Golfo de Bengala

O golfo de Bengala é un mar na área nordeste do océano Índico. A súa forma aseméllase a un triángulo. Limita ao leste coa península de Malaca, ao oeste co subcontinente indio. O extremo norte do golfo limita co estado indio de Bengala Occidental e con Bangladesh. Os extremos do sur están limitados pola illa de Sri Lanka e o territorio indio Illas Andaman e Nicobar. Estas últimas illas separan o golfo de Bengala do mar de Andaman.

Baía/golfo de Bengala
বঙ্গোপসাগর [bɔŋgopoʃagoɾ]
Tidal Wave at Bay of Bengal
Localización administrativa
EstadoFlag of Sri Lanka.svg Sri Lanka
India India
Flag of Indonesia.svg Indonesia
Flag of Bangladesh.svg Bangladesh
Flag of Myanmar.svg Myanmar
DivisiónEstados de Tamil Nadu, Andhra Pradesh, Orissa, Bengala Occidental e Megalaya e territorio das Illas Andaman e Nicobar (IND)
Estado de Rakhine e División de Ayeyarwady (BIR)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Índico
ContinenteAsia
Xeografía
Mares contiguosMar de Andaman
Illas interioresSri Lanka e Illas Andaman e Nicobar
AfluentesGanxes, Meghna, Brahmaputra, Mahanadi, Godavari, Krishna e Kaveri
Cidades ribeiregasMadrás, Vishakhapatnam, Calcuta e Pondicherry (IND)
Características
Superficie2.172.000 km²
Lonxitude máxima2.900 km
Anchura máxima1.610 km
Profundiade máxima4.694 m
Profundidade media2.600 m
Mapa
Locatie Golf van Bengalen

Localización da baía de Bengala (inclúe o mar de Andaman).
India satellite image

Vista satélite
Bay of Bengal map
Mapa co Golfo de Bengala (Bay of Bengal)

Véxase tamén

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Bangladesh

Bangladesh ou Bangladés (en bengalí: বাংলাদেশ), formalmente República Popular de Bangladesh (en bengalí: গণপ্রজাতন্ত্রী বাংলাদেশ Gônôprôjatôntri Bangladesh) é un estado da Asia Meridional, localizado no fértil delta do Ganxes. Fai fronteira coa República da India polo norte, oeste e leste, con Myanmar polo sueste e co Golfo de Bengala polo sur. Está separado do Nepal e de Bután polo territorio indio coñecido como Corredor de Siliguri. Xunto co estado indio de Bengala Occidental, forma parte da rexión etno-lingüística de Bengala. O nome de Bangladesh significa "País de Bengala" en lingua bengalí.

As fronteiras da moderna Bangladesh foron delimitados durante a Partición de Bengala e a India británica en 1947, cando a rexión se converteu nunha rexión do estado de Paquistán. Debido á exclusión política, á discriminación étnica e lingüística, á dominación económica polo estado de Paquistán e a unha combinación de axitacións populares, o nacionalismo e a desobediencia civil conduciron á Guerra de Liberación de Bangladesh en 1971, que resultou na separación e independencia mediante a formación do estado de Bangladesh. Despois da independencia, o novo estado proclamou unha democracia multipartidista secular. O país afrontouse dende entón á pobreza, á fame, á inestabilidade política e a numerosos golpes militares. A restauración da democracia en 1991 foi seguida dun relativo período de calma e progreso económico.Bangladesh é unha república parlamentaria cun parlamento electo chamado Jatiyo Sangshad. Cunha poboación de máis de 160 millóns de persoas nun territorio de 147 570 km2, Bangladesh é o oitavo país do mundo máis poboado, así como o estado máis densamente poboado do planeta. Os bengalís son o grupo étnico maioritario do país, mentres que pobos indíxenas dos distritos do norte e do sueste son unha minoría diversa e significativa. A rexión do delta de Bengala ten un rico patrimonio cultural. As catro meirandes relixións do país son o islam (89%), o hinduísmo (9%), o budismo (1%) e o cristianismo (0.5%).

