Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, denominado "Alzamento Nacional" polos sublevados, foi un golpe de carácter militar con fins políticos[Cómpre referencia] perpetrado contra o goberno da Segunda República Española entre o 17 e o 18 de xullo de 1936 e cuxo fracaso parcial conduciu á guerra civil española. A historiografía moderna desfixo esta última denominación por ser partidista e inexacta.[Cómpre referencia]

GCE frente en jul 1936
Áreas controladas polos sublevados en xullo do 36 en marrón. Acostúmase dar o 20 de xullo como final da sublevación e comezo da guerra civil

Desenvolvemento en Vigo

Antonio Carreró Vergés, o "capitán Carreró" foi o militar que na Porta do Sol de Vigo leu un bando que declaraba o estado de guerra o 18 de xullo de 1936[1][2], o día en que estoupou a guerra civil española.

Outros cargos daquela época foron:[Cómpre referencia]:

  • Alcalde, aínda que non aparece como alcalde nas listas da cidade pois aparece como Comisario de Guerra, José Giménez García tivo o cargo de Presidente da Comisión Gestora Municipal. O 31 de xaneiro de 1938, coa guerra sen rematar, foi nomeado alcalde Luis Suárez-Llanos Menacho, converténdose no primeiro alcalde franquista de Vigo. A cidade contaba daquela con 73.566 habitantes e con Lavadores xuntaban case 110.000. En setembro de 1939, sucedeuno na alcaldía Estanislao Durán Gómez[3], para recuperar de novo o bastón de mando o 24 de xuño de 1940 e manténdoo até 1949. Nesta nova xeira, gobernaría a 85.272 vigueses e 38.462 de Lavadores antes da incorporación do primeiro no segundo e 135.327 cidadáns xa en 1941.
  • Gobernador civil da provincia de Pontevedra: Francisco García Alted;
  • Comandante Militar: Felipe Sánchez, alcumado Capillitas, porque consideraba as diverxencias políticas entre a dereita coma capeliñas e que o que había que facer era dejarse de capillitas y construir una gran catedral, ademais de ridiculizar a súa curta estatura. Co seu nome bautizouse a avenida do Areal. O seu cargo na fin da Guerra Civil foi levado por Miguel Cuervo, coronel xefe da 82 División;
  • Xefe provincial do Movemento e conselleiro nacional da FET y de las JONS: Jesús Suevos;

Notas

  1. "Diario Atlántico". Consultado o 17-04-2017.
  2. Carballa (2012), pp.97-98
  3. "Faro de Vigo". Consultado o 15-04-2017.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Carballa, Xan (2012). Biografía de Valentín Paz-Andrade. Vigo: Galaxia. ISBN 978-84-9865-411-0.

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Agustín Veiga Mejuto

Agustín Veiga Mejuto, Cacharrón, nado en Ferrol e finado o 5 de marzo de 1938, foi un político galego.

Alberto Vilanova

Alberto Vilanova Rodríguez, nado en Ourense o 5 de xullo de 1910 e finado na mesma cidade o 13 de maio de 1985, foi un ensaísta e profesor galego.

Campo da Rata

O Campo da Rata é unha extensión de terreo situada na cidade da Coruña, nas inmediacións do barrio de Adormideiras, cerca da Torre de Hércules.

Tralo triunfo do golpe de estado do 18 de xullo de 1936 e nos anos seguintes a esa data, foron fusilados na zona varios centos de presos, a meirande parte deles republicanos e sindicalistas.

Carlos Allegue

Carlos Allegue Caruncho, nado en Ferrol en 1904 e finado na mesma vila o 27 de xullo de 1951, foi un militar e dirixente comunista galego.

Darío Álvarez Blázquez

Darío Álvarez Blázquez, nado en Tui o 30 de setembro de 1910 e finado en Vigo o 7 de xuño de 1979, foi un médico e escritor galego.

David Fernández Diéguez

David Fernández Diéguez, nado na Coruña o 11 de outubro de 1875 e finado na mesma cidade o 24 de decembro de 1936, foi un matemático galego.

