Goiáns, Carballo

Santo Estevo de Goiáns é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 457 habitantes (232 mulleres e 225 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 485 habitantes. Segundo o IGE, no 2014 a súa poboación descendera ata os 440 habitantes, sendo 223 homes e 217 mulleres.

Coordenadas: 43°13′53.2″N 8°44′03.3″O / 43.231444, -8.734250

Goiáns
Goiáns de Arriba
Goiáns de Arriba.
ConcelloCarballo
Poboación440 hab. (2014)
Entidades de poboación9

Patrimonio

A aldea de Bas constitúe unha boa mostra da arquitectura popular rural.

A igrexa de Santo Estevo de Goiáns é de estilo barroco.

Galería de imaxes

Santo Estevo Goiáns3

Escultura de Santo Estevo na fachada da igrexa parroquial de Goiáns.

O Piñeiro, Goiáns

Lugar do Piñeiro.

Goiáns

Cruceiro en Goiáns.

Igrexa Goiáns

Igrexa parroquial de Goiáns.

Lugares e parroquias

Parroquias de Carballo

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre parroquias da Coruña é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Costenla, Goiáns, Carballo

A Costenla é un lugar da parroquia de Goiáns no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña 16 habitantes (oito homes e oito mulleres).

A Igrexa, Goiáns, Carballo

A Igrexa é un lugar da parroquia de Goiáns no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 0 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística.

Bas, Goiáns, Carballo

Bas é un lugar da parroquia de Goiáns no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 50 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 26 homes e 24 mulleres. Hoxe en día o número de habitantes de Bas esta decaendo ao mesmo tempo que envellece.

Bas é a aldea máis antiga e que máis preto se atopa de Carballo, isto nótase na forma antiga de construción das súas casas, polo que podemos atopar antigas casas de pedra nas que se gardan antigos instrumentos de labranza xa que Bas é unha aldea na que os seus habitantes sempre se adicaron á labranza e ao coidado dos animais.

En Bas, son coñecidos os veciños por alcumes coma os de Agosto, o do Reino, a Padula, os da Costa, os da Pedreira ou polo seu apelido como son os de Moreira.

Aínda que a maior parte do terreo de Bas é terreo rural e non se pode construír, actualmente estase a construír unha casa en Bas nunha zona edificable, polo que se pode lle asegurar unha xeración mais de vida a esta antiga aldea.

Goiáns de Arriba, Goiáns, Carballo

Goiáns de Arriba é un lugar da parroquia de Goiáns no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 3 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 1 home e 2 mulleres.

O Piñeiro, Goiáns, Carballo

O Piñeiro é un lugar da parroquia de Goiáns no concello coruñés de Carballo na comarca de Bergantiños. Tiña 34 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 15 homes e 19 mulleres.

Vilanova, Goiáns, Carballo

Vilanova é un lugar da parroquia de Goiáns no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 21 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 12 homes e 9 mulleres.

Xoane, Goiáns, Carballo

Xoane é un lugar da parroquia de Goiáns no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 109 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 55 homes e 54 mulleres.

Xoane da Estrada, Goiáns, Carballo

Xoane da Estrada é un lugar da parroquia de Goiáns no concello coruñés de Carballo na Comarca de Bergantiños. Tiña 231 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística, dos cales eran 112 homes e 119 mulleres.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.