Gondomar

Gondomar é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca histórica do Val Miñor (Baiona, Gondomar e Nigrán). Dende o ano 1992 está administrativamente ligada á Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo[5] , á comarca de Vigo e integra a Área Metropolitana de Vigo. Segundo o IGE, en 2018 tiña 14 236 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é gondomarés[6] ou gondomarense.

Coordenadas: 42°6′39″N 8°45′41″O / 42.11083, -8.76139

Gondomar
Escudo de Gondomar
Casa do Concello de Gondomar
Casa do concello.
Situacion Gondomar
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca de Vigo
Poboación14.236 hab. (2018)
Área74,5 km²
Densidade191,09 hab./km²
Entidades de poboación10 parroquias
Capital do concelloGondomar
Política (2019[2])
AlcaldeJuan Francisco Ferreira González (PSdeG[3])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 9
Outros: M.M.-E.M.: 2, C'S 1
Eleccións municipais en Gondomar
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes40,97%
Na rede
https://concellodegondomar.gal
San Vicente de Mañufe, igrexa e cruz de pedra
Igrexa parroquial de San Vicente de Mañufe.

Poboación

Censo total 2016 14 192 habitantes
Menores de 15 anos 2143 (15,1 %)
Entre 15 e 64 anos 9648 (67,98 %)
Maiores de 65 anos 2401 (16,92 %)
Evolución da poboación de Gondomar   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7842 8219 9037 10 009 12 121 13 890 13 973 13 954 14 005 14 051 14 056 14 192 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Encóntrase no Val Miñor, entre a serra do Galiñeiro e a ribeira do río Miñor, preto de Vigo e das praias de Nigrán e Baiona. Dá cara á ría de Baiona, estando bordeado polo Pico Castelo e o monte Couxo.

Máis da metade da superficie está destinada a uso forestal, destacando o cultivo de piñeiros, xunto coa flora autóctona en fragas de carballos e castiñeiros. O clima é de temperaturas suaves, con máximas en xullo e mínimas en xaneiro, así como precipitacións elevadas.

Historia

Os primeiros restos humanos datan do paleolítico inferior, coma os máis de 200 útiles de cuarcita tallada atopados en Chan do Cereixo. En Chaín hai un dolmen, e en Pedra Moura hai petróglifos podomorfos e naviculares. Tamén hai gravados no monte de Santo Antón. Da cultura castrexa data o castro de Xián. No lugar de Cristo María atopáronse machadas de bronce. No monte Galiñeiro están os petróglifos de Auga da Laxe. varias rochas gravadas nunha chaira aberta cara á ría de Vigo. A Pedra das Procesións ten na súa cara, inclinada cara ao sueste, un conxunto de figuras representando modelos concretos de armamento da primeira fase da metalurxia no territorio galaico, hai uns 4500 anos. Aparecen representadas coa punta cara a arriba e a maior escala do seu tamaño real[7].

Hai restos da calzada romana Per loca maritima, mencionada no itinerario de Antonino.

Na idade Antiga estableceuse o poboado de Gundemaro, que segundo o Padre Sarmiento e outros autores, deulle nome ao concello.

En 1149 Áurea Bellida doou unhas terras nas que Afonso VII autorizou a construción do mosteiro de Santa Baia das Donas, convento feminino da orde de San Bieito.

En 1616 Diego Sarmiento de Acuña comandou a defensa de Baiona e do Val Miñor ante os ataques do pirata Drake, polo que Filipe III lle concedeu o título de conde de Gondomar. En 1623 intercedeu, xunto con outros nobres, na adxudicación por parte do rei do voto do reino de Galicia nas Cortes de Castela. Así mesmo, axudou a lograr a concesión da Escuadra de Galicia, que defendía a costa do ataque de piratas e apoiaba a frota do Cantábrico.

Na guerra contra Portugal durante o reinado dos Austrias a vila de Gondomar foi arrasada polos exércitos veciños.

Durante a guerra da Independencia española os habitantes de Gondomar colaboraron na reconquista de Vigo.

