expoñente, xunto a Tirso de Molina e Calderón de la Barca, do teatro barroco español, as súas obras seguen representándose na actualidade e constitúen unha das máis altas cotas alcanzadas na literatura e as artes españolas. Foi tamén un dos grandes líricos da lingua castelá e autor de varias novelas e obras narrativas longas en prosa e en verso.

Atribúenselle uns 3000 sonetos, tres novelas, catro novelas curtas, nove epopeas, tres poemas didácticos, e varios centenares de comedias (1800 segundo Juan Pérez de Montalbán). Amigo de Francisco de Quevedo e de Juan Ruiz de Alarcón, posto a mal con Luis de Góngora e en longa rivalidade con Cervantes, a súa vida foi tan extrema como a súa obra. Foi pai da tamén dramaturga sor Marcela de San Félix.

Los Fastidios

Los Fastidios é unha banda italiana de street punk. Foi formada en Verona en 1991, pero só un dos membros orixinais pertence aínda ó grupo. As cancións de Los Fastidios teñen que ver con situación da vida cotiá, así como coa promoción da igualdade, o socialismo e a loita contra a discriminación.

A data de 2005, os membros son:

Enrico (voz)

Paolino (guitarra e voz)

Denni (guitarra e voz)

Alvise (baixo e voz)

Giacomo "La Zia" (batería e voz)

N-120

A N-120 é unha estrada nacional española que une as cidades de Logroño e Vigo, acabando no porto desta última. A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1939-41 (Plan Peña).

Ten un percorrido de 662 km, e pasa polas comunidades autónomas da Rioxa, Castela e León e Galicia, unindo grandes cidades e vilas como Burgos, Sahagún, León, Astorga e Ponferrada fóra de Galicia; e como O Barco de Valdeorras, A Rúa, Quiroga, Monforte de Lemos, Ourense, Ribadavia, A Cañiza, Ponteareas e O Porriño, xa en Galicia.

Na actualidade hai varias autovías ou autoestradas que van paralelas, con tramos en construción. Entre Logroño e Burgos (ligazón coa BU-30), está en construción a A-12, Autovía do Camiño de Santiago. Burgos circunválase mediante a BU-30. Entre a BU-30 e Onzonilla o corredor correspóndese coa Autovía Autonómica do Camiño de Santiago A-231, en servizo. Entre Onzonilla e León o corredor correspóndese coa Autovía da Ruta da Prata A-66, en servizo. Entre León e Astorga o corredor correspóndese coa autoestrada AP-71 de peaxe, en servizo. Entre Astorga e Vilamartín da Abadía o corredor correspóndese coa Autovía do Noroeste A-6, en servizo.

Entre Vilamartín da Abadía e Ourense o corredor correspóndese coa Autovía Ponferrada-Ourense A-76, en proxecto. Até a década de 1980 o tramo entre A Rúa e Ourense discorría ao sur do río Sil pola actual OU-536 , atravesando a ponte Bibei e Castro Caldelas. Desde entón vai por Quiroga, Monforte de Lemos e Os Peares. Entre A Rúa e Monforte de Lemos, pasando por Quiroga e A Estación (A Pobra de Brollón), vai en paralelo á LU-933, tramo da antiga C-533 A Gudiña-Lalín. Entre Monforte de Lemos e Os Peares, pasando polo Castro de Ferreira, existe o tramo N-120a, que se corresponde coa vella estrada C-546 Ourense-Lugo.

Entre Ourense e Vigo correspóndese coa vella estrada Villacastín-Vigo. Entre Ourense e O Porriño vai en paralelo á Autovía das Rías Baixas A-52. Entre O Porriño e a ligazón coa AP-9 (Autoestrada do Atlántico) na Portela de Puxeiros, a estrada correspóndese coa Autovía do Atlántico A-55, que a solapa en diversos tramos. Tamén se solapan desde A Portela de Puxeiros até a entrada en Vigo pola avenida de Madrid. Entre a avenida de Madrid e o porto de Vigo a estrada correspóndese coa circunvalación VG-20.

Partido Comunista del Pueblo Castellano

O Partido Comunista del Pueblo Castellano (PCPC) foi a organización territorial do Partido Comunista de los Pueblos de España (PCPE) na comunidade autónoma de Castela e León, con presenza nas cidades de Valladolid e Segovia, principalmente, aínda que tamén contaba cunha célula en Guardo, na provincia de Palencia. Eran de tendencia marxista-leninista e estaban a favor do dereito de autodeterminación dos pobos.

Durante un breve período formou parte da coalición Izquierda Castellana, asumindo un ideario de carácter máis soberanista sobre o territorio histórico de Castela.En 2011, debido às disputas entre o PCPC e a dirección central do PCPE, unha boa parte dos militantes casteláns abandonaron o proxecto do PCPE e crearon en Segovia unha nova organización: Comunistas de Castilla, cunha orientación máis enfocada ao castelanismo.

