Gran Bretaña

Gran Bretaña é a maior illa de Europa, situada no noroeste deste continente, entre o mar do Norte, o Golfo de Irlanda e o Canal da Mancha.

Gran Bretaña
Great Britain
LocationIslandGreatBritain
Localización da illa
Satellite image of Great Britain and Northern Ireland in April 2002
Situación
PaísReino Unido Reino Unido
ArquipélagoIllas Británicas
MarOcéano Atlántico
Coordenadas53°50′00″N 2°25′00″O / 53.83333, -2.41667Coordenadas: 53°50′00″N 2°25′00″O / 53.83333, -2.41667
Xeografía
XeoloxíaIlla continental
Superficie209.331 km²
Punto máis alto1.344 m. Ben Nevis
Demografía
CapitalLondres (pob. 8.615.246)
Poboación60.800.000[1] (Censo 2011)
Lingua propiaInglés, escocés, galés, gélico escocés, córnico

División Política

A illa conforma a maior parte do Estado de Reino Unido, e está dividida en tres dos países que o conforman: Inglaterra, no centro-sur da illa; Escocia, no norte; e Gales, no centro-oeste.

Xeografía

Véxase tamén: Xeografía de Inglaterra , Xeografía de Escocia e Xeografía de Gales.

Gran Bretaña atópase ao noroeste da Europa continental e ao leste de Irlanda. Está separada do continente polo Mar do Norte e o Canal da Mancha, que reducese a 34 km. no Estreito de Dover.[2] Ocupa unha superficie de 209.331 km², excluindo todas as illas pequenas ao redor do arquipélago.[3] O Canle do Norte, o Mar de Irlanda, o Canal de San Xurxo e o Mar Céltico separan a illa da illa de Irlanda ao oeste.[4] A illa atópase conectada fisicamente coa Europa continental a través do Canal da Mancha, co máis longo túnel ferroviario submarino do mundo que se completou en 1993. Xeograficamente, a illa caracterízase por unha paisaxe baixa, con suaves outeiros no leste e o sur, mentres que os outeiros e montañas predominan nas rexións occidentais e norteñas. Está rodeado por máis de 1.000 pequenas illas e illotes. A maior distancia entre dous puntos é de 968 km. (entre Land's End, Cornualles e John O'Groats, Caithness), ou 1.349 quilómetros usando a rede viaria nacional.

O Canal da mancha crese que creouse entre 450.000 e 180.000 anos atrás. Ao redor de 10.000 anos atrás, durante o Último período glacial ca baixa do nivel do mar, Gran Bretaña non era unha illa, senón unha rexión de terras altas do norte de Europa occidental, situada parcialmente debaixo da capa de xeo de Eurasia. O nivel do mar estaba 120 m. más baixo que en hoxe en día, e o leito do Mar do Norte estaba seco e actuou como unha ponte de terra a Europa, agora coñécese como Doggerland. Xeralmente se pensa que o nivel do mar subiu gradualmente logo do final do último período glacial da idade de xeo actual, Doggerland quedou mergullado baixo o Mar do Norte, cortando o que antes era a península británica do continente europeo en torno ao 6.500 antes de Cristo.

Historia

Ver artigo principal: Historia de Gran Bretaña

Esta illa é o centro do Reino Unido e, como tal, a súa historia avanza xunto a el. O sur de Gran Bretaña foi conquistado polos romanos. Durante as invasións bárbaras, foi invadida polos saxóns.

Durante a Idade Media estivo dividida entre os actuais países que a conforman hoxe, cunha moi clara hexemonía sobre os demais de Inglaterra. Aínda que Gales pronto caeu no poder de Inglaterra, Escocia non se uniu a ela moito despois.

Durante a Idade Moderna, o Reino Unido foi acadando cada vez máis poder, e na Idade Contemporánea converteuse no Estado máis poderoso do mundo, cando era chamada Imperio Británico, e foi onde primeiro chegou a Revolución Industrial, converténdose así esta illa nunha das rexións máis importantes do mundo.

