Gran Muralla Chinesa

Coordenadas: 40°20′37.079″N 116°00′5.8860″L / 40.34363306, -116.001635000

A Gran Muralla
GreatWall6
A Muralla da China
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísFlag of the People's Republic of China.svg China
Localización40°21'16"N 116°00'23"E
TipoCultural
CriteriosI, II, III, IV, VI
Inscrición1987 (11ª sesión)
Rexión da UNESCOAsia e o Pacífico
Identificador438
Map of the Great Wall of China
Lonxitude da Muralla Chinesa dende o espazo
Gran muralla badalig agosto 2004JPG
Vista xeral da Gran Muralla no tramo de Badaling.

A Gran Muralla Chinesa (chinés tradicional: 長城, chinés simplificado: 长城, pinyin: Cháng Chéng, "Longa fortaleza") é unha serie de fortificacións, construídas desde o século V a.C., de pedra, ladrillo, terra apisoada, madeira, e outros materiais, en xeral, ao longo dunha liña de leste a oeste a través das fronteiras históricas do norte da China para protexer aos estados chineses e o imperio da China dos ataques dos bárbaros de Mongolia e Manchuria. O principal propósito do muro non era impedir que fora atravesado, senón máis ben impedir que trouxeran cabalos con eles.

A Gran Muralla está formada por unha serie de murallas construídas e reconstruídas por diferentes dinastías durante máis de 1.000 anos.

Contando as súas ramificacións e construcións secundarias, calcúlase que ten 21 196 quilómetros de longo[1], desde a fronteira con Corea, ao bordo do río Yalu (Yalu Jiang), ata o deserto de Gobi, abarcando sete provincias, ao longo dun arco que delinea aproximadamente o bordo sur da Mongolia Interior, aínda que hoxe en día só se conserva un 30% dela.[2] De media, mide de 6 a 7 metros de alto e de 4 a 5 metros de ancho. No seu apoxeo, durante a dinastía Ming, foi custodiada por máis dun millón de guerreiros.[3]

A muralla foi designada Patrimonio da Humanidade pola Unesco no ano 1987[4]. Gran parte da Gran Muralla ten fama de ser o maior cemiterio do mundo. Aproximadamente 10 millóns de traballadores morreron durante a súa construción.[5] Non os enterraron no muro en si, senón nas súas proximidades.

O día 7 de xullo de 2007 deuse a coñecer que a muralla chinesa foi elixida como unha das gañadoras na lista das Novas Sete Marabillas do Mundo Moderno.

A Gran Muralla está irmandada coa muralla romana de Lugo, tamén designada Patrimonio da Humanidade.

Historia

A muralla construíuse durante o reinado do Primeiro Emperador da dinastía Qin, de curta duración. Non se construíu toda dunha vez, senón que é a unión de varios muros construídos durante un período de aproximadamente mil anos. A súa forma actual acabouse durante a dinastía Ming.

Períodos de construción

Tradicionalmente, divídese a historia da construción da Gran Muralla en cinco partes:

Período anterior á unificación da Dinastía Qin

Artigos principais: Período das Primaveras e Outonos e Período dos Reinos Combatentes (China).

No século VIII a.C., no comezo do período coñecido como Período das Primaveras e Outonos, China segue un sistema feudal: o territorio divídese en centos de feudos ou estados dirixidos por príncipes, en teoría, todos reunidos baixo os reis da dinastía Zhou.

Pero co tempo, estes feudos foron anexados polos príncipes formando grandes principados no século VI a.C.; algúns deles foron o Estado de Chu e Wu, China foi rápidamente fragmentada en varios reinos independentes: é o comezo do período dos Reinos Combatentes.

Naquel tempo, varios estados comprométense á construción de muros para protexerse dos seus veciños e de pobos estranxeiros. Así, ao redor do século V a.C., o estado de Qi inicia a construción dun muro, algunhas das súas partes mantéñense aínda en pé. A mediados do século IV a.C., o estado de Wei comezou a construción dun muro na súa fronteira occidental, preto de Qi, e un segundo muro na súa fronteira oriental . Isto foi imitado polos estados de Yan e Zhao.

Comunmente, a técnica utilizada para realizar as paredes foi de capas de terra duns poucos centímetros que se amontoan unha encima doutra. As xuntas de madeira extraense, deixando unha parede de terra. Este método podería desenvolver rápidamente sólidos muros que poderian resistir séculos en pé.

Período da Dinastía Qin

GreatWallofQinDynasty
Trazado tentativo de muralla que se mostra en vermello no período da Dinastía Qin
Artigo principal: Dinastía Qin.

No ano 221 a.C., Qin Shi Huang conquistou todos os estados que se lle opoñían e unificou China establecendo a dinastía Qin. A intención de impoñer un poder central e evitar o rexurdimento dos señores feudais, ordenou a destrución das murallas que dividían o seu imperio ao longo da antiga fronteira. Logo dos ataques das tribos Xiongnu ao norte, enviou ao xeneral Meng Tian, para asegurarse da derrota dos Xiongnu e, a continuación, emprender a construción dun muro máis aló do Río Amarelo para protexer mellor aos novos territorios conquistados conectando o resto de fortificacións ao longo da nova fronteira norte. O transporte dunha gran cantidade de materiais necesarios para a construción foi difícil, xa que logo, os construtores utilizaron os recursos locais como as pedras nas construcións de montaña e a terra apisoada para a construción na chaira.

