Golfo Pérsico

O Golfo Pérsico (الخليج الفارسي , خليج فارس) é un golfo localizado no Medio Oriente, como un brazo do Mar de Arabia, entre a Península da Arabia e o Irán.

Golfo Pérsico
خليج فارس
Persian Gulf (12482101873)
Localización administrativa
EstadoFlag of Saudi Arabia.svg Arabia Saudita
Flag of Bahrain.svg Bahrain
Flag of the United Arab Emirates.svg Emiratos Árabes Unidos
Flag of Qatar.svg Qatar
Flag of Iraq.svg Iraq
Kuwait Kuwait
Flag of Iran.svg Irán
Flag of Oman.svg Omán (exclave de Musandam)
Localización xeográfica
Océano / MarOcéano Índico
ContinenteAsia
Xeografía
Mares contiguosGolfo de Omán
Illas interioresQeshm (1491 km²) e Lavan (76 km²) (IRN)
Bahrein (678 km²) (BHR)
AfluentesRío Shatt al-Arab
Accidentes
PenínsulasPenínsula Arábiga
EstreitosEstreito de Ormuz (co golfo de Omán (mar Arábigo))
Características
Superficie233 000 km²
Lonxitude máxima990 km
Anchura máxima200-300 km
Anchura mínima56 km
Profundiade máxima90 m
Profundidade media50 m
Mapa
Locatie Perzische Golf

Localización do golfo Pérsico
PersianGulf vue satellite du golfe persique

Vista satélite
Golfo persico NASA
Golfo Pérsico.

Localización e características

Trátase dun mar interior con preto de 233 000 km2, ligado ao Mar da Arabia ao leste polo Estreito de Ormuz e polo Golfo de Omán, e co seu límite a oeste marcado polo delta de Shatt al-Arab, chamado Arvand-Rood polos iranianos, onde desaugan os ríos Éufrates e Tigris.

Países con litoral bañado polo Golfo Pérsico, en orden horaria, son: Irán, Arabia Saudita, Qatar (que ocupa unha península avanzada sobre o golfo), Bahrein (unha illa no golfo), Kuwait, Iraq, e Irán. O Golfo Pérsico e as súas áreas costeiras son a máis rica e máis usada fonte de petróleo; as industrias derivadas da extracción e refino dominan a rexión. Existen diversas illas no golfo, algunhas das cales son contestadas por estados veciños.

Nomenclatura

O nome Golfo Pérsico foi emprestado de numerosas linguas antigas (inclusive o grego), sendo utilizado amplamente desde a Antigüidade, en razón de ter existido alí a nación-estado da Persia (onde hoxe é o Irán). A mediados da década de 1960, co xurdimento do nacionalismo árabe, os países da rexión pasaron a chamalo "Golfo de Persia". O Irán, entón, enviou dúas peticións para as Nacións Unidas (en 1971 e 1984) esixindo o recoñecemento oficial da rexión como Golfo Pérsico. A maioría dos países denomina a rexión Golfo Pérsico, pero algúns países árabes usan o termo Golfo de Persia ou simplemente o Golfo.

Abu Zabi

Abu Zabi ou Abu Dhabi (en árabe: ابوظبي, Abū Ẓabī) é unha cidade dos Emiratos Árabes Unidos, capital do país e do Emirato de Abu Zabi, o máis grande dos sete emiratos membros dos EAU. Fundada en 1760 é a capital do emirato dende 1793.

En 2014 tiña 1´5 millóns de habitantes, sendo a segunda cidade do país tras Dubai. Construída sobre unha illa en forma de T, no sueste do Golfo Pérsico, comunícase con terra por unha ponte. Máis do 80% da poboación son forasteiros que residen temporalmente.

Ata 1960 era unha cidade sen luz eléctrica nin outros servizos esenciais, pero o descubrimento de petróleo no emirato mudou rapidamente as circunstancias e Abu Zabi converteuse nunha metrópole moderna. Actualmente Abu Zabi é unha cidade moderna de grandes rañaceos e dispón dun aeroporto internacional a 25 km ó sueste. É considerada a cidade máis rica do mundo, cunha renda per cápita de 30 000 dólares.

