Granito

O granito é unha rocha ígnea holocristalina , composta esencialmente por seixo, micas e feldespato potásico, tendo como minerais accesorios frecuentes circón, apatita ou anfíbolos. O granito é unha rocha empregada coma pedra ornamental e na construción. A súa densidade é de 2700 kg/m³

Biotit-Granit (Plutonit)
Granito.

Características

A composición mineralóxica dos "granitos" é así definida por asociacións moi variables de seixo , feldespato, micas (biotita e/ou moscovita) e anfíbolos (principalmente hornblenda). Algúns deses constituíntes poden estar ausentes en determinadas asociacións mineralóxicas. Seixo, feldespatos, micas e anfíbolos son os minerais dominantes nos granitoides.

Macroscopicamente, o seixo é recoñecido como o mineral incoloro ou afumado, xeralmente translúcido, moi común nos granitos, podéndose tamén encontralo na cor azulada en rochas metamórficas coma no (ollo de sapo).

Os feldespatos (microclina, ortoclasio e plaxioclasios), son os principais balizadores do padrón cromático das rochas silicáticas, conferindo as coloracións avermellada, rosada e creme-acincentada nos granitos homoxéneos (isótropos) e orientados/movimentados (anisótropos).

A cor negra variablemente impregnada na matriz das rochas silicáticas é conferida polos minerais máficos (silicatos ferro-magnesianos), sobre todo anfíbolo (hornblenda) e mica (biotita).

Nos granitos máis leucocráticos ("claros"), polo tanto con menor cantidade de minerais ferro-magnesianos, o seixo e o feldespato compoñen normalmente entre o 85% e 95% da rocha.

A textura das rochas silicáticas é determinada pola granulometría e hábito dos cristais, sendo a estrutura definida pola distribución deses cristais. Composición, textura e estrutura representan así parámetros de moito interese para caracterización de granitos e a súa distinción dos mármores.

Na construción

Para o sector de rochas ornamentais e de revestimento, o termo granito designa un amplo conxunto de rochas ígneas, tales coma monzonitas, granodioritas, charnockitas, sienitas, dioritas, diabases/basaltos e os propios granitos.

Rosa-porrinho
Variedade Rosa Porriño.

En Galicia practicamente toda a construción pétrea está feita con granito, tamén chamado pedra de gra; ás veces combinado con muros de xisto. Denomínase cantaría cando o muro está formado por bloques regulares e ben labrados denominados perpiaños, típico na construción culta: igrexas, pazos etc. Ou nos cantos e linteis das construcións populares. Cando o muro se constrúe con pezas irregulares falamos de cachotaría. Os cachotes poden ir en seco ou cintados con cemento, barro etc.

Inicialmente pensábase que as Pirámides de Gizé estaban construídas con bloques de granito, pero isto desmentiuse polo estudo das mesmas , o que indicou que eran rochas sedimentarias carbonatadas. Os exipcios esculpían a rocha calcárea e facían bloques de medidas rectangulares que encaixaban perfectamente as unhas coas outras.

Véxase tamén

Outros artigos

A Fontaneira, Baleira

Santiago da Fontaneira é unha parroquia do concello de Baleira. Os seus 102 habitantes distribúense en 8 entidades de poboación: O Estornín (9), A Fontaneira (25), Pandelo (8), A Pasada (14), O Sesto (6), O Trabeiro (7), O Vilar dos Adrios (21) e Xestoso (12) no 2013.

Abadín, Abadín

Santa María de Abadín é unha parroquia do concello de Abadín na comarca da Terra Chá. Tiña 268 habitantes en 2015 (136 homes e 132 mulleres) segundo datos do IGE. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando vivían nas súas sete entidades de poboación 269 veciños (138 homes e 131 mulleres).

Aberdeen, Escocia

Aberdeen (Obar Dheathain en gaélico escocés, Aiberdeen en escocés) é unha cidade de Escocia, un dos principais portos do Reino Unido e a terceira cidade escocesa por poboación: 212.125 habitantes (2001). Polas súas canteiras de granito coñécese como a cidade do granito.

Adelán, Alfoz

Santiago de Adelán é unha parroquia do concello de Alfoz. Tiña 333 habitantes repartidos en 2004. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 255 habitantes, sendo 116 homes e 139 mulleres.