Non hai rexistros históricos que indiquen a lonxitude exacta e o trazado de muralla na dinastía Qin, pero a pesar do debate entre os historiadores e a ausencia de acontecementos históricos, a Gran Muralla construída pola dinastía Qin permanece na imaxinación popular chinesa como unha colosal obra co alcumo de "muro de dez mil li" (5.760 km no valor de li da dinastía Qin).

Período da Dinastía Han

GreatWallChina2
Trazado da Gran Muralla no período da Dinastía Han
Véxase tamén: Dinastía Han.

No 210 a. C., o emperador Qin Shi Huang morreu e a dinastía Qin que fundou sobreviviu uns poucos anos. No 202 a. C., Liu Bang, un ex soldado de orixe campesiña que foi mestre da China proclamouse emperador co nome Han Gaozu. Debilitada pola súa anterior guerra de sucesión contra o xeneral Xiang Liang, Gaozu abandona o mantemento da Muralla da era Qin, e cando os Xiongnu, agora unidos nunha confederación estaban ameazando a través da fronteira, Gaozu, en lugar de adoptar unha ofensiva utilizando as paredes do mesmo xeito que Qin Shi Huang, trata de conseguir a paz con homenaxes e unha "harmoniosa unión" ou heqin, é dicir, a subministración chinesa de princesas para os xefes Xiongnu. Durante varias décadas, os seus sucesores farán o mesmo. Con todo, a Gran Muralla non está completamente abandonada: baixo o dominio do emperador Han Wudi recoméndaselle o establecemento de fronteiras tuntian (tipos de asentamentos militares agrarios) protexidos por pequenos muros para colonizar a rexión e impedir as incursións Xiongnu.

No 134 a. C. o statu quo entre os chineses e os Xiongnu foi roto e a diferenza dos seus antepasados, Han Wudi decidiu tomar unha ofensiva contra a confederación Xiongnu e iniciou no 129 a. C. unha primeira ofensiva, seguida de moitas outras. Wudi restaurou e conectou porcións da Muralla da dinastía Qin e logo estendeuna a través do que se convertería na ruta da seda. No 119 a. C., os Xiongnu son expulsados a través do deserto de Gobi na Mongolia interior, e unha nova sección do muro, de 400 km de longo foi construída e consérvase hoxe en día.

No ano 9 d. C., a dinastía Han vese ensombrecida pola efémera dinastía Xin, antes de ser restaurada o 23 d. C. polo emperador Geng Shi di que debe facer fronte ás guerras civís e cando o emperador Guang Wudi ascendeu ao trono dous anos despois, o seu exército é demasiado débil para conter eficazmente os Xiongnu. Ordenou a construción de catro novos muros para frear o seu avance e protexer á capital. Para rematar, ao redor do 48, os Xiongnu experimentaron loitas internas e divídense en dous grupos: Xiongnu do Norte e Xiongnu do Sur. Os Xiongnu do sur serven de amortiguación entre os seus homólogos no norte e a China estaba disposta a coexistir con eles. Ao final da dinastía Han, China dividiuse en tres reinos separados por fronteiras, facendo da construción e o mantemento das grandes paredes irrelevante.

Período de baixa actividade

Desde o período dos Tres Reinos (220) ata fins da Dinastía Yuan (1300) a muralla non experimentou grandes cambios e extensións máis aló da reconstrución de sectores desgastados. Destacan pequenos períodos de construción do século V ao VII e dos séculos XI ao XIII.

Período da Dinastía Ming

Artigo principal: Dinastía Ming.
GreatWallChina4
Mapa da Dinastía Ming e a súa muralla.

A Gran Muralla como concepto reavivouse de novo durante a dinastía Ming logo da derrota do exército por parte dos oirates na Batalla de Tumu en 1449. Os Ming non tiveron unha clara vitoria e adoptaron unha nova estratexia para manter as tribos nómades afastadas da capital mediante a construción de muros ao longo da fronteira norte da China.

A diferenza das anteriores fortificacións, a construción da dinastía Ming foi máis forte e máis elaborada debido á utilización de ladrillos e pedra en lugar de terra apisoada. Como consecuencia das incursiones mongolas a través dos anos, dedicáronse considerables recursos a reparar e reforzar as paredes. As seccións Ming preto da capital Pequín son especialmente fortes e resistentes. A gran muralla da dinastía Ming iníciase no extremo leste, no paso de Shanhai (山海关 shān hǎi guān), Qinhuangdao, en Hebei, provincia próxima ao golfo de Bohai. Atravesa nove provincias, 100 condados, para terminar no extremo oeste no paso de Jiayu (嘉峪关 jiā yù guān), na provincia Gansu, ao noroeste. O paso de Jiayu era a porta para a ruta da seda. A pesar de que a muralla finaliza no paso Jiayu, a partir de alí seguen torres de vixilancia (烽火台 fēng huǒ tái) por toda a ruta da seda. Estas torres comunicábanse entre elas con sinais de fume para informar de posíbeis invasións.

Cara ao final da dinastía Ming, a Gran Muralla defendía o imperio en contra da invasión manchú que comezou ao redor do 1600. Baixo o mando militar de Yuan Chonghuan, o exército Ming bloqueou o avance manchú no fortemente fortificado paso Shanhaiguan, impedindo que entrasen no corazón chinés. Os manchús finalmente foron capaces de cruzar a Gran Muralla en 1644 (a lenda di que as tropas tardaron tres días en pasar), cando forón abertas as portas, en Shanhaiguan, tras convencer o xeneral Wu Sangui para que lles deixase atravesar o paso, este xeneral estaba en contra das actividades dos gobernantes da dinastía Shun, que sucedeu durante un breve período á dinastía Ming. Os manchús rápidamente ocuparon Pequín e derrotaron á recentemente fundada Dinastía Shun e o resto da resistencia, para establecer a dinastía Qing.