Abu Zabi alberga oficinas do goberno federal, é a sede do goberno dos Emiratos Árabes Unidos, a residencia da familia do Emir de Abu Zabi e do Presidente dos Emiratos Árabes Unidos, que naceu nesta familia. O rápido desenvolvemento e urbanización de Abu Zabi, xunto cos relativamente altos ingresos medios da poboación, transformaron a cidade nunha gran e avanzada metrópole. Hoxe a cidade é o centro político do país e das actividades industriais, e un dos principais centros culturais e comerciais, debido á súa posición como a capital, Abu Zabi representa ao redor de dúas terceiras partes dos preto de 400 $ mil millóns da economía dos Emiratos Árabes Unidos.

Bahrain

Bahrain, (en árabe: البحرين; al-Baḥrayn) tamén coñecido como o Reino de Bahrain (en árabe: مملكة البحرين Mamlakat al-Baḥrayn), é un país do Medio Oriente. É un dos máis pequenos da rexión e está integrado por cinco illas, das cales a maior é a illa de Bahréin e existen entre 25 e 28 illotes menores. Está situado no Golfo Pérsico, compartindo fronteiras marítimas con Qatar polo Sur e o Leste; e con Arabia Saudita polo Oeste e o Noroeste, unidos pola Calzada do Rei Fahd.

O nome árabe do país, Mamlakat al-Bahrayn, significa literalmente «reino dos dous mares».

Doha

Doha (en árabe: الدوحة, transl. ad-Dawḥa ou ad-Doha, literalmente "a árbore grande") é a capital de Qatar. Está situada sobre a costa do golfo Pérsico, levantada nunha baía de 7 km de longo. Administrativamente pertence á subdivisión de Ad-Dawhah. É a sede das instalacións da cadea de televisión Al Jazeera.

Doutrina Carter

A Doutrina Carter foi unha política proclamada polo presidente de Estados Unidos Jimmy Carter no seu discurso do Estado da Nación o 23 de xaneiro de 1980, que declarou que Estados Unidos usaría a forza militar, se é necesario, para defender os seus intereses nacionais no Golfo Pérsico.

Foi unha resposta á intervención de Afganistán pola Unión Soviética en 1979, e tiña a intención de disuadir a Unión Soviética, adversario da Guerra Fría, e de buscar a hexemonía no Golfo.

A sentenza seguinte, clave desta doutrina, foi escrita por Zbigniew Brzezinski, asesor de Seguridade Nacional do presidente Carter:

Brzezinski arranxou o texto da Doutrina Truman, e insistiu en que a sentenza incluída no discurso debería "deixar moi claro que os soviéticos deben permanecer afastados do Golfo Pérsico".

No libro "The Prize: The Epic Quest for Oil, Money, and Power", o autor Daniel Yergin sinala que a Doutrina Carter "reflectía sorprendentes similitudes" a unha declaración británica de 1903, na que o secretario de Relacións Exteriores británico Lord Landsdowne advertiu a Rusia e Alemaña que os británicos " consideraban que o estabelecemento dunha base naval ou dun porto fortificado no Golfo Pérsico por calquera outra potencia supoñía unha gravísima ameaza para os intereses británicos, e oporíanse con todos os medios á súa disposición ".

Emiratos Árabes Unidos

Os Emiratos Árabes Unidos son unha federación de emiratos situados na Península de Arabia. Limitan ó norte con Qatar e co Golfo Pérsico; ó leste co Golfo de Omán e Omán; e ó sur e oeste con Arabia Saudita. A súa planicie costeira é estéril e fúndese co deserto arábico. A federación está integrada por 7 emiratos (imarat; singular - imarah)

Estreito de Ormuz

O Estreito de Ormuz (تنگهٔ هرمز en persa) é un anaco de océano relativamente estreito entre o Golfo de Omán ao sueste e o Golfo Pérsico ao suroeste. Na súa costa norte está o Irán e na costa sur os Emiratos Árabes Unidos e o enclave de Omán.

