Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada

A Gran Enciclopedia Gallega Silverio Cañada, Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada, ou simplemente Gran Enciclopedia Gallega ou Gran Enciclopedia Galega, é unha enciclopedia de tema galego, editada primeiramente en castelán e despois en lingua galega. A versión en galego foi editada tamén en DVD.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Deseño da cuberta. Texto dourado sobre fondo vermello.
Autor/aVarios.[a]
Ilustrador/aVirxilio Fernández e outros.
OrixeGalicia.
LinguaEn papel: galego ou castelán,
En DVD: en galego.
Tema(s)Temática galega.
Xénero(s)Consulta (enciclopedia).
Editorial
Data de pub.Dende 1974.
FormatoEn papel ou en DVD.
ISBN
  • ISBN 84-87804-03-9 [2]
  • ISBN 978-84-87804-03-8 [2]
  • ISBN 84-932970-8-9 [2]
  • ISBN 978-84-932970-8-4 [2]
  • ISBN 84-87804-88-8

Gran Enciclopedia Gallega

A primeira edición, de corenta e tres tomos, en castelán, publicouse no ano 1974. Dirixida por Ramón Otero Pedrayo, os coordinadores editoriais foron sucesivamente Perfecto Conde, Arturo Reguera López e Xosé Ramón Fandiño Veiga, coa implicación de Xesús Alonso Montero.[a][3]

Gran Enciclopedia Galega

Gran Enciclopedia Galega na Biblioteca de Galicia
Varios exemplares da GEG ocupan as baldas da Biblioteca de Galicia.

Trinta anos despois publicáronse en galego por dous grupos editoriais distintos,[4] Editorial Novos Vieiros da Coruña (66 tomos)[5] e o Grupo El Progreso de Lugo (44 tomos).[6]

Foi dirixida por Benxamín Casal e participaron cincocentos colaboradores. Membros do consello asesor foron, entre outros, Isaac Díaz Pardo, Xosé Ramón Barreiro, Xaime Isla Couto, Alfonso Zulueta de Haz, Alfredo Conde, Víctor Freixanes, Manuel María, Basilio Losada, Xavier Alcalá, Antonio Bonet Correa, Xosé García Oro, Manuel Lucas Álvarez, Xesús Alonso Montero ou Xaime Quessada.

Versión en DVD

A versión en DVD, en galego, é do ano 2005. Ten 100 000 entradas, 25 000 fotografías, 2500 gráficos e 500 mapas[7] (incluíndo un mapa individual por cada un dos 315[8] concellos de Galicia).

Dende a portada a información preséntase en cinco apartados:

  • Enciclopedia.
  • Biografías, con preto de 4000 artigos.
  • Heráldica, máis de 2000 entradas de apelidos e liñaxes.
  • Descubre Galicia, cun índice que chega ata o nivel das parroquias.
  • "Dossier", cartafol onde o usuario pode apartar a información que máis lle interese.

Ademais dispón dun apartado de anexos, unha función de procura avanzada, e un directorio de axuda.

No ano 2011 foi distribuída polo Grupo El Progreso polo prezo de 9,95 .[9]

Notas

  1. 1,0 1,1 Autores da primeira edición: Ramón Otero Pedrayo , Dámaso Alonso, Miguel Anxo Araúxo Iglesias, Pío Cabanillas Gallas, Xosé María Castroviejo, Camilo José Cela, Álvaro Cunqueiro, Xosé Filgueira Valverde, Álvaro Gil Varela, Manuel Lucas Álvarez, Sebastián Martínez-Risco, José Luis Meilán Gil, Ramón Piñeiro, Xoán Rof Carballo, Luís Seoane, Alberto Vilanova, Xosé Manuel Beiras, Antonio Bonet Correa, Ricardo Carballo Calero, Antonio Eiras Roel, Antón Fraguas, Carlos García Martínez, Domingo García-Sabell, Isidro Parga Pondal, José Luis Pensado, Augusto Pérez Alberti, Francisco Río Barxa, Andrés Torres Queiruga, Xesús Alonso Montero, Francisco Fernández del Riego, Basilio Losada, Silverio Cañada , Perfecto Conde, Xosé Ramón Fandiño Veiga, Xesús Rábade, Fernando Acuña Castroviejo, Felipe Arias, Xosé Ramón Barreiro, Francisco Calo Lourido, Baldomero Cores, Antón Costa Rico, Xosé María Dobarro, José Antonio Durán, Francisco Fariña Busto, Constantino García, Ramón Máiz, Xosé Neira Vilas, Xulio Pardellas de Blas, Antonio Rodríguez Fraiz, Antón Santamarina, Eduardo Seijas, Xosé Carlos Sierra Rodríguez, Benito Varela Jácome, Ramón Villares, Virxilio Fernández e outros.
Referencias
  1. Ficha da Editorial Novos Vieiros Arquivado 29 de decembro de 2012 en Wayback Machine. na páxina da Asociación Galega de Editores.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Base de datos de libros editados en España Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España.
  3. Un editor de noso Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. artigo do 30/5/2002 de Xesús Alonso Montero en La Voz de Galicia.
  4. O lanzamento da “Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada” revela a existencia de dous proxectos... CCG, 3/6/2003.
  5. GranEnciclopediaGalega.com da editorial Novos Vieiros (A Coruña).
  6. EnciclopediaGalega.com do Grupo El Progreso, en Internet Archive (ligazón orixinal morta).
  7. El Progreso ofrece a Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada en DVD, El Progreso, 26/11/2010.
  8. Cando se editou a enciclopedia había 315 concellos en Galicia. Logo de dúas fusións, pasaron a ser 313.
  9. "Anuncio da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada" (PDF). De luns a venres. día 23/02/2011. p. 5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11/01/2014.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Abril Pérez

Abril Pérez foi un xograr compostelán da primeira metade do século XIII.

