Gomo

En botánica, chámase gomo ou xema, á formación inicial dunha póla das plantas vasculares, formado por células meristemáticas. Na lingua vulgar, xeralmente empréganse palabras como botón ou anovo. Os termos rebento, brote, gromo, xermolo, abrocho, adoitan ser xemas xa desenvolvidas; porén ás veces os termos se confunden.

Os gomos poden formarse na axila dunha folla ou na extremidade dunha póla ou do talo e poden dar orixe a unha nova póla ou a unha flor (que é unha póla modificada para as funcións da reprodución).

Unha vez formado, un brote pode ficar por algún tempo adormentado, ou pode formar unha póla inmediatamente.

Baumknospe
Xema terminal nun pradairo (Acer pseudoplatanus).
Flower Buds.jpeg
Botón floral nunha roseira.

Formación e desenvolvemento dos gomos

Os gomos de moitas plantas leñosas, especialmente nos climas tépedos e fríos, nacen protexidos por unha cobertura de follas modificadas chamadas escamas que protexen os delicados tecidos interiores. Nalgunhas plantas, as escamas están cubertas por unha substancia mucilaxinosa que aumenta a protección. Cando o gomo se desenvolve, as escamas poden medrar un pouco, mais xeralmente caen, deixando na superficie do ramo unha serie de marcas horizontais. Por medio destas marcas é posíbel determinar a idade do ramo, xa que, en cada ano, o seu crecemento termina coa formación dun gomo, que vai producir un novo conxunto de marcas. Co tempo e o desenvolvemento da casca (cortiza na sobreira), estas marcas tenden a ficar obliteradas polo que, despois dalgúns anos, xa non é posíbel determinar a idade dos ramos por este método.

Ás veces, pódese distinguir nun gomo unha serie ben marcada de tipos de escamas: no Aesculus, por exemplo, fórmanse pequenas escamas castañas por fóra, cubrindo outras maiores que, cando o brote se abre tórnanse verdes, até as follas internas, de cor e forma típicas. Estas series suxiren que as escamas dos gomos sexan follas verdadeiras, modificadas para protexer os delicados tecidos meristemáticos durante períodos desfavorábeis.

En moitas plantas, non se forman escamas nos gomos, que son entón chamados gomos espidos.[1] Nestes gomos, as minúsculas follas en desenvolvemento son moitas veces tomentosas (con longos cilios), como en varias especies de Rhus e de Viburnum. En moitas plantas herbáceas, os gomos son ainda máis reducidos, moitas veces consistindo apenas en masas de células indiferenciadas nas axilas das follas. Un repolo, no entanto, (ver Brassica ) é un gomo terminal excepcionalmente grande, en canto as coles de Bruxelas son gomos laterais.

Unha vez que moitos gomos se forman nas axilas das follas, a súa distribución no talo é a mesma das follas: poden ser alternos, opostos ou verticilados. En algunhas plantas poden formarse gomos en puntos atípicos e son chamados gomos adventicios buds.[2]

Tipos de gomos

Clasificación de gomos de plantas

Os gomos son útiles na identificación das plantas, especialmente nas leñosas que, no inverno perden as follas.[3] Para este efecto, os gomos son clasificados e descritos de acordo con diferentes criterios: localización na planta, status, morfoloxía e función:

