Grupo Nós

O grupo Nós[1] ou xeración Nós[2] foi un colectivo de intelectuais ourensáns, constituído legalmente en 1921, que lle imprimiu un importante pulo á cultura galega, principalmente no que se refire á renovación da prosa e do ensaio, así como ao seu cosmopolitismo.[3]

Historia

Título accionarial de Nós a nome de Ramón Villar Ponte
Título accionarial de Nós a nome de Ramón Villar Ponte, asinado por Arturo Noguerol Buján e Vicente Risco.

O 20 de outubro de 1920 naceu na cidade de Ourense a revista Nós. Arredor dela, xurdiron un grupo de autores literarios que, a partir da Asemblea de Monforte (1922), se foron integrando de cheo nas estruturas das Irmandades da Fala. A revista Nós estaba conformada principalmente, no seu inicio, polos integrantes do cenáculo ourensán (Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Florentino López Cuevillas) e mais Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Posteriormente, a revista verá chegar novos autores.

O primeiro número da revista Nós comeza coas "Primeiras verbas", un artigo colectivo onde se aprecian varios dos propósitos deste grupo xeracional: a chamada da terra (Galiza), a dignificación da cultura galega, o carácter universalista. Todos estes trazos estarán presentes nas obras destes escritores.

A peripecia ideolóxica dos homes do grupo Nós aparece excelentemente reflectida na novela de Ramón Otero Pedrayo Arredor de si (1930) e no ensaio de Vicente Risco Nós, os inadaptados (1930). Os escritores deste grupo (agás Castelao) parten dunha total falta de apego polas súas raíces, derivado da busca do cosmopolitismo. Mais, conforme avanza o tempo, a partir de experiencias que funcionarán a modo de catarse, caerán na conta da importancia da cultura propia, posto que esta é a que distingue uns individuos dos outros (conciben o enxebrismo como o propio ser de Galiza). Por isto, chegarán á conclusión de que só se pode ser universal partindo do propio. Derivado disto, todos eles aceptarán o galeguismo como doutrina ideolóxica.

Por outra parte, este grupo de autores presenta unha particular problemática no que á súa denominación respecta. En De Pondal a Novoneyra (1984), Xosé Luís Méndez Ferrín refírese a el como grupo xeracional. Tense falado de grupo Nós, xeración Nós e incluso Anxo Tarrío fala dunha época Nós.

Partindo das teorías de Ptersen e de Ortega y Gasset, pódese afirmar que se trata dunha xeración literaria, en base aos seguintes requisitos:

  • As datas de nacemento dos escritores deben darse nun período máximo de 15 anos: todos os autores de Nós nacerán na década de 1880, o cal lles fará compartir unha serie de elementos e inquedanzas comúns. Alén disto, entran xuntos na vida cultural.
  • Igualdade de elementos formativos: todos eles teñen estudos universitarios.
  • Existencia de trato persoal entre os escritores: no caso de Nós tanto é así, que todos eles pertencen ás Irmandades da Fala e colaboran nas mesmas revistas e xornais, alén de no Seminario de Estudos Galegos.
  • Os escritores deben ser impulsores dunha nova forma de expresión: neste caso, estamos a falar dos renovadores da prosa galega e dos creadores do ideal de que o galego é válido para calquera uso.
  • Ruptura coas xeracións anteriores: os homes de Nós romperon coa literatura de inspiración decimonónica e puxeron o noso sistema literario á altura dos europeos.

Ademais destes trazos, existen outros elementos comúns específicos deste grupo, os cales son:

  • Síntese de tradicionalismo e progresismo.
  • Rigorosa formación intelectual.
  • Vocación estilística.
  • Vocación pedagóxica: a cal encaixa co afán pedagóxico das Irmandades da Fala.

Mais, tendo en conta todo isto, que é o que motiva a moitos estudosos a pensar que este grupo non é unha xeración? A resposta podería resumirse cun único nome: Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Castelao é o único destes escritores que non procede dunha clase social fidalga ou pequeno-burguesa, polo que tería (segundo algúns autores) unha certa desvantaxe con respecto aos seus compañeiros á hora de adquirir unha boa formación (tería máis dificultades para viaxar, para conseguir unha boa biblioteca privada e para coñecer idiomas). Alén disto, Castelao é único membro deste grupo que non parte dunha desvinculación total da cultura galega.

De todos os xeitos, sexa Nós un grupo ou unha xeración, o que si está claro é que se trata dun colectivo de intelectuais de vital importancia dentro da literatura galega,[Cómpre referencia] posto que (entre outras cousas) renovaron a prosa galega, ampliaron o número de xéneros cultivados en galego e exerceron o seu maxisterio sobre os autores da Xeración de 1925 e da Xeración de 1936.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes do Grupo Nós.

