Godos

Os godos foron un pobo xermánico que, procedente da rexión costeira báltica, emigrou ós territorios limítrofes e á provincia romana de Dacia no século III.

Invasións

Tralas invasións hunas, os godos dividíronse en ostrogodos, que nos séculos posteriores seguiron invadindo a parte oriental do Imperio Romano e acabaron formando un reino en Italia; e visigodos, que saquearon Roma e tras isto lograron acordaron un foedus (pacto) co Imperio Romano que lles permitiu asentarse en Francia, naquel momento chamada Galia, e posteriormente, por causa dunha derrota contra os Francos, fuxiron a Hispania, onde crearon un reino que se estendía por case toda a Península Ibérica.

As súas invasións, coma a de tantos outros pobos xermánicos, víronse causadas pola presión dos hunos e doutros pobos procedentes de Asia que nesta época invadiron Europa.

Relixión

A súa relixión era nun principio pagá, pero axiña se converteron ó cristianismo, e máis concretamente ó arianismo, herexía que posteriormente foi perseguida polo Imperio Romano. Por esta razón, ós romanos, católicos na súa enorme maioría (excepto en Siria e Exipto, onde a confesión máis importante era o monofisismo), os godos non lles tiñan en moita estima.

Antes de ser cristiáns, os godos causaban pánico ós seus inimigos, pois os prisioneiros que conseguían capturar eran sacrificados a diversos deuses, especialmente ó da guerra, Tyz.

Economía

O dos godos era un pobo agrícola e gandeiro. Porén, unha vez que se asentaron nos territorios que previamente invadiran e conquistaran, se converteron na clase dominante, na nobreza, deixando a maioría dos traballos ós pobos conquistados. Non se mesturaron momentaneamente con estes pobos, senón que conformaron unha sociedade endogámica.

Véxase tamén

Outros artigos

Alanos

Os alanos foron un pobo indoeuropeo da familia irania. Crese que procederon das estepas de Centroasia ou do norte de Irán. Eran nómades, probablemente de orixe escita - sármata (alain, en lingua escita, significa ‘montaña’).

Parece que antes do século -I vivían no norte do Cáucaso e aínda que despois efectuaron varias incursións a territorio romano (e parto) seguían establecidos na zona no século III, pero no século IV foron expulsados de alí polos hunos; os que permaneceron nas montañas do Cáucaso deberon dar orixe ao actual pobo dos osetos.

Desprazáronse cara ao oeste expulsados polos hunos e alcanzaron a actual Ucraína. No seu contacto cos godos transmitiron a estes algunhas das súas artes e destrezas, especialmente o tiro con arco dacabalo e algunhas artes metalúrxicas. Os alanos uníronse aos visigodos e a parte dos ostrogodos, establecéndose con eles en Tracia e Mesia, e rebelándose tamén con eles o 377 contribuíndo á vitoria de Adrianópolis sobre as forzas imperiais, obtendo terras en Panonia o 383. O 387 unha parte dos alanos aliáronse aos hunos e o 405 os alanos de Panonia uníronse a unha confederación organizada en torno a Radagaiso que fracasou. Os grupos de suevos, vándalos, alanos e outros que quedaron alén do Rin, reforzados despois cos que regresaron da desafortunada expedición a Italia, invadiron as Galias o 406.

Dos alanos di Amiano Marcelino que eran moitos, e estaban estendidos por todos os países. Os alanos eran louros, fermosos e arrogantes. Consideraban unha felicidade morrer na guerra e conservaban restos dos inimigos mortos, especialmente a pel do cranio que colgaban como trofeo do petral dos seus cabalos. Non adoraban a ningún deus e rendían culto a unha espada cravada en terra. As súas autoridades eran uns xuíces nomeados entre os guerreiros anciáns máis valentes. Non coñecían a escravitude.

No ano 409 entraron na Península Ibérica xunto a suevos e vándalos, tras cruzar rapidamente a Galia nunha campaña de saqueo e estiveron deambulando por ela ata que no ano 411 o emperador Honorio lles ofreceu un pacto de terras. Os alanos establecéronse entón na zona comprendida entre as actuais provincias de Ávila, Salamanca, Cáceres e Toledo. Non formaron nunca un reino propio en Hispania.

Ante a chegada dos visigodos os alanos hispanos pasaron á África noroccidental xunto cos vándalos.

Astérix e os godos

Astérix e os godos (en francés: Astérix et les Goths) é o terceiro volume da serie de banda deseñada Astérix, creada por René Goscinny (historia) e Albert Uderzo (ilustración). Foi publicado orixinalmente no ano 1963.

Foi traducido ó galego por Eduardo Blanco Amor e publicado por Mas-Ivars en 1978. A tradución deste volume aparece asinada por "Juan Blanco Amor". En maio de 2015, publicouse unha nova tradución de Valentín Arias, Xavier Senín e Isabel Soto por Edicións Xerais.

Decio

Gaius Messius Quintus Traianus Decius emperador romano entre os anos 249 e 251. É o primeiro dos chamados emperadores ilirios. Naceu preto da cidade de Mikowitz, na baixa Panonia (a actual Hungría) no ano 201.