  • de acordo ca localización,
    • terminais, cando se atopan na extremidade do talo (o termo apical é equivalente, mais xeralmente está reservado aos que se localizan no topo da planta),
    • axilares, cando se atopan na axila dunha folla (lateral é equivalente, mais algúns gomos adventicios poden tamén ser laterais),
    • adventicios, cando se forman noutros lugares da planta, por exemplo no tronco ou nas raíces (algúns gomos adventicios poden terse formado en axilas de follas, tornándose despois reducidos polo crecemento da casca do ramo),
  • de acordo co status,
    • accesorios, os gomos secundarios formados xunto a un gomo principal (axilar ou terminal),
    • adormentados, os gomos cuxo desenvolvemento é interrompido durante un período relativamente longo (o termo é usado para gomos que non se desenvolven durante o inverno ou a época seca, mais normalmente é empregado para aqueles que non se desenvolven durante varios anos),
    • pseudoterminais, os gomos axilares que se transforman en terminais, característicos das especies cuxo crecemento é simpodial, en que o gomo terminal non se desenvolve e a planta medra a partir do gomo axilar máis próximo, como no Plátano,
  • de acordo coa morfoloxía,
    • escamosos ou cubertos, cando a superficie externa do gomo está cuberta por escamas acastañadas,
    • espidos, cando non están cobertos por escamas,
    • tomentosos, cando están protexidos por pelos (poden ser escamosos ou espidos),
  • de acordo coa función,
    • vexetativos, se apenas conteñen pezas vexetativas, ou embrións de follas,
    • reprodutivos, se conteñen os embrións das pezas que formarán unha flor,
    • mixtos, se conteñen tanto embrións de follas como de flores.

O gomo na cultura popular

Refraneiro

  • Gomo de marzo non vai ó cabazo.

Notas

  1. Walters, Dirk R., and David J. Keil. 1996. Vascular plant taxonomy. Dubuque, Iowa: Kendall/Hunt Pub. Co. page 598. (en inglés)
  2. Coulter, John G. 1913. Plant life and plant uses; an elementary textbook, a foundation for the study of agriculture, domestic science or college botany. New York: American book company. page 188 (en inglés)
  3. Ohio Trees, Bulletin 700-00, General Arquivado 26 de xuño de 2009 en Wayback Machine. (en inglés)

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

Bieito

Bieito pódese referir a:

Bieito, antropónimo masculino galego;

Orde de San Bieito, á que pertencen os monxes que seguen a regra de Bieito de Nursia;De alí, pola rúa

que vai ao convento

que é de San Martiño,

de monxes bieitos...Sabugueiro, arbousto abundante en Galiza (Sambucus nigra), chamado tamén bieito ou bieiteiro;

Gomo, vultiño que lles nace aos vexetais do que xorden novos talos, pólas ou follas, chamado tamén abrocho, botón, gromo ou xema;

Furúnculo, nódulo doloroso formado na superficie da pel e no tecido subcutáneo pola inflamación dun folículo; chamado tamén brumeiro, carafuncho ou furuncho.

Botón

Co termo botón podemos referirnos á:

Un botón, peza pequena de metal, óso, nácara, plástico ou outra materia de certa dureza que se cose na vestimenta para que a broche e asegure.

Un botón, dispositivo electrónico empregado para activar alguna función dun aparato.

Un botón, dispositivo propio das interfaces gráficas que activa certas funcións dun programa informático.

Un botón, a xema ou gomo dunha planta.

Cannabis indica

A Cannabis Sativa Indica xorde da adaptación da planta orixinal aos climas montañosos de Asia Central. A súa principal característica é a súa rápida floración, debida á rápida chegada do inverno nestes climas. Son plantas máis pequenas cás Cannabis sativas sativas e máis robustas, con follas máis escuras e de folíolos máis grosos cás sativas e que xeran un gran gomo na copa. Ó fumar as súas flores conséguese un efecto relaxante e incluso narcótico.

É difícil atopar variedades índicas puras xa que o que máis se dá son os chamados "híbridos" (mesturas entre índicas e sativas). Exemplo de variedades índicas puras son a Northern Lights e a Hindu kush.

Cephalotaxus

Cephalotaxus, os cefalotaxos, é un xénero de coníferas que comprende 11 especies, tratada na familia Cephalotaxaceae, ou en Taxaceae cando a familia é considerada nun máis amplo sentido. É orixinario do leste de Asia, aínda que evidencias fósiles atribúense unha máis ampla distribución no Hemisferio Norte no pasado.

Dinar macedonio

O denar (en macedonio: денар, transcrito denar) é a divisa oficial da Macedonia do Norte. Subdivídese en 100 дени (deni). O código ISO 4217 es MKD e a súa abreviatura común Ден (Den).