Partido Regionalista de Castilla y León

O Partido Regionalista de Castilla y León (Partido Rexionalista de Castela e León en galego) (PRCAL) é un partido político español creado polo groso da militancia e cargos públicos do extinto Partido de Castela e León (PCAL) despois de abandonar esta denominación a formación Partido Castellano na que se integraba, proveniente da refundación de Tierra Comunera, é un partido rexionalista e castelanista da comunidade autónoma de Castela e León.

País Leonés

O País Leonés (País Llionés en leonés) é, segundo os rexionalistas, nacionalistas e independentistas leoneses, o territorio formado polas provincias españolas de León, Zamora e Salamanca onde se estenden a lingua e cultura leonesas. Coincide co Reino de León definido na división administrativa realizada por Javier de Burgos por medio do Real Decreto de 30 de novembro de 1833, pero a súa definición non coincide plenamente co reino de León histórico pois este abranguía un territorio máis extenso.

Porén, os límites do País Leonés non son de todo precisos, pois algúns sectores leonesistas inclúen neste territorios do pasado histórico do Reino de León ou de proclamada cultura leonesa (principalmente aqueles nos que se falan variantes do asturleonés). Deste xeito, formarían tamén parte do País Leonés a Franxa do Carrión (Palencia), a marxe dereita do río Valderaduey (Valladolid), a franxa occidental da provincia de Valladolid, Valdeorras (Ourense), e a bisbarra do Barco de Ávila (Ávila), onde se falaría asturleonés oriental; e os territorios portugueses do río Sabor (Sendim e Miranda do Douro, onde falan unha variante do asturleonés occidental coñecida como mirandés, que é oficial en Portugal).

Pino del Río

Pino del Río é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 209 habitantes (INE 2012).

Provincia de Palencia

A provincia de Palencia é unha das que conforman a Comunidade Autónoma de Castela e León, e está situada ao norte da submeseta setentrional, entre Cantabria ao norte, a provincia de Burgos ao leste, a de Valladolid ao sur e León ao oeste. Ten unha extensión territorial de 8.029 Km2.

A súa poboación é de 173.409 habitantes segundo o censo de 2005, en enorme regresión, se temos en conta que en 1960 contaba con 237.426.

Renfe Feve

Renfe Feve, coñecida simplemente como Feve, é unha división comercial do operador ferroviario español Renfe Operadora encargada da explotación e xestión de distintos ferrocarrís de vía estreita e que opera nas comunidades autónomas de Galicia, Principado de Asturias, Cantabria, País Vasco, Castela e León e Rexión de Murcia.

Dita división é a herdeira da entidade pública empresarial Ferrocarrís Españois de Vía Estreita (FEVE), un operador ferroviario propiedade do Estado español fundado en 1965 e que se encargaba de explotar os devanditos servizos así como as estacións e as infraestruturas deles. Esta empresa desapareceu o 31 de decembro de 2012 a causa do plan do Goberno para a unificación dos operadores estatais de vía ancha e estreita.

Río Carrión

O Carrión é un río de España, que discorre integramente pola provincia de Palencia. É afluente do río Pisuerga, que á súa vez flúe pola marxe esquerda ao río Douro, e que discorre pola comunidade autónoma de Castela e León. Nace en Fontes Carrionas, pertencente á rede de Espazos Naturais dentro do Parque Natural das Fontes Carrionas e Fonte Cobre-Montaña Palentina e pasa por Velilla del Río Carrión, Guardo, Saldaña, La Serna, Carrión de los Condes, Monzón de Campos, Palencia, e Villamuriel de Cerrato. Ao final da súa traxectoria únese co río Pisuerga no termo municipal de Dueñas.

Na súa conca construíronse o encoro de Camporredondo e o encoro de Compuerto. A súa principal curiosidade é que a pesar dos seus 179 km de lonxitude todo o seu percorrido forma parte da provincia de Palencia.

Segunda división B española de fútbol sala

A Segunda División B de fútbol sala (ata 2011 chamada Primeira Nacional A) é a terceira categoría de fútbol sala en España, por baixo da Segunda División (antes División de Prata). Dispútase dende 1989 e está organizada polo Comité Nacional de Fútbol Sala (CNFS) da Real Federación Española de Fútbol.

Teresa Portela

María Teresa Portela Rivas, nada en Aldán (Cangas) o 5 de maio de 1982, é unha piragüista galega. É unha das figuras máis importantes deste deporte a nivel internacional.

Velilla del Río Carrión

Velilla del Río Carrión é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 1.512 habitantes (INE 2011).

Villalba de Guardo

Villalba de Guardo é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 199 habitantes (INE 2012).

50.000+
5.000+
1.000+
Menos de
1.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.