Guadarrama

Guadarrama é un concello español do noroeste da Comunidade de Madrid. Tiña en 2015 unha poboación de 15.538 habitantes.

Foi fundado polos árabes, que chamaron Uad-er-ramel ao río que dá nome á vila e á serra onde se atopa. Guadarrama obtivo o título de vila o 22 de novembro de 1504 por parte de Fernando V de Castela.

Coordenadas: 40°40′22″N 04°05′20″O / 40.67278, -4.08889

Guadarrama Ayuntamiento01
Concello de Guadarrama

Véxase tamén

Ligazóns externas

A-6

A A-6 ou autovía do Noroeste, coñecida tradicionalmente como estrada da Coruña, é unha das seis autovías radiais de España. Comunica Madrid con Galicia, pasando por Castela e León. Trátase dunha das vías máis importantes do estado, xa que, ademais de atravesar Castela e León, fai un percorrido moi útil se se pretende ir tanto a Asturias como ó norte de Portugal dende Madrid.

Amanalco

Amanalco é un concello do Estado de México, en México. Limita ao norte con Villa Victoria e Villa de Allende, ao sur con Valle de Bravo e Temascaltepec, ao leste con Almoloya de Juárez e Zinacantepec e ao oeste con Donato Guerra e Valle de Bravo. Abrangue unha superficie de 222,27 km² e a súa poboación era de 22 864 habitantes no ano 2010. A cabeceira municipal é Amanalco de Becerra.

Arroyomolinos, Madrid

Arroyomolinos é un concello español da Comunidade de Madrid situado ao suroeste da capital. Ten unha poboación de 30.081 habitantes (2017).

Nos últimos anos evolucionou dunha configuración rural á da tipica cidade dormitorio, cun crecemento demográfico importante. Parte do seu termo municipal forma parte do Parque rexional do curso medio do río Guadarrama e a súa contorna.

Cercedilla

Cercedilla é un concello español situado no noroeste da Comunidade de Madrid, en plena serra de Guadarrama. Tiña en 2018 unha poboación de 6.948 habitantes.

Ten unha extensión de 35,8 km² e está situado a 57 km ao noroeste da cidade de Madrid. Limita cos concellos madrileños de Los Molinos e Navacerrada e cos concellos segovianos de El Espinar e La Granja de San Ildefonso.

Está rodeado por varios montes da serra de Guadarrama, como Siete Picos, La Bola del Mundo, La Peñota e Peña del Águila. No seu termo atópase o porto de Navacerrada, con estación de esquí, situado a 8 km da localidade. Atópase ademais no Camiño de Santiago de Madrid.

Collado Villalba

Collado Villalba é un municipio da Comunidade de Madrid (España). Está situado a 39 quilómetros ao noroeste de Madrid e a 917 metros de altitude sobre un amplo vao da madrileña Serra de Guadarrama. Cunha poboación de 54.658 habitantes (xaneiro 2008) nunha superficie de 26,5 km², abre o val de Guadarrama, zona turística da Comunidade de Madrid. A densidade do municipio é de 2.062,57 hab./km².

Collado Villalba está rodeado ao oeste, norte e leste por montañas de entre 1000 e 2000 metros de altitude (de oeste a leste, Serra de Malagón, Serra de Guadarrama e Serra do Hoyo de Manzanares). Collado Villalba está situado nun amplo val en torno ao río Guadarrama.

O clima da comarca é mediterráneo-continental tépedo húmido. O relevo de Collado Villalba está formado por chairas, lombas e cerros, coa media e alta montaña presente nas súas proximidades. As principais montañas que rodean a "hoya de Villalba" son de oeste a leste: Abantos (1754 m), Cuelgamuros, Cabeza Líjar (1824 m), Porto de Guadarrama (1511 m), A Peñota (1944 m), Porto de Fuenfría (1796 m), Siete Picos (2138 m), Porto de Navacerrada (1860 m), La Maliciosa (2383 m), El Yelmo (1714 m) e El Estepar (1404 m).

