Grupo Galaico de Arte Rupestre

Un petróglifo é unha representación gravada sobre unha pedra ou rocha. O Grupo Galaico de Arte Rupestre está constituído polos gravados galegos realizados en pedra en tempos prehistóricos. A denominación vense usando xa dende 1993 por arqueólogos como De La Peña Santos ou Rey García.

Petroglyphe galice
Petróglifo de Mogor.

Características

Castrino de conxo gravado
Gravados do Castriño de Conxo.

O conxunto de petróglifos galegos é un dos máis ricos e peculiares dentro do marco europeo e incluso mundial[1]. Os petróglifos do Grupo Galaico de Arte Rupestre están realizados sobre granito, agás os máis primitivos, que están gravadas sobre lousa, e en Sarria e Samos sobre xisto. Non se sabe se esta foi unha escolla intencional ou se é que se trata simplemente do material máis duradeiro, e por ese motivo chegaron ata os nosos días. Os petróglifos galegos presentan unha elevada erosión e, en ocasións, son difíciles de observar.

Os conxuntos de petróglifos sitúanse nas abas das serras, e en ocasións atópanse rodeando brañas e cubetas, así como nas liñas de tránsito que comunican estas zonas cos lugares onde se atopan os poboados, como demarcando un territorio. Durante a Idade de Bronce os poboados eran establecidos en zonas con fácil acceso á auga. Nas sociedades prehistóricas a arte sempre estivo relacionada con actividades de carácter ritual e relixioso, é dicir, que ademais de servir como marca territorial, os petróglifos puideron funcionar como lugares de agregación de guerreiros e como indicadores de sitios cunha especial carga simbólica [Cómpre referencia].

Cronoloxía

Petroglifo en teo
Petróglifo de Teo.

Os petróglifos abranguen tres períodos:

Tradicionalmente os petróglifos galegos foron datados na Idade de Bronce, aínda que algúns investigadores cínguena ao cambio do III ao II milenio, no inicio da Idade de Bronce.[2] Nalgúns casos aparecen gravados de datacións posteriores mesturados cos existentes anteriormente, nalgunhas ocasións perseguindo a finalidade de cristianizar os símbolos considerados pagáns, a imaxe do que sucedeu con moitos castros nos que se erixiron ermidas, igrexas ou cruceiros no lugar que ocupaban como proceso de cristianización de lugares que eran obxecto de lendas (cos mouros de protagonistas na súa maioría) e cultos pagáns por parte do pobo.

Temática

Petroglifo campolameiro 1
Petróglifo do Outeiro do Cogoludo, que representa unha manda de cervos.

Existen dous tipos de deseños: naturalistas ou figurativos, que son respectivamente aqueles nos que é posíbel adiviñar que representan, como por exemplo os cervos, os cabalos, figuras humanas e armas; e os xeométricos ou abstractos, aqueles que non sabemos que representan, como son as combinacións circulares. Os petróglifos naturalistas son os máis característicos da arte rupestre galaica ao ar libre (a pesar de ser menos abondosos que os xeométricos), por mor da súa orixinalidade que a diferenza doutras zonas atlánticas[1]. Pola contra, os xeométricos ou abstractos son os máis abundantes e os que están máis espallados xeograficamente.

Nas representacións naturalistas destacan as representacións zoomorfas, antropomorfas e de certas armas:

  • Nas representacións zoomorfas, os cérvidos acadan o 95% do total de figuras deste tipo, o que fala da importancia deste animal na sociedade da época (tanto alimentaria, como o seu uso de peles ou ósos e como animal simbólico do seu mundo mítico). Hai numerosas escenas do ciclo reprodutivo dos cervos, como machos adultos a facer a berrea (en grandes laxes en costa, desde as cales o berro se expandiría mellor) e femias acompañando as crías. Ademais tamén son representados cabalos (xeralmente montados por unha figura humana) e serpes.
  • As representacións antropomorfas adoitan ir asociadas a figuras animais, así principalmente a figura humana aparece representada en escenas de caza, pastoreo ou, como se dixo antes, de a cabalo. As representacións humanas son moi esquemáticas e simples.
  • Nas representacións de armas distínguense sobre todo as espadas curtas, os puñais, as alabardas e os escudos. Porén, nalgúns casos, é difícil distinguir se se pretende debuxar un arma ou distinguir cal é. É o caso de diversos deseños, tanto circulares coma triangulares, que poden suxerir un escudo.

As representacións xeométricas ou abstractas son as máis abondosas, con exemplos coma os círculos concéntricos, deseños labirínticos (salientando o Labirinto de Mogor), deseños reticulados, espirais, puntos e coviñas. Todas estas representación posúen un significado simbólico[Cómpre referencia], aínda que é difícil interpretar o auténtico significado.