A superficie da parroquia é de 16,08 km². Limita coas parroquias do Castro de Ouro, Carballido, Mor e As Oiras, xunto cos concellos de Foz e Mondoñedo. Pertence ao arciprestado do Valadouro.

Cabaneiro, Abadín

San Bertomeu de Cabaneiro é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Tiña 50 habitantes en 2015 (20 homes e 30 mulleres) segundo datos do IGE. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando tiña 53 habitantes (21 homes e 32 mulleres), e 13 habitantes menos que en 2004.

Cuarzo

O cuarzo é un mineral da clase 4 (óxidos), segundo a clasificación de Strunz, composto de dióxido de silicio, tamén chamado sílice, SiO2. Ás veces, e incorrectamente, tamén é denominado seixo.Non é susceptíbel de exfoliación, porque cristaliza no sistema trigonal (romboédrico).

Incoloro en estado puro, pode adoptar numerosas tonalidades se leva impurezas (é alocromático).A súa dureza é tal que pode raiar os aceiros comúns.É moi abundante nas rochas graníticas. Preséntase en cristais, ás veces de tamaños considerábeis, hexagonais, coroados por unha pirámide trigonal. Estes cristais pódense encontrar o mesmo illados que maclados segundo tres importantes leis: Delfinado, Brasil e Xapón, ou en agrupacións formando drusas ou xeodas. Os cristais adoitan presentar inclusións doutros minerais, auga ou gases. Tamén aparece en grans irregulares ou compactos.

Quimicamente moi inerte, é resistente á meteorización química que provoca a intemperie, á vez que os seus grans son moi duros e difíciles de erosionar na súa superficie. Como consecuencia, o cuarzo dun granito permanece enteiro, mentres que os outros minerais (micas e feldespatos) convértense en arxilas ao disgregárense. As arxilas son esenciais nos procesos sedimentarios, mentres que os grans de cuarzo son os que forman a maior parte das areas.

Fanoi, Abadín

Santa María Madalena de Fanoi é unha parroquia do concello lugués de Abadín que limita coas parroquias de Labrada, Romaríz, Galgao, Quende, Fraiás, Cabaneiro e Abadín.

Pertence o arciprestado de Mondoñedo, ten 12 entidades de poboación, 12 lugares e 155 veciños, sendo a densidade media de 9,7 hab./km² no 2004. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 121 habitantes, sendo 61 homes e 60 mulleres.

Labrada, Abadín

San Pedro de Labrada é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo o IGE en 2004 tiña 297 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 211 habitantes, sendo 106 homes e 105 mulleres.

Laxe das Rodas

A Laxe das Rodas é unha estación de arte rupestre ao pé do Outeiro de Eiroa, preto do lugar de Taxes da parroquia de Louro, en Muros.

Os gravados están feitos nun penedo de granito que sobresae pouco do terreo e constan de nove figuras, que inclúen dúas espirais e sete círculos concéntricos con coviñas grandes ou cazoletas no centro. A figura principal consiste nunha espiral que xira á dereita e outra menor que xira á esquerda; ambas as dúas teñen un suco radial que. Rodéanas 65 coviñas.

Outro grupo consta de tres círculos concéntricos arredor dunha coviña e arrodeados por 40 cazoletas, con seis máis fóra. Desde a coviña central parte unha liña que sae fóra do círculo exterior.

A Laxe das Rodas tense interpretado como almanaque laboral (as dúas espirais principais), mesa de ofrendas para propiciar as boas colleitas, conxunto de signos solares, a morte ou a fecundidade acuática e lunar.

Moncelos, Abadín

Santiago de Moncelos é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo o IGE en 2014 tiña 185 habitantes (87 homes e 98 mulleres), 61 menos ca en 2004.

Montes de Buio

Os montes de Buio son unha prolongación en dirección nordeste da serra do Xistral. Están situados nos concellos de Viveiro e Xove. Teñen forma arredondada e están conformados por granito de dúas micas con algúns xistos.

Nova Hampshire

Nova Hampshire é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizada a oeste de Vermont, norte de Massachusetts, sur de Quebec, e a oeste de Maine e do océano Atlántico. Foi unha das Trece Colonias que se revolveron ao control inglés, Nova Hampshire foi o primeiro estado americano en declarar a súa independencia.