O ser unha illa axudou moito ó Reino Unido a defenderse do exterior, frustrando así os intentos de invasión doutros países: España durante o reinado de Filipe II, Francia durante o reinado de Napoleón, e Alemaña durante o seu bloqueo da I Guerra Mundial e durante a súa invasión aérea na II Guerra Mundial.

Poboación

A poboación é moi heteroxénea desde hai séculos nesta illa.

Relixión

Hai en Gran Bretaña unha división relixiosa: calvinistas e outros protestantes, anglicanos e católicos. A Idade Moderna foi moi convulsa para a illa debido ás persecucións relixiosas, e por esta razón houbo tantos emigrantes ingleses cara ás terras extraeuropeas que tiña naquel momento o Reino Unido.

Etnias

Tamén hai moita diversidade no sentido de razas e culturas, pois a parte de dividirse entre galeses, escoceses e ingleses, o feito de que Londres fora o centro dun inmenso imperio colonial atraeu durante o século XX a moitos inmigrantes das colonias, de orixe india, africana, caribeña etc.

Idiomas

Hoxe en día, fálanse en Gran Bretaña catro linguas principais, á parte das que falan as comunidades de inmigrantes doutros países: o inglés, o galés, o escocés e o gaélico escocés, con moi claro predominio da primeira, pois fálase por practicamente toda a poboación, mentres que as outras tres son faladas por minorías mesmo en Gales e Escocia.

Cidades

Inglaterra

Escocia

Gales

Notas

  1. 2011 Census: Population Estimates for the United Kingdom. No censo de 2011, a poboación de Inglaterra, Gales e Escocia estimábase aproximadamente en 61.370.000, 60.800.000 en Gran Bretaña, e 570.000 noutras illas. Retrieved 23 de xaneiro de 2014
  2. accessed 14 November 2009
  3. United Nations Environment Programme (UNEP) ISLAND DIRECTORY TABLES "ISLANDS BY LAND AREA". Retrieved from http://islands.unep.ch/Tiarea.htm on 13 August 2009
  4. "Limits of Oceans and Seas, 3rd edition + corrections" (PDF). International Hydrographic Organization. 1971. p. 42 [corrections to page 13]. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xuño de 2015. Consultado o 14 August 2010.
Ana de Gran Bretaña

Ana de Gran Bretaña, nada en Londres o 6 de febreiro de 1665 e finada o 1 de agosto de 1714, foi a raíña de Gran Bretaña e Irlanda de marzo de 1702 ata a súa morte.

Gran Bretaña xurdiu da unión de Inglaterra e de Escocia nun único reino, en maio de 1707. Ana era a segunda filla do rei Xacobe II de Inglaterra, deposto en 1689 pola Revolución Gloriosa. Sucedeu ao xenro, o príncipe Guillerme de Orange, viúvo da súa irmá máis vella María II, sendo a última monarca da Casa de Estuardo. Foi substituída por un curmán afastado, o futuro rei Xurxo I, da Casa de Hannóver.

Britania

Britania (Britannia en latín) é o nome dado polos romanos á provincia que ocupaba o sur da actual illa de Gran Bretaña. Como provincia romana, existiu entre os séculos I e V.

O xentilicio é britano/aBritania romana (latín: Britannia ou, posteriormente, Britanniae, "os Británicos") era a área da illa de Gran Bretaña que estivo gobernada polo Imperio romano, do 43 ao 410 d.C. Comprendía case a totalidade de Inglaterra e Gales e, por un curto período, o sur de Escocia.

