Gran Enciclopèdia Catalana

A Gran Enciclopèdia Catalana (GEC) é unha enciclopedia xeral escrita en lingua catalá. Recolle alfabeticamente toda clase de entradas históricas, xeográficas, culturais etc. de todo o mundo, vistas, cando se presta, cunha óptica catalá, e moi especialmente novas semellantes do ámbito catalán. Tamén contén un amplo dicionario de léxico común que foi revisado na primeira edición da obra por Ramon Aramon i Serra. Posteriormente, saíron diversas edicións e volumes de apéndice e tamén posúe unha versión dixital. No ano 1991 foi galardoada co Premio Creu de Sant Jordi.

Gran Enciclopèdia Catalana
Cross of Saint George (Catalan Government Award).svg
Gran Enciclopèdia Catalana
Imaxe dos 25 volumes da Gran Enciclopèdia Catalana.
Autor/aVarios
OrixeCataluña
LinguaLingua catalá
Tema(s)Temática xeral
Xénero(s)Consulta (enciclopedia)
EditorialGrup Enciclopèdia Catalana
Data de pub.1967-2009.

Edicións e reimpresións

  • Primeira edición: xullo de 1969.
  • Segunda edición: xuño de 1986.
  • Primera reimpresión: abril de 1988.
  • Segunda reimpresión: marzo de 1989.
  • Terceira reimpresión: xuño de 1990.
  • Cuarta reimpresión (actualizada): febreiro de 1992.
  • Quinta reimpresión: setembro de 1992.
  • Sexta reimpresión (actualizada): outubro de 1993.
  • Sétima reimpresión (actualizada): xullo de 1994.
  • Oitava reimpresión (actualizada): xaneiro de 1995.
  • Novena reimpresión (actualizada): xaneiro de 1996.
  • Décima reimpresión (actualizada): maio de 1998.
  • Décimo primeira reimpresión (actualizada): outubro de 2000.[1]

Notas

  1. Gran Enciclopèdia Catalana. 84-85194-81-0. Edición de outubro de 2000

Véxase tamén

Ligazóns externas

Albalate de Cinca

Albalate de Cinca é un municipio español da provincia de Huesca (Aragón), situado na comarca do Cinca Medio, e que forma parte do partido xudicial de Fraga.

Alfredo Brañas

Alfredo José Francisco Higinio Brañas Menéndez, nado en Carballo o 11 de xaneiro de 1859 e finado en Santiago de Compostela o 21 de febreiro de 1900, foi un escritor e ideólogo do rexionalismo galego decimonónico.

Apanaxe

Unha apanaxe (do francés apanage) era unha concesión feudal subtraída do dominio real e que un rei (ou, máis amplamente, un señor feudal) daba aos seus fillos ou a outros familiares, como irmáns, especialmente aos excluídos da sucesión ao trono.

Arbolí

Arbolí é un municipio da comarca do Baix Camp, na provincia de Tarragona, na comunidade autónoma de Cataluña. Dentre do seu térmimo municipal atópase o lugarciño de Gallicant. Escasamente poboado, en 2006, tiña 105 habitantes, sobre unha área de 20,77 km2. As súas coordenadas son 41º14'38 N e 0º56'59L.

Benito Xerónimo Feijoo

Frei Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro, nado en Casdemiro (O Pereiro de Aguiar), o 8 de outubro de 1676 e finado en Oviedo o 26 de setembro de 1764, foi un relixioso bieito, escritor e pensador galego. Xunto co valenciano Gregorio Mayans constitúe a figura máis destacada da primeira Ilustración española. Está soterrado na igrexa de Santa María de la Corte (Oviedo). Escribiu unha serie de ensaios baixo o título de Teatro crítico universal (1726-1764), considerados como a obra cume da Ilustración en lingua castelá.

Catálogo de autoridades de nomes e títulos de Cataluña

O Catálogo de autoridades de nomes e títulos de Cataluña (en catalán: Catàleg d'autoritats de noms i títols de Catalunya), máis coñecido polo acrónimo Càntic, é un catálogo de autoridades de Cataluña, cooperativo e en liña. O seu obxectivo é normalizar os puntos de acceso aos catálogos bibliográficos, mellorar a comunicación entre os diferentes catálogos e favorecer a busca e recuperación da información. Por estandarizar os nomes, nomes-títulos e títulos (chamados "puntos de acceso") dá consistencia aos catálogos do sistema bibliotecario. Facilita un intercambio máis áxil e eficaz entre rexistros bibliográficos e, en definitiva, fai posible que os usuarios realicen buscas asistidas, precisas e exhaustivas. Os datos están integrados no catálogo virtual internacional de autoridades Virtual International Authority File (VIAF).É un servizo que a Biblioteca de Catalunya coordina no marco do Catálogo Colectivo das Universidades de Cataluña (CCUC) que dá un trato especial ás autoridades de nome e título vinculados á cultura catalá que reciben un traballo de autoridade completo. Proporcionan, en moitos casos, acceso á información da Gran Enciclopèdia Catalana.

Contribuirá á creación dun futuro Catálogo Único de Cataluña (CUC), concibido en 2004 no marco do Acordo de Goberno para a mellora e modernización do sistema bibliotecario de Cataluña.

Constanza de Aragón e Navarra

Constanza de Aragón, nada o ano 1344 no Mosteiro de Poblet, e finada o 18 de xullo de 1363 en Catania, Reino de Sicilia, foi princesa de Aragón e raíña consorte de Sicilia, polo seu matrimonio con Federico III de Sicilia.

