Google Books

Google Books (chamado anteriormente Google Book Search e Google Print) é un servizo en liña vía web para a consulta de publicacións. A busca faise en libros e publicacións periódicas dixitalizadas de todo o mundo que Google converte en texto con programas de recoñecemento de caracteres. O servizo foi presentado por Google en outubro de 2004 na Feira do Libro de Frankfurt[1].

Google Books
Google Books logo 2015
Desenvolvedor(es)Google
Sistema operativoCalquera (aplicación web)
TipoProcura de texto en liña
Sitio webbooks.google.com

Funcionamento

Elphel-Camera-353
Cámara Elphel 323.

Moitos dos textos son dixitalizados empregando a cámara Elphel 323, un proxecto de hardware libre e software libre[2][3] a unha velocidade de 1.000 páxinas por hora[4] tamén empregada por Google en Google Street View.

As buscas en Google Books amósanse no buscador web de Google indicando a obra e a referencia onde aparece o termo. O resultado da busca amosa o libro e a páxina ou páxinas onde aparece referenciado. Dependendo da licenza que se empregue, dereitos reservados, cedidos ou no dominio público, a información amosada será máis ou menos explícita de xeito que dalgúns libros só están dispoñibles os datos básicos: nome do autor, título, editorial e ISBN ou dados similares, nestes casos nin se amosa a portada do libro. Outros libros están parcialmente accesos. De xeito que os editores con acordos con Google amosan algunhas das páxinas da obra libremente mentres que outras, na maioría, non. O acordo compleméntase con ligazóns a editoriais e distribuidoras onde se poden mercar as publicacións. Outras obras, as menos, están completamente accesibles. Son xeralmente obras que xa están descatalogadas ou foron feitas para ser amosadas publicamente.

Google Campus2 cropped
Googleplex, en Mountain View, California, sede da empresa.

O texto das obras amosadas non está acceso para a función copiar e pegar co rato xa que se amosa como imaxes o texto.Os usuarios rexistrados en Google teñen a posibilidade de formar unha biblioteca virtual á que engadir os títulos dos que gusten e consultalos cando desexen.

Notas

  1. Historia de la Búsqueda de libros de Google (en castelán).
  2. Google currently uses Elphel cameras for book scanning and for capturing street imagery in Google Maps
  3. ""Adapted firmware of Elphel 323 camera to meet needs of Google Book Search"". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2006. Consultado o 31 de xullo de 2008.
  4. Kelly, Kevin (14-5-2006). "Scan This Book!". New York Times Magazine. Consultado o 7-3-2008. When Google announced in December 2004 that it would digitally scan the books of five major research libraries to make their contents searchable, the promise of a universal library was resurrected. ... From the days of Sumerian clay tablets till now, humans have "published" at least 32 million books, 750 million articles and essays, 25 million songs, 500 million images, 500,000 movies, 3 million videos, TV shows and short films and 100 billion public Web pages.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Antón Tovar

Non confundir con Antonio Tovar Llorente (Valladolid 1911-1985), filólogo, lingüista e historiador.Antón Tovar Bobillo, nado na Pereira, Rairiz de Veiga, en 1921 e falecido en Ourense o 16 de xuño de 2004, foi un poeta galego que escribiu en lingua castelá e lingua galega, encadrado na chamada promoción de enlace. A súa obra está marcada polo pesimismo, o sentimento poético sincero e auténtico, o existencialismo, o intimismo e a preocupación social, ademais da baldía procura de deus. Foi membro correspondente e de honra da Real Academia Galega.

Billboard

Billboard é unha revista semanal estadounidense adicada á industria musical, sendo unha das revistas comerciais máis antigas no mundo. Mantén varias listas musicais recoñecidas internacionalmente, que seguen as cancións e álbums máis populares en varias categorías de forma semanal. As dúas máis destacables son a Billboard Hot 100, que clasifica cancións con máis vendas físicas sen ter en conta o seu xénero; e a Billboard 200, que corresponde ás vendas de álbums.

