Greenwich

Greenwich é un distrito situado ó sueste de Londres, Inglaterra, na zona sur do río Támese no London Borough of Greenwich. É coñecido pola súa historia marítima e por dar nome ó Meridiano de Greenwich (lonxitude 0º) e o Greenwich Mean Time (GTM).

A vila orixinal foi o lugar no que se estaba o Palacio de Placentia do século XV, e foi o lugar de nacemento de moitos membros da Dinastía Tudor, incluíndo a Henrique VIII e Isabel I. O palacio foi destruído durante a Guerra Civil Inglesa e reconstruído como o Royal Navy Hospital for Sailors (Real Hospital da Mariña para Mariñeiros) por Sir Christopher Wren e os seu asistente Nicholas Hawksmoor. Este edificio pasou a ser o Greenwich Royal Naval College en 1873, e continuou sendo un centro de educación militar ata o 1998 cando pasou as mans da Fundación Greenwich. As habitacións históricas seguen abertas ó público, o resto é empregado pola Universidade de Greenwich e o Trinity College of Music.

Greenwich marítimo
2005-06-27 - United Kingdom - England - London - Greenwich
Greenwich marítimo
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísReino Unido Reino Unido
LocalizaciónCoordenadas: 51°28′45″N 0°00′00″L / 51.4791, -0.0000
TipoCultural
CriteriosI, II, IV, VI
Inscrición1997 (21ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador795

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bob Hope

Leslie Townes Hope, coñecido como Bob Hope, nado en Eltham (Inglaterra) o 29 de maio de 1903 e finado en Hollywood o 27 de xullo de 2003, foi un famoso artista británico-estadounidense que apareceu en teatro, radio e televisión, en películas de cine, e en actuacións para o exército dos Estados Unidos.

Coordenadas xeográficas

O Sistema de Coordenadas Xeográficas expresa todas as posicións sobre a Terra usando dúas das tres coordenadas dun sistema de coordenadas esféricas que está aliñado co eixo de rotación da Terra. Este define dous ángulos medidos desde o centro da Terra:

A latitude mide o ángulo entre calquera punto e o ecuador. As liñas de latitude chámanse paralelos e son círculos paralelos ao ecuador na superficie da Terra.

A lonxitude mide o ángulo ao longo do ecuador desde calquera punto da Terra. Acéptase que Greenwich en Londres é a lonxitude 0 na maioría das sociedades modernas. As liñas de lonxitude son círculos máximos que pasan polos polos e chámanse meridianos.O ecuador é un elemento importante deste sistema de coordenadas; representa o cero dos ángulos de latitude e o punto medio entre os polos. É o plano fundamental do sistema de coordenadas xeográficas.

Daniel Day-Lewis

Sir Daniel Michael Blake Day-Lewis, nado en Londres o 29 de abril de 1957, é un prestixioso actor británico nacionalizado irlandés. A pesar de ser recoñecido pola crítica internacional como un dos actores máis versátiles do seu tempo, non se prodiga demasiado na gran pantalla, escollendo con gran minuciosidade os seus papeis.

Edmond Halley

Edmond Halley, nado en Haggerston, Londres, o 8 de novembro de 1656 e finado en Greenwich o 14 de xaneiro de 1742, foi un matemático e astrónomo inglés que, polo seu estudo do Cometa Halley, revelou a natureza periódica dos cometas.

Filipe de Edimburgo

O príncipe Filipe, duque de Edimburgo, nado en Mon Repos (Corfú, Grecia) o 10 de xuño de 1921 co nome de Filipe de Grecia e Dinamarca, é un nobre británico de orixe grega, esposo da raíña Isabel II do Reino Unido. Ostenta ademais os títulos de conde de Merioneth, barón Greenwich, cabaleiro da Orde da Jarretera, cabaleiro da Orde do Cardo, chanceler da Orde do Imperio Británico e membro da Gran Loxa Unida de Inglaterra.

Glenn Close

Glenn Close, nada o 19 de marzo de 1947 en Greenwich, Connecticut, é unha actriz estadounidense de cinema, televisión e teatro.