Cos Qing como gobernantes, Mongolia anexionouse ao imperio, de modo que a construción da Gran Muralla e as reparacións da mesma interrompéronse, debido a que deixaron de ter utilidade estratéxica.

Durante a súa construción os obreiros estaban a mercede de bandas de asaltantes e moitos morreron nesa construción, de maneira que a muralla é denominada ás veces como o cemiterio máis longo do mundo.

Primeiras noticias en occidente sobre a Muralla

O viaxeiro e explorador do norte de África Ibn Battuta, que foi a Guangzhou ao rededor de 1346, informouse entre os musulmáns locais sobre a muralla que, segundo o Corán, a construíra Dhul-Qarnayn para conter a Gog e Magog. Ibn Battuta explicaba que a muralla estaba a "sesenta días de viaxe" da cidade de Zeitun (Quanzhou);;[6] se ben Alexander Hamilton Rosskeen Gibb sinalou que Ibn Battuta confundiu a Gran Muralla Chinesa coa construída por Dhul-Qarnayn.[7] Pero en todo caso, ningún dos interlocutores de Ibn Battuta en Guangzhou a vira nin coñecían a ninguén que a tivese visto, o que implica que posteriormente a Yuan a existencia da Gran Muralla non estaba na memoria da xente, polo menos nos das comunidades musulmás de Guangzhou.[7]

Pouco despois de que os europeos arribaran na China dos Ming no século XVI, os contos sobre a Gran Muralla empezaron a circular por Europa, aínda que ningún europeo foi a mirala cos seus propios ollos ata un século máis tarde. A primeira descrición da muralla, e a súa importancia para a defensa do país contra os "tártaros" (é dicir, os mongois), foi a contida na Terceira Década de João de Barros, dentro "Da Àsia" (publicado en 1563).[8] Curiosamente, o mesmo Barros non viaxou a Asia, pero foi quen de utilizar os libros chineses levados a Lisboa polos comerciantes portugueses.[9] un dos primeiros rexistros dun viaxeiro occidental que visitou China a través dun paso da gran Muralla (Jiayuguan, neste caso) pode ser o do irmán xesuíta portugués Bento de Góis, que chegara o noroeste de China, desde a fronteira da India en 1605.[10]

Arquitectura

Materiais

Os materiais usados foron aqueles dispoñíbeis nos arredores da construción. Cerca de Pequín utilizouse pedra calcaria. Noutros sitios utilizouse granito ou ladrillo cocido. Basicamente, era unha longa tapia de arxila e area, cuberta con varias paredes de ladrillo. Iso fíxoa moi resistente aos impactos de armas de asedio.

Con respecto á parte da muralla construída durante a dinastía Qin, a materia prima dependeu da dispoñibilidade de terra, mentres que o deseño e a situación das torres de vixilancia, cuarteis e os pasaxes foron seleccionados en base ás vantaxes estratéxicas que ofrecía a configuración física das rexións. As paredes construíronse en capas alternas de grava triturada e canas, que foron cubertas con arxila para ser protexidas da erosión e facelas máis difícil de escalar.

Portas

Greatwall-shanhaiguan-2003-10-s
«Primeiro paso baixo o ceo», en reparación.

As portas máis importantes (關口 simplificado: 关口) son:

  • Paso Shanhai (山海關), paso do leste, tamén coñecido como Shanhaiguan, as palabras " primeiro paso baixo o Ceo " están gravados por encima dunha das portas, polo que o sitio é tamén coñecido por ese nome.[11][12][13]
  • Paso Jiayu (居庸關), paso do oeste, tamén coñecido como Jiāyù Guan, literalmente "Excelente Paso do Val" é o primeiro paso no extremo oeste da Gran Muralla
  • Paso Juyong (娘子關), paso do norte, tamén coñecido com Juyongguan, localízase nun val de 18 quilómetros de longo chamado "Guangou"

Seccións relevantes

  • Unha das seccións máis rechamantes da Gran Muralla Ming é onde remonta ladeiras moi empinadas. Percorre 11 quilómetros de longo, de 5 a 8 metros de altura e 6 metros na parte inferior, ata 5 metros na parte superior. Ten 67 torres de vixilancia e está a 980 metros sobre o nivel do mar.
  • 25 km ao oeste de Tian Ling Liao a muralla é dunha altura moi baixa. Os arqueólogos explican que o muro parece ser de prata, porque a pedra que utilizaban eran de Shanxi, onde se atopan moitas minas deste material. A pedra contén un alto grado de metal nela provocando que apareza a prata. Con todo, debido aos anos de decadencia da Gran Muralla, é difícil ver a parte de aspecto prateado da muralla hoxe en día.

Torres de vixilancia e barracas

Mutianyu tower
Torre Mutianyu
GreatWallTower
Torre de vixilancia típica da Gran Muralla. Quinta torre ao oeste do Paso de Badaling, vista desde a cuarta torre.

A muralla interrompese nalgúns puntos para dar lugar a puntos de defensa, aos cales os soldados podían retroceder de ser necesario. Cada torre ten escaleiras únicas e de acceso difícil co obxectivo de confundir o inimigo.