Carl von Linné

Carl Linnaeus , (en sueco: Carl Nilsson Linnæus, latinizado como Carolus Linnaeus, tamén coñecido logo do seu ennobrecemento como Carl von Linné), nado o 23 de maio de 1707 en Råshult, na antiga provincia de Småland, Suecia, e finado o 10 de xaneiro de 1778 en Uppsala, foi un científico, médico, botánico e zoólogo sueco que estableceu os fundamentos para o esquema moderno da nomenclatura binomial. É recoñecido como «o pai da taxonomía moderna» e fundador da bioxeografía vexetal. Linné introduciu o concepto de «economía natural» para argumentar como os organismos, creados por "Deus", se organizan entre si e contribúen ao perfecto funcionamento da natureza; e o cal foi das primeiras nocións da ecoloxía.Linné realizou unha gran parte dos seus estudos superiores na Universidade de Uppsala e cara a 1730 empezou a dar conferencias de botánica. Viviu no estranxeiro entre 1735 e 1738, onde estudou e publicou unha primeira edición da súa Systema Naturae nos Países Baixos. De volta a Suecia converteuse en profesor de medicina e de botánica en Uppsala. Durante a década de 1740, realizou varias expedicións a través de Suecia para recoller e clasificar plantas e animais. Durante as décadas de 1750 e 1760, continuou recollendo e clasificando animais, plantas e minerais, publicando varios volumes sobre o tema.

No momento da súa morte era recoñecido como un dos científicos máis importantes en toda Europa. O filósofo suízo Jean-Jacques Rousseau envioulle a mensaxe: "Dígalle que non coñezo un home máis grande na Terra". O escritor alemán Goethe escribiu: "Coa excepción de Shakespeare e Spinoza, non coñezo ninguén, entre os que xa non viven, que me influíse máis intensamente". O autor sueco Strindberg escribiu: "Linné era en realidade un poeta que se converteu en naturalista". Entre outros cumpridos, Linné foi chamado "Princeps Botanicorum" ("Príncipe de Botánicos"), "O Plinio do Norte" e "O Segundo Adán". Así mesmo, é considerado heroe nacional de Suecia.En 1959, Linné foi designado lectotipo de Homo sapiens, cousa que significa que segundo as regras de nomenclatura, Homo sapiens foi definido de xeito válido como a especie de animal á cal pertencía Linné.

En botánica, a abreviación de autor usada para indicar a Linné como autoridade para os nomes de especies é L.

Colección Salnés

A colección Salnés foi unha colección literaria de Editorial Galaxia dedicada a primeiras edicións de poesía contemporánea en lingua galega. Estaba dirixida por Celso Emilio Ferreiro, Emilio Álvarez Blázquez e Salvador Lorenzana (pseudónimo de Francisco Fernández del Riego).

Dialnet

Dialnet é un portal de Internet de difusión da produción científica hispana, que botou a andar no ano 2001, especializado en ciencias humanas e sociais. A súa base de datos, de acceso libre, foi creada pola Universidad de La Rioja e constitúe unha hemeroteca virtual que conten os índices das revistas científicas e humanísticas de España, Portugal e Latinoamérica, incluíndo tamén libros (monografías), teses de doutoramento, homenaxes e outro tipo de documentos. O texto completo de moitos dos documentos está dispoñible en liña.

No portal colaboran numerosas universidades españolas e hispanoamericanas que fan os volcados de sumarios de revistas. Tamén incorpora bases de datos con documentos noutras linguas.

Dicionario biográfico de Galicia

O Dicionario biográfico de Galicia, en tres volumes, foi publicado a partir de novembro de 2010 por Ir Indo Edicións.

Diciopedia do século 21

A Diciopedia do século 21, subtitulada Dicionario enciclopédico da lingua galega e da cultura universal ilustrado, é un dicionario e enciclopedia universal, en tres volumes, editada no ano 2006 conxuntamente por Edicións do Cumio, Editorial Galaxia e Edicións do Castro.

Etnografía

A etnografía (do grego ethnos (έθνος) - "tribo, pobo", grapho (γράφειν) - "eu escribo"; literalmente "descrición dos pobos") é un método de investigación da antropoloxía. Consiste na compilación de datos no terreo e tendo como informantes aos integrantes dunha comunidade dada. Os datos recolleitos consisten na descrición pormenorizada dos seus costumes, crenzas, mitos, xenealoxías, historia etc. Dita información obtense maiormente por medio de longas entrevistas con membros da comunidade ou informantes claves delas.

Fernando Cabo Aseguinolaza

Fernando Cabo Aseguinolaza, nado en Santiago de Compostela o 4 de xullo de 1961, é un escritor e profesor universitario galego.

Ibias

Ibias é un concello de Asturias. Limita ao norte coa Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Allande, ao leste con Cangas del Narcea e Degaña, ao sur con Peranzais e Candín e polo oeste con Navia de Suarna. O concello cobre unha superficie de 230 km² e contaba cun total 1.903 habitantes no ano 2005, o que dá unha densidade de poboación de 8,27 h/km². Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira.

