Granada, Caribe

Granada (en inglés Grenada) é un país insular no mar Caribe que inclúe ás Granadinas do sur. É o segundo país independente máis pequeno do hemisferio occidental (logo de Saint Kitts e Nevis). Atópase na zona sueste do mar Caribe, ao norte de Trinidad e Tobago, ao Nordeste de Venezuela e ao sur de San Vicente e as Granadinas.

Coordenadas: 12°07′N 61°40′O / 12.117, -61.667

Granada
Grenada
Bandeira de Granada
Escudo de Granada
BandeiraEscudo
Grenada on the globe (Americas centered)
Lema: Ever conscious of God we aspire, build and advance as one people
(Galego: «Sempre conscientes de Deus, aspiramos a construír e a progresar como pobo unido»)
Himno: Hail Grenada
Capital
 • Poboación
Saint George's
4.315 (2006) area urbana 33.734 (2012)
Cidade máis poboadaSaint George's
Linguas oficiaisInglés
Forma de gobernoMonarquía parlamentaria
Raíña Isabel II
Cécile La Grenade
Keith Mitchell
Independencia do Reino Unido7 de febreiro de 1974
SuperficiePosto 210º
 • Total348´5 km²
 • % auga1,6
Fronteiras0 km
Costas121 km
PoboaciónPosto 181º
 • Total (2016 est.)107.317 hab.
 • Densidade318´58 hab./km²
PIB (nominal)
 • Totaln/d
 • per cápitan/d
PIB (PPA)Posto 176º
 • Total (2005)883 millóns US$
 • per cápita8 608 US$
MoedaDólar Caribe-Leste (EC$, XCD)
IDH (2003)0,787 (66º) – medio
XentilicioGranadino, -a
Fuso horarioUTC-4
 • Horario de veránNon aplica
Dominio de Internet.gd
Prefixo telefónico+1-473
Prefixo radiofónicoJ3A-J3Z
Código ISO308 / GRD / GD
Membro de: ONU, Commonwealth, OEA, CARICOM, OECS

Historia

A historia rexistrada de Granada comeza en 1498, cando Cristovo Colón divisou por vez primeira a illa. Tras un intento errado dos ingleses para establecerse na illa, os franceses compraron a illa aos indios caribes no ano 1650. A illa foi cedida de novo a Gran Bretaña en 1783. Granada converteuse nunha Colonia da Coroa en 1877.

Granada conseguiu a independencia en 1974 e, en 1979, tras un período de grande inestabilidade política, o carismático e popular líder de esquerdas Maurice Bishop fíxose co poder. O socialismo de Bishop e a súa cooperación coa Cuba comunista non foi ben recibido polas nacións conservadoras da zona, como Barbados, Dominica e os Estados Unidos. Unha disputa co á comunista, leal a Bernard Coard, do partido que estaba no poder, New Jewel, levou a un golpe de estado e a execución de Bishop o 19 de outubro de 1983.

Seis días máis tarde, a illa foi invadida polas forzas militares dos Estados Unidos e doutras seis nacións do Caribe dentro dunha campaña militar chamada Operación Furia Urxente. As tropas capturaron rapidamente aos líderes da revolución e aos seus conselleiros cubanos, moitos dos cales estaban traballando na construción dun grande aeroporto para a illa que foi completado polos Estados Unidos algúns anos máis tarde. Ao ano seguinte celebráronse eleccións. Unha das preocupacións tácticas coñecidas dos Estados Unidos era a recuperación con vida dos estadounidenses matriculados na Universidade de St. George's.

En setembro de 2004, a illa foi arrasada polo Furacán Iván. O furacán, de categoría 3, danou ou destruíu o 90 % das vivendas.

Goberno e Política

StGeorgesGrenada2000
Saint George no ano 2000

Ao ser unha nación da Commonwealth, a monarca británica é formalmente a Xefa de Estado. Está representada por un Gobernador Xeral, aínda que o poder executivo real recae sobre o líder do goberno, o Primeiro Ministro. Aínda que o primeiro ministro é nomeado polo Gobernador xeral, este adoita ser o líder do partido con máis representación no parlamento.

O parlamento consiste nun senado (con 13 membros) e unha Cámara de Representantes (con 15 membros). Os senadores son nomeados polo goberno e a oposición, mentres que os representantes son elixidos polo pobo cada cinco anos. Nas eleccións do 19 de febreiro de 2013 Keith Claudius Mitchell levou ao New National Party á vitoria (gañou todos os escanos cun 58,7% dos votos) e converteuse no noveno primeiro ministro do país. O partido principal da oposición é o National Democratic Congress o cal obtivo o 40,8% dos votos pero ningún escano.

