Gomesende

Gomesende é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 829 habitantes (1105 en 2003).

Coordenadas: 42°11′16″N 8°5′57″O / 42.18778, -8.09917

Gomesende
Bandeira de Gomesende
---
Escudo de Gomesende
Concello de Gomesende
Casa do Concello de Gomesende.
Situacion Gomesende
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Ourense
ComarcaComarca da Terra de Celanova
Poboación750 hab. (2018)
Área28,3 km²
Densidade26,5 hab./km²
Entidades de poboación6 parroquias
Capital do concelloSobrado
Política (2019[2])
AlcaldesaPura Rodríguez Álvarez (PPdeG[3])
Concelleiros
PPdeG: 5
PSdeG-PSOE: 2
Eleccións municipais en Gomesende
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes91,98%
Na rede
http://www.gomesende.es/
concellogomesende@yahoo.es

Demografía

Censo total 829 (2015)
Menores de 15 anos 32 (3,86 %)
Entre 15 e 64 anos 385 (46,44 %)
Maiores de 65 anos 412 (49,7 %)
Evolución da poboación de Gomesende   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
3569 3187 3255 2365 1118 968 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

O concello, de 28,3 km², pertence á comarca da Terra de Celanova. Limita ao norte con Cartelle, ao sur con Quintela de Leirado, ao leste con Ramirás e ao oeste coa Arnoia, Cortegada e Pontedeva.

Está atravesado polo río Arnoia, o Deva e o río de San Francisco. Os maiores cumios son o Marco das Cruces (869 m, pertencente á serra da Moura) e os montes do Viso e Silva Escura (600–700 m, pertencentes á serra do Laboreiro).

Historia

O topónimo Gomesende é de orixe xermánica[5].

Durante a idade media o mosteiro de Celanova tiña xurisdición na parroquia de San Lourenzo de Fustáns. As demais parroquias formaban parte dun señorío real, se ben a Herdade de San Miguel de Gomesende foi doada en 1214 por Afonso IX á catedral de Ourense. Posteriormente, algunhas terras volveron a mans de nobres. Os Puga tiñan padroado da igrexa de Poulo (onde se conservan escudos e unha tumba desta liñaxe) e das parroquias de Meréns e Louredo (Cortegada).

As terras estaban cruzadas polo camiño real que ía desde Pontevedra a Celanova pasando pola Arnoia, por onde ía o viño do Ribeiro para embarcalo.

Patrimonio

O Santuario da Nosa Señora da Guía é un templo de arquitectura neoclásica. Ten unha fachada de retablo, cun frontón con volutas inversas nos extremos rematadas con pináculos de bólas. Ten un primeiro corpo con dous vaos coas campás, rematado no centro cun corpo dun só vao coroado cunha cruz. No lado leste ten ábsidas rectangulares, coroadas por pináculos terminados en bólas, e unha fiestra cadrada tapada no interior por retablos. Este santuario ten importancia como centro mariano de peregrinación.

O Santuario da Nosa Señora do Val de Poulo é outro centro de peregrinación mariana, que antigamente tiña máis importancia có anterior. Está situado no monte. É de arquitectura barroca, se ben non se chegou a rematar o proxecto orixinal, que incluía un cenobio dependente da igrexa parroquial, e quedaron baixos os muros de peche. Ten un dobre ciborrio octogonal anterior e posterior, destacando en altura. A carón deste templo había unha antiga capela, conservándose restos de muros derrubados e fontes de baños ó redor do templo vello.

Outros templos barrocos son as igrexas do Pao, Poulo e Fustáns. Hai outra ermida en Santiago de Viñal (O Pao).

Existen casas señoriais en Guielas e A Pombiña (O Pao) e a de Pumar (Sobrado, Poulo).

Centro de Saúde de Gomesende
Centro de saúde.

Gomesende conta con parte da ruta homologada de sendeirismo PR-G 143 "Roteiro do río Arnoia".

É unha ruta de sendeirismo lineal duns 11 km con principio/fin no Santuario da Nosa Señora do Val (Concello de Gomesende) e fin/inicio en Escudeiros (Concello de Ramirás).

Lugares de Gomesende

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Gomesende vexa: Lugares de Gomesende.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Ministerio do Interior, Goberno de España (ed.). "Resultado eleccións 2019". Consultado o 9 de xuño 2019.
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Gomesende". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Cabeza Quiles, F.: Os nomes de lugar, p. 286. Ed. Xerais, Vigo 1992.