Mar do Norte

O mar do Norte é un mar marxinal do océano Atlántico, situado entre as costas de Noruega e Dinamarca no leste, as das illas británicas ao oeste e as de Alemaña, os Países Baixos, Bélxica e Francia ao sur. O estreito de Skagerrak constitúe unha especie de baía ao leste do mar, o cal conéctao co Báltico a través da baía de Kattegat; tamén está conectado co Báltico mediante a canle de Kiel. A canle da Mancha a través do paso de Calais conéctao ao resto do Atlántico polo sur, mentres que polo norte conecta en través do mar de Noruega, que é o nome que adopta o mar ao norte das illas Shetland.

As mareas son bastante irregulares xa que conflúen nel unhas correntes provenientes do norte e outra do sur. Hai moita choiva e néboa durante todo o ano, e do noroeste veñen violentas tormentas que fan a navegación perigosa.

Ten unha superficie duns 750 000 km², unha lonxitude aproximada de 960 km e unha anchura máxima de 480 km. É un mar moi pouco profundo, cunha profundidade media de 95 metros: de feito que no banco Dogger, no medio do mar e a unha profundidade duns 25 metros, atoparonse restos de mamuts, proba de que durante a última glaciación ou ben estaba cuberto de xeo ou ben estaba emerxido. Co desxeo, o banco converteuse nunha especie de último reducto en forma de illa.

Ten importantes xacementos de petróleo e gas natural, os cales comezaron a explotarse nos anos 1970.

Á súa vez divídese en tres partes: mar de Wadden, Skagerrak e Kattegat

O mar do Norte constitúe unha zona de forte tránsito marítimo, de explotación petrolífera e de pesca.

Membrana celular

A expresión membrana celular usouse con dous significados diferentes:

Membrana plasmática, a membrana que universalmente envolve o citoplasma das células. Este uso de membrana celular non é o orixinal, pero está extraordinariamente estendido, sobre todo nos textos de fala inglesa, nos que con frecuencia cell membrane se usa como sinónimo de plasma membrane . Cando se usa en plural (cell membranes) faise referencia a todas as membranas da célula.

Parede celular, tamén chamada membrana de secreción, unha cuberta máis ou menos resistente que cobre a todas ou á maioría das células das plantas, os fungos e os protistas pluricelulares. En realidade, con microscopio óptico non se distingue a parede celular da membrana plasmática e inicialmente considerábase como un todo, polo que este conxunto foi o significado orixinal de membrana celular. Este significado de membrana celular apenas se usa actualmente.

Metro cadrado

Enténdese por metro cadrado a superficie que ocupa un cadrado que mide un metro de cada lado. Representado co símbolo m² é a unidade básica do Sistema Internacional de Unidades para a superficie, sendo derivada da unidade básica metro.En agrimensura, utilízanse algunhas unidades derivadas do metro cadrado, como a área (equivalente a 100 metros cadrados, 1 decámetro cadrado) e a hectárea (equivalente a 10.000 metros cadrados, 1 hectómetro cadrado). De aquí sae a sinonimia entre centiárea e metro cadrado, que son o mesmo.

Número cardinal

Os números cardinais indican a cantidade de elementos dun conxunto e reflíctense nos conceptos de números naturais e de números enteiros. Por exemplo, considerando o conxunto de extremidades do corpo humano e chamándolle a este conxunto E, E = {brazo dereito, brazo esquerdo, perna dereita, perna esquerda}, o cardinal do conxunto é 4. Pódese dicir, xa que logo, que:

|E| = 4

card(E) = 4

#E = 44 é un número natural e un número enteiro positivo.

Opsonina

As opsoninas son moléculas que se encontran no soro sanguíneo, que actúan como receptores na superficie das células que facilitan a fagocitose ou activan o sistema do complemento. O termo opsonina úsase principalmente para referirse aos aos anticorpos IgG, que cobren as membranas das células e facilitan a fagocitose ao expoñeren os extremos Fc de ditos anticorpos ás células fagocíticas, que teñen receptores para eles. As IgM tamén se consideran opsoninas, xa que activan o sistema do complemento, aínda que non son efectivas na activación da fagocitose, porque as células fagocíticas non teñen receptores Fc específicos para as IgM. Ás veces tamén se chaman opsoninas ás moléculas que se unen á célula para a súa destrución a través da acción das células asasinas naturais (NK). As opsoninas son moléculas séricas, que recobren o antíxeno ou microbio e funcionan unha ponte entre o antíxeno e o fagocito.

Foron descubertas en 1903 por Almroth Wright, que describiu como a fagocitose era reforzada por anticorpos específicos (é dicir, as opsoninas). O seu nome procede do grego opson, condimento. Cando unha célula ou antíxeno está cuberto de opsoninas dise que está opsonizado, e o fenómeno denomínase opsonización.

