Grupo Calvo

Grupo Calvo é unha empresa galega de alimentación con sede en Carballo (A Coruña)[2]. Calvo adícase á pesca, produción, transformación e comercialización de conservas de peixe e pratos precociñados. A empresa vende os seus produtos en 60 países.

Calvo
Conservas Calvo Carballo A Coruña
TipoSociedade Anónima
Fundación1940
MatrizLuis Calvo Sanz SA
LocalizaciónEstrada Coruña-Fisterra, Km 34,5 Carballo 15106 A Coruña Galicia Galicia
FundadorLuís Calvo Sanz
Persoas claveJosé Luis Calvo Pumpido (Presidente)
Manuel Calvo García-Benavides (Director)
IndustriaAlimentación
ProdutosConservas
Pratos precociñados
Beneficio618,3 millóns de euros (en 2017)[1]
Número de empregados4.000
Páxina webcalvo.es

Historia

As orixes da empresa están na Maragatería previo paso por Cuba. A familia Calvo estableceuse en Carballo a finais do século XIX[3]. Dende entón é unha empresa familiar.

Calvo foi creada en 1940 por Luís Calvo Sanz. En 2004 Calvo mercou a marca brasileira Gomes da Costa, pasando a ser unha das cinco maiores empresas conserveiras do mundo. En 2008 Calvo colleitou unhas ganancias de dous millóns de euros.[4]. O Grupo Calvo está agrupado baixo o nome de Luis Calvo Sanz, S.A.

En 2012 a multinacional Bolton International Group comprou o 40% das accións da empresa por uns 125 millóns de euros[5].

A empresa ten sucursais en El Salvador,Venezuela e Costa Rica e filiais en Italia e Brasil.

Produtos

  • Conservas de peixes e marisco
  • Pratos precociñados

Notas

  1. "Calvo cierra 2017 con un récord de facturación y una cifra de negocio de casi 620 millones".
  2. "Información legal Arquivado 14 de setembro de 2010 en Wayback Machine.." Calvo. Consultado o 1 de setembro de 2010.(en castelán)
  3. José Luis Calvo, desde Carballo para el mundo. El País (en castelán)
  4. "Calvo comes out on top." FIS United States. Consultado o 1 de setembro de 2010. (en inglés)
  5. Grupo Calvo - Luis Calvo Sanz, S.A. (Group Headquarter) (en castelán)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Calvo

Calvo é un home que ten calvicie.

Como topónimo pode referirse a:

Calvo, lugar da parroquia de Insua, no concello de Ortigueira;

O Calvo, lugar da parroquia de Labrada, no concello de Abadín;

O Calvo, lugar da parroquia de Xesteda, no concello de Cerceda;

O Calvo, lugar da parroquia das Negradas, no concello de Guitiriz;

O Calvo, lugar da parroquia de Rebón, no concello de Moraña;

O Calvo, lugar da parroquia de Miñotos, no concello de Ourol;

O Calvo, lugar da parroquia de San Pedro de Viveiro, no concello de Viveiro;

Río Calvo, lugar da parroquia de Begonte, no concello de Begonte;

Souto Calvo, lugar da parroquia de Ferreira, no concello de San Sadurniño.Amais, como apelido pode referirse a:

Pae Calvo, trobador portugués de finais do século XIII;

Leopoldo Calvo Sotelo Bustelo, enxeñeiro e político español, Marqués da Ría de Ribadeo (1926 - 2008);

Evaristo Calvo, director e actor de teatro, televisión e cine (n. 1961);

Tucho Calvo, xornalista e escritor galego (n. 1954);

Diego Calvo, político galego (n. 1976);

Jacinto Calvo López, político galego (1903 - 1993);

Jesús García Calvo, avogado e empresario galego (1921 - 2011);

Club Atletismo Carballo

O Club Atletismo Carballo é un club de atletismo da localidade de Carballo, Galiza. Fundado en 2013, a súa presidenta dende a súa fundación é Ascensión Vázquez Bertoa.

José Luis Calvo Pumpido

José Luis Calvo Pumpido, nado en Carballo en 1935, é un empresario galego.

Luis Escurís Batalla

Luís Escurís Batalla S.L. fundada en 1996 na Pobra do Caramiñal (Ría de Arousa) é unha empresa dedicada á fabricación, comercialización e distribución de conservas de pescado e marisco no sector da alimentación e da hostalería.

A empresa leva a cabo un proceso de transformación manual e artesán co obxectivo de conseguir un produto de primeira calidade empregando unha materia prima inmellorable das rías galegas.

Luís Calvo

Luís Calvo Sanz, nado en Carballo o 19 de xullo de 1897 e finado no mesmo concello o 7 de xullo de 1980, foi un empresario galego.

Manuel Calvo Pumpido

Manuel Calvo Pumpido, nado na Coruña o 23 de setembro de 1938 e finado en Santiago de Compostela o 27 de xullo de 2007, foi un empresario galego.

Provincia da Coruña

A Coruña é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833, e ocupa a punta noroeste do país e da península Ibérica. Limita ao norte e ao oeste co océano Atlántico, ao leste coa provincia de Lugo e ao sur coa provincia de Pontevedra. A capital leva o mesmo nome, A Coruña.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.