Grupo Marcelo Macías

O Grupo Marcelo Macías recibe o seu nome do arqueólogo Marcelo Macías y García e a súa formación oficial data do 14 de xaneiro de 1942. O seu obxectivo é contribuír co seu traballo ao fomento do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense así como o Arquivo Provincial de Ourense. Dedícase ó estudo e á investigación do patrimonio cultural galego e, por outra parte, á difusión dos coñecementos sobre as materias de antropoloxía, arqueoloxía, historia antiga e bibliografía. Para realizar este labor, apóiase na publicación do Boletín Auriense así como as monografías Anexos do Boletín Auriense (desde o ano 1982). O seu primeiro director, Xesús Ferro Couselo, contou coa colaboración de Florentino López Alonso Cuevillas, Vicente Martínez Risco, Xaquín Lorenzo Fernández e Carlos Vázquez Varela.

Marcelo Macías
Marcelo Macías en 1914.

Membros

Desde a súa formación ata 1975:

Posteriores a 1975:

Traxectoria

No ano 1895 fundouse o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense que está ligado ó Boletín do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, que serviu de noticiario das actividades internas e divulgativas do museo. Na súa redacción participaron algúns membros do Grupo Marcelo Macías. Ademais, o grupo organiza exposicións para a difusión dos fondos do Museo mediante mostras temporais. Ditas exposicións, teñen lugar tanto nas salas do museo como nas vilas da provincia, xeralmente combinadas con charlas, conferencias etc. Máis adiante, en 1972 o grupo e a revista foron reestruturados.

No ano 1982, o grupo adaptouse á Lei de Asociacións do 24 de decembro de 1964, e inscribíuse no Rexistro de Asociacións do Goberno Civil de Ourense co nº 292/5-1º e coa denominación: "Grupo Marcelo Macías de colabores del Museo y Archivo Provinciales de Ourense". A partir deses ano comezou a publicar anexos do Boletín Auriense.

No ano 1987 o Grupo Marcelo Macías comeza a publicar unha nova serie Guías do Patrimonio Cultural, con doce títulos publicados.

En 1983 o grupo foi galardoado co Premio Otero Pedrayo.[1] Máis adiante, en 1987, iniciouse a serie de Guías do Patrimonio Cultural. Como recoñecemento á actividade do grupo, este é admitido como membro de pleno dereito na Confederación Española de Centros de Estudos Locais do Consello Superior de Investigacións Científicas no ano 1991. Ese mesmo ano publicou a Historia de los monasterios y prioratos anejos a Celanova.

No ano 2014, o grupo recibiu o Premio da Cultura Galega.[2]

Publicacións

Boletín do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

Iníciase a súa publicación no ano 1943 e publícanse seis volumes ata o ano 1953, financiado polo museo e redactado por membros do grupo.

Ten unha periodicidade anual e contén só artigos en castelán. O número de páxinas oscilaba entre as 120 e as 220, sempre escritas a unha columna.

A temática do boletín baseábase en traballos de investigación histórico-arqueolóxica: os de historia eran da etapa medieval e moderna, sendo escasos os da contemporánea. Serviu de noticiario das actividades internas e divulgativas do museo ourensán.

Os seus colaboradores principais foron Florentino López Cuevillas, Xesús Ferro Couselo como director, Vicente Risco, Xaquín Lorenzo Fernández e Carlos Vazquez Rodríguez.

Boletín Auriense

O Boletín Avriense iníciase no ano 1971 e a súa función era difundir os traballos científicos realizados, tanto polos membros do grupo como por outros investigadores. Ate o ano 1996, rexístranse vinte e catro publicacións e ate o 1999, publícanse catro números máis.

Os catro primeiros números son dirixidos por Ferro Couselo, que é sucedido por Francisco Fariña Busto. A revista publicábase anual ou bianualmente e a súa redacción contaba con textos en galego, castelán e colaboracións espontáneas noutras linguas como francés ou inglés.

O número de páxinas variaba entre 200 e 500. Tiña unha tiraxe aproximada de 2000 exemplares que chegan a institucións de países europeos e a América, distribuídos en centros culturais e universitarios.

A temática oscilaba entre a investigación histórica, arqueolóxica, etnográfica, artes, antropoloxía de Galiza e bibliografía. Desde o 1982, publícanse anexos ó boletín que recollen traballos monográficos dos integrantes do grupo no seu labor de estudo e difusión da cultura galega, por riba de todo respecto de Ourense.

Entre algúns dos seus colaboradores cómpre destacar algúns autores doutras materias (cultura popular, arte, literatura e outros): Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo.

Notas

  1. "Historia del grupo Marcelo Macías" (en castelán). Consultado o 29 de abril de 2016.
  2. "O xurado dos Premios da Cultura Galega 2014 outorga oito galardóns á excelencia creativa e á difusión cultural". 17 de setembro de 2014. Consultado o 29 de abril de 2016.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Afonso Vázquez-Monxardín

Afonso Vázquez-Monxardín Fernández, nado en Ourense o 12 de abril de 1960, é un arqueólogo e catedrático de lingua e literatura galegas, historiador, investigador, profesor e escritor galego.