Golfo de Adén

O golfo de Adén ou Aden atópase no Océano Índico, entre Iemen (na costa sur da Península Arábiga) e Somalia (no leste de África). Polo noroeste está conectado co Mar Vermello a través do estreito de Bab-el-Mandeb.

A súa lonxitude é de 1000 km e a súa anchura varía entre 150 e 440 km. O golfo é unha vía moi importante para o transporte da produción do petróleo do Golfo Pérsico, o cal dálle unha notable importancia a nivel mundial. Ademais, encóntranse nel numerosas cantidades de peixes e corais, posto que as súas augas non foron contaminadas dun xeito apreciable. Os dous portos máis importantes están en Adén, no Iemen e en Bardera e Bosaso, en Somalia.

Non é unha zona considerada segura, dada a inestabilidade de Somalia e a que Iemen posúe forzas de seguranza insuficientes para a zona, existindo casos de piratería e de ataques terroristas.

Golfo de Omán

O golfo de Omán ou mar de Omán (en árabe خليج عمان, Khalij 'Omán) é un entrante norte-occidental do mar Arábigo que, a través do estreito de Ormuz, comunícase co golfo Pérsico. Ten uns 560 km de lonxitude, 320 km de anchura e unha profundidade media que vai dos 50 m no oeste ata os 200 m ao leste.

Como vía de acceso ao golfo Arábigo, o golfo de Omán ten unha gran significación estratéxica, posto que os estados do Golfo teñen importantes reservas de cru, vitais para a economía mundial.

O golfo de Omán baña, ao norte, as costas da Irán, ao oeste as dos Emiratos Árabes Unidos e, ao sur, as de Omán, onde se atopa Mascate, a principal cidade costeira.

Igrexa ortodoxa de Antioquía

A Igrexa ortodoxa de Antioquía, tamén coñecida como patriarcado de Antioquía e todo o Leste (en grego: Πατριαρχεῖον Ἀντιοχείας, Patriarcheîon Antiocheías), é unha das igrexas ortodoxas autocéfalas, en comuñón co resto da Igrexa ortodoxa.

O primado da Igrexa é o patriarca de Antioquía, o terceiro na orde de precedencia da Igrexa ortodoxa logo dos patriarcas de Constantinopla e Alexandría. O seu territorio tradicional inclúe Siria, o Líbano, Irán, Iraq, Kuwait, os países árabes do golfo Pérsico e parte de Turquía.

Irán

Irán (en persa ایران) , tamén coñecido como Persia, e oficialmente República Islámica de Irán dende 1980, é un país de Asia Occidental. Limita ó norte con Armenia, Acerbaixán e Turkmenistán, con Casaquistán e Rusia a través do Mar Caspio, polo leste con Afganistán e Paquistán, polo sur co Golfo Pérsico e co Golfo de Omán, polo oeste con Iraq e polo noroeste con Turquía. Comprende unha área de 1 648 195 km2, sendo a segunda nación máis grande de Oriente Medio e a 18 en todo o mundo. Ten unha poboación de 77 millóns de habitantes, o que a converte na nación número 17 en todo o mundo. É o único país que ten costa no Mar Caspio e no Océano Índico.

A capital é Teherán. A palabra Irán significa literalmente "terra dos arios" (no sentido racial do termo e non no seu sentido relixioso - arianismo).