Patrimonio

A igrexa de Santa Baia de Donas ten a súa orixe no Mosteiro de Santa Baia das Donas. A igrexa de Peitieros é de orixe románica, pero foi reformada nos séculos XVIII e XIX, mantendo da construción orixinal os muros e a fachada. Nesta mesma parroquia hai un cruceiro, onde se reunían os representantes das distintas parroquias da comarca para parlamentar.

O Pazo do Conde de Gondomar ten a súa orixe no século XIV, sufrindo con posterioridade numerosas reformas. Outras casas grandes son o pazo de Pampillón[8] e o de Villarés, na parroquia de Vilaza, e o Pazo de Mendoza, en Mañufe.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Gondomar.
Borreiros, Gondomar

Borreiros.

Igrexa de Santa Baia de Donas, Gondomar

Santa Baia de Donas.

Iglesia de San Miguel de Peitieiros - Gondomar (Pontevedra)

San Miguel de Peitieiros.

Ermida de Santa Lucía, Vincios, Gondomar

Ermida de S. Lucía, Víncios.

Nivel del mar-Gondomar

Placa altimétrica do concello.

Lugares de Gondomar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Gondomar vexa: Lugares de Gondomar.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Gondomar". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. "Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo". www.maiv.org. Consultado o 2017-03-20.
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 51. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  7. Aparicio Casado, B. e de la Peña Santos, A.: Guía de petróglifos de Galicia. Edicións do Cumio, 2011. ISBN 978-84-8289-375-4.
  8. Foi propiedade do oftalmólogo vigués Ramón González-Sierra Padín. Ao pazo e ao seu propietario dedicoulle un libro a escritora María do Carme Kruckenberg, Cantigas de amigo a Ramón González-Sierra do Pampillón (1972), expoñente do neotrobadorismo de mediados do século XX.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés. Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.

Borreiros, Gondomar

San Martiño de Borreiros é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o IGE, no 2014, tiña 1.254 habitantes (666 mulleres e 588 homes), distribuídos en 20 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.047 habitantes. O lugar de cabeceira, onde está a igrexa e o centro cultural, é San Martiño.

Castelo de Monterreal

O castelo de Monterreal é un castelo da vila de Baiona, configurado por elementos construtivos do século XII ao XVI, tamén coñecido como Fortaleza de Monte do Boi. Dende 1966, é o Parador de turismo Conde de Gondomar. Atópase na península de Monterreal.

Chaín, Gondomar

Santa María de Chaín é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar. Segundo o IGE en 2009 tiña 855 habitantes (447 mulleres e 308 homes), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 714 habitantes. É unha das parroquias menos poboadas das vinte e dúas dos tres concellos do Val Miñor, aínda que nos últimos anos proliferou a construción de segundas vivendas, dedicadas, principalmente, ó veraneo.

Comarca de Vigo

Non confundir con: Área Metropolitana de Vigo

A comarca de Vigo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra e a súa capital é Vigo. A ela pertencen os concellos de Baiona, Fornelos de Montes, Gondomar, Mos, Nigrán, Pazos de Borbén, O Porriño, Redondela, Salceda de Caselas, Soutomaior e Vigo.

Couso, Gondomar

San Cristovo de Couso é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 410 habitantes (210 mulleres e 200 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999, cando tiña 393 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 414 habitantes, sendo 209 homes e 205 mulleres.

Destaca o Alto de Santo Antoniño pola súa área de lecer e as vistas panorámicas de boa parte do Val Miñor. Pola parroquia pasa o río de Couso.

Dentro da arquitectura relixiosa destaca a igrexa parroquial e unha capela. Entre a arquitectura popular destacan os canizos ou hórreos, pontes, cruceiros e casas.

Da parroquia é a banda de gaitas Novos Aires, e nela hai dúas asociacións de Augas e dúas Comisións de Festas (San Cristovo e Os Remedios).

Diego Sarmiento de Acuña

Diego Sarmiento de Acuña, conde de Gondomar, nado en Astorga o 1 de novembro de 1567 e finado en Haro, Logroño, o 2 de outubro de 1626, foi un nobre galego coñecido como o "Maquiavelo español".