Bangladesh é considerada unha economía dos próximos once. De acordo coas Nacións Unidas no 2010, o país fixo a comezos do século XXI grandes esforzos de desenvolvemento humano, incluíndo significativos progresos nas áreas de igualdade de xénero, educación primaria universal, apoio á muller, redución do crecemento da poboación, produción de comida, saúde e enerxías renovables. A porcentaxe de pobreza diminuíu considerablemente dende a independencia, e a renda per cápita duplicouse dende os valores de 1975. As grandes cidades como Dacca e Chittagong foron as principais responsables do recente crecemento. Porén, o páis continúa enfrontándose a numerosos problemas sociais e políticos, como a corrupción burocrática e política, a pobreza, a inestabilidade política, a superpoboación e a vulnerabilidade ó cambio climático.

Bangladesh é un pioneiro e membro fundador de ASACR. É o maior contribuidor do mundo largest contributor das Forzas da paz das Nacións Unidas. É membro do D-8, do BIMSTEC e da Commonwealth, da Organización da Conferencia Islámica, do Movemento de Países Non Aliñados e do G-77.

Bengala Occidental

Bengala Occidental é un estado indio localizado no leste do país, no Golfo de Bengala. É o cuarto estado máis poboado do país, con arredor de 91 millóns de habitantes (segundo o censo de 2011). Ten unha área de 88 752km2. Forma parte da rexión etnolingüística de Bengala, limitando con Bangladesh polo leste e con Nepal e Bután polo norte. Comparte fronteira con cinco estados indios: Odisha, Jharkhand, Bihar, Sikkim e Assam. A súa capital é Calcuta, a sétima cidade máis poboada da India. Xeograficamente, Bengala Occidental inclúe a rexión montañosa de Darjeeling, o delta do Ganxes, a rexión de Rarh e os Sundarbans da costa. O principal grupo étnico é o bengalí, sendo os bengalís hindús a maioría demográfica.

Catamarán

Un catamarán é un tipo de embarcación que consta de dous cascos unidos por un marco. Poden ser propulsados a vela ou motor.

A palabra catamarán ven do támil kaṭṭumaram (கட்டுமரம்), onde kaṭṭu é paquete e maram árbore (Lit. «troncos unidos»). O pirata e aventureiro británico William Dampier, foi o primeiro en describir catamaráns en 1697, que vira na rexión de Tamil Nadu (India), mentres navegaba polo golfo de Bengala. O catamarán era usado polos paravas, unha comunidade de pescadores na costa sur de Tamil Nadu, e a antiga dinastía támil chola empregábaos dende o século V para transportar as súas tropas a conquistar rexións do Sueste asiático, como Birmania, Indonesia e Malaisia.

En épocas prehistóricas, hai 3 ou 4 milenios, os navegantes austronesios utilizaron canoas de dobre casco para colonizar a Polinesia e asentarse no grupo de illas máis estendido do planeta.Os catamaráns son deseños relativamente novos no que respecta ás embarcacións modernas de lecer ou traballo, e tiveron que enfrontarse cun gran escepticismo por parte dalgúns mariñeiros acostumados a deseños máis «tradicionais».

Chennai

Chennai (சென்னை en támil) (antigamente Madrás) é a capital de Tamil Nadu na India, con 6 800 000 habitantes é a cuarta cidade do país. Localízase na costa de Coromandel, no Golfo de Bengala.

Chittagong

Chittagong (bengalí: চট্টগ্রাম, Chôṭṭôgramé) é unha cidade de Bangladesh, a segunda en importancia trala capital, Dacca, situada no sueste do país a ourelas do río Karnaphuli, preto da súa desembocadura no Golfo de Bengala fronte ao Delta do Ganxes. Centro comercial e industrial da rexión agrícola circundante, conforma unha metrópole que supera os catro millóns de habitantes.