Década de 250

A década de 250 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 250 e remata o 31 de decembro de 259.

Década de 260

A década de 260 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 260 e remata o 31 de decembro de 269.

Edirne

Edirne (nome romano: Adrianopolis; grego: Adrianoupolis ou Ἁδριανούπολις ) (tamén coñecida como Andrinopla ou Adrianópole, é unha cidade histórica, capital da provincia turca do mesmo nome, limítrofe con Bulgaria e Grecia. A cidade ten ao redor de cen mil habitantes. Está á beira do río Maritza (Meriç en turco). Os seus habitantes son os adrianopolitanos.

Godos, Caldas de Reis

Santa María de Godos é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Caldas de Reis. Segundo o IGE en 2010 tiña 637 habitantes (325 mulleres e 312 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 690 habitantes.

Inocencio I, papa

Inocencio I, natural de Albano Laziale, foi o papa nº 40 da Igrexa católica.

Segundo o Liber pontificalis era orixinario de Albano Laziale, e o seu pai chamábase Innocenzo. Segundo o seu contemporáneo Xirolamo era fillo do papa Anastasio I (aínda que naceu antes de ser consagrado).

Foi elixido o 21 de decembro de 401. Ordenou que tódolos casos graves debían ser revisados por el, e nos demais reservábase o dereito a intervir. Exerceu este dereito en diversas cuestións, especialmente nas relacionadas coas celebracións litúrxicas.

O seu gran amigo Xoán Crisóstomo foi expulsado como patriarca de Constantinopla debido a hostilidades persoais coa emperatriz Eudoxia e as intrigas de Teófilo de Alexandría. Inocencio I interveu para reintegralo á súa sede.

Enfrontouse firmemente a Pelaxio e ó pelaxianismo, con tanta autoridade e decisión que Agostiño de Hipona, ó sabelo, pronunciou a famosa frase Roma locuta, causa finita ("Ó falar Roma, rematouse o conto"). Tamén condenou o priscilianismo.

O 24 de agosto de 410 o rei visigodo Alarico conquistou e saqueou Roma. Inocencio non se encontraba na cidade, senón que estaba na corte imperial en Rávena negociando con Alarico. Ó regresar a Roma fixo o posible por reparar os danos feitos polos godos.

Morreu o 12 de marzo de 417.

Lingua gótica

O gótico foi unha lingua xermánica hoxe extinguida, a dos godos e, máis particularmente, a dos visigodos. O gótico é, pois, unha lingua indoeuropea. É a máis antiga das linguas xermánicas testemuñadas, pero non é a orixe de ningunha lingua xermánica actual. Os documentos máis antigos datan do século IV. O gótico cesa de ser usado correntemente a partir da segunda metade do século VI en razón dos desastres visigodos contra os francos, da destrución dos godos de Italia (os ostrogodos), da conversión ao catolicismo dos Godos de Hispania, da latinización e romanización, do illamento xeográfico etc. A lingua goda sobreviviría polo menos ata mediados do século VII en Hispania, pero o franco Walahfrid Strabo menciona que ao principio do século IX, aínda se falaba gótico no curso inferior do Danubio e nas montañas illadas de Crimea. Os termos que parecen pertencer ao gótico atopados nos manuscritos posteriores (recollidos no século XVI) de Crimea non se corresponden se cadra exactamente coa mesma lingua.

O carácter arcaico do gótico fai del unha lingua básica en Lingüística comparada.

Por razóns de lexibilidade, as partes que atinxen ao alfabeto gótico e á pronuncia da lingua constitúen artigos separados.

Mesia

Mesia foi o nome de varias provincias romanas creadas na rexión histórica de Mesia (latín: Moesia) polo Imperio romano. Durante a súa longa historia, a provincia romana de Mesia sufriu varias configuracións que variaron segundo as ameazas externas as que debeu enfrontarse.

Ostrogodos

Cara ao 370, a partir das invasións dos hunos, os godos dividíronse en dúas pólas separadas. Os ostrogodos constituíron un vasto reino ao leste do río Dnister, nas terras ao redor do mar Negro (o que hoxe é parte da actual Ucraína e Belarús). Os visigodos foron os godos do occidente, cuxo dominio territorial se estendía desde o Dniéster ata o Danubio.

Os ostrogodos estiveron sometidos aos hunos desde o 375 ata a morte de Atila, ocorrida en 453, cando recobraron a súa independencia e se estableceron como un pobo federado de Roma. Posteriormente uníronselles outros godos que fuxiran das súas terras á chegada dos hunos. No 474 foi elixido rei Teodorico, o máis coñecido dos monarcas ostrogodos. Houbo varios períodos de guerras e treguas entre el e o emperador bizantino Zenón. En 488 Teodorico invadiu Italia e en 493 derrotou e deu morte en Adda a Odoacro, rei dos hérulos.

Trala súa morte no 526, a situación volveuse tan violenta que no 535 o emperador bizantino Xustiniano I enviou ao seu xeneral Belisario en contra dos exércitos ostrogodos en Italia. A superioridade do exército bizantino foi a clave para o exterminio e o esmagamento da resistencia ostrogoda.