El Debate

El Debate foi un periódico español editado en Madrid entre 1910 e 1936.

Pertencía á Editorial Católica, durante a súa existencia a publicación mantivo unha liña editorial de corte conservador e católico. O último número saíu despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936; durante a guerra civil as súas instalacións foron confiscadas polas autoridades republicanas. Co final da guerra chegouse a editar unha edición especial de El Debate, pero a ditadura franquista non autorizou a súa nova posta en marcha, o que significou a súa desaparición definitiva.

Federico García Lorca

Para o aeroporto Federico García Lorca Granada-Xaén véxase: Aeroporto de Granada.Federico García Lorca, nado en Fuente Vaqueros (Provincia de Granada) o 5 de xuño de 1898 e falecido en Víznar (Provincia de Granada) o 18 de agosto de 1936, foi un poeta e dramaturgo andaluz, membro da Xeración do 27 e autor en lingua galega de Seis poemas galegos (1935), o poeta español máis lido de tódolos tempos. Morreu fusilado polas autoridades franquistas un mes despois do Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 que deu pé ao inicio da Guerra civil española.

Joaquin Fernández Gálvez

Joaquín Fernández Gálvez foi un capitán de infantaría, destinado en Melilla durante o Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, que se mantivo leal ao goberno da II República española, e por iso foi fusilado xunto co capitán Virgilio Leret, e outros militares, o 23 de xullo de 1936. Foi un dos primeiros oficiais do exército español fusilados polas forzas rebeldes.

José Sanjurjo Sacanell

José Sanjurjo Sacanell, nado en Pamplona o 28 de marzo de 1872 e finado en Estoril, Portugal, 20 de xullo de 1936, foi un militar español, un dos sublevados no golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 contra a República.

José Temblás Paz

José Temblás Paz, nado en Merille (Ourol) en 1912 e finado en Monfero o 31 de outubro de 1949, foi un político e guerrilleiro galego.

Juan Sorga

Juan Sorga Rodríguez, nado en Cortegada (Sarreaus), foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Luis Casado Escudero

Luís Casado Escudero, nado en Vigo o 27 de setembro de 1897 e finado en Melilla o 23 de xullo de 1936, coñecido como o capitán Casado, foi un militar galego. Único oficial supervivente da batalla de Igueriben, no desastre de Annual (1921), en xullo de 1936 foi fusilado en Melilla polas tropas do Xeneral Franco, por manter a súa lealdade ao Goberno Republicano logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936.

Luís Trigo Chao

Luís Trigo Chao, coñecido como O Gardarríos e O Chao, nado en San Pantaleón de Cabanas (Ourol) o 24 de decembro de 1889 e finado en Lourenzá o 25 de xuño de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Manuel González Fresco

Manuel González Fresco, O Fresco, nado en Vigo o 20 de agosto de 1886 e finado en Ponteareas o 24 de decembro de 1936, foi un político galego.

Manuel Álvarez Silva

Manuel Álvarez Silva, coñecido por Silva, nado en Ourense en 1905 e finado en Barbadás o 18 de novembro de 1946, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Raúl Castro Cao

Raúl Castro Cao, coñecido como Arxentino, nado na Arxentina en 1914 e finado en Coles o 20 de xaneiro de 1949, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Salvador Valcárcel Montenegro

Salvador Valcárcel Montenegro, Recaré, nado en Quinzán das Peras (parroquia de Argozón, Chantada) e finado en Adá o 11 de abril de 1939, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Sindicato de Oficios Varios de Sada

O Sindicato de Oficios Varios de Sada naceu no 1931 a partir do Centro Cultural Obrero, fundado un ano antes cos fondos achegados polos emigrantes sadenses nos EUA. Estaba federado na CNT. No 1932 contaba cerca de 200 afiliados, a maioría mariñeiros, cifra que se duplicou no 1936.

Cronoloxía
Organizacións políticas
Implicación estranxeira
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.