Gonzalo López Abente

Gonzalo Francisco López Abente, nado en Muxía o 24 de marzo de 1878 e finado na mesma vila o 23 de xullo de 1963, foi un escritor en lingua galega que cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía, baseando na Costa da Morte boa parte da súa obra. Dirixiu a Irmandade da Fala de Muxía. En 1971 foi homenaxeado no Día das Letras Galegas.

Gonzalo López Abente
Gonzalo López Abente
Nacemento24 de marzo de 1878
 Muxía
Falecemento23 de xullo de 1963
 Muxía
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpoeta
PaiFrancisco López García
NaiXulia Abente Lago
CónxuxeBalbina Abente Myszkovski
XénerosPoesía, novela, teatro
OrganizaciónIrmandades da Fala
Seminario de Estudos Galegos
Real Academia Galega
González López Abente, firma

Traxectoria

Foi fillo de Francisco López García, capitán da mariña mercante e armador, e Xulia Abente Lago. Estaba emparentado por liña materna con Eduardo Pondal, pois Gonzalo era neto de Leandro Abente, médico de Muxía e irmán da nai de Pondal. Estudou o bacharelato en Santiago de Compostela rematando en 1893 e despois a carreira de Dereito, licenciándose en 1899. Viaxou por Francia, Bélxica e Países Baixos, pero pasou a maior parte da vida en Muxía dedicado aos negocios bancarios. Colaborou na prensa local e comarcal e chegou a dirixir El Eco de Mugía. En 1909 casou con Balbina Abente Myszkovski —filla do seu tío Victorino Abente Lago— que finou ao dar a luz en 1910, con vinte e seis anos de idade.[1]

Como autor poético, sitúase nos seus libros anteriores á guerra civil (Escuma na ribeira, Alento de raza e D'Outono) na escola do "Poeta da Raza", Ramón Cabanillas. Como narrador, gañou en 1919 a única edición do Premio de Literatura d' A Nosa Terra coa novela O deputado de Beiramar. O 20 de febreiro de 1921, estreou a súa única peza teatral, María Rosa, correndo a representación a cargo do Cadro de Declamación das Irmandades da Fala da Coruña. Trátase dunha novela naturalista, valiosa non tanto por supor unha renovación estética senón pola súa temática feminista.

López Abente foi integrante das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos e presidente da Asociación de Escritores de Galicia. Colaborou en revistas e periódicos: El Noroeste, A Nosa Terra, Nós, Rexurdimento, Ronsel e Lar.

Co triunfo do bando franquista foi depurado do seu posto de traballo como xuíz municipal suplente. Conta diso dá o seu expediente de incautación.[2]

O 27 de xullo de 1941 ingresou na Real Academia Galega, a proposta de Manuel Casás Fernández, Alejandro Barreiro Noya e Ángel del Castillo, co discurso: "A terra e a poesía de Eduardo Pondal".[3]

En 1963 viron a luz tres libros máis de poesía da súa autoría : Nemancos, Cintileos nas ondas e Decrúa (este último póstumo).

Obra

Poesía

Narrativa

  • O diputado por Veiramar (1919. Imprenta Nova).[6]
  • O novo xuez (1922, Céltiga).
  • Buserana (1925, Lar).
  • Fuxidos... (1926, Lar).
  • Vaosilveiro (1929).
  • A narrativa mariña (2012, Xerais).

Teatro

  • María Rosa (estreada en 1921, publicada en 1928 por Nós).

Ensaio

  • A terra e a poesía de Pondal (1965, Real Academia Galega).[3]

Galería de imaxes

Buserana. 1925.
Buserana. 1925. 
Fuxidos.... 1926.
Fuxidos.... 1926. 
Placa en Muxía.
Placa en Muxía. 

Notas

  1. Biografía. Fundación Lopez Abente
  2. "Fue un gran entusiasta, afiliado, cotizante y organizador del “Frente Popular” y además peligroso por su forma de actuar, dedicándose por algún tiempo y sobre todo cuando se aproximaban las elecciones, a desarrollar una gran propaganda y campaña política en pro de dicho frente. Por su cultura (es Abogado) era siempre el que en los mitines de propaganda electoral, presentaba a los oradores socialistas, galleguistas y de izquierdas que con tal fin llegaban a Mugía, contribuyendo a envenenar el ambiente con sus palabras saturadas de extremismos. Este Sr. en unión de D. Manuel Lastres García, ambos íntimos amigos del funesto Casares Quiroga, tenían fundada una especie de Agencia de colocaciones, que utilizaban como gancho para captarse la voluntad de los vecinos pregonando que el que no fuera de izquierdas no obtendría trabajo y que si algún obrero que no fuera de sus ideales lo conseguía, devengaría jornal inferior al de los demás aunque el trabajo fuera mayor; desarrollando estos trabajos con motivo de la construcción de un muelle en aquél puerto, siendo tratados estos últimos obreros como esclavos mientras que los de izquierdas vivían bajo un régimen de favor patrocinados por el informado y su amigo el Sr. Lastres que parece blasonaban de tener “la sartén por el mango” y la influencia del citado Casares, que en dos ocasiones que estuvo en Mugía, fue obsequiado en el domicilio de estos señores con lunchs y banquete. Fue además uno de los fundadores de la Agrupación de Izquierda Republicana y de los principales cotizantes e influyentes en dicha organización, usando de lo cual cometió algunos atropellos en la preparación de las elecciones que trajeron el “frente popular”; abusando de la autoridad que ejercía como Juez Municipal Suplente en funciones, de cuyo cargo fue substituído al producirse el Movimiento Nacional. POR LO EXPUESTO SE LE INSTRUYE UN EXPEDIENTE DE INCAUTACIÓN". Expediente de depuración de López Abente (1937). Luís Lamela. Estampas de injusticia. La guerra civil del 36 en A Coruña y los documentos originados en la represión. Ediciós do Castro.
  3. 3,0 3,1 "A terra e a poesía de Eduardo Pondal" Discurso presentado na sesión extraordinaria celebrada no Paraninfo da Universidade Literaria de Santiago de Compostela o día 27 de xullo de 1941. A Coruña.
  4. Recepción de Castelao na Real Academia Galega na Coruña o 25 de xullo de 1934.
  5. Con prólogo de Salvador Lorenzana (pseudónimo de Francisco Fernández del Riego).
  6. Con prólogo de Antón Villar Ponte.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