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Guía, Gomesende

Santa María da Guía é unha parroquia do concello de Gomesende, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 90 habitantes (39 homes e 51 mulleres), 2 menos que en 2006.

Abellás, O Pao, Gomesende

Abellás é un lugar da parroquia do Pao no concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Tiña 8 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 5 eran homes e 3 mulleres.

Buíñas, O Pao, Gomesende

Buíñas é un lugar da parroquia do Pao no concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Tiña 2 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 1 eran home e 1 muller.

Cimadevila, O Pao, Gomesende

Cimadevila é un lugar da parroquia do Pao no concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Tiña 7 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 3 eran homes e 4 mulleres.

Comarca da Terra de Celanova

A comarca da Terra de Celanova é unha comarca galega situada na provincia de Ourense e a súa capital é Celanova. A cal pertencen os concellos de A Bola, Cartelle, Celanova, Gomesende, A Merca, Padrenda, Pontedeva, Quintela de Leirado, Ramirás e Verea.

Feardos, O Pao, Gomesende

Feardos é un lugar da parroquia do Pao no concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Tiña 18 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 9 eran homes e 9 mulleres.

Gomesende, O Pao, Gomesende

Gomesende é un lugar da parroquia do Pao no concello ourensán de Gomesende (ao que dá nome), na comarca da Terra de Celanova. Segundo o INE e do IGE en 2011 tiña 38 habitantes (21 homes e 17 mulleres).

Lamaboa, O Pao, Gomesende

Lamaboa é un lugar da parroquia do Pao no concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Tiña 2 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, que eran mulleres.

Mariz, O Pao, Gomesende

Mariz é un lugar da parroquia do Pao no concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Tiña 8 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 4 eran homes e 4 mulleres.

O Pao, Gomesende

Santa María do Pao é unha parroquia do concello de Gomesende, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 384 habitantes (174 homes e 210 mulleres), menos ca en 2006.

O Val, Gomesende

Santa María do Val é unha parroquia do concello de Gomesende, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 82 habitantes (43 homes e 39 mulleres), 2 menos ca en 2006.

Os Cachopos, O Pao, Gomesende

Os Cachopos é un lugar da parroquia do Pao no concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Tiña 2 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 1 eran home e 1 muller.

Penosiños, Gomesende

San Salvador de Penosiños é unha parroquia do concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE en 2015 tiña 8 habitantes (5 homes e 3 mulleres) establecidos nunha única entidade de poboación.

Desde o punto de vista eclesiástico, xunto cos 13 lugares da parroquia homónima do concello de Ramirás, forma a parroquia eclesiástica de Penosiños.

Poulo, Gomesende

San Pedro de Poulo é unha parroquia do concello de Gomesende, na comarca da Terra de Celanova, provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 256 habitantes (127 homes e 129 mulleres), máis ca en 2006.

San Lourenzo de Fustáns, Gomesende

San Lourenzo de Fustáns é unha parroquia do concello ourensán de Gomesende, situado na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE, en 2018 tiña 177 habitantes (88 homes e 89 mulleres), 56 menos que no 2007.

Serra da Moura

A Serra da Moura ou Serra de Silvaescura, está situada entre os concellos de Gomesende, Quintela de Leirado, Ramirás, Celanova e Verea. Ten unha orientación NO-SL, da aba oeste nacen pequenos afluentes ao río Deva e na leste ao río Tuño, polo norte está conectada á Serra da Pena e polo sur á Serra de Laboreiro e á extensión desta, a Serra da Edra.

A máxima altitude é o Coto da Moura con 950m entre Quintela de Leirado e Ramirás, aínda que tamén destacan outros cumios como O Castelo(819m), a Pena das Verrugas(883m) ou O Cimón(801m).

A vexetación de matogueira xunto coas amplas pasteiras fan que esta zona se aproveite para a cría de gando vacún e equino. Na cima tamén se sitúan dúas antenas de telecomunicacións.

Souto do Bispo, O Pao, Gomesende

Souto do Bispo é un lugar da parroquia do Pao no concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Tiña 5 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 3 eran homes e 2 mulleres.

Val de Feardos, O Pao, Gomesende

Val de Feardos é un lugar da parroquia do Pao no concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Tiña 13 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 6 eran homes e 7 mulleres.

Viñal, O Pao, Gomesende

Viñal é un lugar da parroquia do Pao no concello ourensán de Gomesende na comarca da Terra de Celanova. Tiña 21 habitantes no ano 2011 segundo datos do INE e do IGE, dos cales 8 eran homes e 13 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.