Os petróglifos non reflicten a vida cotiá das persoas que os gravaron. As comunidades da Idade de Bronce practicaban a agricultura e a gandaría como base da súa subsistencia, mais nos gravados os únicos temas representados son os relacionados coa caza e a guerra. Suponse que os petróglifos estaban relacionados coas actividades que, posibelmente, a sociedade da Idade de Bronce consideraba máis prestixiosas. Nas escenas cinexéticas o único animal cazado é o cervo, o que pode estar relacionado coa importancia simbólica que este animal debeu posuír. No mundo imaxinario destas comunidades a caza parece ser algo máis ca unha función lúdica ou subministradora de alimento e probablemente tería un forte contido ritual ou iniciático [Cómpre referencia].

Estacións arqueolóxicas

A maior parte dos petróglifos descubertos e que chegaron aos nosos días dan como resultado que é no sur de Galiza, na provincia de Pontevedra, na zona costeira que abrangue dende a ría de Muros ata a desembocadura do río Miño, e concretamente no val do río Lérez, onde se conservan a maior parte dos gravados. Canto máis nos afastamos deste lugar cara ao norte ou ás provincias de interior atopamos un número moi inferior e case sempre relacionados cos vales dos ríos.

Algunhas das estacións máis destacadas son as seguintes:

Conservación

Cuntis, Castrolandín 01-10
Un experto calcando un petróglifo en Castrolandín (Cuntis).

Cando se visite unha "estación" con petróglifos non se deben tocar e moito menos pintar con xiz ou ceras escolares para que saian ben na foto. Isto deterióraos. Os especialistas pódeno facer contando sempre cun permiso previo da Dirección Xeral de Patrimonio e utilizan técnicas non destrutivas. Se se quere obter boas fotos abonda con esperar ás últimas luces do día, cando os raios do sol inciden lateralmente sobre os sucos e resaltan o seu trazado.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de petróglifos de Galicia.
Marin Mogor Petroglifo 3

Detalle de gravado de Mogor.

Petroglifos de Fentáns

Petróglifos de Fentáns en Cotobade.

Petroglifos de Fentáns3

Petróglifos de Fentáns.

Lombodacosta

Petróglifos do Lombo da Costa en Sacos.

Laxe dos carballos 01

Petróglifo dos Carballos, en Campo Lameiro.

Notas

  1. 1,0 1,1 CAAMAÑO GESTO, José Manuel: A gran historia de Galicia. Prehistoria de Galicia. Volume 2: O Calcolítico e a Idade de Bronce. ISBN 978-84-96931-02-2.
  2. Os petroglifos galegos

Véxase tamén

Bibliografía

  • Costas Goberna, F. J., Hidalgo Cuñarro, José Manuel e Peña Santos, Antonio de la (1999). Arte rupestre no sur da Ría de Vigo. Vigo. Instituto de Estudios Vigueses. ISBN 84-89599-13-0.
  • Peña Santos, A. de la (1999). Os petroglifos galegos. A NOSA TERRA. ISBN 84-89976-68-6.
  • Peña Santos, A. de la e Vázquez Varela, J. M. (1996). Los petroglifos gallegos. Grabados rupestres prehistóricos al aire libre en Galicia. Sada. Ediciós do Castro. ISBN 84-85134-99-0. (3ª edición)
  • García Alén, Alfredo e Peña Santos, A. de la (1981). Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra. Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-85728-04-1.
  • Guitián Castromil, Jorge e Xoán Guitián Rivera (2001). Arte rupestre do Barbanza. Noia. Editorial Toxosoutos. ISBN 84-95622-21-1.
  • Sobrino Buhigas, Ramón (2000). Corpus Petroglyphorum Gallaeciae. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-956-3. (orixinal de 1935)
  • Vázquez Varela, J. M. (1990). Petroglifos de Galicia. Santiago de Compostela. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 84-7191-655-X.
  • Vázquez Rozas, Roberto (1997). Petroglifos de las Rías Baixas gallegas. Pontevedra. Deputación de Pontevedra. ISBN 84-89690-00-6.

Outros artigos

Ligazóns externas

Antonio de la Peña

Antonio de la Peña Santos, nado en Pajares de los Oteros (León) o 10 de abril de 1952, é un arqueólogo vinculado con Galicia.

Arquitectura prehistórica de Galicia

A arquitectura prehistórica de Galicia abrangue aquelas formas de construción empregadas polos habitantes de Galicia dende hai 2 millóns de anos (Prehistoria) ata a chegada dos romanos e a conseguinte romanización de Galicia.