Donas, Gondomar

Santa Baia de Donas é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.318 habitantes (666 mulleres e 652 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.181 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación ascendera ata os 1.469 habitantes, sendo 741 homes e 728 mulleres.

Faustino Álvarez Álvarez

Faustino Álvarez Álvarez, nado en Gondomar e finado en 1994, foi un empresario, comerciante e político galego.

Gondomar, Gondomar

San Bieito de Gondomar é unha parroquia, a capital e máis poboada do concello pontevedrés de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 2.675 habitantes (1.363 mulleres e 1.312 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 2.379 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 3.562 habitantes, sendo 1.757 homes e 1.805 mulleres.

Mañufe, Gondomar

San Vicente de Mañufe é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 1.229 habitantes (624 homes e 605 mulleres), distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.175 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 1.369 habitantes, sendo 704 homes e 665 mulleres.

Monte Galiñeiro

O monte Galiñeiro sitúase entre os concellos pontevedreses de Vigo e Gondomar, con cumio na parroquia gondomareña de Vincios a unha altura de 711 metros. Intégrase na serra do Galiñeiro, da cal tamén forma parte o parque natural do Monte Aloia.

O segundo domingo de xullo acolle o curro do Galiñeiro ou de Vincios, no lugar de Auga da Laxe.

Morgadáns, Gondomar

Santiago de Morgadáns é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 1.255 habitantes (624 homes e 631 mulleres), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento progresivo en relación aos anos 2004, cando tiña 1.229 habitantes, e 1999, con 1.160.

Durante o antigo réxime formou un morgadío xunto ás parroquias de Chenlo (O Porriño) e Pazos de Reis (Tui).

Pertenceu primeiro á xurisdición de Baiona para formar despois concello propio ata a distribución municipal definitiva de 1836, cando foi definitivamente integrada en Gondomar. Xa en 1844 hai constancia de que os veciños de Morgadáns, xunto ós da parroquia veciña de Chaín reclamaron infrutuosamente formar concello, con capital en San Roque de Morgadáns, hoxe un lugar desta parroquia.

O 7 de agosto de 1932 constituíuse nunha das 9 entidades locais menores que existen en Galiza. Trala guerra civil suspendeu as súas actividades ata 1955. Entre os bens que xestiona destaca o monte do Galiñeiro.

Pazo do Conde de Gondomar

O pazo do Conde de Gondomar, tamén chamado fortaleza de Gondomar, é unha fortificación de orixe medieval situada ao sur da vila de Gondomar. Está declarado Ben de Interese Cultural, e sitúase nunha fraga de árbores centenarias, rodeado por unha leira de 30 ha.

Peitieiros, Gondomar

San Miguel de Peitieiros é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 774 habitantes (392 homes e 382 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 707 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 924 habitantes, sendo 465 homes e 459 mulleres.

Serra do Galiñeiro

A serra do Galiñeiro é unha cadea montañosa que atravesa os concellos pontevedreses de Vigo, Gondomar, O Porriño, Mos e Tui, en dirección NO - SL. Acada a súa maior altura no monte Galiñeiro, con 711 metros, con cumio no concello de Gondomar. Outros montes importantes son os vigueses Alba e O Cepudo e o tudense Aloia, constituído como parque natural.

Val Miñor

O Val Miñor é unha bisbarra natural, formada polos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar. Conforman unha mancomunidade que presta diversos servizos, como a piscina ou os bombeiros.

Vilaza, Gondomar

Santa María de Vilaza é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 721 habitantes (374 mulleres e 347 homes), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 694 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación medrara ata os 876 habitantes, sendo 414 homes e 462 mulleres.

Vincios, Gondomar

Santa Mariña de Vincios é unha parroquia que se localiza no concello de Gondomar. Segundo o IGE en 2012 tiña 2.059 habitantes (1.030 mulleres e 1.029 homes), distribuídos en 15 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.877 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.