Irán é a nación dunha das máis antigas civilizacións do mundo, que ten a súa orixe na formación do reino protoelamita e elamita entre os anos -3200 e -2800. Os medos unificaron o territorio no primeiro de moitos imperios no -625, despois do cal, convertéronse no poder político e cultural dominante da rexión. Irán acadou o cumio do seu poder durante o Imperio Aqueménida fundado por Ciro o Grande en -550, que na súa máxima extensión abranguía unha parte importante do mundo antigo, que limitaba co Val do Indo polo leste, e con Tracia e Macedonia polo noroeste, facendo del o maior imperio do mundo ata ese momento. O imperio colapsou no -330 trala conquista de Alexandre o Grande. A área gañou influencia posteriormente co Imperio Parto e co establecemento da Dinastía Sasánida en -224, baixo a cal Irán converteuse nunha das principais potencias de Asia Occidental e Central durante os seguintes catro séculos.

Kuwait

Kuwait é un estado, situado no suroeste asiático, ao norte da Península Arábica, sobre o Golfo Pérsico. Linda coa Arabia Saudita e mais con Iraq.

Kuwait é un importante produtor de petróleo e é membro da OPEP.

Mar Arábigo

O Mar Arábigo tamén chamado Mar de Arabia forma parte do Océano Índico, entre a Península Arábiga e a India.

A máxima anchura do Mar Arábigo é de aproximadamente 2.400 km, e a súa máxima profundidade é de 4652 metros, preto da Península Arábiga, aproximadamente á mesma latitude que o extremo sur da India. O río Indo é o único río de grande envergadura que flúe cara a este mar.

No noroeste, estréitase para formar o Golfo de Omán que se conecta co Golfo Pérsico no estreito de Ormuz.

Teñen costa sobre o Már Arábigo a India, Irán, Omán, Paquistán, Iemen, os Emiratos Árabes Unidos, Somalia e as Illas Maldivas.

Entre as súas principais cidades costeiras están Bombai na India e Karachi en Paquistán.

Mesopotamia

Mesopotamia (do grego, mésos e potamós: entre ríos) é unha rexión xeográfica histórica do Oriente Medio, delimitada entre os ríos Tigris e Éufrates, ocupada polo actual territorio do Iraq. Os ríos desembocan no Golfo Pérsico e a rexión está rodeada por desertos.

Montes Zagros

Os Montes Zagros (en persa رشته‌كوه‌های زاگرس} Kuhha-ye Zāgros) é unha cadea montañosa que se estende desde o Cáucaso até o Golfo Pérsico, cunha orientación xeral noroeste-sueste.

Oriente Medio

Coñécese como Oriente Medio (en árabe: الشرق الأوسط) unha rexión do suroeste de Asia que vai dende Siria ata a fronteira irano-afgá, pasando pola península de Arabia.

Historicamente foi o nome con que os primeiros xeográfos europeos modernos designaron os territorios situados na beira leste do mar Mediterráneo. Coincidía aproximadamente cos fronteiras occidentais do Imperio Otomán, e por este motivo as veces incluía a península dos Balcáns. A comezos do século XX, faciase un uso máis restrinxido desta denominación, comprendendo os actuais estados de Turquía, Siria, o Líbano, Israel, Palestina e Exipto. Pero a evolució política posterior á segunda guerra mundial fixo que na actualidade abrangue tamén outros estados de maioría musulmá, desde o Magreb até Iraq e Sudán, así como Irán e mesmo Afganistán e Paquistán. Con todo, os estados incluídos varían segundo o contexto de referencia, o punto de vista utilizado, etc.O nome de Oriente Medio utilízase por medio da expresión inglesa Middle East, que se refire a unha división do Oriente anticuada, pero que trala caída do imperio Otomán se fixo máis usada en inglés e traducida a numerosas linguas. O uso da expresión Oriente Medio recibiu críticas polo seu eurocentrismo implícito Algúns medios de comunicación contemporáneos utilizan esta expresión tanto para os países europeos como non europeos, o que contrasta coa designación similar, Mashreq, que se utilita especialmente en contextos de lingua árabe.