Comunidade de Madrid

A Comunidade de Madrid (en español: Comunidad de Madrid) é unha comunidade autónoma de España uniprovincial situada no centro da Península Ibérica, no centro da Meseta Central. Limita coas provincias de Guadalaxara, Cuenca, Toledo, Ávila e Segovia. A súa capital, Madrid, é tamén a capital de España. Non existe a Deputación ao ser uniprovincial.

A súa poboación estimada é de 6 661 949 habitantes (INE 2019) e a maioría concéntrase na área metropolitana da cidade.

Galapagar

Galapagar é un municipio do noroeste da Comunidade de Madrid (España), a uns 33 quilómetros da capital do estado. Esténdese sobre unha superficie de 65 km². Limita con Collado Villalba, Colmenarejo, Torrelodones, Las Rozas de Madrid, El Escorial, San Lorenzo de El Escorial, Villanueva del Pardillo, Hoyo de Manzanares, Moralzarzal e Guadarrama.

Madrid

Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.233.527 habitantes (INE 2012) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea. A súa área metropolitana, de 6.043.031 habitantes, é a terceira área urbana máis poboada da Unión Europea, por detrás das de Londres e Berlín.

Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes do Goberno, Cortes Xerais, Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dos reis de España. No plano económico, Madrid é a cuarta cidade máis rica de Europa, tras Londres, París e Moscova. É o principal centro financeiro e empresarial de España, actualmente, o 50,1% dos ingresos das 5.000 principais empresas españolas son xerados por sociedades con sede social en Madrid, as cales representan o 31,8% delas. É sede do principal mercado de valores do país, e de varias das máis grandes corporacións do mundo.

Nacida a partir do asentamento fortificado hispanomusulmán de Maǧrīţ, conquistado por Afonso VI de León e Castela en 1083, a vila foi designada en 1561 como sede da corte de Filipe II, sendo a primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, salvo un breve intervalo de tempo entre 1601 e 1606 no que a capitalidade pasou temporalmente a Valladolid, Madrid foi a capital de España e sede do Goberno da Nación.

N-VI

A N-VI, coñecida tamén como Estrada da Coruña, é unha estrada radial española que une as cidades de Madrid e A Coruña, pasando por San Rafael, Tordesillas, Benavente, Astorga, Ponferrada e Lugo, entre outras.

A nomenclatura actual desta vía, así como do resto das estradas nacionais de España, estableceuse no cuarto plan xeral de estradas de 1940 (Plan Peña). A N-VI foi desdobrada en autovía A-6 desde o seu nacemento en Moncloa ata Collado Villalba, e no tramo entre Adanero e Benavente. No tramo entre Guadarrama e Adanero o seu itinerario é o alternativo á autoestrada de peaxe AP-6 polo Porto dos Leóns e a localidade segoviana de San Rafael. Tampouco foi desdobrada no tramo entre Benavente e Nadela. Foi desdobrada entre as localidades de Nadela e Lugo pasando a denominarse LU-11, e entre Lugo e o fin do seu límite municipal, ademais de desde San Pedro de Nós á Coruña onde pasa a denominarse AC-12.

No ano 2012 estreouse a película N-VI, do director compostelán Pela del Álamo.

Navacerrada

Navacerrada é un concello e unha localidade española situada no noroeste da Comunidade de Madrid, na ladeira sur da serra de Guadarrama. Tiña en 2018 unha poboación de 2.911 habitantes.

Ten unha extensión de 27,29 km² e está situado a 52 km ao noroeste da cidade de Madrid. Atópase sobre o encoro de Navacerrada, á entrada do val da Barranca. Forma parte do Camiño de Santiago de Madrid.

O Escorial, Madrid

O Escorial (en castelán e oficialmente El Escorial) é un concello da Comunidade de Madrid, pertencente á comarca de Cuenca del Guadarrama.

Parque Nacional da Serra de Guadarrama

O parque nacional da serra de Guadarrama atópase nas provincias de Madrid e Segovia.

