Gonzalo Navaza

Gonzalo Ramón Navaza Blanco, nado en Lalín o 28 de febreiro de 1957, é un escritor galego, tradutor, estudoso da toponimia, actor de teatro e profesor titular de literatura na Universidade de Vigo. Actualmente vive en Peitieiros (Gondomar).

Gonzalo Navaza
Gonzalo Navaza Blanco 2012
Nacemento28 de febreiro de 1957
 Lalín
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor, lingüista e tradutor
IrmánsXavier Navaza

Traxectoria

É o menor de once irmáns, entre eles Xavier e Luís. En 1983 tivo que facer o servizo militar, tendo como destinos Figueres e Berga, en Cataluña.

Como escritor ten cultivado diversos xéneros. Dirixiu a elaboración dos dicionarios de galego de Edicións Xerais de Galicia no ano 1988, chegando a crear o máis vendido da historia do galego, O pequeno Xerais.

O seu labor de investigador da toponimia callou na publicación de Fitotoponimia galega, un voluminoso volume editado pola Fundación Pedro Barrié de la Maza onde analiza os topónimos do sueste galego procedentes de nomes de plantas. Neste campo de traballo tamén desenvolve a súa actividade na Asociación Galega de Onomástica (AGOn, onde xa colaborou na organización de dous congresos internacionais) e na Comisión de Toponimia, encargada oficialmente pola Xunta de Galicia de fixar as formas escritas dos topónimos de Galicia. Como docente, impartiu cursos de galego para emigrantes en Basilea e de lingua e literatura galegas en Salvador na Universidade Federal da Bahia, (Brasil), e na actualidade é profesor na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo.

En 1997 tivo un grave accidente automobilístico que o fixo estar un mes en coma e, posteriormente, sete meses hospitalizado en cama. Co trauma do accidente aínda fresco na retina e na mente, Gonzalo Navaza recibiu numerosos premios.

No ano 2012 incorporouse á Real Academia Galega como académico correspondente.[1][2]

Forma parte do grupo de traballo que desenvolve o Paradigma da Continuidade Paleolítica para as orixes das linguas indoeuropeas.[3]

Obra

Gonzalo Navaza Blanco

Poesía

Narrativa

Ensaio

Traducións

  • A chamada da selva de Jack London, 1982, Xerais.
  • Sherlock Holmes, detective, de Arthur Conan Doyle, Xerais, 1985.Trad. e edición con Francisco Bedoya.
  • Robinson Crusoe, de Daniel Defoe, 1986, Xerais.
  • O can dos Baskerville, de Arthur Conan Doyle, Xerais, 1987. Trad. con Marisa Méndez Anta.
  • Mitos da antiga Grecia, de Robert Graves, 1989, Xerais.
  • As cousas (unha historia dos anos sesenta), de Georges Perec, 1991, Edicións do Cumio.
  • As flores do mal, de Charles Baudelaire, 2008, Galaxia.
  • A traxedia do home, de Imre Madách. Madách Könivtár, Budapest, 2002. Trad. con Azstalos Lajos.
  • Os ensaios (escolma), de Michel de Montaigne, 2016, Universidade de Santiago de Compostela.

Edicións

Obras colectivas

  • Sherlock Holmes, detective, de Arthur Conan Doyle, 1985, Xerais. Tradución e edición con Francisco Bedoya.
  • Diccionario Xerais da lingua, Xerais.
  • Pequeno diccionario Xerais da lingua, Xerais.
  • O can dos Baskerville, de Arthur Conan Doyle, 1987, Xerais. Tradución con Marisa Méndez Anta.
  • Diccionario Xerais castelán-galego de usos, frases e sinónimos, 1990, Xerais.
  • Diccionario Xerais de sinónimos, termos afíns e contrarios, 1995, Xerais.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996), 1996, Xerais.
  • Xesús Ferro Couselo: a cultura dos devanceiros, 1996, Xerais. Con Xosé Ramón Pena.
  • Intifada. Ofrenda dos poetas galegos a Palestina, 2003, Fundación Araguaney.
  • Narradio: 56 historias no ar, 2003, Xerais.
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra, 2003, Espiral Maior.
  • Poetas e Narradores nas súas voces. Volume 2, 2006, Consello da Cultura Galega.
  • Actas do I Congreso Internacional de Onomástica Galega "Frei Martín Sarmiento": Santiago de Compostela, 2, 3, e 4 de setembro de 2002, 2007, Asociación Galega de Onomástica.
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000 = Dezasete poetas galegos 1975-2000, 2008, Universidade da Coruña.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015, libro electrónico).

Premios

Notas

  1. "A universidade estréase na Real Academia Galega cun 'triplete'". Diario da Universidade de Vigo. Consultado o 20 de xullo de 2012.
  2. Listaxe de académicos correspondentes da Real Academia Galega. Páxina web da RAG. Consultado o 20 de xullo de 2012.
  3. [1]. Páxina do Paradigma da Continuidade Paleolítica. Consultado o 27 de abril de 2017.

