Golpe de Estado

Un golpe de Estado[1] (do francés coup d'État,[2]) ou putsch (do alemán) é a usurpación do poder vixente, violando e vulnerando a legalidade institucional nun Estado por parte dun grupo de persoas, xeralmente forzas armadas sublevadas ou sectores da sociedade non conformes co sistema de goberno ou co goberno mesmo.

Franco0001
Tras dun golpe de Estado a mans de Franco e despois de tres anos de guerra civil, o estado español viviría preto de 4 décadas de ditadura.

Características e metodoloxía

O golpe de estado en moitas ocasións termina co establecemento dunha ditadura, aínda que isto non sempre é así. O golpe de estado por definición prodúcese contra calquera goberno, autoritario ou non, e pode buscar instaurar calquera outro diferente, normalmente tamén autoritario. Con todo, o sentido despectivo fai que se utilice na maior parte das ocasións a referirse a intentos de instauración de ditaduras.

Este ataque á legalidade e soberanía dun país implica a retención dos organismos depositarios daquelas. Estes órgano poderían ser o Goberno ou o Parlamento, no caso de países democráticos, ou o rei ou ditador noutros sistemas de goberno distintos. Tamén é habitual o control dos medios de comunicación, a prohibición de calquera tipo de oposición e a suspensión do Estado de dereito, polo menos temporalmente.

Algúns[quen?] diferencian o golpe de estado do pronunciamento militar baseándose en que este último procura cambiar o Goberno, pero sen levar a cabo unha usurpación nin derrocar o sistema vixente.

Algúns golpes de Estado do século XX

Os golpes de Estado foron moi frecuentes durante os séculos XIX e XX ao longo de todo o mundo.

Na sección seguinte relaciónanse algúns dos golpes máis importantes do século XX e XXI.

Golpes de Estado do século XXI

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para golpe.
  2. Office québécois de la langue française (ed.). "Banque de dépannage linguistique – état" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2012.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Malaparte, C. (1964): Technique du coup d'État 1ª edición en 1931. París, Éd. 10/18 (en francés).
25 de novembro

O 25 de novembro é o 329º día do ano do calendario gregoriano e o 330º nos anos bisestos. Quedan 36 días para acabar o ano. Foi declarado pola ONU como Día Internacional da Non Violencia Contra a Muller.

As vítimas, os nomes, as voces e os lugares

As vítimas, os nomes, as voces e os lugares é un estudo que pretende recoller o número total de mortos e procesados en Galicia como consecuencia do Golpe de Estado do 1936, así coma as circunstancias que rodearon a súa morte ou axuizamento.

Da elaboración do informe encargouse unha comisión formada por membros das tres universidades galegas, coordinados polo historiador Lourenzo Fernández Prieto, a instancia da Consellería de Cultura.

Burkina Faso

Burkina Faso, ás veces escrito Burquina Faso, é un país de África occidental, no Sahel, que limita ó noroeste con Malí, ó noroeste con Níxer e ó sur con Costa do Marfil, Ghana, Togo e Benín. Antes de 1984 era coñecido como o Alto Volta.

Anteriormente coñecido como Alto Volta por estar no curso alto de tres ríos que no seu momento se chamaron Volta (Mouhoun, antes o Volta negro; Nakambé, antes o Volta branco; e Nazinon, antes o Volta vermello), Burkina Faso foi renomeada en 1984 polo presidente Thomas Sankara para significar "a terra dos homes íntegros" en diula, principal lingua materna do país. Non ten acceso ó mar. Pertenceu a Francia ata a independencia en 1960.

A inestabilidade política durante as décadas de 1970 e 1980, foi seguida polas eleccións de 1987, o gañador Blaise Compaoré deu un golpe de Estado en 1991. Foi reelixido nunhas eleccións amañadas en 1998.

Campo da Rata

O Campo da Rata é unha extensión de terreo situada na cidade da Coruña, nas inmediacións do barrio de Adormideiras, cerca da Torre de Hércules.

Tralo triunfo do golpe de estado do 18 de xullo de 1936 e nos anos seguintes a esa data, foron fusilados na zona varios centos de presos, a meirande parte deles republicanos e sindicalistas.

