Gonzalo Fernández de Córdoba

Gonzalo Fernández de Córdoba, nado en Montilla o 1 de setembro de 1453 e finado en Granada o 2 de decembro de 1515, foi un militar español, alcumado O Gran Capitán. Loitou na conquista de Granada e na Guerra de Nápoles ás ordes dos Reis Católicos, e está considerado o inventor da guerra moderna.

Gonzalo Fernández de Córdoba
Gonzalo Fernández de Córdoba
Nome completoGonzalo Fernández de Córdoba y Enríquez de Aguilar
AlcumeEl Gran Capitán
Nacemento1 de setembro de 1453
 Montilla
Falecemento2 de decembro de 1515
 Granada
Causamalaria
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónoficial e militar
PremiosComendador da Ordem de Santiago
GCapitan01
Gonzalo Fernández de Córdoba foi un militar español que permitiu que a Coroa de Aragón mantivese o reino de Nápoles. Polas súas vitorias foi coñecido como o gran capitán.

Traxectoria

De neno foi parte do séquito de Isabel a Católica. Loitou a favor de Isabel na guerra civil castelá e en Granada. En recompensa polos seus destacados servizos, recibiu unha encomenda da Orde de Santiago, señorío de Orjiva e algunhas rendas sobre a seda granadina, o cal contribuíu a que se enriquecese.

A guerra de Italia

El gran capitan gonzalo de cordoba
O Gran Capitán.

En 1495 foi chamado á guerra de Nápoles, onde tanto Fernando II de Aragón e o rei de Francia (naquel momento Luís XII). Tras unha corta campaña de tres anos e tras acadar importantes triunfos, volveu a España. Alí foi nomeado duque de Santángelo.

En 1500 foi enviado de novo a Nápoles para consolidar a posición de España en Nápoles tras un tratado con Francia. Os roces cos exércitos franceses, porén, conduciron ó enfrontamento con estes. Os franceses superaban amplamente en número ós españois, o que fixo que o Gran Capitán seguise tácticas defensivas, refuxiándose en prazas fortes. A grande estratexia do Gran Capitán conduciu á vitoria sobre os franceses en Ceriñola, en 1503. O comandante francés, o duque de Nemours, morreu en combate.

Grazas a esta vitoria, o exército español apropiouse de todo o reino de Nápoles. Luís XII de Francia mandou un novo exército, que foi derrotado en 1504 en Garellano. Tras estes acontecementos, o exército francés rendeuse en Gaeta.

De vicerrei á perda do favor real

Terminada a guerra de Nápoles gobernou como vicerrei de Nápoles durante catro anos, mais foi deposto do goberno por temores de Fernando de Aragón de que se volvese demasiado poderoso e se independizase. O Gran Capitán intentou dar contas ó rei de que non tiña pensado traizoalo (no Arquivo de Simancas).

O Gran Capitán retirouse a entón a Loja, aínda que tiña desexos de volver a Italia, e morreu en 1515.

Véxase tamén

1 de setembro

O 1 de setembro é o 244º día do ano do calendario gregoriano e o 245º nos anos bisestos. Quedan 121 días para finalizar o ano.

2 de decembro

O 2 de decembro é o 336º día do ano do calendario gregoriano e o 337º nos anos bisestos. Quedan 29 días para finalizar o ano.

Aguilar de la Frontera

Aguilar de la Frontera é un concello andaluz situado no suroeste da provincia de Córdoba. O municipio atópase na comarca da Campiña Sur Cordobesa e é cabeza do partido xudicial do mesmo nome. As súas coordenadas xeográficas son 37º 31' N, 4º 39' O. Atópase a unha altitude de 280 msnm e a uns 50 km da capital de provincia, Córdoba. A súa superficie é de 167,6 km². No ano 2008 tiña 13 692 habitantes e unha densidade de poboación de 82,01 hab/km².

Batalla de Ceriñola

A Batalla de Ceriñola aconteceu o 21 de abril de 1503, entre os exércitos españois e os franceses, durante a segunda guerra de Italia, en Ceriñola, Apulia, na Italia meridional. As forzas españolas, baixo Gonzalo Fernández de Córdoba, o Gran Capitán, formaban un total de por 8000 homes, con máis de 1000 arcabuceiros, e 20 canóns, derrotaron ós franceses, 32000 homes, principalmente cabalería pesada e piqueiros suízos, con preto de 40 pezas de artillería, e conducido por Louis de Armagnac, duque de Nemours, que atopou a morte nesta batalla.