Río Guadarrama

O río Guadarrama é un afluente do Texo que nace na Comunidade de Madrid (España), á que atravesa nos seus cursos alto e medio. Entra no seu curso baixo na provincia de Toledo, onde desemboca despois de percorrer 131,8 km. Ten a súa orixe no val da Fuenfría, a uns 1900 m de altitude, dentro do termo municipal de Cercedilla (Madrid), na ladeira sur da serra de Guadarrama (sistema Central). Percorre ambas as provincias nun trazado moi axustado á vertical norte-sur.

O seu curso medio atópase protexido dentro do Parque Rexional do Curso Medio do río Guadarrama e a súa contorna, un dos tres parques rexionais da Comunidade de Madrid. A superficie da súa conca é de 1708 km² e nela atópase o Aulencia, que discorre integramente pola Comunidade de Madrid. Este é o seu principal afluente e fornece de augas ao encoro de Valmayor, o segundo de maior capacidade da rexión madrileña. Os restantes afluentes son arroios e regatos de curto percorrido.

Río Manzanares

O río Manzanares é un río español que transcorre integramente pola Comunidade de Madrid. É afluente pola marxe dereita do río Jarama. A súa cunca alta forma parte do Parque Rexional da Cunca Alta do Manzanares, mentres que o seu curso baixo é parte integrante do Parque Rexional do Sueste.

Nace en plena Serra de Guadarrama, a máis de 2000 metros de altura, e ao longo dos seus 92 quilómetros de lonxitude percorre os concellos de Manzanares el Real, Colmenar Viejo, Madrid, Xetafe e Rivas-Vaciamadrid, onde se sitúa a súa foz no Jarama.

San Lorenzo de El Escorial

San Lorenzo de El Escorial é un municipio español da Comunidade de Madrid, situado ao noroeste da rexión, na vertente suroriental da Serra de Guadarrama, ao pé do Monte Abantos e Las Machotas, a 47 km de Madrid. É cabeza do partido xudicial homónimo. Recibe popularmente o nome de El Escorial de Arriba, para diferencialo do veciño pobo de El Escorial, que, pola súa banda, é designado como El Escorial de Abajo. Dentro do seu termo, atópanse o Mosteiro do Escorial e o Valle de los Caídos.

Linda ao norte con Guadarrama, ao oeste con Santa María de la Alameda, Robledo de Chavela e a provincia de Ávila, ao leste con Alpedrete e Collado Villalba e ao sur con El Escorial e Zarzalejo. Tamén cerca atópase a inmensa e agradable urbanización de Los Arroyos, que ten gran cantidade de servizos.

O pobo foi fundado en tempos de Carlos III, no século XVIII, e constituído en municipio no século XIX, cando tivo o seu primeiro alcalde. Xurdiu como unha escisión de El Escorial, onde Filipe II construíu a finais do século XVI o Mosteiro do Escorial e constituíu, mediante a anexión das leiras lindeiras, o Real Sitio do mesmo nome. Na parte segregada atopábanse os principais edificios e paraxes deste Real Sitio, incluído o Mosteiro, que na actualidade áchase, xa que logo, no termo de San Lorenzo de El Escorial. Por iso é polo que o citado monumento reciba tamén o nome de Mosteiro de San Lorenzo de El Escorial.

O Mosteiro e o Real Sitio foron declarados Patrimonio da Humanidade pola Unesco o día 2 de novembro de 1984, coa denominación de "El Escorial, Mosteiro e Sitio".

Ao redor deste edificio, un dos principais monumentos renacentistas españois, articulouse unha potente industria turística e hostaleira, que converteu a San Lorenzo de El Escorial nun dos principais destinos da Comunidade de Madrid.

Desde o 21 de xuño de 2006, o seu termo atópase protexido pola Comunidade de Madrid como Ben de Interese Cultural, na categoría de Territorio Histórico ou Sitio Histórico, figura na que tamén se inclúen os municipios veciños de El Escorial, Santa María de la Alameda e Zarzalejo.