Construíronse fortes ao longo da muralla, ou directamente integrados nas paredes, cun sistema de sinais de fume para impedir un ataque xiongnu. Para lograr a pronta chegada de reforzos, o exército facía uso da luz, principalmente para a cabalería, e das sinais de fume. A Gran Muralla tamén pasa a través das principais rutas comerciais, o que permite o control das importacións. Cada torre ten escaleiras únicas e de acceso difícil de maneira que confunda ao inimigo. As barracas e os centros administrativos foron situados a maiores distancias. Ao longo da muralla existen ameas na liña superior da gran maioría da muralla, con ocos defensivos dun pouco máis de 30 cm de altura, e ao redor de 23 cm de anchura.

Defensa da muralla

Ademais das armas usuais da época, desenvolvéronse armas especializadas para a defensa da muralla, as cales foron reproducidas e aínda podemos ver na muralla.

Conservación

SlidingCar
Entrada a un tren turístico nunha das partes reconstruídas ao norte de Pequín

As partes da muralla máis visitadas polos turistas mantivéronse en bo estado ou foron reparadas, mais en moitas partes a muralla foi descoidada, servindo como zona de xogo para os habitantes ou como fonte de pedras para a reconstrución de casas e rúas.[14] Algunhas seccións da muralla tamén están cubertas de graffiti. Outras partes destruíronse voluntariamente para permitir o paso a novas vías de comunicación. Non hai un inventario exhaustivo da muralla, polo que non é posible dicir canto dela sobrevive, especialmente nas zonas remotas.

Máis de 60 quilómetros da muralla na provincia de Gansu poden desaparecer nos próximos 20 anos, debido á erosión polas tormentas de area. Neses lugares, a altura da parede reduciuse en máis de cinco metros a menos de dous metros. As torres vixías que caracterizan ás máis famosas imaxes da muralla desapareceron completamente. Moitas seccións occidentais da muralla construíronse a partir de barro, en lugar de ladrillo e pedra, e polo tanto son máis susceptibles á erosión.[15]

A Asociación Gran Muralla Chinesa ten por obxectivo a preservación da muralla. Hoxe en día, (xuño de 2003), o goberno Chinés non ditou leis de protección para preservar a muralla. Porén, en Pequín lexislouse a favor da muralla prohibindo a visita de partes non preservadas da gran muralla ou partes non abertas ao público; e esta lei estase cumprindo desde agosto de 2003.

Recoñecemento (desde o espazo)

Great Wall of China, Satellite image.jpeg
A gran muralla en imaxe vía satélite

A muralla foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1987.

En 1938 Richard Halliburton, no seu Segundo libro de marabillas, predixo que a gran muralla sería a única obra dos seres humanos visíbel desde a Lúa. Esta afirmación persistiu como lenda urbana até a actualidade, e ata se incluíu en libros escolares. Arthur Waldron, autor da historia máis fiable da Gran Muralla, especulou con que a crenza pode provir da fascinación polas «canles» que se cría que existían en Marte. A lóxica era simple: se os terrícolas podían ver as canles de Marte, entón os marcianos poderían ver a Gran Muralla. Interpretada como a muralla percíbese desde a lúa sen necesidade de aparatos de visión, a afirmación é falsa, pois ao orbitar ao redor da terra, a unha milésima parte da distancia da lúa, pódese percibir a muralla se as condicións son favorábeis. Diferentes astronautas observaron máis ou menos ben a muralla; por exemplo, Eugene Cernan afirmou:

En órbita ao redor da terra, a unha altura entre 160-320 km da superficie, a Gran Muralla percíbese directamente ao ollo humano.

En maio de 2004, a NASA anunciou que a fotografía da Muralla Chinesa desde o espazo non era en realidade a construción, senón un tramo dun río entre as montañas, e recoñeceu publicamente que a Gran Muralla Chinesa non é visíbel sen axuda desde o espazo.

En xeral, pódese afirmar que desde o espazo a Gran Muralla é menos visíbel que outras construcións feitas polo ser humano.

Notas

  1. Bloomberg, ed. (5 de xuño 2012). "China’s Great Wall Found To Measure More Than 20,000 Kilometers" (en inglés). Consultado o 2/08/2014.
  2. Muralla china mide dos mil km más de lo que se pensaba - El Universal - El Mundo
  3. "La Gran Muralla China". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2012. Consultado o 02 de agosto de 2014.
  4. Ficha da Gran Muralla Chinesa na web da UNESCO. (en inglés)
  5. Enciclopedia Quid
  6. H. A. R. Gibb and C. F. Beckingham, trans. The Travels of Ibn Baṭṭūṭa, A.D. 1325–1354 (Vol. IV). London: Hakluyt Society, 1994 (ISBN 0-904180-37-9), pg. 896
  7. 7,0 7,1 Haw, Stephen G. (2006). Psychology Press, ed. Marco Polo's China: a Venetian in the realm of Khubilai Khan. Volume 3 of Routledge studies in the early history of Asia. pp. 52–54. ISBN 0415348501.
  8. João de Barros, Da Ásia de João de Barros. Dos feitos que os portugueses fizeram no descobrimento dos mares e terras do Oriente., 3-a Década. libro 2, capítulo VII. Lisboa, 1563. Este capítulo està reproducido nas pp. 186—204 do quinto volume de l'1777 edició da 'Asia.
  9. Donald F. Lach (1965). The University of Chicago Press, ed. Asia in the making of Europe. I, Book Two. p. 739.
  10. Sir Henry Yule (1866). The Hakluyt society, ed. Cathay and the way thither: being a collection of medieval notices of China. edición 36-37 dos traballos editados por the Hakluyt Society. p. 579. (Esta sección é o informe das viaxes de Góis, segundo describiu Matteo Ricci en De Christiana expeditione apud Sinas (publicado en 1615), anotado por Henry Yule)
  11. Culture of Shanhaiguan Great Wall
  12. travelchinaguide.com (ed.). "Shanhaiguan Pass of Great Wall" (en inglés). Consultado o 15 de agosto do 2015.
  13. "Shanhaiguan Pass". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2012. Consultado o 25 de xaneiro de 2015.
  14. Ford, Peter (2006, Nov 30). Nova lei para manter a Gran Muralla China.(en inglés)
  15. Reuters, ed. (29 de agosto de 2007). "A Gran Muralla China cada vez menos Grande". Consultado o 30-08-2007.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Arnold, H.J.P, "The Great Wall: Is It or Isn't It?" Astronomy Now, 1995.(en inglés)
  • Daniel Schwartz i Luo Zhewen, The Great Wall of China, Thames and Hudson, Londres, 1990.(en inglés) ISBN 978-0-500-54243-9
  • Hessler, Peter. "Walking the Wall". The New Yorker, maio 21, 2007, páxinas 56–65.
  • Lovell, Julia. The Great Wall: China against the World. 1000 BC - 2000 AD. Londres: Atlantic Books; Sydney, Australia: Picador, 2006. ISBN 978-0-330-42241-3; ISBN 0-330-42241-3.
  • Man, John. (2008). Bantam Press, ed. The Great Wall. Londres. 335 páxinas. ISBN 9780593055748.
  • Michaud, Roland (photographer); Sabrina Michaud (photographer), & Michel Jan, The Great Wall of China. Abbeville Press, 2001. ISBN 0-7892-0736-2
  • Waldron, Arthur, The Great Wall of China: From History to Myth. Cambridge: Cambridge University Press, 1990.
  • Yamashita, Michael; Lindesay, William (2007). Sterling, ed. The Great Wall — From Beginning to End. Nova York. 160 páxinas. ISBN 978-1-4027-3160-0.

