Grupo El Progreso

O Grupo El Progreso é un grupo empresarial galego de medios de comunicación.

O grupo está presidido, dende 1993, pola luguesa Blanca García Montenegro.

Medios que compoñen o grupo

Notas

  1. El Progreso
  2. Diario de Pontevedra
  3. De Luns a Venres
  4. Telelugo.tv
  5. Galiciae.com
  6. Axencia.com
  7. Lugopress
Antonio López Ferreiro

Antonio López Ferreiro, nado en Santiago de Compostela o 9 de novembro de 1837 e finado en Vedra o 20 de marzo de 1910, foi un escritor e historiador galego. En 1978 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Aquilino Iglesia Alvariño

Aquilino Iglesia Alvariño, nado na Pedrosa (Seivane de Vilarente, Abadín) o 12 de xuño de 1909 e finado en Santiago de Compostela o 29 de xullo de 1961, foi un dos poetas máis significativos do século XX en lingua galega. No ano 1986 adicóuselle o Día das Letras Galegas.

Axencia Galega de Noticias

A Axencia Galega de Noticias (AGN) é unha axencia informativa xeralista. A súa sede está en Santiago de Compostela, mais forma parte do Grupo El Progreso , con sede en Lugo. Outro grupo de comunicación, o ourensán La Región, ten tamén parte do capital da axencia .

Bautista Álvarez

Bautista Goyel Álvarez Domínguez, nado en Loucia (Las, San Amaro) o 30 de marzo de 1933 e finado en Beariz o 16 de setembro de 2017, foi un político galego de ideoloxía nacionalista.

Blanca García Montenegro

Blanca García Montenegro, nada en Lugo en 1960, é unha empresaria galega, presidenta do grupo de comunicación El Progreso.

De luns a venres

De luns a venres foi o primeiro xornal de distribución gratuíta redactado integramente en lingua galega. Comezou a publicarse en 2006 e coa integración co xornal ADN pasou a desaparecer o xornal en galego.

Diario de Pontevedra

Diario de Pontevedra, anteriormente El Diario de Pontevedra, é un xornal que se edita ininterrompidamente na cidade de Pontevedra dende 1968 pero que xa iniciara a súa andaina en 1889, propiedade dende 1999 do Grupo El Progreso de Lugo. Dende o ano 2001 ten a súa sede na rúa Lepanto. A impresión realízase na rotativa de El Progreso en Lugo.

É un periódico de carácter eminentemente local e provincial, centrado na contorna da cidade de Pontevedra. Conta con delegacións en Marín, Bueu, Poio, Sanxenxo e O Grove, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Vigo, Lalín e A Estrada.

El Progreso (xornal)

El Progreso é un diario creado en Lugo o 17 de agosto de 1908, voceiro do Partido Liberal, levando na súa cabeceira o subtítulo de "Diario Liberal". No momento presente, o diario pertence ao Grupo El Progreso. O xornal cobre as informacións xeralistas facendo fincapé no acontecido na provincia de Lugo.

Festa dos Fachós

A Festa dos Fachós de Castro Caldelas celébrase o 19 de xaneiro na véspera do día de san Sebastián, comeza coa caída do sol e prolóngase durante a noite. Esta celebración converteuse nunha das tradicións de culto ó lume máis representativas de Galicia, na liña doutros folións con fachas que aínda persisten.

Francisco Añón

Francisco Añón Paz, nado en Boel, San Pedro de Outes, o 9 de outubro de 1812 e finado en Madrid o 20 de abril de 1878, foi un poeta e xornalista galego precursor do rexurdimento cultural galego do século XIX. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no ano 1966.

Galiciaé

Galiciaé ou Galiciae.com é un portal galego de internet nado o 2 de decembro de 2007.

Gonzalo López Abente

Gonzalo Francisco López Abente, nado en Muxía o 24 de marzo de 1878 e finado na mesma vila o 23 de xullo de 1963, foi un escritor en lingua galega que cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía, baseando na Costa da Morte boa parte da súa obra. Dirixiu a Irmandade da Fala de Muxía. En 1971 foi homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

La Comarca del Eo

La Comarca del Eo é unha publicación semanal carácter informativo e cultural de Ribadeo.

Telelugo

Telelugo é unha televisión privada galega propiedade do Grupo El Progreso, que conta con licenzas de TDT nas demarcacións de Lugo, Monforte de Lemos, Vilalba e Viveiro e con cobertura por cable en toda Galicia através da Operadora R.

Comezou a emitir en analóxico en 1994. En 2001 incorporouse como colaboradora ao grupo Localia TV, coñecéndose como Localia Telelugo, ata a desaparición deste a comezos de 2009.

Uxío Carré Aldao

Uxío Carré Aldao, coñecido no seu tempo como Eugenio Carré Aldao, nado na Coruña o 5 de novembro de 1859 e finado na mesma cidade o 18 de decembro de 1932, foi un escritor en linguas castelá e galega, editor e libreiro galego, membro fundador da Real Academia Galega da que foi secretario de 1905 a 1906 e de novo, durante dez anos, de 1909 a 1919. Sucedeu a Andrés Martínez Salazar como Cronista oficial da Coruña.

Xosé Trapero Pardo

Xosé Trapero Pardo, nado en Castro de Rei o 29 de setembro de 1900 e finado en Lugo o 10 de outubro de 1995, foi un escritor e xornalista galego.

Xosé de Cora

Xosé de Cora Paradela, nado en Lugo o 5 de xuño de 1951, é un xornalista e escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.