O PIB do estado en 1999 foi de 44.000 millóns US$ (39º no país), cunha renda per cápita de 33.333 US$ (6º no país), baseada na agricultura, turismo e na industria de maquinaría, equipamento eléctrico e equipamentos de borracha e plástico.

É coñecido como The Granite State, alcume debido ás formacións de granito común no estado, aínda que a minería deste produto declinou bastante nas últimas décadas.

Pedra

O termo pedra (do grego πέτρα, "pedra") emprégase na linguaxe común e tamén na cantería, arquitectura e enxeñaría para facer referencia a calquera material de orixe natural caracterizado por unha elevada consistencia.

Como materia prima, a pedra extráese xeralmente de canteiras, explotacións mineiras a ceo aberto, que derivaría en topónimos como Pedreira, Pedreiras, A Pedreira, As Pedreiras, Canteira, A Canteira ou A Canteirada.

O mesmo material pode recibir distinto nome se se considera rocha ou se se considera pedra. Así, por exemplo, en España os canteiros chamaron tradicionalmente pedra berroqueña ó que os xeólogos chaman granito.[Cómpre referencia]

Quende, Abadín

Santiago de Quende é unha parroquia do concello de Abadín. Tiña 187 habitantes en 2015 (91 homes e 96 mulleres) segundo datos do IGE. Iso supón unha diminución da poboación respecto a 2014 cando tiña 195 habitantes (95 homes e 100 mulleres), e 53 menos que en 2004.

Serra da Faladoira

A serra da Faladoira é unha serra galega pertencente á chamada dorsal galega. Esténdese entre os concellos de Mañón e Ortigueira e pecha ao norte na depresión das Pontes. Está conformada por lousas negras xuntos con gneis "ollos de sapo", xistos cristalinos e areíscas das cales sobresaen cristas de granito e cuarcitas.

Conserva algunhas carballeiras mais sobre todo está ocupada por plantacións de eucalipto.

O punto de maior altitude é o monte Caxado, con 756 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Loba

A serra da Loba é unha serra galega localizada dentro da cordilleira dorsal galega. Fai fronteira entre as provincias de Lugo e da Coruña, a partir da depresión das Pontes de García Rodríguez até os nacentes dos ríos Mandeo e Labrada, que ao tempo a separan da cordal de Montouto.

Está conformada por rocha granítica de dúas micas, gneis "ollo de sapo", xistos migmáticos e granito intrusivo.

O punto de maior altitude é a pena Verde, con 709 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Pena

A serra da Pena é unha das serras do sur de Galiza, localizada no extremo meridional do concello de Calvos de Randín. Ten unha grande área de migmatitas e algúns gneis "ollo de sapo", unha intrusión de granito de dúas micas e diques de aplita e pegmatita.

Na vexetación destacan os bosques de cerquiños así como os bidueiros, salgueiros, acivros, castiñeiros ou escambróns. Forma parte do espazo declarado Zona de Especial Protección dos Valores Naturais "Baixa Limia-Serra do Xurés".

O punto de maior altitude é o Alto do Candal, con 1.424 metros sobre o nivel do mar.

Serra da Queixa

A serra da Queixa é unha serra localizada na parte central do macizo central ourensán. Nela atópanse os puntos máis altos deste: monte de Cabeza de Manzaneda con 1782 m, Cabeza Pequena de Manzaneda con 1777 m e mais Os Toleiros con 1734 m. Está conformada na parte occidental por pelitas e areíscas, e na oriental por granito de dúas micas.

Serra do Larouco

A serra do Larouco é unha das serras do sur de Galiza. Ten orientación NE-SO e fai de límite entre A Limia e Portugal. Prolóngase cara ao norte até tocar a serra de San Mamede, entre as depresións da Limia e Monterrei.

É unha serra de cumios suaves que van gañando altura cara ao sur. Está formada principalmente por granito e por algunhas rochas metamórficas. Boa parte está cuberta de mato e piñeiro de repoboación. Consérvanse zonas de bosque de cerquiño, e destaca o bosque da Rousía, en Baltar.

O punto máximo de altitude é o Coto Farelo, con 1398 metros sobre o nivel do mar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.