Xulio César invadíu Gran Bretaña nos anos 55 e 54 a.C. como parte da súa Guerra das Galias. De acordo con César, os britóns, foran invadidos ou culturalmente asimilados por outras tribos celtas durante a Idade de Ferro británica e axudaron aos inimigos de César. Recibiu tributos, instalou ao rei amigo Mandubracio sobre os trinovantes e volveu á Galia. As invasións planificadas por Augusto canceláronse nos anos 34, 27 e 25. No ano 40, Calígula reuniu 200.000 homes na parte da canle do continente, só para recoller cunchas ('Mexillóns segundo Suetonio, quizais como un xesto simbólico para proclamar a vitoria de Calígula sobre o mar. Tres anos máis tarde, Claudio dirixiu a catro lexións para invadir Gran Bretaña e restaurar ao rei exiliado Verica sobre os Atrebates. Os romanos derrotaron aos Catuvellaunos, e logo organizaron a súa conquista como a Provincia de Gran Bretaña (latín: Provincia Britannia). No ano 47, os romanos ocuparan as terras ao sueste da Fosse Way. O control de Gales demorouse polos reveses e os efectos da revolta de Boadicea, pero os romanos estendéronse de forma constante cara ao norte.

A conquista romana de Gran Bretaña continuou baixo o mando de Cneo Xulio Agrícola (77–84), que expandiu o Imperio Romano ata Caledonia. No verán do 84, Agrícola enfrontouse aos exércitos dos Caledonianos, liderados por Calgaco, na Batalla do monte Graupius. Tácito estimou que as vítimas de batalla estaban en torno aos 10.000 homes no lado caledonio e ao redor de 360 homes do lado romano. O baño de sangue de Monte Graupius concluíu a conquista durante corenta anos de Gran Bretaña, un período que causou a morte de entre 100.000 e 250.000 británicos. No contexto da guerra preindustrial e dunha poboación total de cerca de 2 millóns de británicos, estas son cifras moi elevadas.Baixo os emperadores do século II, Adriano e Antonino Pío, construíronse dous muros para defender a provincia romana dos caledonianos, cuxos reinos nas Highlands escocesas nunca foron controlados. Ao redor do 197, as reformas de Septimio Severo dividiron a Gran Bretaña en dúas provincias: Britannia Superior e Britannia Inferior. Durante as reformas de Diocleciano, a finais do século III, Britannia foi dividida en catro provincias baixo a dirección de un vicario, que administrou a Diocese dos Britanicos. Unha quinta provincia, Valentia, é testemuñada no século IV. Durante gran parte do período posterior da ocupación romana, Britania estivo suxeita a invasións bárbaras e a miúdo estivo baixo o control de usurpadores romanos imperiais e pretendentes imperiais. O fin do dominio romano en Britania ocorreu ao redor do 410. Considérase que os reinos nativos da Britania posromana se formaron entón.

Trala conquista dos británicos, xurdiu unha cultura romano-británica distintiva cando os romanos introduciron melloras na agricultura, planificación urbana, producción industrial, e arquitectura. A deusa romana Britannia converteuse na personificación feminina de Gran Bretaña. Despois das invasións iniciais, os historiadores romanos xeralmente mencionan a Gran Bretaña de pasada. Deste xeito, a maioría dos coñecementos actuais derivan de investigacións arqueolóxicas e evidencias epigrafcas ocasionaisalabando os logros en Britania dun emperador romano. Roman citizens settled in Britain from many parts of the Empire.

Canal da Mancha

O canal da Mancha (inglés: English Channel, francés: la Manche, alemán: Ärmelkanal, bretón: Mor Breizh, córnico: Mor Bretannek, neerlandés: Het Kanaal) é a parte do océano Atlántico que separa a illa principal da Gran Bretaña do norte da Francia e une o mar do Norte ao Atlántico e que se estende por unha superficie duns 75.000 km², comunicando o mar do Norte polo paso de Calais polo leste e o océano Atlántico polo oeste.

Cornualles

Cornualles, Cornualle ou Cornualla (en inglés: Cornwall; en córnico: Kernow) é un condado administrativo e cerimonial, que ocupa unha grande parte da península do mesmo nome, constituíndo o extremo sudoccidental de Inglaterra. Os seus habitantes, os córnicos, están recoñecidos como unha minoría nacional polo Reino Unido desde o 24 de abril de 2014.

