Guadalaxara, España

Guadalaxara[1] (en castelán: Guadalajara) é unha cidade do centro de España, capital da provincia de Guadalaxara, na comunidade autónoma de Castela-A Mancha, á beira do río Henares.

O seu censo municipal é de 75.493 habitantes (2006) e a área do seu concello abranxe 267,5 km². Está situada a 55 km de Madrid. Rodéaa a autovía A-2; e dispón de parada do tren AVE na súa estación ferroviaria (sita a 7 km da cidade) e máis un servizo de trens de proximidades con Madrid.

Coordenadas: 40°37′59″N 3°10′0″O / 40.63306, -3.16667

Guadalaxara
Guadalajara
Bandera ciudad Guadalajara, Guadalajara, Castilla-La Mancha, España (original)
Escudo de Guadalajara
Patio del Palacio de Antonio de Mendoza.
Detalle de la fachada del palacio del Infantado. Cripta de San Francisco.
Fundación San Diego de Alcalá.
Cidade de Guadalaxara.
Localización
Guadalajara, Spain location
PaísEspaña España
Comunidade autónomaCastela-A Mancha Castela-A Mancha
ProvinciaGuadalaxara
ComarcaLa Alcarría e La Campiña do Henares
Xeografía
Altitude685 msnm
Superficie235,51 km²
Demografía
Poboación75.493 hab.
Densidade319,89 hab/km²
XentilicioGuadalaxareño, arriacense e caracense
Outros datos
Código postal19001-2-3-4-5
AlcaldeAntonio Román (PP)
www.guadalajara.es

Étimo do topónimo e historia

Guadalaxara identifícase con a localidade ibera de Arriaca (cfr. vasco actual harri "pedra, rocha", e o sufixo abundancial -aga). O seu actual nome provén do árabe, mais semella ter certa relación co anterior, se é interpretábel polo vasco. Os musulmáns logo de arrasala, reconstruírona, denominándoa Wādī al-Ḥaǧārah (en árabe وادي الحجارة), que significa "río de pedras".

A partir do século XIV converteuse nunha cidade importante, en boa medida mercé á familia Mendoza. Despois dunha longa decadencia a súa proximidade a Madrid, convértea nun lugar atractivo como foco de expansión industrial e cidade-dormitorio da capital española, o que ten facilitado o seu crecemento nos últimos anos.

Monumentos

  • Palacio do Infantado
  • Panteón da Condesa da Vega del Pozo e Duquesa de Sevillano
  • Igrexa de San Ginés
  • Igrexa de San Nicolás o Real
  • Igrexa de Santiago
  • Concatedral de Santa María da Fonte a Maior
  • Capela de Luís de Lucena
  • Palacio da Cotilla

Notas

  1. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
AD Ciudad de Guadalajara

A Asociación Deportiva Ciudad de Guadalajara, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Quabit BM Guadalajara, é un club de balonmán español da cidade de Guadalaxara, que xoga na Liga ASOBAL.

BM Guadalajara

O Club Balonmano Guadalajara foi un club de balonmán da cidade de Guadalaxara (Castela-A Mancha) que xogou durante catro tempadas na Liga ASOBAL na década de 1990. Foi o primeiro equipo da cidade castelanomanchega en chegar á máxima categoría dun deporte de elite. Nas súas filas xogaron homes como Papitu, Valenzuela, o máis tarde designado como mellor xogador do mundo, Rafael Guijosa, Vladan Lanca, Javier Rodríguez, Buligan ou Antonio Román, capitán do equipo e actual alcalde da cidade.

Club Deportivo Guadalajara (España)

O Club Deportivo Guadalajara é un club de fútbol español, da cidade de Guadalaxara. Foi fundado en 1947 e actualmente compite na Terceira División.

Corralejo

Corralejo pode referirse a:

a aldea de Corralejo, do municipio de El Cardoso de la Sierra, na provincia de Guadalaxara (España).

a localidade turística de Corralejo, do municipio de La Oliva, na illa de Fuerteventura (España).

Corralejo, entidade local menor do municipio de Valle de Valdelucio, na provincia de Burgos (España).

Estación de Guadalaxara-Yebes

Guadalajara-Yebes é a estación de ferrocarril de Adif onde efectúan parada os trens de alta velocidade e grandes liñas que circulan polas L.A.V. Madrid-Barcelona e Madrid-Huesca, situada na provincia de Guadalaxara, entre os termos municipais de Guadalaxara e Yebes, xunto a Ciudad Valdeluz.

Estadio Pedro Escartín

O Estadio Pedro Escartín é un estadio de fútbol da cidade de Guadalaxara, en España. É de propiedade municipal e o seu equipo local é o Club Deportivo Guadalajara. Toma o nome en honra a Pedro Escartín, xogador, árbitro e adestrador de fútbol español ademais de xornalista e escritor.

José Ortiz Echagüe

José Ortiz Echagüe, nado en Guadalaxara o 2 de agosto de 1886 e finado en Madrid o 7 de setembro de 1980, foi un enxeñeiro militar, piloto e fotógrafo español. O seu irmán, Antonio Ortiz Echagüe, foi un importante pintor de comezos do século XX. Foi tamén Xentilhome de cámara con exercicio do Rei Afonso XIII.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.