Ligazóns externas

7 Wonders (xogo de mesa)

7 Wonders é un xogo de taboleiro creado por Antoine Bauza en 2010 e orixinalmente publicado por Repos Produción en Bélxica. 7 Wonders é un xogo de redacción do cartón que é xogado utilizando tres barallas de cartas que presentan representacións de civilizacións antigas, conflitos militares e actividade comercial. O xogo é altamente considerado, sendo un dos xogos mellor valorados no sitio web de discusión de xogos de taboleiro BoardGameGeek. 7 Wonders gañou un total de 30 premios gaming, incluíndo o inaugural Kennerspiel des Jahres en 2011.

8 de decembro

O 8 de decembro é o 342º día do ano do calendario gregoriano e o 343º nos anos bisestos. Quedan 23 días para finalizar o ano.

Arroz glutinoso

O arroz glutinoso (especie Oryza sativa var. glutinosa ou Oryza glutinosa) tamén denominado arroz pegañento, é un tipo de arroz de gran curto, oriúndo de Asia, que se torna particularmente pegañento despois da cocedura. Chámase glutinoso por ser pegañento e non conter glute. Por outra banda, cómpre non confundilo con outros tipos de arroz asiáticos que tamén se tornan pegañentos trala cocedura.

Arte da antigüidade

A arte antiga ou arte da antigüidade é a arte da Idade Antiga. A historia da arte antiga é a división da historia da arte que se centra no seu estudo e interpretación formal, técnica, estrutural, e ideolóxica (iconográfica, iconolóxica) e na súa explicación histórica; aínda que a arqueoloxía é a ciencia histórica cuxo obxecto é a cultura material da que as obras de arte son a manifestación máis valiosa, e é a encargada do seu descubrimento e análise contextual.

A súa delimitación cronolóxica vai dende o comezo da Historia (aproximadamente o IV milenio no Próximo Oriente e Exipto) ata a caída do Imperio Romano de Occidente (século V). A extensión xeográfica do desenvolvemento das primeiras civilizacións —definidas pola aparición da escritura e o poder político e relixioso— impón onde poden localizarse (civilizacións mediterráneas, da India, do Extremo Oriente, da América precolombiana e do resto de Europa e de África) e cando pode falarse en cada unha dun período histórico (Historia) ou dun período prehistórico (Prehistoria), que determinaría que a súa produción artística fose obxecto da historia da arte prehistórica; aínda que realmente a metodoloxía para o seu estudo é en gran parte común, hai unha diferenza fundamental, e é a posibilidade de empregar as fontes escritas para os períodos históricos. Este recurso é insubstituíble, posto que non só permite a identificación no seu caso dos autores ou patrocinadores da obra artística e reconstruír o contexto no que se produciu, senón que posibilita a interpretación da Arte na súa relación coa produción intelectual noutros ámbitos do pensamento, sobre todo a relixión e a filosofía. Deste xeito pódese efectuar unha lectura da arte que a entenda a través da visión do mundo (Weltanschauung) ou ideoloxía dominante en épocas e lugares tan afastados a nós como as civilizacións da Idade Antiga, e do que a Arte é a plasmación material e visual.

Ao contrario que a civilización occidental, as civilizacións africanas, extremo-orientais e americanas non experimentaron a marcada descontinuidade que a arte occidental presenta entre a arte antiga e a arte medieval; co que este último concepto non adoita aplicarse a estas civilizacións.

Tamén existe un concepto comercial e coleccionista da arte antiga, entendido como antigüidades; é dicir, como o termo empregado para englobar todo tipo de obxectos artísticos que non se consideran Arte moderna, pertenzan á Idade Antiga ou a períodos posteriores (arte medieval, arte da Idade Moderna e ata boa parte da arte contemporánea se esta non se entende só como o máis actual senón como todo a arte da Idade Contemporánea —dende mediados do século XVIII).