Por diversos motivos esta é unha das zonas con máis conflitos xeopolíticos do mundo. Moitos autores destacan que o factor causante da conflictividade foi a repartición das posesións otomás despois da primeira guerra mundial, cando se predeterminou o trazado das fronteiras e o nacemento do estado de Israel. Outro factor é a cantidade de recursos naturais, como o petróleo. Durante o século XX Oriente Medio viviu varios conflitos de relevancia: catro guerras árabe-israelís, a guerra entre Iraq e Irán, a guerra do Golfo nas súas diferentes etapas, a guerra civil do Líbano, e a revolución islámica de Khomeini en Irán, con importantes repercusións para todo o mundo musulmán. A relixión islámica é na actualidade maioritaria na rexión.

Qatar

Qatar (en árabe: قطر), oficialmente o Estado de Qatar (en árabe: دولة قطر, Dawlat Qatar) é un país soberano localizado no oeste de Asia, ocupando a pequena Península de Qatar na costa noroeste da Península Arábiga. Ten fronteira terrestre con Arabia Saudí no sur, co resto do seu territorio rodeado polo Golfo Pérsico. Un estreito no Golfo Pérsico separa Qatar do seu veciño Bahrain, tamén compartindo fronteiras marítimas cos Emiratos Árabes Unidos e Irán.

Qatar Airways

Qatar Airways Company Q.C.S.C. (árabe: القطرية, Al Qatariyah), operando como Qatar Airways, é a aeroliña nacional de Qatar, propiedade do goberno do país. Ten a súa sede na Torre Qatar Airways Tower en Doha. Opera unha rura hub-and-spoke, unindo uns 150 destinos internacional en África, Asia central, Europa, Extremo Oriente, Sudeste Asiático, Oriente Medio, América e Oceanía dende a súa base no aeroporto internacional Hamad usando unha frota duns 200 avións.

O Qatar Airways Group emprega a máis de 40 000 persoas, das cales 24 000 traballan directamente para Qatar Airways. A aeroliña é membro da alianza Oneworld dende o ano 2013, sendo a primeira compañía do golfo Pérsico en formar parte dunha das tres alianzas de aeroliñas.

Río Éufrates

O río Éufrates (nome grego tradicional, en Aramaico Frot/Frat, Persa antigo Ufrat, en árabe الفرات, e en turco Fırat) é un dos ríos que forma a Mesopotamia xuntamente co Río Tigris, onde hoxe se atopa o actual Iraq.

O río formase pola unión de dous afluentes: o Kara (Éufrates Occidental), que nace nas montañas orientais da Turquía ao norte de Ercerun e mailo Murat (Éufrates Oriental), que se orixina no lago Van. O río ten aproximadamente 2.780 km de extensión e a súa porción superior escoa por entre canóns e gargantas para o suroeste a través da Siria e despois do Iraq. Os ríos Khabur e Balikh, que se orixinan tamén na Turquía, xúntanse ao río Éufrates na porción oriental da Siria. Despois diso, ao longo de todo o seu curso, o río Éufratres non recibe máis contribucións doutros corpos de auga. Abaixo de Basra no Sur do Iraq o río únese ao río Tigris para formaren o río Shatt al-Arab, que vai desaugar no Golfo Pérsico.

Ur

Ur (ou Urim) era unha antiga cidade no sur da Mesopotamia, orixinalmente localizada preto da desembocadura dos ríos Éufrates e Tigris no Golfo Pérsico e preto de Eridu. Crese que é o berce da primeira civilización da Historia: en Ur durante o V milenio a. C. xa se coñecía a roda e é esta antiga cidade sumeria un dos primeiros lugares do planeta no que se atopan escrituras completas.

O lugar está marcado polas ruínas dun ziqqurat, que se conservou bastante ben, e polo montículo (tell) de entullos . O cigurat é un templo de Nanna e ten dous niveis construídos con ladrillo: no nivel inferior os ladrillos están unidos con betume, no nivel superior están unidos con morteiro.

Segundo a tradición bíblica é o lugar de nacemento de Abraham.

Mares do mundo
Océano Pacífico
Océano Atlántico
Océano Índico
Océano Ártico
Océano Antártico
Mares Continentais

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.