Greenwich Village

Greenwich Village /AFI: ˌgɹenɪʧ 'vɪlɪʤ/ é unha área residencial do lado oeste de Manhattan, en Nova York. O barrio limita coa rúa Broadway polo leste, co río Hudson polo oeste, coa rúa Houston polo sur e pola rúa 14 polo norte.

Orixinalmente, o barrio era un núcleo á parte, Groenwijck en holandés, convertida en vila oficialmente en 1712. En 1822, unha epidemia de febre amarela en Nova York provocou que os residentes se mudaran a Greenwich Village en busca de mellor ar.

En Greenwich Village áchase a rúa Christopher e a pousada Stonewall, onde se levaron a cabo as revoltas de Stonewall en 1969, que deron inicio ao movemento de liberación gai. O nome "Village" pronto se volveu un termo xenérico empregado para denominar a calquera barrio de tendencia homosexual (por exemplo, The Village People).

"The Village," como é chamado usualmente, tamén inclúe o campus principal da Universidade de Nova York (NYU).

Hemisferio

Un hemisferio (do latín, e á súa vez do grego; hemi= medio e sphaira= esfera) é cada unha das metades en que un plano que pasa polo o seu centro divide unha esfera.

Na Terra considéranse os hemisferios a partir da Liña do Ecuador. Ao norte, o chamado hemisferio boreal ou hemisferio norte, e ao sur o chamado hemisferio austral ou hemisferio sur.

Tamén, a partir do Meridiano de Greenwich (lonxitude 0º), divídese á Terra nun hemisferio oriental e un hemisferio occidental.

Os mesmos conceptos aplícanse á esfera celeste.

Lonxitude (cartografía)

O termo lonxitude úsase en xeografía e cartografía para indicar, no globo terrestre, a distancia medida en graos de calquera punto da superficie terrestre ata ao Meridiano de Greenwich.

Meridiano de Greenwich

O meridiano de Greenwich é o semicírculo imaxinario que une os polos e pasa por Greenwich, máis precisamente polo antigo observatorio astronómico deste suburbio de Londres.

O meridiano de Greenwich serve de meridiano de orixe: é a partir do que se miden as lonxitudes, en graos, é dicir que corresponde á lonxitude cero, polo que tamén se chama meridiano cero e primeiro meridiano.

Adoptouse como referencia nunha conferencia internacional celebrada en 1884 en Washington, D.C. auspiciada polo presidente dos EE.UU., á que asistiron delegados de 25 países. En dita conferencia adoptáronse os seguintes acordos:

É desexable adoptar un único meridiano de referencia que substitúa os numerosos existentes.

O meridiano que atravesa o Observatorio de Greenwich será o meridiano inicial.

As lonxitudes ó redor do globo ó leste e oeste tomaranse ata os 180º desde o meridiano inicial.

Tódolos países adoptarán o día universal.

O día universal comeza á medianoite, hora solar, en Greenwich e terá unha duración de 24 horas.

Os días náuticos e astronómicos comezarán tamén á medianoite.

Promoveranse tódolos estudos técnicos para a regulación e difusión da aplicación do sistema métrico decimal á división do tempo e o espazo.A segunda resolución aprobouse coa oposición de San Domingo e a abstención de Francia e Brasil.

Un fuso horario esténdese sobre 15 graos de lonxitude (porque 360 graos corresponden a 24 horas e 360/24 = 15)).

A liña oposta ó meridiano de Greenwich, é dicir o semicírculo que o completa (para formar un círculo) corresponde á liña internacional de cambio de data, que atravesa o océano Pacífico. Por razóns prácticas, concretamente para non ter varios fusos horarios nalgúns arquipélagos, adaptouse esta liña á xeografía (xa que non é recta), ó igual que outras que limitan fusos horarios, polo que non coinciden cos meridianos.

Antigamente a maioría das mariñas de Europa continental usaban o meridiano da illa canaria de El Hierro. Así a todo, existiron moitas outras referencias.

Paralelo

Denomínase paralelo ao círculo formado pola intersección da esfera terrestre cun plano imaxinario perpendicular ao eixo de rotación da Terra.

Sobre os paralelos, e a partir do meridiano orixe (Greenwich), medimos a lonxitude (arco de circunferencia expresado en graos sexaxesimais); esta poderá ser leste ou oeste, en función do senso de medida da mesma.