(Á dereita, Torso do Belvedere, obra de Apolonio de Atenas do século I).

David Copperfield

David Seth Kotkin, nado en Metuchen (Nova Jersey) o 16 de setembro de 1956 é un ilusionista estadounidense coñecido profesionalmente como David Copperfield, descrito pola revista Forbes como o mago de maior éxito comercial da historia.Os especiais de Copperfield na televisión gañaron 21 premios Emmy dun total de 38 candidaturas. Célebre pola súa combinación de contacontos e ilusionismo, a súa carreira proporcionoulle once récords Guinnes, unha estrela do Paseo da Fama de Hollywood, o título de cabaleiro polo goberno francés, e a designación como "lenda viva" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América.Copperfield vendeu máis de 33 millóns de entradas e gañou máis de catro mil millóns de dólares, máis que calquera outro artista individual na historia. En 2015, Forbes calculou as súas ganancias nos doce meses anteriores en 63 millóns de dólares e situouno como a vixésima celebridade con máis ingresos do mundo.Cando non actúa, dirixe a súa propia cadea de once illas resort nas Bahamas, chamadas "Musha Cay and the Islands of Copperfield Bay".

Fluxo xénico

En xenética de poboacións, fluxo xénico (tamén chamado fluxo xenético ou migración de xenes) é a transferencia de alelos ou xenes dunha poboación a outra.

A migración cara adentro ou fóra dunha poboación pode ser responsable dun marcado cambio nas frecuencias alélicas (a proporción de membros que portan unha variante particular dun xene). A inmigración pode tamén ter como resultado a adición de novas variantes xenéticas á poza xénica establecida dunha determinada especie ou poboación.

Hai varios factores que afectan á taxa de fluxo xénico entre diferentes poboacións. Un dos factores máis significativos é a mobilidade, xa que unha maior mobilidade dun individuo tende a darlle un maior potencial migratorio. Os animais tenden a ser máis móbiles que as plantas, aínda que o pole e as sementes poden ser levados a grandes distancias polo vento ou animais.

Un fluxo xénico sostido entre dúas poboacións dunha mesma especie pode tamén orixinar unha combinación das dúas pozas xénicas, reducindo a diferenciación xenética entre os dous grupos. Por esta razón o fluxo xénico actúa vigorosamente contra a especiación, ao recombinar as pozas xénicas dos grupos, e dese xeito, restaurar as diferenzas que se estaban desenvolvendo na variación xenética que terían levado a unha completa especiación e a creación de especies fillas.

Por exemplo, se unha especie de herba crece a ambos os lados dunha autoestrada, é probable que o pole sexa transportado dun lado ao outro. Se este pole pode fecundar unha planta, e a planta onde acaba produce descendencia viable, entón os alelos do pole poden efectivamente moverse desde a poboación dun lado da autoestrada a outra, polo que non se acumulan diferenzas entre as poboacións de ambos os lados.

Guerra de trincheiras

A guerra de trincheiras ou guerra de posición é unha forma de facer a guerra, na cal os exércitos combatentes manteñen liñas estáticas de fortificacións cavadas no chan e enfrontadas. A guerra de trincheiras xurdiu a partir dunha revolución nas armas de fogo e a un incremento no seu poder, sen que houbese ao mesmo tempo un aumento na mobilidade e nas comunicacións. Houbo períodos de guerra de trincheiras na guerra civil estadounidense (1861-1865) e na guerra ruso-xaponesa de 1904-1905, pero chegou ao seu punto máximo de brutalidade e mortalidade na fronte occidental da primeira guerra mundial.

Historia da China

A historia da China, como cronoloxía dunha das civilizacións máis antigas do mundo con continuidade até a actualidade, ten as súas orixes na conca do río Amarelo, onde xurdiron as primeiras dinastías Xia e Shang. A existencia de documentos escritos dende a antigüidade permitiron o desenvolvemento na China dunha tradición historiográfica moi precisa, que ofrece unha narración continua dende as primeiras dinastías até a idade contemporánea.

China é unha das civilizacións antigas máis vellas de todo o mundo que durou dende antes de que Cristo nacese até os nosos tempos. O zodíaco chinés ten 12 animais que son: o can, a serpe, a rata, o boi, a cabra, o mono, o porco, o tigre, o coello, o galo, o dragón e o cabalo, cada un destes animais reina durante todo un ano.

A enorme extensión de territorio ocupado polo estado actual da República Popular China fai que a historia de todo este territorio sexa a dun gran número de pobos. O fío condutor da historia china céntrase no grupo étnico han, que están intimamente asociados á evolución da lingua chinesa e o seu sistema de escritura, baseado nos caracteres. Nesta continuidade cultural e lingüística establécese unha liña expositiva da historia da civilización china, que, dende os textos máis antigos do I milenio a. C., como os clásicos confucianos, e polas grandes historias dinásticas promovidas polos emperadores, se segue utilizando. Os descubrimentos arqueolóxicos do século XX, moi en especial os dos ósos oraculares, que recollen as primeiras manifestacións escritas en chinés, contribuíron nas últimas décadas a un coñecemento máis detallado das orixes da civilización china.

