Grela

O topónimo galego A Grela pode proceder dun feminino diminutivo de grelo con artigo, ou dunha falsa segmentación de Agrela diminutivo de agra (eira, terreo cultivado). Pode referirse a:

Véxase tamén

12 de setembro

O 12 de setembro é o 255º día do ano do calendario gregoriano e o 256º nos anos bisestos. Quedan 110 días para finalizar o ano.

A Grela, Armentón, Arteixo

A Grela é un lugar da parroquia de Armentón no concello coruñés de Arteixo na comarca da Coruña. Tiña 7 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 6 homes e 1 muller.

O termo A Grela procede dunha resegmentación de latín agrĕlla, diminutivo de agra, ou peza de terra, onde se interpreta ese a- inicial como artigo.

A Grela, Carballo, Carballo

A Grela é un lugar da parroquia de Carballo no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 110 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 59 homes e 51 mulleres.

O termo A Grela procede dunha resegmentación de latín agrĕlla, diminutivo de agra, ou peza de terra, onde se interpreta ese a- inicial como artigo.

A Grela, Madriñán, Lalín

A Grela é un lugar da parroquia de Madriñán, no concello pontevedrés de Lalín, na comarca do Deza. Segundo o INE, no 2008 tiña 4 habitantes (2 homes e 2 mulleres), o que supón un aumento de 1 habitante con respecto ao ano 2000.

O termo A Grela procede dunha resegmentación de latín agrĕlla, diminutivo de agra, ou peza de terra, onde se interpreta ese a- inicial como artigo.

A Grela, Sabaxáns, Mondariz

A Grela é un lugar da parroquia de Sabaxáns, no concello pontevedrés de Mondariz, na comarca do Condado. Tiña 1 habitantes no ano 2013 segundo datos do Instituto Galego de Estatística, que era home, o que non supón ningún cambio con relación ao ano 2000 cando contaba co mesmo habitante.

O termo A Grela procede dunha resegmentación de latín agrĕlla, diminutivo de agra, ou peza de terra, onde se interpreta ese a- inicial como artigo.

A Grela, San Cristovo das Viñas, A Coruña

A Grela é un lugar da parroquia de San Cristovo das Viñas, entre a cidade da Coruña e o concello de Arteixo. Segundo o padrón municipal (INE 2014) ten 2.180 habitantes (1.033 homes e 1.147 mulleres), o que supón un aumento en 166 habitantes en relación ao ano anterior.

A Grela, Vigo, Cambre

A Grela é un lugar da parroquia de Vigo no concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 20 habitantes (8 homes e 12 mulleres).

O termo A Grela procede dunha resegmentación de latín agrĕlla, diminutivo de agra, ou peza de terra, onde se interpreta ese a- inicial como artigo.

Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo

O Campo Municipal de Fútbol Arsenio Iglesias Pardo é un estadio de fútbol propiedade do Concello da Coruña, situado no polígono industrial A Grela - Bens. Inaugurado orixinalmente como Campo Municipal de Fútbol A Grela II, o Concello decidiu mudar o nome para homenaxear o ex-xogador e ex-adestrador coruñés Arsenio Iglesias. Trátase dun campo principalmente dedicado á práctica do fútbol modesto coruñés.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial desde o ano 2008, cando sufriu unhas fondas obras de reforma, inauguradas polo entón alcalde Javier Losada e o presidente da Deputación da Coruña Salvador Fernández Moreda. As súas dimensións son de 95 × 58 metros e conta cunha bancada con capacidade para 440 persoas baixo a cal foron habilitados até seis vestiarios.

Campo Municipal de Fútbol Rodrigo García Vizoso

O Campo Municipal de Fútbol Rodrigo García Vizoso é un estadio de fútbol propiedade do Concello da Coruña, situado no polígono industrial da Grela. Inaugurado orixinalmente como Campo Municipal de Fútbol A Grela I, o Concello decidiu mudar o nome para homenaxear o ex-futbolista coruñés Rodrigo García Vizoso.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial desde comezos do ano 2015, cando foi substituída a herba natural da que dispoñía até entón. As súas dimensións son de 100×60 metros e posúe unha bancada cuberta con capacidade para 1.000 persoas e tres vestiarios.