Domingo García-Sabell

Domingo García-Sabell Rivas, nado en Santiago de Compostela o 8 de outubro de 1909 e finado na Coruña o 5 de agosto de 2003, foi un médico, escritor, político e académico galego.

Enric Ribas i Ribas

Enric Ribas i Ribas, nado en Vigo o 6 de xuño de 1870 e finado en El Masnou, Maresme, o 17 de outubro de 1935, foi un cirurxián catalán.

Federico III de Sicilia

Federico III de Sicilia, nado o 1 de setembro de 1341 e finado o 27 de xaneiro de 1377, alcumado como o Sixelo ou o Simple, foi Rei de Sicilia desde 1355 até 1377 (desde 1372, rei de Tricarnia), e duque de Atenas e de Neopatria desde 1355 até a súa morte.

Adoita confundirse co seu antepasado Federico II, que escolleu chamarse Federico III por ser o terceiro fillo de Pedro III de Aragón.

Giuseppe Tavani

Giuseppe Tavani, nado en Roma en 1924 e finado o 22 de marzo de 2019, foi un filólogo italiano.

Masía

Unha masía (en catalán: masia ou mas, en aragonés: pardina) é un tipo de construción rural, propia especialmente dos territorios da antiga Coroa de Aragón, que ten a súa orixe nas vilas romanas. Son construcións illadas, ligadas a unha explotación agrícola e gandeira de tipo familiar.

Co paso do tempo, os materiais utilizados para construír masías foron variando, condicionados, en boa parte, polo seu emprazamento. En zonas montañosas, utilizábase a pedra sen pulir, excepto para os arcos de portas e fiestras, onde se empregaba a pedra picada. Durante a Idade Media, utilizábase o barro como morteiro, material que foi substituído despois por cal ou cemento. Nos lugares nos que non abundaba a pedra, utilizábase o adobe para a construción das masías.

A maioría das masías teñen a súa fachada principal orientada cara o sur. As construcións anteriores ao século XVI teñen unha porta de entrada de doela, mentres as construídas ata o século XVIII son de lintel. A súa altura non adoitaba superar os 5 metros e a cobertura realizábase cun conxunto de vigas de madeira colocado de forma perpendicular á fachada. Nos Pireneos e outras zonas montañosas, a cubrición adoitaba ser de lousa. O tellado tiña normalmente dúas vertentes.

A construción adoitaba ter dúas plantas, coa planta baixa reservada para as tarefas propias do campo e o piso superior destinado a vivenda. Se había outro piso por enriba deste, era utilizado habitualmente como celeiro.

Numerosas masías transformáronse en casas adaptadas para o turismo rural e a hostelería.

Max Cahner

Max Emanuel Cahner i Garcia, nado en Bad Godesberg o 3 de decembro de 1936 e finado en Barcelona o 14 de outubro de 2013, foi un editor, político e historiador da literatura catalán.

Miguel Colmeiro

Miguel Colmeiro Penido, nado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 1816 e finado en Madrid o 21 de xuño de 1901, foi un botánico galego , irmán do xurisconsulto Manuel Colmeiro Penido.

Máquina

Unha máquina é un dispositivo que transforma unha forma de enerxía noutra e forma un conxunto independente de mecanismos deseñados co obxectivo de realizar unha ou máis tarefas determinadas. Unha máquina pode ser ou non automática ou intelixente, por exemplo, conter ou non elementos eléctricos, electrónicos, hidráulicos, etc. Algunhas poden recibir nomes concretos segundo o seu uso ou obxecto, tales como máquina de afeitar, máquina de coser, máquina de lavar, máquina de escribir, máquina de retratar, máquina de calcular, máquina de picar carne, máquina de cortar embutidos, máquina de facer churros, máquina de segar, máquina de imprimir, etc.As máquinas clasifícanse en función dos tipos de enerxía que manexan:

Máquinas térmicas cuxo principio de funcionamento é o intercambio de calor (enerxía térmica) entre dous focos.

Máquinas eléctricas transforman un tipo de enerxía eléctrica noutro (transformadores), en movemento (motores) ou ben transforman enerxía mecánica en eléctrica (xeradores).

Máquinas hidráulicas operan con líquidos, como as bombas ou as turbinas hidráulicas.

Mecanismos transforman un tipo de movemento noutro, como a biela-manivela ou as engrenaxes.

Núria Espert

Núria Espert i Romero, nada en L'Hospitalet de Llobregat o 11 de xuño de 1935, é unha actriz catalá de teatro, cine e televisión e directora de ópera.

Teresa Claramunt

Teresa Claramunt Creus, nada en Sabadell o 4 de xuño de 1862 e finada en Barcelona o 11 de abril de 1931, foi unha dirixente anarcosindicalista catalá.

Xosé María Castroviejo

Xosé María Castroviejo Blanco-Cicerón, nado en Santiago de Compostela o 4 de marzo de 1909 e finado en Tirán (Moaña) o 23 de marzo de 1983, foi un xornalista e escritor galego.

Xoán Rof Carballo

Xoán Rof Carballo, nado en Lugo o 10 de xuño de 1905 e finado en Madrid o 11 de outubro de 1994, foi un médico galego e un dos principais ensaístas da editorial Galaxia durante as décadas de 1950 e 1960, participando nalgunhas publicacións conxuntas realizadas por Galaxia como 7 ensayos sobre Rosalía.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.