Véxase tamén

Ligazóns externas

28 de febreiro

O 28 de febreiro é o 59º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 306 días para finalizar o ano, 307 nos anos bisestos.

Abreu

Abreu é un topónimo galego e portugués. Segundo Edelmiro Bascuas é un hidrónimo relacionable co fitotopónimo abellana nux. Gonzalo Navaza asóciao cos topónimos Vila-Pouca de Guillabreu e O Sillabreu. Pode referirse a:

Abreu, sinalado en 1747 como lugar da freguesía de Merufe, no concello de Monção;Amais, como apelido pode referirse a:

Xoán Abreu (n. 1965), director de escena e actor galego;

Sebastián Abreu (n. 1976), futbolista uruguaio;

Anna Abreu (n. 1990), cantante pop-dance luso-finlandesa;

Cláudia Abreu (n. 1970), actriz brasileira.

Agón

Agón (grego clásico ἀγών) é unha palabra do grego antigo que ten varios significados:

Por unha banda, referíase a un concurso ou competición, especialmente os Xogos Olímpicos (Ὀλυμπιακοὶ Ἀγῶνες), ou un desafío relacionado con festas relixiosas.

Nun sentido amplo de enfrontamento ou competición, agón referíase a unha competición de atletismo, música, literatura, carreiras de cabalos ou de bigas nun festival público da Grecia antiga.

Agón tamén era unha personificación mitolóxica das devanditas competicións. Este deus estaba representado nunha estatua en Olimpia con halteres (ἁλτῆρες) nas mans. Esa estatua era obra do escultor Dionisio de Argos, e fora encargada por Smicythus de Rhegium.

No teatro da Grecia antiga, particularmente na comedia antiga (século V a. C.), agón refírese á convención formal pola que o conflito entre os personaxes debe fornecer a base da acción. Agón é un debate formal que manteñen os personaxes principais dunha obra de teatro grega, protagonista e antagonista, a miúdo co coro actuando como xuíz. O personaxe que fala de segundo sempre gaña o agón, xa que a última palabra sempre é súa. O significado do termo chegou a sobardar os límites da súa orixe clásica para designar, de xeito máis xenérico, o conflito en que se basea unha obra literaria.

Harold Bloom na súa obra The Western Canon (O canon occidental) usa o termo agón para se referir ás ocasións en que un escritor tenta resolver un conflito intelectual entre as súas ideas e as dun predecesor influente, co resultado de que "o peixe grande come o pequeno", como no capítulo 18: "Joyce's Agon with Shakespeare".

AGOn é tamén a abreviatura habitual da Asociación Galega de Onomástica, onde colaboran por exemplo Xosé María Lema Suárez, Elixio Rivas Quintas ou Gonzalo Navaza Blanco.En galego hai diversas palabras derivadas de agón, como agonía, protagonista, antagonista etc.

Arthur Conan Doyle

Sir Arthur Ignatius Conan Doyle, nado en Edimburgo o 22 de maio de 1859 e finado o 7 de xullo de 1930, foi un escritor escocés que acadou gran sona pola creación do personaxe de Sherlock Holmes, detective de ficción famoso no mundo enteiro.

Biblioteca Virtual Galega

A Biblioteca Virtual Galega, tamén coñecida polas siglas BVG, é unha biblioteca dixital da Universidade da Coruña e a deputación provincial, accesible a través da Internet, estreada no ano 2002.

Cerdedo-Cotobade

Cerdedo-Cotobade é un concello da provincia de Pontevedra creado o 22 de setembro de 2016 a partir da fusión dos concellos de Cerdedo e Cotobade. Ten 5.815 habitantes (suma de datos do IGE 2018) e unha superficie de 214,5 km². Limita cos concellos de Pontevedra, Campo Lameiro, A Estrada, Forcarei, A Lama e Ponte Caldelas.

Cerdido

Cerdido é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 1249 habitantes (1361 no 2010, 1496 no 2006, 1522 no 2005, 1558 no 2004, 1589 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cerdidense».

Enciclopedia Galega Universal

EGU redirixe aquí, para a Unión de Xeociencias Europea véxase European Geosciences Union.

A Enciclopedia Galega Universal, coñecida tamén polas siglas EGU, é unha enciclopedia de referencia da cultura galega que conta con 200.000 entradas e 30.000 ilustracións. Foi posta en marcha na súa versión en papel en 1999 (hoxe está conformada por 16 tomos, con máis de oito mil páxinas), e contou cunha versión dixital dende 2008.

Erros e Tánatos

Erros e Tánatos é un libro de relatos de Gonzalo Navaza, publicado en abril de 1996 por Edicións Xerais. En 1998 acadou o Premio Arcebispo San Clemente. En 2019 publicouse a 25ª edición.

Manzaneda

Manzaneda é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Trives e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal (INE 2018) conta con 890 habitantes (435 homes e 455 mulleres) (1.150 en 2004).

