Grajal de Campos

Grajal de Campos é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 254 habitantes (INE 2011).

Coordenadas: 42°54′10″N 5°8′35″O / 42.90278, -5.14306

Grajal de Campos
Escudo de Grajal de Campos (León)
Castillo de Grajal de Campos (León)
Castelo de Grajal de Campos, Ben de Interese Cultural.
Localización
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaLeón
ComarcaTierra de Sahagún
Xeografía
Altitude794 msnm
Superficie25,37 km²
Demografía
Poboación254 hab. (2011)
Densidade10,01 hab./km²
XentilicioGraliarenses
Outros datos
Código postal24340
AlcaldeFrancisco Espinosa López (PP)
Páxina oficial

Localidades

  • Grajal de Campos

Véxase tamén

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Camiño Francés

O Camiño Francés ou Camiño Real é a ruta principal entre as distintas variantes que ofrecen os Camiños de Santiago. Recolle os peregrinos procedentes de Europa e percorre o norte da península desde Roncesvalles (Navarra) ou Somport (Huesca) ata Santiago de Compostela. No seu percorrido vai acollendo outras vías que conflúen nesta en diferentes puntos; esta imaxe de diferentes camiños confluíndo nun mesmo destino final quérese ver representada na figura da vieira como símbolo do Camiño.

Pode considerarse como o Camiño de Santiago por antonomasia por ser, con diferenza, a vía máis frecuentada dos diferentes Camiños: en 2016 foi a vía escollida por 176.329 peregrinos rexistrados pola Oficina do Peregrino (un 63,38% do total); en segundo lugar, moi lonxe, estaría o Camiño Portugués, cunhas porcentaxes do 16-18%.. Tamén é a vía mellor sinalizada e a que conta cun maior número de albergues ó longo do seu percorrido.

Como o resto dos Camiños, tivo numerosas ramificacións e rutas alternativas polas que os peregrinos buscaban achegarse ós distintos santuarios que existían ou se foron construíndo ó longo do Camiño ou, simplemente, optar por rutas máis seguras ou máis cómodas.

A Historia Compostelá, escrita pola contorna do bispo Diego Xelmírez a partir do ano 1109 recolle a primeira referencia documentada sobre o número de peregrinos que ían cara a Santiago. Relata o asombro do emir Alí ibn Yúsuf (1083-1143) cando, na súa viaxe a Galicia para falar coa raíña Urraca, observou a marea de peregrinos e preguntou:

O Camiño de Santiago Francés foi declarado pola UNESCO Patrimonio da Humanidade en 1993, ampliado ás rutas francesas en 1998. Tamén fora declarado o 23 de o utubro de 1987 "Primeiro Itinerario Cultural Europeo" polo Consello de Europa e está recoñecido como a Rúa Maior de Europa.

Castelo de Doiras

O castelo de Doiras, tamén coñecido como Castelo da Ferrería, é unha fortificación medieval. Sitúase no alto dun risco á beira do río Cancelada, no lugar de Doiras, na parroquia de Vilarello, do concello lugués de Cervantes, preto da Ferrería de Fonquente.

Castelo de Grajal de Campos

O Castelo de Grajal de Campos é unha construción militar do XVI situada en Grajal de Campos (provincia de León), sobre os restos doutro castelo anterior do século X. Considéraselle o primeiro castelo artilleiro de España. É un impresionante edificio deseñado polo arquitecto Lorenzo de Aldonza, levada a cabo entre os anos 1517 e 1521, por orde de Hernando de Vega, e finalizado polo seu fillo, Juan de Vega, primeiro conde de Grajal de Campos. Ten planta cuadrangular con 4 torres grandes onde se emprazaban os canóns de maior calibre. Está construído sobre un pronunciado noiro. Foi declarado Monumento Nacional o 3 de xuño de 1931.O castelo foi recheado de terra, e a pesar do seu excelente estado de conservación non foi restaurado.