As súas costas, recortadas, son bañadas polo mar Céltico ó norte e oeste e polo canal da Mancha ó sur, e culminan na parte oeste, no chamado Fin da Terra, que equivalería á Fisterra galega ou á Finistèrre bretoa.

O tamén coñecido como país do estaño está ó oeste do condado de Devon, sendo o río Tamar a súa fronteira. A estrada principal que mediante a que se comunica co resto da illa de Gran Bretaña é a A38, que cruza o Tamar en Plymouth grazas á ponte do Tamar; e a A30 que cruza a fronteira sur do Launceston. Un transbordador tamén une Plymouth coa cidade de Torpoint ó outro lado do Hamoaze. Unha ponte ferroviaria (a Royal Albert Bridge), construída por Brunel en 1859, completa a outra gran vía de transporte.

As illas Scilly están asociadas a Cornualles.

Cornualles é tamén un ducado pertencente á coroa británica que ten asociado o título de Duque de Cornualles. O moderno ducado é propietario do 2% do territorio, así como outras grandes áreas ó longo de Gran Bretaña.

Na actualidade, este título osténtao Camila de Cornualles (Camilla Parker Bowles denantes da súa voda co príncipe de Gales, Carlos de Inglaterra).

Escocia

Escocia (en inglés: Scotland; en escocés: Scotland; en gaélico escocés: Alba) é un país que forma parte do Reino Unido. É o máis setentrional dos catro países constituíntes que forman o Reino Unido. Xunto con Inglaterra e Gales, forma parte da illa de Gran Bretaña, e abrangue un terzo da súa superficie total. Ademais da parte de Escocia localizada na illa de Gran Bretaña, o territorio escocés consta de máis de 790 illas, incluíndo as Shetland, as Orcadas e as Hébridas. Limita ao norte e oeste co Océano Atlántico; ao leste co Mar do Norte, ao sur con Inglaterra e ao suroeste coa Canle do Norte e o Mar de Irlanda. O territorio escocés comprende 78.772 km2, e a súa poboación estímase en 5 116 900 habitantes, o que dá unha densidade de poboación de 65 habitantes por km2.

Edimburgo, a capital do país e segunda meirande cidade, é un dos centros financeiros de Europa. Edimburgo foi o centro da Ilustración escocesa do século XVIII, que transformou a Escocia nunha das potencias comerciais, intelectuais e industriais de Europa. Glasgow, a cidade máis grande, foi outrora unha das cidades industriais máis importantes do mundo e hoxe atópase no centro da aglomeración de Gran Glasgow. As augas territoriais escocesas abranguen unha parte importante do Atlántico Norte e do Mar do Norte, contendo unha das maiores reservas de petróleo da Unión Europea. Por este motivo, Aberdeen, a terceira cidade de Escocia, ten o título de capital europea do petróleo.O Reino de Escocia foi un estado independente durante a Alta Idade Media, e continuou a súa existencia ata 1707. Nesa data produciuse unha unión persoal na que se asinaron as Actas de Unión con Inglaterra, para crear o 1 de maio de 1707 o Reino Unido da Gran Bretaña. A unión produciuse malia a oposición popular e as revoltas anti-unión en Edimburgo, Glasgow e noutras partes. O Reino Unido de Gran Bretaña entrou posteriormente noutra unión política co Reino de Irlanda, o 1 de xaneiro de 1801, para crear o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda.

O sistema legal escocés mantívose separado do de Inglaterra, Gales e Irlanda do Norte, polo que é considerada en dereito internacional como unha entidade xurídica distinta. A existencia de institucións legais, educativas e relixiosas distintas permitiron a supervivencia da cultura e da identidade nacional escocesa dende a Unión de 1707. En 1999 recuperou un poder lexislativo, o Parlamento de Escocia, grazas ó referendo de 1997, e volveu reunir a autoridade sobre moitas áreas dos asuntos de interior. En maio de 2011, o Scottish National Party (SNP, Partido Nacional de Escocia) gañou con ampla maioría as eleccións ó parlamento. Como resultado, celebrarouse un referendo de independencia o 18 de setembro de 2014, que rexeitou a independencia por un 55% contra o 45%, e cunha participación do 85%.Escocia é membro do Consello británico-irlandés, e da Asemblea parlamentaria británico-irlandesa, así como no acordo da Common Travel Area. Escocia é representada na Unión Europea e no Parlamento Europeo con seis MEPs.