Existen cinco paralelos que determinan unha posición concreta da órbita terrestre no seu desprazamento ao redor do Sol e que por iso reciben un nome particular:

Círculo Polar Ártico (66,5° N)

Trópico de Cáncer (23,27° N)

Ecuador (0° latitude)

Trópico de Capricornio (23,27° S)

Círculo Polar Antártico (66,5° S)A Terra fica dividida así en cinco zonas:

Unha zona tórrida comprendida entre os trópicos e que o ecuador divide en dous: norte e sur.

Dúas zonas temperadas comprendidas entre os trópicos e os círculos polares.

Dúas zonas glaciares comprendidas entre os círculos polares e as polares.A zona tórrida coincide coa máxima e mínima declinación do Sol, atinxindo grandes alturas e culminando no cénit (altura máxima no ceo) dúas veces ao ano. Os raios solares inciden case perpendicularmente nesta zona e é por iso que é a máis calorosa. Nas zonas temperadas os raios inciden máis oblicuamente e o Sol nunca culmina no cénit, por iso son menos calorosas que a anterior. Nas zonas glaciares os raios inciden moi oblicuamente, quentando moi pouco. Nestas zonas os días e as noites teñen unha duración maior a medida que aumenta a latitude. Nos polos as noites e os días teñen unha duración de seis meses.

Pasífae (lúa)

Pasífae (ou en grego Πασιφάη) é unha lúa de movemento retrogrado do planeta Xúpiter. Foi descuberta no ano 1908 por Philibert Jacques Melotte e recibiría máis tarde o nome mitolóxico de Pasífae, na mitoloxía grega, Pasífae era a muller de Minos e nai do Minotauro.

Foi vista por primeira vez nunha placa tomada no Royal Greenwich Observatory, na noite do 28 de febreiro de 1908. Na inspección de placas previas, sería detectada a lúa nunha placa tomada o 27 de xaneiro. Recibiu a designación provisional 1908 CJ, ó principio non estaba moi claro se era unha lúa de Xúpiter ou un asteroide. A confirmación de que era unha lúa de Xúpiter chegaría o 10 de abril. Pasífae non recibiría o seu nome oficial ata o ano 1975;, antes dese ano era simplemente coñecida coma Xúpiter VIII. Foi chamada ás veces "Poseidón" entre os anos 1955 a 1975.

Provincia de Formosa

A provincia de Formosa é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 527.895 habitantes (2010) e a súa capital é Formosa.

Situada na Rexión do Norte Grande Arxentino, limita polo oeste coa provincia de Salta, polo sur co Chaco e polo leste e polo norte con Paraguai.

Esténdese entre os paralelos 22° e 27° de latitude sur e os meridianos 57° e 63° de lonxitude oeste de Greenwich. É atravesada, na súa zona norte, polo trópico de Capricornio que a sitúa na rexión tropical do país. Ocupa gran parte do Chaco Central, coñecido até principios de século XX tamén co nome de "Llanos del Manso".

É a provincia arxentina máis pobre, a de menor desenvolvemento humano e a segunda de menor PRB per cápita do país, ao superar a veciña provincia do Chaco.

O 17 % da poboación provincial é indixente, mentres que o 42 % da poboación vive baixo o limiar de pobreza.

Segundo o INDEC, en 2010 a cidade de Formosa tivo o segundo índice de desemprego máis baixo do país cun 2,2 %.

Tempo Medio de Greenwich

O Tempo Medio de Greenwich ou GMT (Greenwich Mean Time) é o tempo solar medio no Observatorio Real de Greenwich, en Greenwich, preto de Londres, Inglaterra, que por convención está a 0 graos de lonxitude.

Durante moitos anos os reloxos máis precisos que existían eran o movemento da Terra ao redor do seu eixo e ao redor do Sol. A partir deles definíase todo o demais relacionado co tempo. Unha volta da Terra ao redor do Sol era un ano, unha volta da Terra sobre si mesma era un día, que se dividía en 24 horas, a hora en 60 minutos e o minuto en 60 segundos. En 1900 definiuse un segundo 1/86.400 dun día solar medio.