Tan só se coñece unha composición súa, unha tenzón con Bernal de Bonaval na cal se compara o valor das súas respectivas donas.

Airas Corpancho

Airas Corpancho foi un trobador que, segundo o estudoso Manuel Rodrigues Lapa, viviu no tempo de Afonso X. O apelido Corpancho provén da expresión "corpo ancho".

Baía Edicións

Baía Edicións é unha empresa editorial galega, con sede na Coruña.

Boletín da Real Academia Galega

O, inicialmente, Boletín de la Academia Gallega, despois Boletín de la Real Academia Gallega (ata 1980), e, por último, Boletín da Real Academia Galega (dende o ano 2000), é o órgano de expresión oficial da Real Academia Galega (RAG) no que se recollen os traballos e noticias relacionadas co funcionamento interno da RAG. O adxectivo ‘’Real’’ úsase dende o número cinco. A finalidade deste boletín é difundir a cultura galega.

Capitanía Xeneral de Galicia

A Capitanía Xeneral de Galicia coñecida tamén como VIII Rexión Militar ten a súa orixe no reinado dos Reis Católicos, cando foi creada para substituír ao cargo de Adiantado Maior do Reino da Baixa Idade Media e os condes da Alta Idade Media.

Diario de Pontevedra

Diario de Pontevedra, anteriormente El Diario de Pontevedra, é un xornal que se edita ininterrompidamente na cidade de Pontevedra dende 1968 pero que xa iniciara a súa andaina en 1889, propiedade dende 1999 do Grupo El Progreso de Lugo. Dende o ano 2001 ten a súa sede na rúa Lepanto. A impresión realízase na rotativa de El Progreso en Lugo.

É un periódico de carácter eminentemente local e provincial, centrado na contorna da cidade de Pontevedra. Conta con delegacións en Marín, Bueu, Poio, Sanxenxo e O Grove, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Vigo, Lalín e A Estrada.

Edicións A Nosa Terra

Edicións A Nosa Terra foi unha empresa editorial galega, con sede en Vigo, fundada en 1987 e desaparecida en 2010.

Editorial Compostela

A Editorial Compostela, fundada en 1938 en Santiago de Compostela por Juan Sáenz-Díez García, é a editorial do xornal El Correo Gallego, pertencentes ámbalas dúas empresas ao Grupo Correo Gallego.

Escultura gótica en Galicia

A escultura gótica en Galicia comprende obras feitas nos séculos XIII, XIV, XV e comezos do XVI, a maioría dela asociada á arquitectura relixiosa.

Gonzalo Méndez Martínez

Gonzalo Méndez Martínez, nado en Pontevedra o 30 de setembro de 1958, é un experto en cartografía galego.

Ir Indo

Ir Indo Edicións é unha editorial viguesa, en galego, castelán, inglés e francés, fundada en 1985 por Bieito Ledo Cabido.

Marquesado de Misa

O Marquesado de Misa concedeuno, con Grandeza de España, a raíña rexente María Cristina de Habsburgo-Lorena, en nome do seu fillo Afonso XIII (menor de idade), por Real Decreto de 21 de outubro de 1889, a Manuel de Misa y Bertemani, Conde de Baiona.

O marquesado está vacante dende 1954.

Ofelia Nieto

María Ofelia Erenia Nieto Iglesias, máis coñecida como Ofelia Nieto, nada en Santiago de Compostela o 18 de marzo de 1900 e finada en Madrid o 22 de maio de 1931, foi unha soprano galega.

Raigame

Para: Raigame, boletín informativo da irmandade galega de Madrid, véxase Raigame (1979).Raigame: revista de arte, cultura e tradicións populares é unha publicación cultural semestral do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e a Deputación de Ourense.

Roberto Abalde

Roberto Abalde Túñez, nado o 21 de outubro de 1970 en Buenos Aires, é un informático de ascendencia galega.

Rías Baixas

As Rías Baixas son as rías galegas situadas entre a fronteira portuguesa e o cabo Fisterra.

De sur a norte son:

Ría de Vigo

Ría de Pontevedra

Ría de Arousa

Ría de Muros e Noia

Ría de CorcubiónEntre elas atópanse as seguintes baías e enseadas:

Ría de Baiona

Ría de AldánCaracterízanse polo seu tamaño, grandes en relación ó resto das rías de Galiza, e pola súa orientación transversal á costa. A súa colmatación é relativamente baixa.

Río Lagares

O río Lagares, ou río Gandariña, tamén chamado antigamente río Sárdoma, é o principal curso fluvial do concello de Vigo, na provincia de Pontevedra.

Val Miñor

O Val Miñor é unha bisbarra natural, formada polos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar. Conforman unha mancomunidade que presta diversos servizos, como a piscina ou os bombeiros.

Vida Gallega

Vida Gallega foi unha revista mensual gráfica que fundou Jaime Solá en Vigo. O primeiro número saíu en xaneiro de 1909 con portada de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e o último en 1938, publicándose un total de 697 números.

Artigos e entradas de obras de consulta

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.