Ditadura de Primo de Rivera

A ditadura de Primo de Rivera foi o réxime político que houbo en España desde o golpe de estado do capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, o 13 de setembro de 1923, ata a súa dimisión o 28 de xaneiro de 1930 e a substitución pola chamada dictablanda do xeneral Dámaso Berenguer.

A pesar dos seus esforzos de rexeneración e o inmenso progreso da economía e as infraestruturas, a Ditadura foi capaz de estabilizar a situación política durante un longo período, pero a finais da Ditadura produciuse unha crise política que desprestixiou o rei Afonso XIII e achandou o camiño á Segunda República española.

Fidxi

Fidxi (en inglés: Fiji; en fidxiano: Matanitu ko Viti; en hindustano: फ़िजी, فِجی), oficialmente República das Illas Fidxi, é un país insular situado no sur do Océano Pacífico, ao leste de Vanuatu, oeste de Tonga e ao sur de Tuvalu.

Fronte Popular (España)

A Fronte Popular foi unha histórica coalición electoral creada en xaneiro de 1936 polos principais partidos de esquerda de España. O 16 de febreiro logran a vitoria nas últimas eleccións democráticas durante a Segunda República, antes do golpe de estado que produciría a guerra civil.

Fulgencio Batista

Fulgencio Batista Zaldívar, nado como Rubén Zaldívar en Banes o 16 de xaneiro de 1901 e finado en Marbella o 6 de agosto de 1973, foi un militar e ditador cubano. Foi presidente electo de Cuba de 1940 a 1944 e gobernou de facto o país tras dar un golpe de Estado en 1952 até que foi derrocado en 1959 pola Revolución Cubana.

Golpe de Estado de Kornilov

O golpe de Estado de Kornilov foi un errado intento de golpe de Estado contrarrevolucionario levado a cabo polo comandante en xefe do Exército ruso, o xeneral Lavr Kornilov, en setembro de 1917. O Goberno Provisional Ruso e os soviets recibiron o apoio maioritario da poboación e fixeron que o golpe fracasara aos poucos días do alzamento militar.Tralo fracaso da Ofensiva de Kerenskii en xullo, o novo primeiro ministro, Aleksandr Kerenskii, nomeou ao xeneral Lavr Kornilov novo comandante en xefe do Exército ruso; desde o comezo xurdiron roces entre ambos polos desexos do xeneral de aplicar unha serie de reformas conservadoras e opostas aos consellos, que na súa opinión, debían servir para mellorar a situación militar. Pronto Kornilov converteuse no candidato das dispersas organizacións conservadoras e dos representantes da Entente para encabezar un novo goberno.

A mediados de agosto, Kornilov presentou un plan de reforma que equivalía á implantación dunha ditadura militar e que Kerenskii rexeitou, a pesar do apoio do viceministro de Defensa, o socialrrevolucionario Boris Savinkov. Kornilov prefería aplicar as súas medidas coa colaboración do Goberno, pero preparouse para facelo incluso na súa contra; Kerenskii, pola súa banda, desexaba tratar con el desde unha postura reforzada pola Conferencia Estatal de Moscova, pero fracasou pola crecente polarización política.

A finais de agosto e comezos de setembro parecía que Kerenskii e Kornilov chegarían a un acordo para aplicar as reformas políticas e militares, pero a confusa intervención do antigo procurador de Sínodo Sagrado, Vladimir Lvov, confundiu a ambos: Kornilov creu que Kerenskii aceptara plenamente os seus plans e este que Kornilov presentáballe un ultimato e pretendía apartalo do poder. Forzou entón a rebelión aberta do xeneral ao destituílo e a marcha da capital resultou un fracaso, desbaratada pola resistencia non tanto do impotente goberno coma dos consellos e, especialmente, dos bolxeviques, que se recuperaron politicamente do revés sufrido nas Xornadas de Xullo.

O errado golpe acrecentou o desprestixio e a debilidade de Kerenskii, desacreditou á dereita e acelerou os preparativos bolxeviques para tomar o poder.

