Grial (revista)

A revista Grial é unha publicación trimestral editada pola editorial Galaxia (Vigo), desde 1963. Pode considerarse como un dos mellores referentes das revistas culturais galegas.

Como antecedente da revista cabe lembrar a Colección Grial, publicada tamén por Galaxia en 1951 pero que foi pechada pola censura franquista trala publicación de tan só catro números.

Na revista Grial aparecen traballos que obedecen a un dobre propósito: informar sobre a realidade de Galiza, e informar e reflexionar sobre os máis diversos aspectos da cultura universal. Inicialmente, os directores da revista foron Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. En 1989 asumiu a dirección Carlos Casares e, trala morte deste en 2003, os directores son Víctor Fernández Freixanes e Henrique Monteagudo.

Grial
PaísEspaña
Lingualingua galega
Fundación1963
Circulación
ISSN0017-4181

Véxase tamén

Ligazóns externas

Adelante (A Coruña)

Adelante foi un periódico editado na Coruña entre 1930 e 1931.

Cincoenta homes por dez reás

Cincoenta homes por dez reás é o título dunha colección de láminas de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao publicadas en 1925.

Consta de 50 debuxos realizados coa mesma técnica das Cousas da vida, cun pé descritivo aínda cunha segunda intención satírica, do personaxe debuxado. Por exemplo: "O home que non sabe porqué a balanza é un símbolo da xusticia". Foi traducida ao castelán.Castelao prologa o libro poñendo a atención no baratos que resultan moitos homes ("eu daríavos mil homes polo mesmo diñeiro") partindo da cantiga popular

Alabado sexa Dios

que xa veu a barateza

Os homes van a real

¡Catro por unha peseta!

Cousas da vida

O nome xenérico de Cousas da vida designa a obra de Castelao consistente nos debuxos que publicou a partir de 1924 nas portadas de Galicia. Diario de Vigo e, a partir de 1925, en Faro de Vigo.

Cada debuxo ía acompañado dun breve texto a rodapé. Nuns casos era un comentario ou pensamento do autor ou do protagonista do debuxo, noutros un breve diálogo entre as figuras representadas.

Castelao comezou a publicar estes debuxos na portada do diario vigués Galicia, entre 1924 e 1925, período no que chegaron a editarse máis de seiscentos debuxos. En 1925 pechou o periódico e Castelao seguiu publicándoas, mantendo a mesma liña e estrutura, no Faro de Vigo.

Superada a censura franquista, a editorial Galaxia publicou unha escolma destes debuxos reunidos en seis libros temáticos baixo o mesmo título. En 1961 publicou o tomo I, en 1962 o tomo II, e en 1971 os tomos III, IV, V e VI.

Editorial Galaxia

A Editorial Galaxia é unha editorial galega fundada en 1950 e radicada en Vigo. O seu director xeral é Francisco Castro.

Germán Labrador Méndez

Germán Labrador Méndez, nado en Vigo en o 3 de decembro de 1980, é un profesor e investigador galego.

Grupo Nós

O grupo Nós ou xeración Nós foi un colectivo de intelectuais ourensáns, constituído legalmente en 1921, que lle imprimiu un importante pulo á cultura galega, principalmente no que se refire á renovación da prosa e do ensaio, así como ao seu cosmopolitismo.

Inma López Silva

Inmaculada López Silva, nada en Santiago de Compostela o 3 de maio de 1978, é unha escritora galega.

Mercedes Brea López

María de las Mercedes Brea López, nada na Estrada o 31 de maio de 1950, é unha filóloga galega da área de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela.

Retrincos

Retrincos é un libro de 61 páxinas, publicado en 1934 por Nós, consistente nunha colección de relatos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, composta por cinco narracións autobiográficas ("O segredo", "O inglés", "Peito de lobo", "O retrato" e "Sabela"), ordenadas cronoloxicamente e escritas cun mesmo criterio.

Roberto Pascual

Roberto Pascual Rodríguez, nado no Carballiño o 20 de setembro de 1981, é un dramaturgo, profesor e investigador teatral galego.