Lista de concellos de España por provincia

Existen en España 8.124 concellos. O concello máis setentrional é Mañón (A Coruña), o máis meridional é El Pinar de El Hierro (Santa Cruz de Tenerife), o máis occidental é La Frontera (Santa Cruz de Tenerife) e o máis oriental é Maó (Illas Baleares). O máis extenso é Cáceres e o máis poboado Madrid.

As seguintes son listas de concellos de España ordenados por diferentes categorías.

Concellos por comunidade autónoma

Concellos por provincia

Concellos máis poboados

Concellos máis extensos

Mosteiro de Santa María da Santa Espiña

O mosteiro da Santa Espiña é un mosteiro cisterciense que se atopa no vale do río Bajoz nos Montes Torozos. Sitúase no municipio de Castromonte na provincia de Valladolid, comunidade autónoma de Castela e León, España.

Os monxes cistercienses chegaron ó mosteiro no ano 1147, enviados dende Claraval por san Bernardo de Claraval a petición da infanta-raíña Sancha Raimúndez quen, o 20 de xaneiro de 1147, doou para a fundación do mosteiro as súas herdades en San Pedro da Espiña e en Santa María de Aborridos. O seu irmán, o rei Afonso VII, estando en Zamora, confirmou esta doazón dous anos despois, o 6 de abril de 1149.En 1575 os mestres canteiros cántabros Juan de Nates e Juan Ribero de Rada deseñan as novas trazas do mosteiro mentres que Juan da Vega actúa como fiador. Nates non termina a obra e lle encarga a súa finalización a Juan de Naveda.

Na actualidade, o mosteiro pertence á Xunta de Castela e León, dedicándose á formación de capataces agrarios e outros profesionais do sector agrícola.

Raimundo de Borgoña

Raimundo de Borgoña, tamén coñecido como Reimundo de Borgoña, nado en Besançon cara a 1070 e finado en Grajal de Campos no 24 de maio de 1107, foi un nobre do Condado de Borgoña, fillo do conde Guillerme I e irmán do papa Calisto II.

No ano 1087 acudiu á península ibérica, xunto con outros nobres franceses, para deter o avance dos exércitos almorábides, vencedores das forzas cristiáns na batalla de Zalaca. Durante a súa estadía foi concertada unha alianza política que incluía o seu casamento coa infanta Urraca, filla e herdeira do rei Afonso VI, o que o colocou no primeiro posto da liña sucesoria. O rei Afonso confioulle dúas importantes tarefas, o goberno dun Reino de Galicia no que se tiña desencadeado recentemente unha revolta nobiliar que ameazaba coa secesión do territorio, e a defensa das terras fronteirizas cos reinos musulmáns, en especial da recentemente anexionada taifa de Toledo.

Froito dos seus esponsais con Urraca naceron dous fillos, a infanta-raíña Sancha Raimúndez e o futuro emperador Afonso VII, primeiro rei da chamada dinastía de Borgoña nos reinos de Galicia, León e Castela.

Río Araduey

O río Araduey, é un curso fluvial afluente do río Douro pola súa marxe dereita, de 146 quilómetros.

Nace en Vallehondo, marca o límite entre as provincias de León e Palencia, achégase a Grajal de Campos, atravesa Sahagún e entra nas provincias de Valladolid e Zamora. Desemboca en Villagodio. O seu principal afluente é o Sequillo. Nel péscanse o barbo e a carpa.

Tierra de Campos

Tierra de Campos (Terra de Campos) é unha bisbarra natural localizada na Comunidade Autónoma de Castela e León, que se estende polas provincias de Palencia, Valladolid, Zamora e León.

A súa orixe está no chamado "Campo de Galiza" (Campus Gallaeciae) do Baixo Imperio Romano, que co tempo recibirá o nome de "Campos Góticos" (Campi Gothici ou Campi Gothorum), tendo a súa capital histórica en Palencia.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.