Gonzalo Fernández de Córdoba enfrontábase a un exército catro veces superior, pero tiña moitas vantaxes estratéxicas, pois ocupara as alturas de Ceriñola, e atrincheirara os seus soldados con empalizadas, fosos e estacas, y a súa artillería foi colocada mellor que a francesa. A maioría das súas forzas eran de infantería (á que el formara nas novas unidades chamadas coronelías, que eran a semente dos terzos) armado cunha mestura de picas, arcabuces e espadas, revolucionaran o exército español, centrado tamén na cabalería durante os séculos X-XV, debido á Reconquista contra os musulmáns.

Este exército facía fronte a outro francés case feudal, ca preponderancia da cabalería pesada, e cun alto número de mercenarios (neste caso suízos), pero, ó mesmo tempo, este exército tiña máis artillería que a española. Este paradoxo sería constante na primeira metade do século XVI nos exércitos franceses.

A batalla comezou cunha carga da cabalería francesa, contra o centro do exército español, pero foi disolta polo fogo de artillería dúas veces. O asalto seguinte intentou acabar co flanco dereito español, mais a cabalería francesa foi esnaquizada polo fogo dos arcabuceiros españois, morrendo neste momento o duque de Nemours. Dado o comando ó suízo Chandieu, a infantería helvética foi derrotada por un contraataque en conxunto da infantería e cabalería española (esta última atacando polos flancos), sendo obrigado a fuxir. O resultado foi unha derrota francesa total, que permitiu a España consolidar a súa posición en Italia.

Carlos VIII de Francia

Carlos VIII de Francia, coñecido coma o afable, nado o 30 de xuño de 1470 en Amboise e finado o 7 de abril de 1498 na mesma cidade, foi rei de Francia desde 1483 ata a súa morte. Fillo de Luís XI de Francia e de Carlota de Savoia.

Coronelía

A coronelía é unha formación militar ideada polo "Gran Capitán" Gonzalo Fernández de Córdoba e utilizada con grande efectividade durante as Guerras Italianas de 1494 - 1559.

Representaba a evolución natural das vellas compañías de milicia, efectivas en escaramuzas e combates en frontes reducidas, pero pouco apropiadas para unha campaña a grande escala.

Así, as compañías foron integradas nunha unidade maior: a coronelía, que constaba de catro daquelas. Isto permitía unha potencia de combate maior sen renunciar á manobrabilidade das compañías.

A medida que os exércitos europeos evolucionaban, aumentaban os terreos por defender, e as coronelías foron á súa vez integradas nunha unidade maior: os terzos, creados tras a reforma do exército realizada por Carlos I en 1534.

Década de 1500

A década de 1500 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1500 e remata o 31 de decembro de 1509.

Fernando II de Aragón e V de Castela

Fernando "o Católico", V de Castela, II de Aragón, Valencia e Barcelona, III de Sicilia e I de Navarra, nado en Sos del Rey Católico (Zaragoza) o 10 de maio de 1452 e finado en Madrigalejo (Cáceres) o 22 de xaneiro de 1516, foi rei de Aragón, Valencia, Mallorca, Sicilia (1468-1516), Castela (1474-1504), Sardeña (1479-1516), de Nápoles (1503-1516) e Navarra (1512-1515); rexente de Castela (1507-1516); Príncipe de Xirona e Duque de Montblanc (1472-1478); Conde de Barcelona e de Ribagorza (1458-1469).

Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas

Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas foi un nobre galego a cabalo entre a Idade Media e a Moderna. Ostentaba os títulos de oitavo Señor de Pontedeume, Ferrol e Vilalba e segundo Conde de Vilalba, herdados do seu pai Diego de Andrade; e primeiro Conde de Andrade por designación real, ignorándose a data de expedición deste último título. Tamén foi temporalmente Príncipe da cidade italiana de Caserta.

É coñecido por participar nas campañas en Italia contra os franceses en 1503, 1511 e 1522. Na primeira delas estivo ao mando das tropas que gañaron a Batalla de Seminara, recuperando con esta vitoria os territorios que antes perdera o Gran Capitán, Gonzalo Fernández de Córdoba.

Loitou por que se lle recoñecese a Galicia o voto en Cortes que ata entón estaba representada pola cidade de Zamora. Tamén conseguiu para a cidade da Coruña a Casa de Contratación para o comercio coas Indias.