A narración tradicional china da historia baséase no chamado ciclo dinástico, mediante o cal os acontecementos históricos explícanse como o resultado de sucesivas dinastías de reis e emperadores que pasan por etapas alternas de auxe e declive. Os emperadores poñíanlle aos anos o seu apelido, o 1700 foi en china o ano 38 da era Kangxi, mentres que o 1750 era o ano 15 da era Qianlong. Incluso hoxe en día, en Taiwán ao ano 2007 denomínase en certos contextos como o 96 da República. Este uso das dinastías e os seus emperadores para a propia datación dos anos fixo imprescindible o dominio da cronoloxía dinástica para penetrar no estudo da historia de China.

Historia do mundo

A historia universal, historia do mundo, historia mundial ou historia da humanidade é o conxunto de acontecementos e procesos que se desenvolveron arredor do ser humano, desde a súa aparición ata a actualidade.Unha característica para diferenciar o momento en que se inventa a escritura, porque esta fixo posible difundir e preservar o coñecemento adquirido. Nalgúns casos, a escritura, á súa vez, converteuse nunha necesidade fundamental desde a aparición da agricultura.Esta historia está marcada tanto por unha sucesión gradual de migracións, intercambios culturais, descubrimentos e inventos, como por desenvolvementos moi acelerados ligados a cambios de paradigma e a períodos revolucionarios.

Historia do sal

A historia do sal trata do uso e comercio que se lle deu durante séculos á única «rocha» comestible polo ser humano.

O seu uso está xeneralizado en todas as gastronomías do mundo, ben sexa como condimento, ben como conservante específico dalgúns alimentos, como é o caso das salgaduras de carne e peixe.Foi a causante de grandes repercusións económicas e crise na civilización.A súa historia está moi unida ás transaccións económicas da historia da humanidade, actividade que deixou nomes como salario, ou de vías tales como a prehistórica Route du Sel (en Francia), a Via Salaria (na Antiga Roma), a localidade Salinas de Léniz en España.

Ademais atribúenselle simbolismos como a fertilidade.

O sal afecta o sentido do gusto debido a que o organismo humano ten sensores especializados na lingua capaces de detectar especificamente o sabor salgado dos alimentos. O seu uso culinario é normalmente o de reforzador dos sabores dos diversos alimentos. O sal extraeuse principalmente da evaporación da auga mariña e da extracción mineira de rochas con cloruro sódico (halita).

Hoxe en día o sal é un ingrediente común máis na comida. A cantidade diaria da súa inxesta contrólase e vixíase desde comezos do século XX na poboación mundial de hipertensos, e nalgúns lugares do mundo é parte dos alimentos funcionais e sérvese iodada para evitar a aparición do bocio (hipotiroidismo).A grande importancia económica que se lle deu ó sal no pasado xa non é a mesma que se lle dá no presente desde finais do século XIX, en parte debido á aparición de diversos medios alternativos e moi efectivos de conservación dos alimentos dentro da industria alimentaria moderna, así como unha gran mellora técnica dos modernos métodos de extracción e elaboración do sal. Estes efectos combinados fan que a demanda mundial do sal decrecese; no entanto, é xa un ingrediente moi común, sendo un elemento imprescindible en calquera cociña.

Lenda urbana

Lenda urbana é un termo cuñado nas décadas recentes e apropiado pola ciencia folclórica e a etnografía para designar narracións e contos populares propios das sociedades contemporáneas altamente urbanizadas, que reunen características análogas ás dos relatos tradicionais, en canto o marabilloso e inefábel é parte importante de moitas destas historias recentes. Alternativamente emprégase o termo lenda contemporánea, que está avalado pola Sociedade Internacional para o Estudo da Lenda Contemporánea (ISCLR), institución creada en 1987, precisamente con a finalidade de analizar e describir a lenda urbana, termo este que ela mesma utiliza dado o seu enraizamento na bibliografía folklorista internacional.

Lugo

Lugo é unha cidade e concello de Galicia, capital da provincia de Lugo e da comarca homónima. Fundada no ano 25 a.C. por Paulo Fabio Máximo, é unha cidade de orixe romana e a máis antiga de Galicia. Construída nas proximidades dun castro, na época romana recibiu o nome de Lucus Augusti. Son testemuña dos seus primeiros anos de historia os numerosos restos romanos, moitos deles conservados no Museo Provincial, e sobre todo a Muralla Romana, única no mundo que conserva todo o seu perímetro e declarada Patrimonio da Humanidade no ano 2000.

Ao longo da súa historia ocorreron tanto épocas de abandono como importantes momentos na historia do país, dende a xuntanza no ano 842 dun grande exército galego para conquistar Oviedo e entronizar a Ramiro I como primeiro rei da dinastía galega, ata o pronunciamento do Coronel Miguel Solís, que daría comezo á Revolución Galega de 1846.

Xeograficamente, a cidade atópase situada nun outeiro, nas terras do Alto Miño, e circundada polo propio río Miño, ademais doutros máis pequenos como o Mera. O concello, incluído na Reserva da Biosfera "Terras do Miño", é o segundo máis extenso de Galicia, e no que no ano 2014 habitaban 98.560 persoas, o que supón que sexa o cuarto de Galicia en poboación despois de Vigo, A Coruña e Ourense.

O xentilicio dos habitantes é lucense ou tamén lugués. Lugo é unha cidade comercial e de servizos, cun campus universitario especializado en Ciencias Agrarias (Veterinaria, Montes...). Destacan tamén as populosas festas realizadas na cidade como o Arde Lucus, que relembra o pasado romano e castrexo da cidade, e o San Froilán, que cada ano atrae á cidade do 4 ao 12 de outubro a máis dun millón de visitantes.