1971

1971 foi Ano Santo Xacobeo.

23 de xullo

O 23 de xullo é o 204º día do ano do calendario gregoriano e o 205º nos anos bisestos. Quedan 161 días para finalizar o ano.

24 de marzo

O 24 de marzo é o 83º día do ano do calendario gregoriano e o 84º nos anos bisestos. Quedan 282 días para finalizar o ano.

A Nosa Terra (1916)

A Nosa Terra foi o voceiro das Irmandades da Fala (1916-1932) e do Partido Galeguista (1932-1936). Editouse integramente en galego e foi fundamental para o espallamento do ideal galeguista, así como para o achegamento a outras nacións. Publicáronse en total 422 números.

Dicionario biográfico de Galicia

O Dicionario biográfico de Galicia, en tres volumes, foi publicado a partir de novembro de 2010 por Ir Indo Edicións.

Día das Letras Galegas

O Día das Letras Galegas é un día de exaltación da lingua de Galicia a través da súa manifestación literaria. Comezou a celebrarse o 17 de maio do 1963, coincidindo co centenario da primeira edición de Cantares gallegos, de Rosalía de Castro.

Ata 2019, ano dedicado a Antón Fraguas, 59 autores (4 mulleres e 55 homes) foron homenaxeados nas 57 edicións do Día das Letras Galegas, posto que 1998 foi o único ano en que houbo unha homenaxe colectiva (en concreto, a tres trobadores ligados á Ría de Vigo).

Eladio Rodríguez González

Eladio Rodríguez González, nado en San Clodio o 24 de xullo de 1864 e finado na Coruña o 14 de abril de 1949, foi un lexicógrafo, xornalista e escritor galego. Foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934; tamén é autor dun dicionario, ó que lle dedicou toda a súa vida, moi valorado polo seu contido etnográfico, que foi editado postumamente.

Fernando Cortés Bugía

Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874 e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.

Fernando Martínez Morás

Fernando Martínez Morás, nado na Coruña o 31 de maio de 1885 e finado na provincia de León o 11 de setembro de 1937, foi un xeógrafo e escritor galego.

Francisca Herrera Garrido

Francisca Herrera Garrido, nada na Coruña o 6 de marzo de 1869 e finada o 4 de novembro de 1950, foi unha escritora galega, primeira muller elixida académica na Real Academia Galega. En 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.

Lar (editorial)

Lar foi unha editorial da Coruña, continuadora da Editorial Céltiga, que publicou con periodicidade irregular, de 1924 a 1928, unha colección de novelas curtas. Estaba dirixida por Leandro Carré Alvarellos e administrada por Ánxel Casal. Os cinco primeiros números editáronse na imprenta Moret. A capa da colección estaba deseñada por Camilo Díaz Baliño.

Cesou en 1928, dando paso á Editorial Nós.

Laureano Araujo

Laureano Xoaquín Araujo Cardalda, nado en Berna o 3 de xaneiro de 1964, é un profesor, analista político e autor galego.

Manuel Leiras Pulpeiro

Manuel Leiras Pulpeiro, nado en Mondoñedo o 25 de outubro de 1854 e finado na mesma vila o 9 de novembro de 1912, foi un escritor galego do Rexurdimento.

Dedicóuselle o Día das Letras Galegas no 1983.

Miro Villar

Arximiro Bautista Villar González, nado en Cee o 21 de marzo de 1965, é un escritor galego.

Premio de Poesía Gonzalo López Abente

O Premio de Poesía Gonzalo López Abente foi instituído en 2013 pola Fundación Gonzalo López Abente en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia. Leva o nome do xornalista e escritor de Muxía Gonzalo López Abente (1878-1963).

Ángel del Castillo

Ángel del Castillo López, nado na Coruña o 24 de xaneiro de 1886 e finado na mesma cidade o 14 de marzo de 1961, foi un historiador e arqueólogo galego, cronista oficial da Coruña. Foi membro de varias academias, fundacións e institucións culturais de diversa índole.

Membros de número da Real Academia Galega
Plenario
actual
Históricos

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.