Gales

O País de Gales (Galés: Cymru; IPA pronunciado: /ˈkəmrɨ/, “Camri aproximadamente”) é unha das catro nacións constitutivas do Reino Unido, situada nunha península ao suroeste da illa de Gran Bretaña e limitada polos condados ingleses de Cheshire, Shropshire, Herefordshire e de Gloucestershire ao leste, a canle de Bristol (Môr Hafren) ao sur, o canal de San Xurxo (Sianel San Siôr) ao suroeste, e o mar irlandés (Môr Iwerddon) ao oeste e ao norte, e tamén polo esteiro do río Dee (Afon Dyfrdwy) no nordeste. En total cobre unha área de 20 720 km de norte a sur e duns 96 km de leste a oeste. Na actualidade (2005) conta cunha poboación de case tres millóns de habitantes e as cidades máis poboadas son Cardiff, capital de Gales con 300 000 habitantes, e Swansea con 190 000.

O ascetismo monástico galés, un sistema lexislativo secular altamente desenvolvido (Cyfraith Hywel) e unha tradición literaria distintiva ilustran un sentido forte da identidade cultural, que emerxeu nos galeses despois da retirada romana de Gran Bretaña no século V. Dos principais principados e reinos que existían en Gales, Gwynedd conservou a independencia ata o século XIII, cando foi conquistado tamén por Inglaterra. Porén, a anexión e a abolición formais da lei galesa non ocorreron ata o século XVI. O País de Gales (con todas as rexións unidas baixo un goberno) nunca foi un estado soberano, aínda que un número de principados rivais seguían sendo independentes ata a conquista inglesa. A partir do século XIX o País de Gales converteuse nunha das rexións máis industralizadas da época, provendo ao imperio británico e ás súas colonias extensas cantidades de carbón e de aceiro. O sector do servizo alcanzou só recentemente á industria como principal sector na economía de Gales. A pesar dun PIB máis baixo que o doutras rexións da Gran Bretaña, o diferencial entre o nivel de vida no País de Gales con outras partes de Gran Bretaña, non é excesivamente pronunciado. A partir do século XX ten lugar un renacemento da conciencia nacional galesa (xunto cun cambio de tendencia no descenso da lingua galesa).

Inglaterra

Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co Mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co Océano Atlántico, Gales e o Mar de Irlanda. A súa capital é Londres, a maior área urbana do Reino Unido e unha das maiores da Unión Europea.

Inglaterra converteuse nun estado unificado no ano 927 e toma o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas asentadas no sur da illa durante os séculos quinto e sexto. Inglaterra tivo, e segue a ter, un impacto cultural e legal ao redor de todo o mundo, sendo o lugar de orixe da lingua inglesa, da Igrexa Anglicana e do Dereito Inglés, o cal puxo as bases do Dereito nos sistemas legais da maioría dos países do mundo. Ademais, en Inglaterra naceu a Revolución Industrial sendo o primeiro país do mundo en acadar a industrialización.

Nela atópase a Royal Society, a cal mantén fundacións da ciencia moderna experimental. Inglaterra ten a democracia parlamentaria máis antiga do mundo, polo tanto, moitas innovacións constitucionais, gobernamentais e legais, que teñen a súa orixe en Inglaterra, foron posteriormente adoitadas por outras nacións.

O Reino de Inglaterra (incluíndo Gales) continuou como un estado independente ate o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino Unido de Gran Bretaña.