Enxerto (agricultura)

Un enxerto é un método de multiplicación vexetativa artificial dos vexetais que consiste en enxerir unha parte do tecido dunha planta ou árbore (o esgallo, escallo, puga ou tano) no tronco ou póla doutra (o padrón, pé ou portaenxertos ), para que se desenvolva alí

O enxerto emprégase especialmente para propagar vexetais lígneos de uso comercial, sexan froiteiras ou ornamentais.

O enxerto emprégase para permitir o crecemento de variedade de valor comercial en terreos ou circunstancias que lles son desfavorábeis, aproveitando a maior resistencia do pé usado, ou para asegurarse que as características produtivas dun exemplar se manteñen inalteradas, fronte á dispersión xenética que introduce a reprodución sexual. No caso de híbridos de número cromosómico impar, que son estériles por natureza, a propagación vexetativa é o único xeito de reprodución posíbel. Máis raramente, o enxerto úsase para unir máis dunhas variedade dun mesmo padrón, obtendo así un único exemplar que produce froitos ou flores de varias características diferentes.

O enxerto só é posíbel entre especies máis ou menos estreitamente relacionadas, posto que doutro xeito os tecidos resultan incompatíbeis e a conexión vascular necesaria para a supervivencia da variedade non se realiza. Normalmente o límite está dado pola pertenza a un mesmo xénero, aínda que existen excepcións; xéneros estreitamente emparentados, como algúns das rutáceas, das cucurbitáceas, ou das rosáceas, que poden funcionar como pé para especies afíns. Un exemplo moi empregado en Galiza é o do estripeiro como padrón para outras froiteiras, todas elas rosáceas.

Na meirande parte dos casos, unha das variedades selecciónase coma raíz pola súa resistencia, e o talo da especie elixida como variedade enxírese sobre esta base. Noutros casos, unha xema da variedade inxírese lateralmente no toro do padrón, e só logo de se asegurar a fusión positiva se corta este último.

Esparragueira

A esparragueira ou espargueira (Asparagus officinalis) é unha planta herbácea perenne pertencente á familia Asparagaceae.

Coma cultivo dura bastante tempo no solo, da orde de 8 a 10 anos, sendo unha cultura moi rendíbel. A esparragueira fórmase por talos aéreos ramificados e unha parte soterrada constituída por raíces e xemas. Dos rebentos novos obtense a hortaliza chamada espárrago ou espargo; vexetal bastante apreciado, particularmente na cociña inglesa, alemá e francesa. Ten un sabor delicado, poucas calorías e é particularmente rico en ácido fólico, alén de ter propiedades diuréticas.

Flor

A flor ( pronunciación ) (tamén chor en uso literario) é o órgano reprodutivo das plantas chamadas anxiospermas. A función dunha flor é producir sementes a través da reprodución sexual. Para as plantas, as sementes son a próxima xeración, e serven como o principal medio a través do cal os individuos dunha especie se esparexen ó longo da paisaxe. Trala fertilización, a flor transfórmase nun froito que contén as sementes.

Filoxenicamente, a flor é un gomo foliar modificado.

O óvulo transfórmase no froito, podendo reter, ou non, outras partes da flor. Os óvulos contidos no óvulo transformaranse nas sementes.

Grupo Brais Pinto

Brais Pinto foi un grupo galeguista de intelectuais, artistas e escritores galegos que tiñan como obxectivos principais o antifranquismo, a defensa do galego e unha renovación da cultura galega claramente influída polas vangardas. Foi fundado en Madrid no ano 1958.

O seu gomo foi a preocupación por Galiza e os seus problemas, o profundo atraso en que se encontraban as artes galegas e a escasa actividade política, nacionalista e democrática da época. Foron responsábeis da creación dun espazo de reflexión política sobre Galiza que permitiu a creación doutras organizacións desa índole e mais dun amplo labor cultural que culminou na creación da súa propia editorial e na participación en proxectos como o movemento plástico A Gadaña. Os seus compoñentes principais son: Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Reimundo Patiño, Xosé Fernández Ferreiro, Xosé Alexandre Cribeiro, Bautista Álvarez, Ramón Lorenzo, Ben-Cho-Shey, Herminio Barreiro e César Arias.