Pobo suízo

Os suízos (en alemán: die Schweizer, en francés: les Suisses, en italiano: gli Svizzeri, en romanche: ils Svizzers) son os cidadáns de Suíza. O xentilicio deriva do topónimo de Schwyz e foi empregado para referirse a toda a Antiga Confederación Suíza dende o século XVI.Malia a Confederación Suíza, o moderno estado de Suíza, xurdido en 1848 e o período de nacionalismo romántico, non é un estado nación, e os suízos non adoitan a ser considerados como un único grupo étnico, mais si unha confederación (alemán: Eidgenossenschaft) ou alemán: Willensnation ("nación por vontade" ou "nación por elección" que é o estado consociacional), un termo acuñado en contraste co de "nación" no senso lingüístico ou étnico do termo.

O número de suízos medrou dende 1,7 millóns en 1815 até 6,76 millóns en 2009, cun 90% deles vivindo en Suíza. Arredor dun 60% dos que viven fóra do país residen na Unión Europea (uns 446 412). O meirande grupo de descendentes suízos fóra de Europa reside nos Estados Unidos e no Canadá.

Puberdade

A puberdade é un período no que ocorren mudanzas biolóxicas e fisiolóxicas. É neste período cando o corpo se desenvolve física e mentalmente tornándose maduro e o adolescente queda capacitado para xerar fillos. Non debe ser confundida como sinónimo da adolescencia, xa que a puberdade forma parte da adolescencia.

Nesta fase, obsérvanse mudanzas tales como: crecemento de pelos, crecemento dos testículos e aparición dos seos, aumento dos cadeiras nas rapazas e tórax nos rapaces. O marco principal da puberdade para os homes é a primeira exaculación, que ocorre de media ós 13 anos. Para as mulleres, é o inicio da menstruación, que ocorre de media entre 12 e 13 anos. No século XXI, a idade media na que os nenos acadan a puberdade é menor en comparanza co século XIX, cando era de 15 anos para as rapazas e 16 para os rapaces. Isto pode deberse ós produtos químicos dos alimentos ou a unha mellor nutrición.As hormonas sexuais difiren para os homes e as mulleres, mais non son totalmente exclusivos de cada sexo. Nos homens, os testículos secretan entre outras hormonas a testosterona e nas mulleres o ovario fabrica o estróxeno. As gónadas e as glándulas suprarrenais de ámbolos dous sexos producen o estróxeno e a testosterona, mas é variábel a cantidade. As características biolóxicas son universais e ocorren de xeito semellante en tódolos seres humanos.

A puberdade tamén axita as emocións dos adolescentes e afecta no seu comportamento, principalmente no seu desexo sexual. Tanto nos rapaces coma nas rapazas, as mudanzas da puberdade non son tanto físicas como psicolóxicas. As alteracións hormonais espertan a sensibilidade sexual e, consecuentemente, é neste período que moitos adolescentes comezan esporadicamente a ter relacións sexuais.

Ramón Otero Pedrayo

Ramón Otero Pedrayo, nado en Ourense o 5 de marzo de 1888 e finado na mesma cidade o 10 de abril de 1976, foi un escritor, político e intelectual galego. Membro da Xeración Nós, ingresou nas Irmandades da Fala en 1918. Foi responsable da área de xeografía do Seminario de Estudos Galegos e deputado polo Partido Galeguista nas Cortes Constituístes republicanas. Traballou na aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1936. Fiel á causa galeguista durante a Guerra civil española, foi expedientado. Foi membro da Real Academia Galega e presidiu a Editorial Galaxia. Participou no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento. É autor dunha ampla obra narrativa, ensaística e dramática.

A Fundación Otero Pedrayo e a Fundación Penzol conservan a súa biblioteca e arquivo. En 1988 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Soong Mei-ling

Soong Mei-ling ou Soong May-ling (en chinés: 宋美齡, en pinyin Sòng Měilíng), nada en Shangai contra 1897 e finada en Nova York o 23 de outubro de 2003, tamén coñecida como Madame Chiang Kai-shek ou Madame Chiang, foi unha figura política chinesa que serviu como primeira dama da República da China, esposa do Xeneralísimo e presidente Chiang Kai-shek. Soong tivo un papel prominente na política da República da China e foi cuñada de Sun Yat-sen, fundadora e líder da República. Estivo activa na vida civil do seu país e tivo moitos postos honorarios e activos, incluíndo a dirección da Universidade Católica Fu Jen. Durante a segunda guerra sino-xaponesa congregou o seu pobo contra a invasión xaponesa e en 1943 dirixiu unha xira de conferencias de oito meses nos Estados Unidos de América para obter apoios. Foi a máis nova e última supervivente das tres irmás Soong e a súa vida estendeuse por tres séculos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.