Irlanda

Irlanda ( pronunciación ) (en irlandés: Éire, [ˈeː.ɾʲə] (AFI), escoitar; en inglés: Ireland, [ˈaɪərlənd] ou [ˈɑrlənd] (AFI), escoitar), oficialmente República de Irlanda ( pronunciación ) (en irlandés: Poblacht na hÉireann; en inglés: Republic of Ireland) é un país do noroeste de Europa que forma parte da Unión Europea (UE). A súa capital é Dublín (en irlandés: Baile Átha Cliath e en inglés: Dublin). No ano 1949 declarouse o estado irlandés como a República de Irlanda (en inglés Republic of Ireland, en irlandés: Poblacht na hÉireann). Ás veces chámaselle coloquialmente a Illa esmeralda, facendo referencia á intensa cor verde dos campos irlandeses. Está no centro e sur da illa de Irlanda e ocupa a maior parte.

A Illa de Irlanda é polo seu tamaño a terceira illa de Europa e a vixésima do mundo. Atópase ao noroeste da Europa Continental, no lado occidental do Mar de Irlanda, ao oeste da illa de Gran Bretaña, e atópase rodeada por centenares de illas menores e illotes. Dous países posúen soberanía sobre a illa, a República de Irlanda, un país independente, que ocupa aproximadamente cinco sextas partes da illa, e Irlanda do Norte, unha rexión administrativa do Reino Unido, que ocupa a sexta parte restante, no extremo nororiental da illa.

A illa de Irlanda está tradicionalmente dividida en catro rexións ou provincias: Leinster (irlandés: Laighin), Ulster (irlandés: Cúige Uladh), Connacht (irlandés: Connachta) e Munster (irlandés: An Mhumhain).

Mitoloxía nórdica na cultura popular

A mitoloxía nórdica, preservada nos textos antigos islandeses como a Edda poética, a Edda prosaica e outras lendas e sagas, foi pouco coñecida fóra de Escandinavia ata o século XIX. Coa publicación xeneralizada dos mitos e lendas nórdicas, as referencias a deuses e heroes nórdicos espalláronse a través da cultura literaria europea, especialmente en Escandinavia, Alemaña e Gran Bretaña. No pasado século XX, as referencias á mitoloxía nórdica fixéronse comúns na ciencia ficción e na fantasía literaria, xogos de rol, e eventualmente outros produtos culturais como a animación xaponesa.

Monarquía

Monarquía (do grego: monos 'un' e archeien 'gobernante') é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, káiser, tsar, xeque... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como na república), mais exérceo

por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie)

recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.

Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.

Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei Filipe VI de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno) é Pedro Sánchez. Outros exemplos son o Reino Unido (raíña: Isabel II do Reino Unido e primeiro ministro: David Cameron), Suecia, Países Baixos etc.

Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, a raíña Isabel II do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros de Canadá, Bahamas o Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.

Monarquía británica

Os monarcas británicos son aqueles que gobernaron a algún dos dous reinos máis importantes de Gran Bretaña, Escocia e Inglaterra ou á unión destas dúas coroas con Irlanda primeiro e Irlanda do Norte despois, formando o Reino Unido (de Gran Bretaña e Irlanda do Norte).

Pobo inglés

Os ingleses (inglés: english people), son unha nación e grupo étnico nativo de Inglaterra, que fala a lingua inglesa. A identidade inglesa ten orixe medieval, cando eran coñecidos en inglés antigo como Angelcynn ("familia dos anglos"). O seu etnónimo provén dos anglos, un dos pobos xermánicos que migraron cara a Gran Bretaña durante o século V. Inglaterra é un dos países do Reino Unido.

Historicamente, a poboación inglesa descende de diferentes pobos — os antigos britanos e as tribos xermánicas que se asentaron en Britania despois da marcha dos romanos, incluíndo os anglos, os saxóns, os xutos e os frisóns. Coñecidos colectivamente como anglosaxóns, fundaron o que se convertería en Inglaterra (do inglés antigo Englaland) xunto cos dinamarqueses, normandos e outros grupos. Na Lei de Unión (1707), o Reino de Inglaterra foi sucedido polo Reino de Gran Bretaña. Co paso dos anos, a identidade e costumes ingleses foron identificados coa identidades e os costumes británicos en xeral.