Neste campo adestraba o Real Club Deportivo de La Coruña na década de 1990 ademais de na Cidade Deportiva da Torre, tamén de titularidade municipal, mais para o ano 2000 o club conseguiu o uso do anovado campo de fútbol de Acea de Ama, xestionado pola Xunta de Galicia e que dipoñía de dimensións máis axeitadas para o adestramento dun equipo de fútbol profesional de primeira categoría. Porén, seguiría a ser empregado puntulamente algúns anos máis como campo de adestramento para equipos de fútbol profesional que visitaban Riazor para se enfrontar ao RC Deportivo mentres este non tivo rematadas as obras da Cidade Deportiva de Abegondo.

Posteriormente exerceu como local até o ano 2009 o Montañeros Club de Fútbol que chegou acadar a Segunda División B española de fútbol a comezos do século XXI. En xaneiro de 2015 inaugurouse a anovado terreo de xogo cun partido entre un combinado da Asociación de Fútbol Aficionado da Coruña e os veteranos do RC Deportivo, este encontro serviu asemade como homenaxe ao ex-deportivista José Manuel Sertucha, finado o ano anterior. Durante a tempada 2015-2016 da Terceira División española de fútbol está a exercer os seus partidos como anfitrión a Silva Sociedad Deportiva, que tamén ten instalada nos seus baixos a súa sede.

Carballo, Carballo

San Xoán de Carballo é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2013 tiña 19.140 habitantes (9.755 mulleres e 9.385 homes), distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 14.390 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 19.176 habitantes, sendo 9.387 homes e 9.789 mulleres.

Codeseda, A Estrada

San Xurxo de Codeseda é unha parroquia do concello da Estrada. Segundo o IGE en 2009 tiña 393 habitantes (216 mulleres e 177 homes), distribuídos en 25 entidades, o que supón unha diminución respecto de 1986 cando tiña 628 habitantes. En 1842 tiña unha poboación de feito de 692 persoas.

Estrella Galicia

Estrella Galicia é unha marca de cervexa fabricada pola empresa galega Hijos de Rivera S.A. con sede no Polígono da Grela na Coruña. É unha cervexa loura que posúe unha gradación alcohólica de 6,5 grados e un característico sabor amargo lembranza do lúpulo empregado na súa orixe e que se cultivaba en Betanzos.

Grela, Nogueira, Meis

Grela é un lugar da parroquia de Nogueira no concello pontevedrés de Meis, na comarca do Salnés. Tiña 23 habitantes no ano 2016 segundo datos do IGE, dos que 14 eran mulleres e 9 homes, o que representa un aumento respecto ó ano 2010, cando tiña 17 veciños, e 2005, cando eran 20.

Hijos de Rivera

Hijos de Rivera, S.A. é unha empresa galega de alimentación fundada en 1906 con sede na cidade da Coruña. Estrella Galicia é dende 2015, o cuarto grupo cervexeiro de España.Tras cen anos de historia segue co seu proceso de expansión, sendo líderes en Galiza e unha das poucas cervexeiras independentes do Estado xunto con Cervezas Alhambra. Está presente no mercado estatal e estranxeiro, chegando a 14 países, entre eles Portugal, os Estados Unidos e México. A empresa ten fábrica en Brasil para o mercado local.

José Vázquez Grela

José Vázquez Grela, nado en Ames en 1886 e finado en Nigrán o 12 de setembro de 1936, foi un mestre, agrarista e xornalista galego.

Loiba, Ortigueira

San Xulián de Loiba é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2013 tiña 391 habitantes (193 homes e 198 mulleres) distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 609 habitantes.

Madriñán, Lalín

Santo Adrao de Madriñán é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o IGE en 2011 tiña 148 habitantes (74 mulleres e 74 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 180 habitantes.

Polígono industrial A Grela - Bens

O polígono industrial A Grela - Bens é unha zona industrial e de uso terciario-mixto situada no concello da Coruña, promovida polos antecesores da SEPES. Foi creado en 1961, o que o converte no máis antigo de Galicia, e conta cunha superficie de 1 421 818 metros cadrados. Leva o nome das localidades próximas da Grela e Bens.

Nel están instaladas máis de 550 empresas, que xeran máis de 20 000 empregos directos, algunhas de grande relevancia a nivel autonómico como Alcoa, Comar, Hijos de Rivera, R, Alba Conde, Cafés Siboney, Dielectro Industrial, Kina Fernández, Eulen, Ipasa, Repsol, SGL Carbon, Vodafone, Marineda City ou Voz Audiovisual. No polígono teñen sede os concesionarios de Toyota, Opel, Fiat, Ford e Nissan.

Vigo, Cambre

Santa María de Vigo é unha parroquia que se localiza no sueste do concello coruñés de Cambre, na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 293 habitantes (144 homes e 149 mulleres). A parroquia ten 23 lugares.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.