Organización político-administrativa

Politicamente, Granada está dividida en seis zonas chamadas parroquias. Estas son:

Carriacou e Pequena Martinica, dúas das Granadinas que teñen o status de dependencia con Granada, forman a sétima división administrativa de Granada.

Xeografía

Grenada-CIA WFB Map
Mapa de Granada

A illa chamada propiamente Granada é a máis grande do país. As pequenas Granadinas son Carriacou, Pequena Martinica, Ronde, Illa Caille, Illa Diamante, Large Island, Saline Island e Frigate island. A gran parte da poboación vive na propia Granada, cuxas cidades máis grandes son a capital Saint George's, Grenville e Gouyave. O asentamento máis grande nas outras illas é Hillsborough na illa de Carriacou.

As illas son dunha orixe volcánico, sendo o terreo interior das illas lixeiramente montañoso, con algúns pequenos ríos que flúen cara ao mar. O clima é tropical: caloroso e húmido. Granada vese afectada ocasionalmente por furacáns. A tormenta máis recente foi o Furacán Iván en setembro de 2004.

Economía

Artigo principal: Economía de Granada.

Demografía

Grenada demography
Evolución Demográfica de Granada entre 1961 e 2003 Poboación en millóns de habitantes.

Aproximadamente o 80% da poboación son descendentes dos escravos africanos traídos polos europeos; son poucos os indíxenas caribes e arauacos que quedan na illa.

O idioma oficial, o inglés, é falado por toda a poboación, aínda que algúns aínda falan francés patois. Case todos os granadinos son cristiáns, dos cales aproximadamente a metade deles católicos. O anglicanismo é a relixión protestante principal.

Cultura

A influencia francesa na cultura granadina é moito menor que noutras illas do Caribe. A cultura de Granada está fortemente influenciada polas raíces africanas da maioría dos granadinos.

.gd

.gd é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Granada.

Aeroporto Maurice Bishop

O aeroporto internacional Maurice Bishop (IATA: GND, OACI: TGPY), anteriormente coñecido como aeroporto de Point Salines, é un aeroporto que serve a Saint George's, a capital da illa estado de Granada. Está situado a 8 quilómetros ao sur da cidade, en Point Salines, a parte máis ao suroeste da illa.

Aeroporto de Frankfurt

O Aeroporto de Frankfurt (alemá: Flughafen Frankfurt am Main) (IATA: FRA, ICAO: EDDF), construído no ano 1936, está situado a 12 km do centro da cidade e conta con catro pistas. Está xestionado pola compañía de transportesFraport.

É, por tráfico de pasaxeiros, o principal aeroporto de Alemaña, o terceiro de Europa (despois do Aeroporto de Heathrow en Londres e do Aeroporto Charles de Gaulle de París), e o noveno a nivel mundial. Por tráfico de mercadorías é o segundo aeroporto a nivel europeo.

Ten o maior número de voos directos a mundo de todos os aeroportos europeos, 275 a 111 países. En 2010 viaxaron polo aeroporto 53,0 millóns de pasaxeiros.

Está prevista a construción da que sería a súa terceira terminal de pasaxeiros, a partir do 2013 e que entrará en servizo no 2020, para incrementar a súa capacitade ata os 90 millóns de pasaxeiros.

Ao aeroporto pódese chegar por estrada, e conta con dúas estacións de tren, unha rexional e outra para tráfico de longa distancia. Deste xeito, o aeroporto conecta de xeito intermodal a unha grande rexión, pois está por vía terrestre a menos de dúas horas de Colonia, da área do río Ruhr e de Stuttgart.

Aeroporto de Londres-Gatwick

O Aeroporto de Londres–Gatwick (IATA: LGW, OACI: EGKK) é un aeroporto internacional situado a 5 km do centro de Crawley, no condado de West Sussex, e a 47,5 km do centro de Londres. Trátase do segundo aeroporto máis grande de Londres e o segundo máis ocupado (por tráfico aéreo) do Reino Unido (logo de Heathrow). Gatwick é o principal aeroporto europeo para os voos de punto-a-punto e ten a pista dun só uso máis activa do mundo, cun máximo de 55 movementos de aeronaves por hora. As súas dúas terminais (Norte e Sur) ocupan unha superficie de 98 000 m² e 16 000 m² respectivamente. En 2013, 35,4 millóns de pasaxeiros pasaron polo aeroporto.

