Gres

O gres é unha pasta de arxila e area cuarzosa usada para facer cerámica[1]. Amais, o topónimo galego Gres pode referirse a:

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para gres.
Asorei, Vila de Cruces

Santa María de Asorei é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2013 tiña 51 habitantes (28 homes e 23 mulleres), nunha sóa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 71 habitantes.

Añobre, Vila de Cruces

San Pedro de Añobre é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces na comarca do Deza. Segundo o IGE en 2009 tiña 107 habitantes (62 homes e 45 mulleres), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución de 29 habitantes en relación ao ano 1999 cando posuía 136 habitantes.

Cerámica

A cerámica é a arte que fabrica obxectos como olas, xerras, tellas etc. en terracota que sufriron unha transformación fisicoquímica irreversible no curso dunha cocción a temperaturas máis ou menos elevadas (de 700 °C a 1100 °C) despois de lles dar a forma mediante un moldeado. Na historia da humanidade é a primeira arte do lume e atópase antes da metalurxia e do vidro. A palabra abarca tanto a tecnoloxía como os obxectos feitos con ela. Certos tipos de cerámicas son representativas dunha época e dunha cultura.

Cira, Silleda

Santa Baia de Cira é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda na comarca do Deza. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 241 habitantes (113 mulleres e 128 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 312 habitantes.

Edificio Aurora Polar

O edificio Aurora Polar de Vigo é un inmoble obra do arquitecto vigués Jenaro de la Fuente Álvarez encargado pola compañía de seguros Aurora Polar en 1959, que se atopa no centro da cidade no chafrán que forman as rúas Urzáiz e República Arxentina. É un edificio de feitura moderna con formas dinámicas propias do racionalismo, movemento xa iniciado por Xosé Bar Boo en 1957 co edificio Plastibar. Salientan a disposición recuada dos últimos andares, as terrazas voadas de formas curvas no encontro das rúas que achegan sensación de movemento, a disposición inclinada das cristaleiras do primeiro andar, e tamén os materiais: granito con ferro e vidro nos antepeitos dos balcóns, e as faixas lonxitudinais de peciñas de gres azul que contribúen ao enriquecemento plástico do conxunto. Destacan tamén as esculturas, as laterais en relevo, e a principal no chafrán que representa unha familia protexida polo seguro, obra de Camilo Nogueira. Trátase dun dos edificios máis significativos da arquitectura racionalista en Vigo, e un dos pioneiros da introdución na cidade do movemento moderno.

Ferreirós, Vila de Cruces

San Xes de Ferreirós é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2012 tiña 73 habitantes (40 mulleres e 33 homes), distribuídos en 3 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 98 habitantes.

Gres, Gres, Vila de Cruces

Gres é un lugar da parroquia de Gres, no concello pontevedrés de Vila de Cruces, na comarca do Deza. Segundo o IGE, en 2017 tiña 44 habitantes (22 homes e 22 mulleres).

Gres, Vila de Cruces

Santiago de Gres é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 172 habitantes (88 mulleres e 84 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 174 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 146 habitantes, sendo 69 homes e 77 mulleres.

Cabe destacar a contorna coñecida como as Illas de Gres, no río Ulla na fronteira coa parroquia de Ponte Ledesma.

Desta parroquia é natural o escritor Xosé Neira Vilas e nela ten a súa sede a Unión Musical Ponteledesma

Illas de Gres

As Illas de Gres ou Insuas de Gres constitúen unha paraxe natural formada por seis insuas naturais localizadas no río Ulla entre as parroquia de Gres, no concello de Vila de Cruces e Ledesma, no concello de Boqueixón, na fronteira entre as provincias de A Coruña e Pontevedra. Cinco delas, as illas de San Ramón, dos Namorados, da Palleta, de Pachín e da Praia, están unidas entre si por pontellas que permiten o paso aos visitantes e cruzar o río a través duns pasais. A insua de San Ramón está limpa de mato e nela están instalados o campo da festa rodeado de árbores á beira da auga, un palco de cemento e unha escultura homenaxeando ó escritor de Gres Xosé Neira Vilas. Río arriba e pasando de insua en insua pódese chegar á "Insua dos namorados", chamada así por estar máis recollida. Todas as insuas están poboadas de carballos centenarios, ademais doutras moitas especies propias das zonas húmidas: ameneiros, freixos, sabugueiros, loureiros e outros vexetais diversos, como por exemplo os picamulos (xilbarbeira), acivros, abrótegas, prímulas e, no outono, cogomelos.

Ledesma, Boqueixón

San Salvador de Ledesma é unha parroquia do concello coruñés de Boqueixón, na comarca de Santiago. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 282 habitantes (132 homes e 150 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación.

É un lugar de especial encanto pola presenza dun río Ulla que, nesta parroquia, se divide en múltiplos brazos formando vizosos illotes de doado acceso. Visita recomendable para fuxir da aceleración urbana (a 25 minutos de Santiago).

A ponte medieval (máis que romana) que lle dá nome ó lugar de Ponteledesma (ou A Ponte) está pechada ao tráfico rodado (agás motos) dende comezos do 2001 mediante uns fitos de pedra.

Loño, Vila de Cruces

San Mamede de Loño é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE de 2012 tiña 111 habitantes (61 mulleres e 50 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 156 habitantes.

Lugares de Vila de Cruces

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares de Vila de Cruces

Ollares, Vila de Cruces

Santa María de Ollares é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE en 2011 tiña 104 habitantes (50 mulleres e 54 homes), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 154 habitantes.

Rodeiro

Rodeiro é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Segundo o IGE en 2015 tiña 2.700 habitantes.

Salgueiros, Vila de Cruces

San Pedro de Salgueiros é unha parroquia que se localiza no concello de Vila de Cruces. Segundo o IGE de 2011 tiña 195 habitantes (114 mulleres e 81 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 251 habitantes.

Silleda, Silleda

Santa Baia de Silleda é unha parroquia que se localiza no concello de Silleda. No ano 2008 tiña 3.124 habitantes o que significa que en menos de 10 anos gañou máis de 1000 veciños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.212 habitantes (1.132 mulleres e 1.080 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.041 habitantes.

Unión Musical Ponteledesma

A Banda de música Unión Musical Ponteledesma é unha agrupación musical con sede na parroquia de Gres, no concello pontevedrés de Vila de Cruces. Toma o seu nome da ponte que cruza o río Ulla e une Gres coa parroquia de Ledesma, na provincia da Coruña.

Vila de Cruces

Vila de Cruces é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Deza. Limita cos concellos de Boqueixón, Touro, Arzúa e Santiso (da provincia da Coruña), e Silleda, Agolada e Lalín (provincia de Pontevedra).

Xosé Neira Vilas

Xosé Santiago Neira Vilas, nado en Gres (Vila de Cruces) o 3 de novembro de 1928 e finado no mesmo lugar o 27 de novembro de 2015, foi un xornalista, recoñecido e premiado escritor galego en lingua galega e lingua castelá e dinamizador cultural, emigrante na Arxentina e Cuba, membro da Real Academia Galega, Medalla Castelao e Medalla de Ouro de Galicia, autor dunha ampla obra narrativa, na que destaca Memorias dun neno labrego (1961), o libro máis editado da historia da literatura galega. Cultivou tamén o ensaio, a poesía e a literatura infantil. A súa obra, tanto por calidade como por cantidade, converteuno nun clásico das letras de Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.