Arte de Galicia

A arte de Galicia tivo unha evolución paralela á do resto da arte europea, seguindo de formas diversas as múltiples tendencias que se teñen producido no contexto da historia da arte occidental. A historia da arte galega mostra as manifestacións culturais e artísticas ao longo do tempo dende os primeiros asentamentos humanos até a actualidade. Dende o paleolítico á cultura contemporánea, a arte feita en Galicia ten certas características propias, alimentada polas correntes traídas por outros pobos. A arte sempre foi un dos principais medios de expresión do ser humano, a través da cal expresa as súas ideas e sentimentos, o xeito de relacionarse co mundo. A súa función pode variar dende a máis práctica ata a máis ornamental, pode ter contido relixioso ou simplemente estético, pode ser duradeira ou efémera.

Ao longo da historia, Galicia acolleu diversas culturas e civilizacións, que achegaron o seu concepto de arte e deixaron o seu legado. Cada período histórico tivo unhas características concretas e definibles, comúns a outras rexións e culturas, ou ben únicas e diferenciadas, que foron evolucionando co devir dos séculos.

A arte galega é froito da diversa amálgama social e cultural achegada polos diversos pobos que habitaron o seu territorio: os primeiros poboadores prehistóricos deron paso á cultura castrexa xurdida na idade dos metais, estes convivirían máis tarde cos colonizadores romanos procedentes do Mediterráneo, que converterían a Gallaecia nun territorio máis do seu imperio; tras a caída deste, en Galicia os suevos fundaron o primeiro reino medieval europeo, que despois caeu baixo a dominación do reino visigodo. Na Idade Media, durante a invasión islámica da península ibérica (que apenas deixou pegada no territorio galego), xorde a cultura galego-portuguesa como entidade propia e definida, cunha lingua propia herdeira do latín e a consolidación do Reino de Galicia. Foi esta unha época de esplendor da arte galega, sendo o románico un período moi frutífero para o desenvolvemento artístico do territorio. Durante a Idade Moderna, baixo o poder da coroa española e a sucesión de crises económicas e culturais, a arte entra en certa decadencia, polo que o renacemento non é un período destacable na historia da arte galega. Todo o contrario sucede co barroco, que tivo en Compostela un desenvolvemento orixinal e xenuíno. Dende o século XIX, coa revitalización cultural que supuxo o Rexurdimento, Galicia é influída polos movementos artísticos e culturais que marcaron Europa, como o modernismo. Finalmente, xa no século XX houbo unha xeración de artistas que crean unha escola galega que conecta coas correntes internacionais, con nomes como os de Francisco Asorey, Carlos Maside, Luís Seoane, Maruxa Mallo ou Isaac Díaz Pardo.

O Chan da Ferradura

O Chan da Ferradura é un conxunto de gravados rupestres, situados na parroquia de San Pedro de Trasalba, pertencente ao concello de Amoeiro e parte no concello de Punxín, a poucos quilómetros da capital provincial Ourense.

As rochas foron descubertas ao longo dos traballos de seguimento arqueolóxico da construción do gasoduto Pontevedra - Ourense, realizados na segunda metade da década de 1990 polo Laboratorio de Arqueoloxía e Formas Culturais do Instituto de Investigacións Tecnolóxicas da Universidade de Santiago de Compostela. Durante estes traballos localizáronse unhas 30 rochas con gravados distribuídas en vinte grupos nunha área de 500 m².

Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre

O Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre (PAAR), é un parque dedicado a arte rupestre ao ar libre, situado no concello de Campo Lameiro e pertencente á Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico. Abrangue 22 hectáreas con numerosos petróglifos de gran valor arqueolóxico e histórico, sendo varios deles Ben de Interese Cultural.

Petróglifo

Un petróglifo é unha representación gráfica gravada nas rochas ou pedras. Son o antecedente dos símbolos previos á escritura e o seu uso na comunicación data de hai uns 12.000 anos e chega aos tempos modernos, dependendo da cultura e o lugar, dándose sobre todo a partir do Neolítico.

A palabra provén dos termos gregos petros (pedra) e glyphein (tallar) e foi na súa orixe acuñada en francés como pétroglyphe. Este termo non debe confundirse con pictografía, que é unha imaxe debuxada ou pintada na rocha, aínda que ambos os dous pertencen á categoría xeral e máis ampla da arte rupestre. As petroformas ou modelos e figuras feitas en grandes rochas no chan, tampouco son moi parecidas.

Valongo, Cortegada

San Martiño de Valongo é unha parroquia do concello de Cortegada, situada na provincia de Ourense comarca do Ribeiro. No ano 2013 tiña 275 habitantes, dos cales 133 eran homes e 142 eran mulleres.

Cronoloxía
Megálitos
Petróglifos de Galicia
Castros de Galicia
Institucionalización

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.