Segovia

Segovia é a cidade capital da provincia de Segovia, situada na meseta central española, pertence á comunidade autónoma de Castela e León. Sitúase na parte meridional da comunidade autónoma, na confluencia dos ríos Eresma e Clamores á beira da serra de Guadarrama.

A cidade vella de Segovia e o seu acueduto foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985. É coñecida internacionalmente polo seu acueduto de 818 metros de longo, é considerada a obra de enxeñería civil romana máis importante de España, e é un dos monumentos máis significativos e mellor conservados dos que deixaron os romanos na península ibérica. Tamén destaca a súa catedral e o alcázar.

Serra de Guadarrama

A Serra de Guadarrama (en castelán: Sierra de Guadarrama) é unha aliñación montañosa pertencente á metade leste do Sistema Central (sistema montañoso do centro da Península Ibérica) situada entre as serras de Gredos (Ávila) e de Ayllón (Segovia - Guadalaxara). Esténdese en dirección suroeste-nordeste e nas provincias de Madrid, ao sur, e Ávila e Segovia, ao norte. Esta serra mide aproximadamente 80 km. de lonxitude e o seu cumio máis alto é Peñalara con 2.430 metros sobre o nivel do mar.

A flora desta serra caracterízase pola abundancia de bosques de piñeiros e a presenza de carballeiras e aciñedos en zonas máis baixas. Nos cumes predominan os pastos e arbustos de alta montaña. Nestes ecosistemas abundan mamíferos como cervos, xabaríns, corzos, gamos, teixugos, varios mustélidos, gatos monteses, raposos, lebres etc.; unha gran cantidade de especies de aves acuáticas nos encoros, e grandes aves de rapina como a aguia imperial ibérica ou o voitre negro, entre outras.

A proximidade a Madrid (60 km) desta serra fixo que teña un papel importante na historia de España e que hoxe sexa atravesada por bastantes portos e vías ferroviarias. Desde o monte da Almenara, en Robledo de Chavela, por exemplo, durante a invasión musulmá os árabes acendían laradas para avisar a Madrid de que se achegaban tropas cristiás.

Estas montañas teñen unha grande afluencia de xente, o que fai que as infraestruturas para o turismo e os deportes de montaña estean moi desenvolvidas. Esta afluencia ten un impacto ambiental na serra.[Cómpre referencia]

Torrelodones

Torrelodones é un concello español do noroeste da Comunidade de Madrid. Está situado a 29 km de Madrid, entre a Serra de Guadarrama e a área metropolitana da capital.

Encóntrase a unha altitude media de 845 metros sobre o nivel do mar. Limita ao norte con Hoyo de Manzanares, ao leste con Madrid a través do monte El Pardo, ao sur con Las Rozas de Madrid e ao oeste con Galapagar. Segundo datos oficiais de poboación de 2014, habitan en Torrelodones 22.838 persoas, distribuídas en sete núcleos de poboación.

A localidade posúe un interesante patrimonio artístico e natural e forma parte de dúas rutas turísticas da Comunidade de Madrid. Unha delas é a Ruta Imperial, que segue parcialmente o camiño histórico empregado no século XVI polo rei Filipe II nos seus desprazamentos dende a cidade de Madrid ata o Real Sitio do Escorial. A outra é a Ruta polos Castelos, Fortalezas e Atalaias, á que queda vinculada pola atalaia de Torrelodones, unha torre-vixía de orixe andalusí.

Villanueva del Pardillo

Villanueva del Pardillo é un concello da Comunidade de Madrid, en España. Está situado na Cuenca del Guadarrama, 26 km ao oeste da cidade de Madrid.

Limita ao norte con Galapagar, ao nordés con Las Rozas, ao leste con Majadahonda, ao sur con Villanueva de la Cañada, ao oeste con Valdemorillo e ao noroeste con Colmenarejo.

Tiña en 2015 unha poboación de 16.797 habitantes.

Máis de 1 000 000
Máis de 100 000
Máis de 50 000
Máis de 25 000
Menos de 25.000

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.