Bandeira de Granada

A bandeira de Granada foi adoptada o 7 de febreiro de 1974. A bandeira consiste nun rectángulo dividido diagonalmente en triángulos amarelos arriba e abaixo e verdes ós lados, cun bordo vermello arredor da bandeira. Ten sete estrelas amarelas de cinco puntas, tres centradas no bordo superior, outras tres centradas no bordo inferior e unha máis nun círculo vermello superposto no centro da bandeira. Por último, unha vaina de noz moscada, colocada de forma simbólica, está situada no triángulo da esquerda (Granada é o segundo país en produción de noz moscada, tras Indonesia). As sete estrelas representan as súas sete divisións administrativas, sendo a do centro a que representa a capital.

Carriacou

A Illa de Carriacou é unha illa dependente de Granada situada no sueste do mar Caribe. Os asentamentos máis grandes da illa son Hillsborough, L'Esterre, Argyle, Dumfries, Grand Bay, Meldrum e L'Appelle. Está separada de San Vicente e as Granadinas no norte pola Canle de Martinica. É unha das Illas de Barlovento. A súa superficie é de 34 km².

Economía de Granada

O progreso económico de Granada, debido ás reformas fiscais e unha macroeconomía prudente disparou o crecemento anual do país ao 5%-6% en 1998-99. O incremento da actividade económica estivo liderado pola construción e o comercio. As instalacións turísticas aumentáronse, debido a que o turismo é a principal entrada de capital estranxeiro no país. Os asuntos económicos máis importantes que preocupan ao goberno é o crecente déficit fiscal e a deterioración do balance externo . Granada comparte un banco central e unha divisa común cos outros sete membros da Organización de Estados do Caribe Oriental (OECS).

Granada é coñecida como unha "illa das especias" e é unha fonte natural de noz moscada, macis, cravo, xenxibre e canela. O material enrejado vermello da foto é a macis. Atópase entre a froita da noz moscada e a propia noz (a casca exterior).

Os furacáns Ivan (2004) e Emily (2005) damnificaron severamente o seu sector agrícola, especialmente o cultivo de cacao, que foi durante anos un dos principais motores do crecemento da economía do país. Logo da devastación dos furacáns, o país confronta un enorme déficit público ampliado durante o proceso de reconstrución, que chega hoxe a 110% do PIB.

Keith Mitchell

Keith Claudius Mitchell, nado o 12 de novembro de 1946, é un político granadino. Líder do Partido Nacional Novo, foi elixido Primeiro Ministro en 1994.

Lingua de sinais americana

A lingua de sinais americana (en inglés: American Sign Language) é unha lingua de sinais pertencente ao grupo da comunidade xorda, da familia das linguas de sinais. Existe un gran número de dialectos de sinais. A ASL é utilizada en Estados Unidos (2 000 000).

Noz moscada

A noz moscada é o froito dun xénero de árbores perennifolios da familia das Myristicaceae, especialmente do xénero Myristica, procedente das Illas das Especias (na actualidade as Illas Molucas en Indonesia).

A noz é, en realidade, a semente da árbore, de forma lixeiramente ovoide, entre 20–30 mm de longo e 15-18 de ancho. Esta semente está cuberta por unha especie de cortiza seca tramada de cor avermellada denominada macis. Tamén se comercializan outros produtos derivados destas árbores, como os aceites esenciais extraídos das oleoresinas e a manteiga de noz.

O froito comercializado máis importante é a noz moscada da mirística, tamén chamada árbore da noz moscada, Myristica fragans, oriúnda das Illas Banda en Indonesia; tamén se cultiva no Caribe, en especial en Granada. Outras especies son a noz moscada papú Myristica argentea, de Nova Guinea e a noz Bombai Myristica malabarica, da India. Ambas se usan como sucedáneos dos produtos de M. fragans.

Parroquia civil

A parroquia é unha división administrativa ou censual que existe en numerosos países e que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas. As parroquias de Galicia están recoñecidas como entidades colectivas de poboación inferiores ao concello.

Dependendo do país (especialmente do seu tamaño) varía a relevancia administrativa:

Andorra: son as subdivisións principais do Estado, ver Andorra#Organización político-administrativa.

Antiga e Barbuda: son as subdivisións principais do Estado, ver Antiga e Barbuda#Organización político-administrativa.