Notas

  1. Ventura Ruíz 2010.
  2. "Xeración Nós. Segunda República Española", Fundación Otero Pedrayo.
  3. Pena, Xosé Ramón (2016). Historia da Literatura Galega III. De 1916 a 1936. Xerais. ISBN 978-84-9121-107-5.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

AGIR

Agir é unha organización de estudantes de esquerda independentista. Unha organización que conta con presenza en distintas comarcas de Galiza.

Agir defende un ensino público, en galego, non patriarcal, democrático e de calidade. Loita contra a privatización e por un ensino pensado para Galiza e en galego, en contra do machismo nas aulas. Esta ligado a Nós-UP. Contan cun representante na USC.

O órgano central e básico de Agir son os distintos Comités de centro de cada facultade ou centro de secundaria no que teñen presenza.

Arturo Noguerol

Arturo Noguerol Buján, nado en Ourense o 6 de maio de 1892 e asasinado en Ferrol o 12 de setembro de 1936, foi un avogado e intelectual galeguista.

Bloque Nacional Popular Galego

O Bloque Nacional Popular Galego (BNPG ou BN-PG) foi unha organización política constituída en abril de 1977 pola Unión do Povo Galego e a Asemblea Nacional-Popular Galega. Tiña un obxectivo soberanista para Galiza, presentándose como alternativa ao autonomismo.

Colectivo Socialista

O Colectivo Socialista é unha organización política que forma parte do BNG. Conta con arredor de 150 militantes (2002). Os seus dirixentes son Mario López Rico e Francisco Trigo Durán.

Cando o Partido Socialista Galego decidiu saír do BNG no congreso extraordinario do 15 de xaneiro de 1983 un grupo de militantes desconformes formaron o Colectivo Socialista, ingresando no seo do BNG.

Confederación Xeral de Traballadores Galegos

A Confederación Xeral de Traballadores Galegos (CXTG) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en 1985 como unha escisión da INTG. En outubro celebrou o seu primeiro congreso, no que Fernando Acuña foi elixido secretario xeral. Nas eleccións sindicais de 1986 conseguiu 1.087 delegados.

Editou a revista Adiante entre 1987 e 1993.

En 1990 formou coa INTG a Converxencia Intersindical Galega para concorreren as dúas en coalición ás eleccións sindicais. En 1994, ao se fusionaren as dúas organizacións, a Converxencia Intersindical Galega deu paso á Confederación Intersindical Galega (CIG).

Florentino López Cuevillas

Florentino López Alonso-Cuevillas, nado en Ourense o 14 de novembro de 1886 e finado na mesma cidade o 30 de xullo de 1958, foi un historiador e escritor galego. En 1968 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Está considerado o pai da arqueoloxía científica galega. Pertenceu ás Irmandades da Fala, a Xeración Nós e ao Seminario de Estudos Galegos, compaxinando a actividade desempeñada nestas institucións cunha discreta participación política en pro do galeguismo, na época en que se volveu nacionalista trala fase rexionalista.

Porén, o seu labor socio-político viuse profundamente trastornado trala guerra civil española e a chegada do franquismo, se ben continuou a divulgación da cultura galega a través da Real Academia Galega, da que foi membro numerario, e do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento. Como fixeron o resto de compañeiros da súa xeración, contribuíu á maduración da prosa galega, pero realmente polo que destacou foi polo seu intenso labor dentro do ámbito científico. Catapultado pola obra do alemán Hugo Obermaier (Impresiones de un viaje prehistórico por Galicia), Cuevillas acometeu a complexa tarefa de desenvolver o campo da arqueoloxía en Galicia co obxectivo de reconstruír e estudar unha parte do tempo que até aquel momento fora esquecida.

Francisco Fernández del Riego

Francisco Fernández del Riego, nado no lugar de Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 7 de xaneiro de 1913, e finado en Vigo o 26 de novembro de 2010 ós 97 anos, foi un intelectual galego. Escribiu cos pseudónimos de Salvador Lorenzana e Cosme Barreiros. Desenvolveu dende os anos 30 un traballo constante e recoñecido a prol da cultura galega que continuou até os seus últimos meses e que fixo del unha das personalidades máis destacadas de Galicia.

Foi un dos principais artífices da editorial Galaxia e director xunto a Ramón Piñeiro da revista Grial nos seus primeiros cen números. Ensaísta e narrador, é autor dunha extensa obra centrada sobre todo na cultura e na literatura galega. Fernández del Riego pertence á xeración de intelectuais xurdidos arredor do grupo Nós.