O pobo inglés son os responsables da lingua inglesa, do sistema Westminster, do dereito anglosaxón e de numerosos deportes, como o crícket, o fútbol, o rugby e o tenis. Estas e outras características da cultura inglesa espalláronse por todo o mundo, en parte por mor do Imperio Británico.

Reino Unido

O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda. Á parte desta fronteira, o Reino Unido está rodeado ao norte e ao oeste polo océano Atlántico, ao leste polo Mar do Norte, ao sur polo Canle da Mancha e ao oeste polo mar de Irlanda. A illa máis grande, Gran Bretaña, está unida a Francia polo Eurotúnel.

O Reino Unido é unha monarquía parlamentaria comprendida por catro países constituíntes; Escocia, Inglaterra, Irlanda do Norte e Gales; que teñen como xefe de Estado á raíña Sabela II. As Dependencias da Coroa das Illas da Canle e a Illa de Man non forman parte do Reino Unido, pero si forman unha federación con el. O Reino Unido ten catorce Territorios de Ultramar, todos eles vestixios do que foi o Imperio Británico, que na súa cúspide territorial chegou a abranguer preto dun cuarto da superficie terrestre do planeta. É un país desenvolvido e polo volume neto do seu produto interno bruto é considerado como a quinta economía a nivel mundial.

O país foi a principal potencia mundial durante o século XIX e o comezo do século XX, pero o custo económico das dúas guerras mundiais e o declive do seu imperio na segunda parte do século XX diminuíron o seu rol de líder nas relacións internacionais. Con todo, o Reino Unido mantén unha significativa influencia económica, cultural, militar e política e é unha potencia nuclear. Ademais, é un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas con dereito a veto, e é membro do G8, a OTAN, a Unión Europea (agora en proceso de saída. Véxase: Brexit) e a Mancomunidade Británica de Nacións.

Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda

O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda foi un estado que existiu entre o 1 de xaneiro de 1801 e o 12 de abril de 1927 nas Illas Británicas formado pola fusión do Reino de Gran Bretaña e o Reino de Irlanda coa sinatura da Lei de Unión de 1800.

Despois da independencia de Irlanda, o 6 de decembro de 1922, cando o Tratado Angloirlandés de 1921 entrou en vigor, o nome oficial continuou en uso ata que foi cambiado polo de Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte mediante a Lei de Títulos Reais e Parlamentarios de 1927. A parte da illa de Irlanda que se separou do Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda en 1922 hoxe constitúe a República de Irlanda.

Reino de Gran Bretaña

O Reino de Gran Bretaña foi un reino da Europa Occidental, entre 1707 e 1800. Foi creado a partir da unión das coroas de Escocia e Inglaterra, baixo a Acta de Unión de 1707 (Union Act, 1707), que fora establecido para formar un único país na illa de Gran Bretaña. Un novo parlamento e goberno foi creado en Westminster, Londres. Os dous antigos reinos compartían as súas monarquías e Xacobe VI de Escocia, pasando a ser Xacobe I de Inglaterra en 1603.

En 1707 deixaron de existir ambas as monarquías, pasando a haber só unha, a Coroa de Gran Bretaña e tamén que deixou de existir o Parlamento de Escocia e o Parlamento de Inglaterra, substituídos polo Parlamento de Gran Bretaña: parlamentarios de ambas as nacións tiñan asento en Londres, na Cámara dos Comúns e na Cámara dos Lores. A representación escocesa era menor porque a súa poboación era menor. Baixo os termos do "Union Act" Escocia elixía 45 parlamentarios para a Cámara dos Comúns e enviaba 16 á Cámara dos Lores. A Acta de Unión de 1800 uniu o reino de Gran Bretaña co reino de Irlanda, que fora tomado gradualmente polo control británico entre 1169 e 1691, para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. Esta tamén foi unha decisión impopular, levándose a cabo xusto despois da infrutuosa Rebelión dos Irlandeses Unidos de 1798. A ocasión elixida para esta unión, cando se temeu unha intervención ou invasión napoleónica, foi debida principalmente a problemas de seguridade.