Coñecido porto dende a antigüidade, formaba parte do reino birmano de Arakan (na costa occidental de Myanmar) ata a época colonial, na que portugueses primeiro (s.XVI) e a Compañía Británica das Indias Orientais (s.XVII) despois fixeron de Chittagong unha base portuaria de importancia na rexión.

O forte crecemento nas últimas décadas vai asociado a unha zona económica especial na perspectiva de constituires o futuro nodo de transportes das rexións interiores dos países veciños (nordeste de India, norte de Myanmar, suroeste de China).

Golfo Pérsico

O Golfo Pérsico (الخليج الفارسي , خليج فارس) é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán.

Golfo de Anadyr

O Golfo de Anadyr, ou Baía de Anadyr (ruso: Анадырский залив), é unha gran baía no mar de Bering no extremo nordés da Siberia.

Illas Andaman

As illas Andaman son un grupo de illas no Golfo de Bengala que forman parte do Territorio Indio das illas Andaman e Nicobar. Port Blair é a principal comunidade das illas e a capital administrativa do territorio. A poboación das Andaman en 1991 era de 314.239 persoas.

Mar de Andaman

O mar de Andaman (en birmano မုတ္တမ Mottama, en tailandés ทะเลอันดามัน Thale Andaman, en malaio e indonesio Laut Andaman); tamén chamado mar de Birmania, é un sector do océano Índico situado ao sueste do golfo de Bengala, ao sur de Birmania, ao oeste de Tailandia e ao leste das illas Andaman, das que toma o seu nome. Ten uns 1.200 km de norte a sur e 650 km de leste a oeste, formando unha área de 797.700 km². A súa profundidade media é de 870 metros e a máxima chega aos 3.777 metros. O principal río que desemboca nas súas augas é o Irawady.

No seu extremo sueste, o mar de Andaman comunícase co mar de China Meridional a través do estreito de Malaca, que separa a illa de Sumatra da península Malaia.

Mar de Galilea

O mar de Galilea é un lago de auga doce.

Mar de Irminger

O Mar de Irminger é un mar mar marxinal do Océano Atlántico Norte.

Foi nomeado polo vicealmirante danés Carl Ludvig Christian Irminger (1802-1888), tras o cal tamén se nomeou a Corrente Irminger.

Myanmar

Myanmar, oficialmente República da Unión de Myanmar (en birmano: ပြည်ထောင်စုသမ္မတ မြန်မာနိုင်ငံတော် Pyidaunzu Thanmăda Myăma Nainngandaw), anteriormente coñecido como Birmania, é un país do Sueste asiático. Ten fronteira común coa India e Bangladesh polo oeste, con Laos e Tailandia polo leste e coa China polo norte e o nordeste. Polo sur, arredor dun terzo do perímetro total de Myanmar (de 5 876 km) forma unha liña costeira ininterrompida de 1 930 km ó longo do golfo de Bengala e o mar de Andaman. O censo de 2014 do país rexistrou unha poboación de 51 millóns de persoas. No 2017, a poboación roldaba os 54 millóns. Myanmar ten unha área de 676 578 km2. A súa capital é a cidade de Naypyidaw, e a meirande cidade e antiga capital é Yangon. Myanmar é membro da Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN) dende 1997.

Orissa

Orissa é un estado indio localizado xunto ó Golfo de Bengala. Limita ó norte co Jharkhand, ó nordeste co Bengala Occidental, o este co Golfo de Bengala, ó sur co estado de Andhra Pradesh e, ó oeste, co estado de Chhattisgarh. A súa capital, Bhubaneshwar, é coñecida como a cidade das catedrais por seus numerosos templos.

Río Brahmaputra

O río Brahmaputra (en sánscrito ब्रह्मपुत्र, "o fillo de Brahmā") é un dos ríos máis longos de Asia.