Monumento

Un monumento é un tipo de estrutura que foi creada para conmemorar unha persoa ou evento importante, ou que se volveu importante para un grupo social porque lembra a un tempo histórico ou unha cultura herdada, ou tamén pode ser un exemplo de arquitectura histórica. O termo 'monumento' é empregada a miúdo en edificios ou estruturas que son considerados exemplos de herdanza arquitectónica ou cultural importante.

Muralla



Unha muralla é un muro pechado destinado á protección e defensa dun determinado sitio.

Muralla de Lugo

A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Moitos séculos máis tarde, xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade.O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 metros e a súa altura varía entre os 8 e os 12[Cómpre referencia] ou 10 metros sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4, 5 e os 7 metros de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e na parte que queda en pé tamén houbo profundas transformacións.Inicialmente a muralla tiña cinco portas, mais posteriormente abríronse outras cinco. Dende o século XVI xurdiron voces reclamando a reconstrución, e existen textos que falan de torres con dous ou tres pisos, grosos vidros brancos nas fiestras das torres e mesmo vestixios de madeiros de cuberta e chemineas. Hoxe a torre da Mosqueira é a única mostra daquela descrición. O 6 de outubro de 2007, a Muralla irmandouse coa Gran Muralla Chinesa, nunha cerimonia presidida polo alcalde de Lugo Xosé Clemente López Orozco e o embaixador chinés Qui Xiaoqi.

Novas sete marabillas do mundo

As Novas sete marabillas do mundo son unha iniciativa do cidadán suízo Bernard Weber para substituír a lista das Sete marabillas do mundo da antigüidade, das que xa só a Gran Pirámide de Gizeh continúa en pé. Con ese propósito, creou unha fundación chamada New Open World Foundation coa finalidade de animar os cidadáns de todo o mundo a votar democraticamente polas Novas Sete Marabillas do Mundo que existan e foran creadas nos dous últimos milenios. Finalmente o 7 de xullo de 2007 decidiuse en Lisboa a lista das sete marabillas do mundo moderno.

Sinal de fume

Os sinais de fume son os que se empregan para a comunicación entre áreas amplas e deshabitadas e que son feitas con fogueiras. É un dos medios de comunicación a distancia máis antigos. Estes sinais permiten comunicar mensaxes complexas e codificadas con antelación entre atalaias ou lugares de vixilancia. Un dos seus usos era avisar de avistamento de inimigos.Fixéronse famosas grazas á súa representación nos filmes do xénero western, onde eran empregados polos indios de América do Norte.

Xogo de aposta

O xogo de aposta é un xogo de azar no que as persoas que interveñen (xogadores ou apostantes) pagan unha cantidade fixa ou variábel de diñeiro ou aportan un ben material (aposta), por predicir o resultado incerto do xogo a cambio de obter un premio económico ou material se a súa predición resulta certa.

Calquera xogo de azar, sen ser necesariamente un xogo de aposta, pode converterse nun xogo deste tipo mediante un acordo entre os xogadores, quen pactan unhas cantidades ou bens materiais que o(s) perdedor(es) debe(n) entregar ao gañador(es). Por exemplo, no xogo do tute pódese pactar unha cantidade fixa por partida que o(s) perdedor(es) debe(n) entregar ao(s) gañador(es); no xogo das bólas os rapaces participantes establecen regras para que as bólas cambien de propietario. Ademais, o xogo de aposta require a presenza de tres elementos: azar, premio e recompensa. Con frecuencia o desenlace da aposta é inmediato, como o simple lanzamento dun dado ou da bóla na ruleta, pero tamén son comúns apostas a medio ou longo prazo como ocorre nas apostas deportivas, algunhas das cales poden abranguer unha temporada completa.

En España réxense pola Lei 13/2011 de regulación do xogo. A institución pública responsábel de regular esta actividade en Galiza é a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galiza.

Os xogos de apostas son unha importante actividade comercial, cun mercado legal mundial estimado en 335.000 millóns de dólares no ano 2009.

Xogo de azar

Un xogo de azar é un xogo cuxo desenvolvemento está total ou parcialmente suxeito á incerteza. A palabra azar deriva do árabe az-zahr que inicialmente significaba flor pero, debido a que no xogo de dados se debuxaba unha flor na cara que daba a sorte, co paso do tempo pasou a designar ao dado co que se xogaba. Finalmente, o significado transformouse ata adoptar o mesmo significado que a palabra latina alea.

Débense diferenciar dous tipos de xogos de azar:

Os de puro ocio, pasatempo ou recreo que constitúen usos sociais e que non producen transferencias economicamente avaliábeis nin beneficio económico para o organizador.

Aqueles nos que se apostan cantidades de diñeiro ou obxectos economicamente avaliábeis sobre resultados futuros e incertos dependentes dalgunha forma do azar. Están regulados por lei na maioría dos países, así en España réxense pola Lei 13/2011 de regulación do xogo.Atendendo á maior ou menor influencia do azar no xogo, pode ser:

Xogo de azar puro, no que o xogador non inflúe no desenvolvemento do xogo, condicionado só pola sorte ou azar.

Xogo de azar con habilidade, no que amais do azar, a destreza dos xogadores xoga, en maior ou menor grao, un certo papel.O estudo de problemas de estratexia nos xogos de azar con habilidade, deu lugar a un novo campo das matemáticas: o cálculo de probabilidades. Así mesmo, James Waldegrave en 1713 e Antoine Augustin Cournot en 1838 publicaron traballos matemáticos sobre estratexias nun xogo de cartas de dous xogadores; estes traballos considéranse precedentes doutra rama matemática, a teoría de xogos, estruturada como teoría matemática no século XX ao estudar o comportamento da economía, e posteriormente aplicada a outros campos do saber.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.