Rosario Álvarez Blanco

Rosario Álvarez Blanco, nada en Pontevedra o 12 de xullo de 1952, é catedrática de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, foi directora do Instituto da Lingua Galega (Universidade de Santiago de Compostela). É membro da Real Academia Galega. En 2018 foi escollida presidenta do Consello da Cultura Galega, converténdose na primeira muller en presidilo.

Seminario de Estudos Galegos

O Seminario de Estudos Galegos (SEG) foi unha institución creada en 1923 polo galeguismo para estudar e divulgar o patrimonio cultural galego e para formar investigadores.

Sempre en Galiza

Este artigo trata sobre o libro de Castelao, para o artigo sobre programa de radio véxase Sempre en Galicia.Sempre en Galiza é un libro de ensaio político escrito por Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, considerado a obra canónica do nacionalismo galego. A obra publicouse o 10 de marzo de 1944 en Buenos Aires e os primeiros exemplares que chegaron a Galicia fixérono de xeito clandestino.

No libro axúntanse artigos, ensaios, conferencias, discursos xunto a material pensado especificamente para a obra. O limiar da obra, Adro, comprende os artigos que dende Badaxoz escribiu para A Nosa Terra en 1935. A primeira parte escribiuna entre Valencia e Barcelona en 1937, orixinariamente publicouse na forma de artigos no xornal que os galegos exiliados publicaban en Madrid, Nueva Galicia. A segunda parte escribiuna en Nova York e durante a viaxe que o levou a Buenos Aires en 1940. O resto escribiuno en Buenos Aires entre 1942 e 1943.

Vicente Risco

Vicente Martínez Risco e Agüero, nado en Ourense o 1 de outubro de 1884 e finado na mesma cidade o 30 de abril de 1963, foi un intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós e considerado un dos meirandes teóricos do nacionalismo galego.Constitúe unha das figuras máis importantes e complexas da historia da literatura galega. Home procedente dunha familia acomodada, dun gran nivel cultural, contribuíu na literatura galega asentando as bases do nacionalismo galego e renovando a narrativa galega do primeiro terzo do século XX.

Xosé Antón Arjona

Xosé Antón Arjona de Santiago, nado na Coruña en 1934 e finado en 2012, foi un economista e político galego.

Xosé Monteagudo

Xosé Monteagudo Folgar, nado en Santa Xusta de Moraña o 1 de xaneiro de 1965, é un escritor galego.

Xosé Ramón Fernández-Oxea

Xosé Ramón Fernández-Oxea, nado en Ourense o 5 de abril de 1896 e finado en Madrid o 2 de maio de 1988, foi un escritor, mestre e investigador galego tamén coñecido como Ben-Cho-Shey ou Xan Fouciño, un intelectual de obra poliédrica que abarca dialectoloxía, heráldica, arqueoloxía, etnografía, historia da arte e creación literaria. Colaborou con publicacións como O Tio Marcos d'a Portela, La Zarpa, Nós, A Nosa Terra, Lar, Opinión Gallega, Eufonía, La Temporada en Mondariz, Faro de Vigo, La Noche, Vieiros, Boletín de la Real Academia Gallega, Cuadernos de Estudios Gallegos, El Museo de Pontevedra e Chan. Foi membro das Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos e o Partido Galeguista. En 1986 foi galardoado coa Medalla Castelao.

Ánxel Fole

Ánxel Fole, nado en Lugo o 11 de agosto de 1903 e finado na mesma cidade o 9 de maio de 1986, foi un escritor en galego e castelán que cultivou todos os xéneros literarios (narrativa, poesía, teatro e ensaio), aínda que a súa sona lle vén fundamentalmente dos seus libros de contos, recollidos en catro volumes. En 1997 foille adicado o Día das Letras Galegas.

Usou os pseudónimos Bakurin, F. de N., Fole de Navia, Eginardo de Tor, Fuco de Caldas, Lexandre de Arcos, Lucencio, Troitiño, Xelos de Orbán e Neumandro (o máis utilizado).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.