Golpe de Estado do 18 de xullo de 1936

O golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, denominado "Alzamento Nacional" polos sublevados, foi un golpe de carácter militar con fins políticos[Cómpre referencia] perpetrado contra o goberno da Segunda República Española entre o 17 e o 18 de xullo de 1936 e cuxo fracaso parcial conduciu á guerra civil española. A historiografía moderna desfixo esta última denominación por ser partidista e inexacta.[Cómpre referencia]

Golpe de estado do 23 de febreiro de 1981

O 23F ou 23-F foi un golpe de estado fracasado que se produciu en España o 23 de febreiro de 1981. Foi levado a cabo por algúns mandos militares, sendo a parte máis afamada o asalto do Congreso dos Deputados por un numeroso grupo de gardas civís baixo mando do tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero, durante a votación do candidato á presidencia do goberno, Leopoldo Calvo-Sotelo Bustelo, da UCD.

Guerra civil española

A guerra civil española foi un conflito bélico que se desenvolveu tralo fracaso parcial do golpe de estado dun sector do exército contra o goberno democrático da Segunda República española, e que durou do 18 de xullo de 1936 até o 1 de abril de 1939, concluíndo coa vitoria do bando rebelde e coa instauración dunha ditadura de carácter fascista e con trazos propios coñecida como franquismo, debido ó apelido do ditador Francisco Franco Bahamonde. Este decretaría a fin do estado de guerra no ano 1948.

O alzamento contra o goberno lexítimo estivo planificado polo xeneral Emilio Mola, encabezado polo xeneral José Sanjurjo Sacanell e secundado entre outros polo xeneral Francisco Franco Bahamonde.

Haití

A República de Haití é un país do Caribe, na parte occidental da illa A Española, limitando, xa que logo, con República Dominicana polo leste; ao norte ten o Océano Atlántico e ao sur e ao oeste ten o Mar Caribe. O seu territorio comprende igualmente a illa La Gonâve, a illa da Tartaruga, o arquipélago das illas Cayemites e a Illa da Vaca, así como outros diversos illotes. A inhabitada illa de La Navasse é reclamada por Haití ante a administración dos Estados Unidos. A súa área total é de 27.750 km cadrados, albergando unha poboación de 10 033 000 habitantes (2009).. A súa capital e cidade máis importante é Porto Príncipe.

Haití é unha antiga colonia francesa, foi o primeiro país en Latinoamérica en declarar a súa independencia e o segundo do continente tras Estados Unidos. Accedeu á independencia tras un proceso revolucionario de carácter abolicionista iniciado en 1791 que desembocou nunha prolongada loita armada contra Francia, a potencia colonizadora desde finais do século XVII. Este proceso converteu a Haití, cuxa base étnica da poboación ten nun 95% a súa orixe en habitantes da África subsahariana, en escenario do primeiro caso na Historia de escravos que se emancipan deste xeito. Este episodio é especificamente lembrado polas Nacións Unidas mediante a Resolución 29/C40, que constitúe o Día internacional do recordo da trata negra e da súa abolición o 23 de agosto, e a institución da medalla Toussaint Louverture, en homenaxe a un dos líderes políticos haitianos.

Haití está constituído en forma de república semipresidencialista segundo a Constitución aprobada en 1987, pero cuxa vixencia ficou suspendida dende aquela en varias ocasiones pola violencia, particularmente tralo golpe de estado militar de 1991 e a crise de 2004, onde interviñeron as Nacións Unidas mediante o destacamento da Misión de Estabilización das Nacións Unidas en Haití (MINUSTAH). Tras un proceso electoral tutelado pola comunidade internacional en 2006, o Xefe do Estado, escolleito por sufraxio universal, é René Préval mentres que a Asemblea Nacional de Haití designou no 2009 a Jean-Max Bellerive como primeiro ministro.

A economía de Haití xerou no 2009 un PIB nominal de 6.908 millóns de dólares e unha renda per cápita de 772 dólares, sendo a máis pobre de todo o continente americano e unha das máis desfavorecidas do mundo. Segundo The World Factbook, o 80% da súa poboación vive na miseria e dous terzos da xente dependente do sector da agricultura e pesca, tradicionalmente organizado en pequenas explotacións de subsistencia. Houbo unha intensiva e descontrolada deforestación que minguou a superficie arborada de Haití do 60% en 1923 a menos do 2% en 2006. As devastadoras tormentas tropicais que sofre afectan ás escasas infraestruturas de comunicacións que ten, aumentando máis así a súa inestabilidade. O sector industrial máis relevante é o téxtil, que representa máis do 75% do volume de exportacións, principalmente cara Estados Unidos, e o 90% do PIB. Haití está incluído no programa do Fondo Monetario Internacional e do Banco Mundial como país en vías de desenvolvemento altamente endebedado (Highly-Indebted Poor Country, HIPC).