Navaza

O topónimo galego Navaza pode referirse a:

Navaza, lugar da parroquia de Cumeiro no concello de Vila de Cruces.Amais, como apelido pode referirse a:

Xavier Navaza, xornalista galego (n 1948);

Gonzalo Navaza, escritor, tradutor e estudoso da toponimia (n. 1957).

Nigrán

Nigrán é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 17.715 habitantes (8.684 homes e 9.031 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nigranés.

Premio Eusebio Lorenzo Baleirón

O Premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón foi instituído en 1988 polo concello de Dodro co obxectivo de contribuír á reafirmación da lírica galega e honrar ao poeta Eusebio Lorenzo Baleirón. Os poemarios gañadores publícanse, a partir de 1992, na Colección de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón de Edicións do Castro.

Premio da Crítica de poesía galega

O Premio da Crítica de poesía galega é un premio literario de España que, desde 1976, concede a Asociación Española de Críticos Literarios dentro da convocatoria anual do Premio da Crítica, e onde se valora o que se considera o mellor poemario escrito en galego, publicado no ano anterior.

Revista Bravú

Bravú foi unha revista editada por Xerais na década de 1990 en Galiza. Nela escribiron persoeiros das artes relacionados co movemento homónimo, o chamadao bravú, entre estes Xurxo Borrazás, Gonzalo Navaza, Suso de Toro, Xurxo Souto, Fran Alonso ou Santiago Jaureguízar. Destacou como revista de contidos alternativas cunha mirada satírica sobre a realidade do país. O seu director foi Xosé Manuel Pereiro e no comité de redacción estaba xente como Manuel Rivas ou Manu Chao. O deseño gráfico correu a cargo de María Luaces.

Robinson Crusoe

Robinson Crusoe é unha novela do escritor Daniel Defoe, publicada por vez primeira o 25 de abril de 1719. A primeira edición acredita ó protagonista da obra, Robinson Crusoe, como o autor, o que levou a moitos lectores a crer que se trataba dunha persoa real e que o libro era unha crónica de acontecementos reais.Presentado dun xeito epistolar, confesional e didáctico, o libro é como unha autobiografía do personaxe principal (cuxo nome de nacemento é Robinson Kreutznaer), un náufrago que pasa 28 anos nunha illa deserta preto de Trinidad, onde se encontra con caníbales, presos e amotinados antes de ser rescatado. Crese que a historia pode estar baseada na vida de Alexander Selkirk, un náufrago escocés que viviu durante catro anos nunha illa do Pacífico chamada "Más a Tierra", hoxe parte de Chile, que foi renomeada como Illa Robinson Crusoe en 1966.Malia o seu estilo narrativo sinxelo, Robinson Crusoe foi ben recibida polo mundo literario e a miúdo é considerada como a obra que marcou o comezo da ficción realista como xénero literario. Tamén é considerada como a primeira novela inglesa. Antes do remate de 1719, o libro xa tiña catro edicións, e converteuse nun dos libros máis publicados da historia, xerando tantas imitacións, non só na literatura senón tamén no cinema, televisión e radio, que o seu nome se utiliza para definir un xénero, a Robinsonada.

Foi traducida ó galego por Gonzalo Navaza e publicada por Edicións Xerais no ano 1986. No ano 2005, foi publicado de novo coa tradución de Pichel dentro da colección Biblioteca Galega de Clásicos Universais.

Toponimia

Para a política de toponimia de Wikipedia, véxase Wikipedia:Toponimia.Toponimia é a división da onomástica que estuda os topónimos, nomes propios de lugares, a súa orixe e evolución; é considerada unha parte da lingüística, con fortes ligazóns coa historia, a arqueoloxía e a xeografía. Tamén se usa o vocábulo toponimia para referírmonos ao conxunto dos nomes dos lugares dun territorio concreto. A toponimia está constituída polos nomes de carácter xeográfico ou topográfico.

Tánatos

Na mitoloxía grega, Tánatos (en grego Θάνατος Thánatos, «morte») era a personificación da morte non violenta. O seu toque era suave, como o do seu irmán xemelgo Hipnos, o soño. A morte violenta era o dominio das súas irmás, amantes do sangue, as Keres, asiduas ao campo de batalla. O seu equivalente na mitoloxía romana era Mors.

Era unha criatura dunha escuridade aglaiante. Homero e Hesíodo facíanlle fillo de Nix, a noite, e xemelgo de Hipnos, insinuando que ambos os irmáns discutían cada noite quen se levaría a cada home. Desempeña un papel pequeno nos mitos, pois quedou ensombrecido por Hades, o señor dos mortos.

Na arte, Tánatos representábase como un home novo con barba levando unha bolboreta, unha coroa ou un facho investido nas súas mans. Ás veces ten dúas ás e unha espada suxeita ao seu cinto.

Libros:

Erros e Tánatos - Gonzalo Navaza

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.