Nace no glaciar Kubigangri, cerca do monte Kailāsh, no Himalaia, e discorre en dirección leste por territorio chinés pola parte oeste do Tíbet, pasando cerca de Lhasa, coñecéndose como Yarlung Tsangpo en tibetano.

Despois dun percorrido de 2.896 km desauga no golfo de Bengala, en Bangladesh, formando parte do delta do Ganxes, o maior delta do mundo.

Na zona central de Bangladesh divídese en dous brazos, dos que o principal é o río Jamuna, nome co que é coñecido nesa rexión, e o outro, de menor caudal, o río Shitalakshya.

O seu percorrido pola zona tropical fai do seu val un dos máis ricos en diversidade biolóxica do mundo. As súas principais inundacións permiten a fertilización do solo, aínda que son devastadoras.

Na súa parte máis baixa, o río considérase sagrado para os hindús, e se utiliza para o transporte de produtos agrícolas.

Río Ganxes

O Ganxes,ou Ganga, (devanágari: गंगा ; (IPA: ˈgænʤiz ; IAST: Gaṅgā ; na maioría das linguas da India, IPA2: ˈgəŋgaː) é un dos ríos principais do subcontinente indio, que flúe en dirección leste a través das chaira epónima do norte da India até Bangladesh. Os seus 2,510 km (1,557 mi) de percorrido comezan no Glaciar Gangotri no estado indio de Uttaranchal, na parte central do Himalaia até desembocar no golfo de Bengala, formando un vasto delta no Sundarbans. É un río sacro para os hindús, recibindo culto a través da súa divindade, personificada como a deusa Ganga.

O Ganga ou Ganxes e máis os seus tributarios, dos que destaca o río Yamuna, baña unha grande e ampla conca dunha área de preto dun millón de km2, que acollen das maiores densidades poboacionais da Terra.

Río Kaveri

O Kaveri é un dos ríos principais do sur da India, cunha lonxitude de 760 km, vertendo as súas augas no golfo de Bengala. A grafía inglesa Cauvery foi moi utilizada. O río aparece xa na Xeografía de Claudio Tolomeo como Khaberos.

Río Mahanadi

O Mahanadi é un río da India oriental cun curso de 885 km, que desauga no golfo de Bengala, no Océano Índico.

Sri Lanka

Sri Lanka (támil: இலங்கை , cingalés: ශ්‍රී ලංකා ), antigamente Ceilán, é un país insular asiático, localizado ao largo da extremidade sur do subcontinente indio. Ten costas no golfo de Bengala ao leste, océano Índico ao sur e oeste e estreito de Palk ao noroeste, que o separa da India. A capital é Colombo.

Sundarbans

Os Sundarbans (en bengalí: সুন্দর বন; "bosque fermoso") son unha área de mangleiral no delta formado pola confluencia dos ríos Ganxes, Brahmaputra e Meghna no golfo de Bengala. Esténdese dende o río Hooghly no estado indio de Bengala Occidental até o río Baleswar en Bangladesh. Contén bosques de mangleirais, terras agrícolas, chairas de marea e está conectado por múltiples regatos e canles. Existen catro áreas dos Sundarbans que están clasificados como Patrimonio da Humanidade, o Parque Nacional dos Sundarbans e os santuarios da vida salvaxe dos Sundarbans do oeste, sur e leste. O bosque de mangleiros dos Sundarbans abrnague unha área de 10 000 km2. En Bengala Occidental, esténdense por 4 260 km2 ó longo dos distritos South 24 Parganas e North 24 Parganas. Os bosques na división Khulna de Bangladesh abranguen 6 017 km2. As especies de árbores máis comúns son o sundri (Heritiera fomes) e o gewa (Excoecaria agallocha). Os bosques on o hábitat de 453 especies de animais, incluíndo 290 paxaros, 120 peixes, 42 mamíferos, 35 réptiles e oito especies de anfibios.

Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.