José Sanjurjo Sacanell

José Sanjurjo Sacanell, nado en Pamplona o 28 de marzo de 1872 e finado en Estoril, Portugal, 20 de xullo de 1936, foi un militar español, un dos sublevados no golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 contra a República.

Malí

Malí, oficialmente República de Malí, en francés: République du Mali; en bambara: Mali ka Fasojamana, é un país africano. É un estado sen costa, o sétimo máis extenso de África. Limita ao noroeste con Mauritania, ao norte con Alxeria, ao leste con Níxer, ao sur con Burkina Faso, Costa do Marfil e Guinea, e ao oeste con Senegal. A súa capital é Bamaco.

O seu tamaño é de 1 240 000 km² e a súa poboación estímase en 12 000 000 de habitantes. Constituída por oito rexións, Malí ten as súas fronteiras do norte no medio do Sahara, mentres que a zona meridional, onde vive a maior parte da poboación, está na beira dos ríos Níxer e Senegal. A estrutura económica do país céntrase na agricultura e a pesca. Pese a ter recursos naturais como o ouro, uranio, sal, está considerada un dos lugares máis pobres do mundo. A metade da poboación vive baixo o limiar de pobreza internacional, establecido en 1,25 dólares por día.O actual territorio maliano foi sede dos tres imperios de África occidental que controlaron o comercio transahariano: o Imperio de Ghana, o Imperio de Malí e o Imperio Songai. A finais do século XIX, Malí caeu baixo dominio de Francia, pasando a formar parte do Sudán francés. En 1959 conseguiu a súa independencia canda Senegal, converténdose así na Federación Malí, a cal remataría un ano despois. Tras un tempo no que existía un único partido político, un golpe de Estado en 1991 comportou a creación dunha nova constitución e o estabelecemento de Malí como unha nación democrática cun sistema pluripartidista.

Salvador Allende

Salvador Guillermo Allende Gossens, nado en Santiago o 26 de xuño de 1908 e finado na mesma cidade o 11 de setembro de 1973, foi un político chileno, presidente do seu país entre 1970 e 1973, cando foi derrocado por un golpe de estado, apoiado pola CIA e os Estados Unidos de América, que acabou coa súa vida.

Non alcanzou a completar o seu goberno, que proseguía até 1976, debido ó Golpe de Estado de 1973 que o derrocou e implantou o Réxime Militar en Chile. A súa morte ocorreu durante o asalto ó Palacio de la Moneda, no que faleceu.

Transición española

A transición española foi un período político da España moderna, que transcorre desde a morte do xeneral Francisco Franco o 20 de novembro de 1975 ata a entrada en vigor da Constitución española de 1978.

No período tivo lugar a transformación social do estado español desde a ditadura ata a democracia.

Con todo, non hai consenso entre os politicólogos para delimitar a data no que se entende consumada a transición, e así, propóñense outros fitos como:

A superación do errado golpe de estado do 23 de febreiro de 1981.

A primeira vitoria electoral dun partido de esquerdas (PSOE) nas eleccións xerais do día 28 de outubro de 1982.

Incluso hai quen sitúa o fin da transición no primeiro relevo pacífico dun goberno elixido en democracia logo da II República Española (eleccións do ano 1996, gañadas polo Partido Popular).

A idea dunha transición incompleta, inacabada ou mal feita tamén é unha vertente con certo corpo dentro da sociedade do Estado español, principalmente no electorado de esquerda e nos grupos nacionalistas tirante o nacionalismo español. Tamén é unha reflexión de peso dentro de asociacións pola recuperación da memoria histórica ou de reivindiacion de dereitos dos represaliados polo réxime franquista..

Ánxel Casal

Ánxel Casal Gosenxe, nado na Coruña o 17 de decembro de 1895 e asasinado en Cacheiras (Teo) o 19 de agosto de 1936, foi un editor e político galego.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.