Isto era suficientemente preciso para as actividades cotiás, pero aos poucos foise observando que a Terra non era o mellor reloxo. As mareas fan diminuír o seu xiro con certa regularidade pero, ademais, hai outras influencias que fan que a duración dese xiro non sexa constante. As diferenzas non afectan a vida cotiá pero si poden afectar a precisión da navegación ou a posición dos satélites artificiais, por exemplo.

Tempo Universal Coordinado

O Tempo Universal Coordenado, ou UTC, tamén coñecido como tempo civil, é o fuso horario de referencia a partir do cal se calculan todas as outras zonas horarias do planeta Terra. É o sucesor do Tempo Medio de Greenwich (Greenwich Mean Time), abreviadamente GMT. Acuñouse esta nova denominación para eliminar a inclusión dunha localización específica nun patrón internacional, así como para basear a medida do tempo nos patróns atómicos, máis do que nos celestes.

Ao contrario do GMT, o UTC non se define polo Sol ou as estrelas, senón que se mide polos reloxios atómicos. Debido ao feito de que a rotación da Terra se atrasa relativamente ao tempo atómico, o UTC sincronízase co día e a noite de UT1, ao que se suma ou subtrae segundos de salto tanto a finais de xullo como de decembro, cando é necesario. A entrada en circulación dos segundos de salto é determinada polo Servizo Internacional de Rotación da Terra, con base nas súas medicións da rotación da Terra.

"UTC" é unha abreviatura particular: é unha variante do tempo universal, (universal time, abreviadamente UT) e o modificador C (por "coordenado"), foi incluído para enfatizar que é unha variante de UT.

Os tempos UTC de verdadeira alta precisión só se poden determinar unha vez coñecido o tempo atómico, que se establece mediante a reconciliación das diferenzas observadas entre un conxunto de reloxios atómicos mantidos por un determinado número de oficinas do tempo nacionais. Isto só é feito baixo coordenación da Oficina Internacional de pesos e medidas (Bureau international des poids et mesures - BIPM ). Non obstante, os reloxios atómicos son tan exactos que só os máis precisos computadores necesitan usar estas correccións; e a maioría dos utilizadores de servizos de tempo utilizan os reloxios atómicos que teñan sido previamente configurados como UTC, para estimar a hora UTC.

Debido aos segundos de salto, é imposible determinar que representación virá a ter unha data futura, pois o número de segundos de salto que se ten que incluír na data é aínda descoñecido.

UTC é o sistema de tempo utilizado por moitos standards da Internet e da World Wide Web. En particular, deseñouse o Network Time Protocol como unha forma de distribuír o tempo UTC na Internet. Algunhas emisoras internacionais de radio e televisión, como a BBC World Service, utilizan a UTC nas súas emisións, así como os radioafeccionados DX e na aviación.

Universidade de Nova York

A Universidade de Nova York (en inglés: New York University) (NYU) é unha universidade privada de investigación que se atopa en Nova York. Fundada en 1831, a NYU é unha das meirandes institucións sen ánimo de lucro de ensino superior nos Estados Unidos. As clasificacións de universidades recollidas por U.S. News and World Report, Times Higher Education e o Academic Ranking of World Universities sitúan áUniversidade de Nova York no top 34 das universidades de todo o mundo. A universidade está organizada en máis de 20 colexios e institutos, que se atopan en seis centros de Manhattan e Downtown Brooklyn. O campus principal está en Greenwich Village, en Lower Manhattan con institutos e centros no Upper East Side, edificios académicos en Wall Street, e o campus de Brooklyn en MetroTech Center do Downtown Brooklyn. A Universidade tamén estabeleceu a NYU Abu Dhabi, a NYU Shanghai e mantén outros 11 Centros Académicos Globais en Accra, Berlín, Buenos Aires, Florencia, Londres, Madrid, París, Praga, Sidney, Tel Aviv e Washington, D.C.

Xogos Olímpicos de 2012

Os Xogos Olímpicos de 2012, correspondentes aos Xogos da XXX Olimpíada, tiveron lugar en Londres entre o 27 de xullo e o 12 de agosto de 2012.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.