Casou en primeiras nupcias con dona Francisca de Zúñiga, condesa de Monterrei, que enviuvara de Diego de Acevedo e Fonseca. Do seu matrimonio tivo dúas fillas, a primoxénita, Tareixa de Andrade, casou co Conde de Lemos, Fernando Ruiz de Castro Osorio. Ao morrer Tareixa antes ca seu pai, os títulos deste foron herdados polo seu neto, Pedro Fernández de Castro Andrade e Portugal, en cuxa persoa se fusionan as casas de Lemos e Andrade.

Nos seus derradeiros anos retirouse da vida pública e dedicouse a mellorar o patrimonio relixioso de Pontedeume. A el débense a fundación do convento dos agostiños e a construción da capela maior da igrexa parroquial, onde está soterrado.

Vasco da Ponte, importante cronista e historiador da época, estaba ao servizo de Fernando de Andrade.

Francisco Pizarro

Francisco Pizarro, nado en Trujillo (Cáceres) o 16 de marzo de 1478 e finado en Lima o 26 de xuño de 1541, foi un explorador e conquistador castelán.

Francisco de Trillo y Figueroa

Francisco de Trillo y Figueroa, nado en Ares en 1618 e finado en Granada en 1680 foi un poeta culteranista e historiador galego en lingua castelá.

Gondomar Club de Fútbol

O Gondomar Club de Fútbol é un club de fútbol galego do concello de Gondomar. Foi fundado en 1914 e actualmente compite no Grupo 5 da Primeira Autonómica de Galicia. Xoga de local no Campo das Gaiandas.

Gonzalo Fernández

O nome de Gonzalo Fernández pode referirse a:

Gonzalo Fernández de Córdoba, militar español coñecido como O Gran Capitán (1453-1515);

Gonzalo Fernández de la Mora, político e ensaísta español (1924-2002).

La Rambla, Córdoba

La Rambla é un concello español da provincia de Córdoba, en Andalucía. Atópase na Campiña Sur, a 358 metros de altitude e a 41 km de Córdoba.

Tiña en 2015 unha poboación de 7.547 habitantes.

Reis Católicos

Os Reis Católicos foi a denominación que recibiron os reis Fernando II de Aragón e Isabel I de Castela, soberanos da Coroa de Castela (1474-1504) e da Coroa de Aragón (1479-1516).

Os Reis accederon ao trono de Castela trala Guerra de Sucesión Castelá (1475-1479) contra os partidarios da princesa Xoana a Beltranexa, filla do rei Henrique IV de Castela. En 1479 Fernando herdou o trono de Aragón ao morrer o seu pai, o rei Xoán II de Aragón. Isabel e Fernando reinaron xuntos ata a morte dela en 1504. Entón Fernando quedou unicamente como rei de Aragón, pasando Castela á súa filla Xoana, alcumada "a Tola", e ao seu marido Filipe de Austria, alcumado "o Fermoso", Arquiduque de Austria, duque de Borgoña e conde de Flandres. Con todo Fernando non renunciou a controlar Castela e, tras morrer Felipe en 1506 e ser declarada Xoana incapaz, conseguiu ser nomeado rexente do reino ata a súa morte en 1516.

A historiografía española considera o reinado dos Reis Católicos como a transición da Idade Media á Idade Moderna. Co seu enlace matrimonial uníronse provisionalmente, na dinastía dos Trastámara, dúas coroas: a Coroa de Castela e a Coroa de Aragón dando nacemento ao Imperio Español e, apoiados polas cidades e a pequena nobreza, estableceron unha monarquía forte fronte ás apetencias de poder de eclesiásticos e nobres. Coa conquista do Reino de Granada, do Reino de Navarra, de Canarias, de Melilla e doutras prazas africanas conseguiron a unión territorial baixo unha soa coroa da totalidade dos territorios que hoxe forman España –exceptuando Ceuta e Olivenza que entón pertencían a Portugal–, que se caracterizou por ser persoal, xa que se mantiveron as soberanías, normas e institucións propias de cada reino e coroa.

Os Reis estableceron unha política exterior común marcada por enlácelos matrimoniais con varias familias reais de Europa que resultaron na hexemonía dos Habsburgo durante os séculos XVI e XVII.

Por outra banda, o descubrimento de América, en 1492, modificou profundamente a historia mundial.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.