Aquilino Sánchez Rodríguez

Aquilino Sánchez Rodríguez, nado no Carballiño en 1874 e finado en Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936, foi un perito agrícola e político galego.

Augas Santas, Allariz

Santa Mariña de Augas Santas é unha parroquia situada no norte do concello de Allariz.

Segundo o INE no 2010 tiña 200 habitantes (93 homes e 107 mulleres).

Situada a 6 quilómetros da vila, limita coas parroquias allaricenses de Folgoso e Os Espiñeiros e cos concellos de Taboadela, Paderne de Allariz e Xunqueira de Ambía. O seu núcleo máis poboado é Santa Mariña de Augas Santas, con 67 habitantes.

Boletín Avriense

Boletín Auriense (abreviado Bol. Auriense) é unha revista científica española editada polo Grupo Marcelo Macías e o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Castro de Armeá

O castro de Armeá (ás veces castro de Augas Santas) é un castro situado no lugar de Armeá, na parroquia de Augas Santas, pertencente ó concello ourensán de Allariz. A cronoloxía de ocupación do Castro é entre o século IV-III a.C e o século IV da nosa era.

Castro de Santomé

O castro de Santomé é un castro galaico, posteriormente romanizado pertencente á coñecida como Cultura castrexa do noroeste peninsular. O conxunto arqueolóxico está musealizado e atópase no concello de Ourense, a só 3 km da cidade. Na mesma área arqueolóxica poden visitarse restos de época castrexa e romana nunha zona de alto valor natural.

Felisindo Álvarez Xesteira

Felisindo Álvarez Xesteira, nado en 1899, foi un avogado e político galego.

Francisco Fariña Busto

Francisco L. Fariña Busto nado en 1949 en Ourense, é un arqueólogo e numismático galego, director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense e membro do Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos.

Laureano Prieto

Laureano Prieto Rodríguez, nado en Carracedo da Serra (A Gudiña) o 9 de setembro de 1907 e finado en Ourense o 23 de xullo de 1977, foi un mestre que se especializou na etnografía galega, particularmente a relacionada coa comarca de Viana (Ourense).

Manuel Taboada Cid

Manuel Taboada Cid, nado en Verín o 29 de marzo de 1946 e finado en Santiago de Compostela o 27 de xullo de 1993, foi un filólogo galego.

Manuel de Dios

Manuel de Dios Martínez, nado en 1930 en San Xes (Paderne de Allariz), e falecido o 12 de novembro de 2009 en Ourense, foi un poeta, compositor e musicólogo galego.

Marcelo Macías

Marcelo Macías García, nado en Astorga o 1 de xullo de 1843 e finado en Ourense o 8 de marzo de 1941, foi sacerdote, profesor e doutor en filosofía e letras, arqueólogo e numismático.

Mariña de Augas Santas

Mariña de Augas Santas foi unha muller mártir do cristianismo, probablemente lendaria, venerada como santa pola Igrexa católica, que celebra a súa festa o 18 de xullo.

Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense é un dos museos provinciais máis importantes da Península Ibérica, tanto polos seus fondos como polo propio edificio que ocupa. Localízase no antigo Pazo Episcopal no centro da cidade de Ourense ao carón da Casa Consistorial e a Igrexa de Santa María Nai, na Praza Maior (Rúa Bispo Carrascosa, 1, Ourense).

Olga Gallego

Olga Gallego Domínguez, nada en Ourense o 8 de decembro de 1923 e finada na mesma cidade o 4 de setembro de 2010, foi unha historiadora galega. Foi membro correspondente da Real Academia da Historia e da Real Academia Galega.

Premio Otero Pedrayo

O Premio Otero Pedrayo é un premio honorífico que conceden dende 1977 as deputacións provinciais de Galicia, co apoio da Xunta de Galicia. Leva o nome de Ramón Otero Pedrayo e recoñece a traxectoria de personalidades que contribuísen a fomentar a cultura galega.

Premios da Cultura Galega

Os Premios da Cultura Galega son uns galardóns concedidos pola Xunta de Galicia a persoas físicas ou xurídicas que destacasen nese ano polo seu labor en diversos campos artísticos. Os premiados son seleccionados por un xurado único formado por doce persoas.

Os premios convocáronse por primeira vez no ano 2010, aínda que naceron como continuación dos Premios Nacionais da Cultura Galega, creados en 2008 e que tiveron unha única edición. A diferenza dos anteriores, os premios non teñen dotación económica.

Santa Mariña de Augas Santas, Augas Santas, Allariz

Santa Mariña de Augas Santas é un lugar da parroquia de Augas Santas no concello ourensán de Allariz na comarca de Allariz - Maceda. Tiña 67 habitantes no ano 2010 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, dos cales 33 eran homes e 34 mulleres.

Xulio Francisco Ogando

Xulio Francisco Ogando Vázquez, nado en Beariz o 11 de decembro de 1913 e falecido en Ourense o 1 de abril de 2005, foi un escritor, académico e dirixente galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.