Saxóns

Os saxóns (en latín: Saxones, en inglés antigo: Seaxe, en saxón antigo: Sahson, en baixo alemán: Sassen, en alemán: Sachsen, en danés: Saksen) foron o pobo xermánico que invadiu e emigrou á illa de Gran Bretaña no século V xunto cos anglos e os xutos. Fortemente emparentados cos anglos, debían ó seu nome ás armas que usaban, unhas espadas curvas chamadas sax. Estaban fortemente relacionados cos anglos e os frisios.

Os saxóns vivían daquela nunha área que comprendía dende o leste dos actuais Países Baixos ata o itsmo da península de Xutlandia, abranguendo o que hoxe en día é o estado alemán de Baixa Saxonia. Do saxón antigo derivan o actual baixo saxón e o inglés.

Os saxóns que emigraron a Gran Bretaña estableceron tres reinos: Essex, Sussex e Wessex, este último o máis poderoso dos tres. Foron o pobo máis numeroso dos invasores, e tamén o máis cruel segundo as crónicas; crese que chegando a facer limpezas étnicas da poboación indíxena britón-romana.

Os saxóns que ficaron en Alemaña foron sometidos por Carlomagno séculos despois, para logo ser un dos estados importantes do Sacro Imperio Romano-Xermánico, xa ocupando o ducado de Saxonia, que abranguía o actual estado de Saxonia.

Thomas Jefferson

Thomas Jefferson, nado en Shadwell (Virxinia) o 13 de abril de 1743 e finado en Charlottesville (Virxinia) o 4 de xullo de 1826, foi o segundo vicepresidente e o terceiro presidente dos Estados Unidos.

Foi embaixador en Francia de 1785 a 1789. Secretario de Estado (ministro de Exteriores) de Washington de 1790 a 1793, cargo do que dimitiu polas súas desavinzas con Alexander Hamilton.

De 1797 a 1800 ocupou a vicepresidencia baixo o federalista John Adams. As eleccións dese ano (1800) produciron unha rotunda vitoria para o Partido Republicano. O Congreso elixiuno terceiro presidente dos EUA (1801-1804), cargo para o que foi reelixido (1805-1809).

A súa importancia na historia vén dada por que foi o principal autor da Declaración de Independencia dos Estados Unidos de América de 1776. Jefferson foi un dos Pais Fundadores máis influentes, coñecido pola súa promoción dos ideais do republicanismo e do liberalismo nos Estados Unidos. Visulizou a América como a forza detrás dun gran "imperio da liberdade" que promovese a democracia e a loita contra o imperialismo británico.

Os principais acontecementos que tiveron lugar durante a súa presidencia inclúen a Compra da Luisiana (1803) e a Expedición de Lewis e Clark (1804-1806), así como a escalada de tensións con Gran Bretaña e Francia, que conduciron á guerra con Gran Bretaña en 1812, despois de deixar o cargo.

Universidade de Cambridge

A Universidade de Cambridge é a segunda universidade de fala inglesa máis antiga, despois de Oxford. Segundo a lenda, a Universidade de Cambridge, en Inglaterra, foi fundada en 1209 por académicos que fuxiron de Oxford, tras unha liorta con axentes de dita cidade. O rei Henrique III de Inglaterra concedeulles o monopolio da ensinanza naquel lugar en 1231.

Canda á Universidade de Oxford, a Universidade de Cambridge forma a unha gran cantidade dos máis destacados científicos, escritores e políticos de Gran Bretaña. Ambas institucións son coñecidas conxuntamente co nome de Oxbridge e son integrantes do Russell Group.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.