Hórreo galego

O hórreo galego é un edificio de uso agrícola destinado a secar, curar e gardar o millo antes de debullalo e moelo. Consta dunha cámara de almacenaxe oblonga, estreita e permeable ao paso do ar, separada do chan para evitar a entrada de humidade e animais.

En Galicia conviven tres tipoloxías básicas de hórreo: o tipo galego (tamén chamado «galego-portugués»), o tipo asturiano e o hórreo de corres. No nordeste de Galicia e no occidente de Asturias é doado atopar hórreos do tipo galego e do tipo asturiano no mesmo lugar, aínda que con diferente denominación.

Inflorescencia

Unha inflorescencia é a parte da planta onde se localizan as flores. Normalmente consiste nun prolongamento semellante ao talo, ou raque, provido de follas modificadas chamadas brácteas. Nas axilas destas brácteas localízanse as flores. Moitas familias botánicas distínguense de xeito doado polo seu tipo de inflorescencia, como o espádice das Araceae, as umbelas das Apiaceae ou os capítulos das Asteraceae.

Marzo na cultura popular galega

O que segue recolle diversa información sobre a pegada do mes de marzo na cultura popular e na literatura oral galegas, recollida de diferentes traballos etnográficos –xerais a toda Galicia ou localizados nun ámbito xeográfico máis concreto-, dicionarios, refraneiros, cantigueiros etc.

Marzal é o adxectivo, e é incorrecto empregalo como substantivo: Pascua marzal, trigo marzal. Pega marza ou pega marceña son denominacións dunha ave máis coñecida como gaio (Garrulus glandarius).

Chámanse frebas de marzo ós primeiros días de mes, porque neses días adoita facer mal tempo, como fixo en febreiro.

Mutación

En bioloxía, as mutacións son cambios ou alteracións no material xenético (normalmente ADN ou ARN). As mutacións son o resultado de erros na replicación de material xenético durante a división celular por exposición a radiacións, mutáxenos químicos ou virus. Tamén poden darse deliberadamente baixo control celular durante procesos tales coma a meiose ou hipermutación.

A unidade xenética susceptible de mutación é o xene que é a unidade de información hereditaria que forma parte do ADN. Nos seres multicelulares, as mutacións poden dividirse entre mutacións xerminais, aquelas que poden ser transmitidas ós descendentes, e mutacións somáticas. As mutacións somáticas nos animais non poden pasarse ós descendentes. As plantas poden transmitilas ou non, sexual ou asexualmente (o caso, por exemplo, dun gomo ou xema cando se desenvolve nunha parte da planta somaticamente mutada).

As mutacións adoitan considerarse a forza reitora da evolución a través da cal as mutacións menos favorables (ou deletéreas) son eliminadas do acervo xenético por selección natural, mentres que as máis favorables (beneficiosas ou vantaxosas) tenden a acumularse. As mutacións neutrais son definidas como mutacións cuxos efectos non inflúen na adecuación das especies ou dos individuos que compoñen a especie. Co tempo poden ser acumulativas.

A meirande parte das mutacións non teñen un efecto significativo, dado que a reparación do ADN é capaz de reverter os máis dos cambios antes de que se convertan en mutacións permanentes. Moitos organismos teñen mecanismos para eliminar células somáticas que mutaron de maneira permanente.

Portaenxertos

Portaenxertos ou padrón é o nome dado á planta cuxa parte de baixo (raíz e base do talo) é aproveitada nun enxerto. A parte de arriba é o enxerto propiamente dito.

O enxerto é unha forma de creación de mudas de plantas, bastante utilizada nalgunhas especies, principalmente de froiteiras e plantas ornamentais. Neste procedemento, o gomo dunha planta, normalmente extraído da punta dunha póla, é implantado na base da muda dunha segunda planta, normalmente doutra especie de igual xénero ou familia.