Australia (parish): son divisións catastrais en Queensland, Nova Gales do Sur, Vitoria e Tasmania, ver divisións catastrais de Australia.

Barbados: son as subdivisións principais do Estado, ver Barbados#Organización político-administrativa.

Canadá (parish):

Novo Brunswick (parish): son divisións censuais, ver Parroquias de Novo Brunswick.

Quebec (municipalité de paroisse): son concellos rurais, ver Municipios Quebec#Rexións administrativas.

Dominica: son as subdivisións principais do Estado, ver Dominica#Organización político-administrativa.

España:

Asturias: unha forma tradicional de organización administrativa, relixiosa e agraria dos concellos, ver Asturias#Organización territorial.

Galicia: entidade local inferior ao concello, ver Parroquias de Galicia.

Ecuador: subdivisión dos concellos, ver Ecuador#Subdivisións.

Estonia (vallad): son os concellos rurais, ver Estonia#Divisións administrativas e Condados de Estonia

Estados Unidos (parish):

Luisiana: equivalente ao condado dos outros estados, ver Luisiana#Subdivisións

Irlanda (parish): son subdivisións dos condados que só se usan en contadas ocasións (como venda de terras), ver Irlanda#Divisións administrativas e Condados de Irlanda.

Granada: son as subdivisións principais do Estado, ver Granada, Caribe#Organización político-administrativa.

Portugal (freguesias): son subdivisións dos concellos, ver Freguesía.

Reino Unido

Escocia: son divisións censuais sen ningún tipo de entidade nin comunitaria nin política. Véxase tamén Escocia#Divisións administrativas e Subdivisións de Escocia.

Inglaterra (parish): son unidades de goberno local inferiores, ver Inglaterra#Subdivisións e Gobernos locais e Condados de Inglaterra.

Saint Kitts e Nevis: son as subdivisións principais do Estado, ver Saint Kitts e Nevis#Subdivisións.

San Vicente e as Granadinas: son as subdivisións principais do Estado, ver subdivisións de San Vicente e as Granadinas.

Suecia (socken): son as subdivisións dos concellos, ver Suecia#Subdivisións administrativas e Condados de Suecia.

Venezuela: subdivisións dos concellos, ver Venezuela#Entidades Federais de Venezuela.

Xamaica: son as subdivisións administrativas principais do Estado, ver Subdivisións de Xamaica.

Pequena Martinica

Pequena Martinica (tamén coñecida como Petite Martinique ou Little Martinique) é unha illa situada no Caribe Oriental que forma parte do arquipélago das Granadinas e que administrativamente é parte da Mancomunidade de Granada.

É unha illa de orixe volcánico cun diámetro de 1,8 km e unha superficie estimada en 2´4 km²; o seu punto máis alto é o Pico Piton que se eleva ata os 230 m. O seu número de habitantes está calculado nunhas 900 persoas cunha densidade de 375 hab/km², que viven principalmente de actividades como a pesca e a reparación de botes.

Primeiro ministro de Granada

O primeiro ministro de Granada é o xefe de goberno de Granada. Este é o líder do partido que tiver a maioría dos votos nas eleccións lexislativas do país. Esta é a lista dos ministros-xefes de Granada entre 1954 e 1967, e dos primeiros ministros do país despois 1967.

Ronde

A illa Ronde (en inglés: Ronde Island) é unha pequena illa do sueste do Mar Caribe que xeograficamente pertence ás Pequenas Antillas e ao arquipélago das Granadinas e administrativamente ao Commonwealth ou Mancomunidade de Granada. Atópase ao sur da Illa de Carriacou e ao norte da illa principal chamada tamén Granada.

Está practicamente deshabitada e posúe aproximadamente uns 8,1 km² de superficie; considérase unha das "illas privadas" do Caribe.

Preto das súas costas atópase un volcán submarino.

Saint Andrew, Granada

Saint Andrew ou Saint Andrew Parish, é a parroquia máis grande de Granada. A cidade principal é Grenville que é tamén a segunda cidade en importancia no país despoís de Saint George's.

Saint George's

Saint George's é a capital do pequeno estado insular de Granada, no Mar Caribe. A súa poboación era de 4.318 habitantes en 2006, que contando con os do conxunto da aglomeración urbana alcanza máis de 33.000 habitantes.

Saint George, Granada

Saint George, é unha das parroquias de Granada. A cidade principal e capital do país, Saint George's, sitúase nesta parroquia.

A illa Glover é parte da parroquia de Saint George.

Países
Territorios dependentes
Países
Territorios dependentes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.