Galería de imaxes do Grupo Nós

O Grupo Nós foi un colectivo de intelectuais ourensáns que lle deu á cultura galega unha altura intelectual que xamais tivera. O seu medio de expresión foi a revista Nós, editada por primeira vez o 20 de outubro de 1920 na cidade de Ourense.

Intersindical Nacional Galega

A Intersindical Nacional Galega (ING) foi un sindicato nacionalista galego que se formou en marzo de 1977 da unión do Sindicato Obreiro Galego, UTEG, UTSG, UTBG e o SGTM. Francisco García Montes foi o seu secretario xeral. Celebrou o seu primeiro Congreso en outubro de 1977.

Nas primeiras eleccións sindicais de 1978 a ING converteuse no terceiro sindicato de Galicia con 722 delegados (13'5%). En setembro de 1980 fusionouse coa Central de Traballadores Galegos, co que a finais de ano conseguiron o status de sindicato máis representativo ao superar o 15% e obteren 1.679 delegados (17'5%). Denominouse Intersindical Nacional dos Traballadores Galegos (INTG) a partir de 1981.

Inzar

Inzar foi unha formación política galega de esquerdas que estivo activa entre 1991 e 2012.

Liga Gallega (Santiago de Compostela)

A Liga Gallega foi unha organización rexionalista católico tradicionalista fundada en Santiago de Compostela. Activa entre 1898 e 1900. Presidida por Alfredo Brañas e con Salvador Cabeza de León na secretaría. Tivo escasa actividade.

Foi unha das correntes nas que se bifurcou a Asociación Regionalista Gallega, presidida por Manuel Murguía. A Liga Gallega de Santiago tivo unha inspiración conservadora, fronte á Liga Gallega da Coruña, máis liberal.

Nós, os inadaptados

Nós, os inadaptados é un artigo ensaístico, de nove páxinas, do autor ourensán Vicente Risco, publicado no número 115 da revista Nós, o 25 de xullo de 1933 (pp. 115–123). Nel mostrou a súa concepción cíclica e espiritual da historia.

Partido Socialista Galego-Esquerda Galega

O Partido Socialista Galego-Esquerda Galega (PSG-EG) foi un partido nacionalista galego de esquerdas.

Sindicato Obreiro Galego

O Sindicato Obreiro Galego (SOG) foi un sindicato galego de orientación nacionalista e de esquerdas. O seu voceiro era O Eixo e editaba outros voceiros comarcais e sectoriais.

Solidaridad Gallega

Solidaridad Gallega foi unha organización política rexionalista galega activa entre 1907 e 1912.

Unidade Galega (coalición)

Para o partido político formado en 1991, vexa Unidade Galega (partido)

Unidade Galega (UG), foi unha coalición formada polo Partido Obreiro Galego, o Partido Socialista Galego e o Partido Galeguista en 1979.

A fin da coalición era a defensa dunha autonomía semellante á de Cataluña e o País Vasco e a consecución dun grupo nacionalista no Congreso dos Deputados para negociar o Estatuto de Autonomía de Galicia de 1981. Aínda que nas eleccións xerais de 1979 obtivo 58.391 votos (5'35 %) non conseguiu representación parlamentaria. Nas eleccións municipais de 1979 tivo 68.759 votos (6'35 %) e conseguiu 141 concelleiros e a alcaldía da Coruña para Domingos Merino.

As diferenzas no seo da Unidade Galega sobre a estratexia a seguir no proceso autonómico e a diferente postura dos partidos integrantes sobre a conveniencia de entrar na Comisión dos 16 (encargada de elaborar o proxecto de Estatuto) levaron á desaparición da coalición a finais de 1980.

Vangarda Nazonalista Galega

Vangarda Nazonalista Galega foi un partido independentista galego que actuou no ano 1933.

Xeración de 1925

Non confundir coa Xeración do 25 de arquitectos vangardistas españois.A xeración de 1925 é a xeración de escritores galegos posterior ao grupo Nós. Son autores nacidos ao redor do ano 1900, polo que foron por idade os escritores da época das vangardas (aínda que os integrantes do grupo Nós tamén se achegaron á vangarda). Foron os grandes renovadores da poesía e do teatro galego, continuando co labor modernizador (e europeizante) da literatura galega da xeración anterior. Aínda así, pese a que incorporan elementos vangardistas, non romperon de todo coa tradición.

Xosé Ramón Fernández-Oxea

Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.

Partidos políticos
Sindicatos
Organizacións armadas
Asociacións xuvenís e de estudantes
Movementos sociais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.