O enxerto pode ser utilizado para xerar mudas de plantas de difícil reprodución ou para aproveitar características das dúas especies, como un enxerto que xere bos froitos enxertado nun padrón vizoso.

Rebento

Chámase rebento ou gromo aos novos crecementos das plantas, que poden incluír talos, xemas e follas. O gromo de xerminación da semente que medra cara arriba é un rebento que ha desenvolver follas. Na primavera, os rebentos de plantas perennes son o novo crecemento, dende o chan nas plantas herbáceas, ou o novo crecemento de flores ou talos / caules nas plantas lígneas. O galego permite tamén os termos gomo, abrocho e brote.

Cómpre non confundir os gromos cos talos, xa que estes fornecen o eixo para o crecemento das xemas, froitos e follas.

Logo dunha árbore se tallar ou queimar, o coto ou o toro dalgunhas especies coma os carballos (carballo común, sobreira etc) ou os eucaliptos botan novos fillos tamén chamados rebentos.

Moitos animais aliméntanse dos abrochos por mor a que as fibras do novo crecemento aínda non completaron o desenvolvemento total da parede celular secundaria, e polo tanto, son máis tenros e doados de mastigar e dixeriren. Cando os gromos medran e envellecen, as células completan o desenvolvemento das paredes celulares que teñen unha estrutura dura e resistente. Algunhas plantas (por exemplo, os fentos) producen toxinas que fan que os seus rebentos sexan menos apetecíbeis aos herbívoros.

Os rebentos de moitas plantas (soia, alfalfa etc) son un alimento habitual en moitas culturas. En Galiza o consumo está a medrar, especialmente en ensaladas e pratos orientais.

Sépalo

Os sépalos son unha das pezas constituintes da flor, que se sitúan no verticilo máis externo desta. Son estruturas foliáceas, normalmente menores e máis consistentes que os pétalos, e na maior parte dos casos teñen a función primordial de protexer o gomo florar, pechándose sobre este. O conxunto de sépalos dunha flor é coñecido como cáliz.

Os sépalos son xeralmente esverdeados, mais, como case todas as partes dunha planta, asumen unha incrible variedade de formas e funcións, de acordo con cada especie.

Na familia Malpighiaceae, por exemplo, a face dorsal dos sépalos presentan glándulas de óleo, que é recollido por abellas cando estas acidentalmente, polinizan a flor. En algunhas Euphorbiaceae, as flores non teñen pétalos, e os sépalos asumen a función de atraer polinizadores. Adaptacións extremas con ese fin tamén poden ser observados na familia Aristolochiaceae. En Theaceae, algunhas especies conservan os sépalos mesmo durante o desenvolvemento do froito, talvez como unha protección adicional contra predadores. En Lecythidaceae os sépalos non pasan de estruturas reducidas e con aspecto semellante ao restante do cáliz, ofuscado pola exuberancia dos pétalos e estames, e aparentemente sen función.

Tsuga

Tsuga (do xaponés ツガ, 栂); é un xénero de coníferas pertencente á familia Pinaceae que engloba as especies arbóreas coñecidas como falsos abetos. Todas a especies son árbores perennes acadando os 20 - 60 metros de altura e atopándose exclusivamente en rexións húmidas.

Hai de 8 a 10 especies dentro do xénero, dependendo da autoridade que o clasifique, con catro especies en América do Norte e de catro a seis no leste de Asia.A madeira que se obtén é importante na industria, úsase especialmente como polpa para facer papel.

Viticultura

A viticultura (do latín vitis, "vide") é a arte e a ciencia que estuda as técnicas e o sistema de cultivo da vide, para usar as súas uvas na produción de viño ou outros produtos (bagazo, uva de mesa etc). É unha rama da ciencia da fruticultura.

Xema

Xema pode significar:

Xema - rebento, gomo (botánica).

Xema - masa de carne de forma arredondada que teñen as puntas dos dedos pola parte oposta á unlla.

Xema - mineral ou rocha utilizada en xoiaría.

Xema - parte central dun ovo.

Xema - Doce elaborado con xemas de ovo cocidas nun almibre.

Xema - nome de muller.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.