Este pobo foi finalmente asimilado en forma gradual por outras tribos xermánicas tales como os vándalos e os francos.

Renacemento

O concepto Renacemento aplícase á época artística que dá comezo á Idade Moderna en Europa (finais do século XV e todo o século XVI).

Chamouse "Renacemento" en virtude da redescuberta e revalorización das referencias culturais da antigüidade clásica, que orientaron as mudanzas deste período en dirección a un ideal humanista e naturalista. O termo foi rexistrado por primeira vez por Giorgio Vasari xa no século XVI, mais a noción de Renacemento tal e como hoxe o entendemos xurdiu a partir da publicación do libro de Jacob Burckhardt A cultura do Renacemento en Italia (1867), onde el definía o período como unha época de "descubrimento do mundo e do home"..

De feito o Renacemento racha, conscientemente, coa tradición artística da Idade Media, á que cualifica, con desprezo, como un estilo de bárbaros ou de godos. E coa mesma consciencia oponse á arte contemporánea da Europa do norte.

O Renacemento cultural manifestouse primeiro na rexión italiana da Toscana, tendo como principais centros as cidades de Florencia e Siena, de onde se espallou cara ó resto de Italia e despois cara a practicamente todos os países da Europa occidental. Italia permaneceu sempre como o lugar onde o movemento presentou un maior apoxeo, porén manifestacións renacentistas de grande importancia tamén terían lugar en Inglaterra, Alemaña, Países Baixos e, menos intensamente, en Portugal e España, e nas súas colonias americanas.

Dende unha perspectiva da evolución artística xeral de Europa, o Renacemento significa unha separación da unidade estilística que ata ese momento fora supranacional.

(Á dereita, O home de Vitruvio de Leonardo da Vinci. Aprox. 1492.)

Silverio, papa

Silverio (* Frosinone, ¿? - † Palmarola, 11 de novembro de 537). Papa n.º 58 da Igrexa católica de 536 a 537.

Fillo lexítimo do papa Hormisdas que estivera casado antes de ser ordenado sacerdote, Silverio era subdiácono en Roma cando o papa Agapito I faleceu mentres se atopaba en Constantinopla. Elixido Papa co apoio do rei ostrogodo Teodato, encontrouse co rexeitamento do emperador bizantino Xustiniano I quen, influenciado pola súa esposa Teodora, quería sentar no trono de San Pedro a Vixilio máis próximo ás ideas monofisitas da emperatriz e que se encontraba nese momento en Constantinopla. Vixilio dirixiuse a Roma, sen coñecer a elección de Silverio, portando cartas para o xeneral bizantino Belisario nas que se lle ordenaba que apoiase a súa elección como papa. Belisario dirixiuse a Roma á fronte do seu exército e a cidade, tras expulsar os godos, abriulle, o 9 de decembro de 536, as súas portas sen loita temendo un saqueo como o que sufrira Nápoles ás mans dos bizantinos. O rei Vitixes, que sucedera a Teodato, asediou entón á cidade de Roma deixando illado a Belisario no seu interior. Non obstante o feito de que non intentasen o asalto da cidade serviu de base para acusar a Silverio de estar a planear cos godos a rendición da cidade facilitándolles a entrada. Esta acusación serviu de escusa a Teodora para lograr o seu obxectivo de sentar a Vixilio na sede papal, xa que provocou o arresto de Silverio que foi despoxado das vestiduras pontificais en marzo de 537 e enviado ao exilio na cidade de Patara na actual Turquía. O bispo de Patara intercedeu a favor de Silverio ante o emperador Xustiniano e logrou que este anulase o desterro e lle permitise regresar a Italia para que intentase demostrar a falsidade da acusación de traizón. Unha vez en Italia, foi non obstante recluído, por orde de Teodora, na illa de Palmarola onde faleceu o 11 de novembro de 537.

Posteriormente foi beatificado e santificado, sendo patrón da illa de Ponza, en Italia.

Skjaldmö

Unha skjaldmö (skjaldmær en islandés, sköldmö en sueco), ou doncela guerreira, era, segundo a mitoloxía nórdica, unha virxe que elixe loitar coma un guerreiro. Adoitan mencionarse nas sagas literarias como saga Hervarar e na Gesta Danorum.

De acordo coa enciclopedia sueca Nordisk familjebok, as skjaldmö aparecen tamén en historias doutras nacións xermanas: os godos, e as tribos dos cimbros e marcómanos. Elas foron a inspiración para as valquirias e tamén a inspiración de J. R. R. Tolkien para o personaxe Éowyn, chamada «shieldmaiden of Rohan» (expresión na que shieldmaiden equivale a skjaldmö en inglés).

Exemplos de nomes de doncelas guerreiras nomeadas en sagas nórdicas inclúen a Brynhildr na saga Volsunga, Hervor na saga Hervarar, a princesa sueca Thornbjörg en Hrólfs saga Gautrekssonar e Hed, Visna e Veborg na Gesta Danorum.

Segundo Saxo Grammaticus, 300 doncelas guerreiras pelexaron do lado danés na loita de Brávellir.

Visigodos

O pobo dos godos foi nomeado xa por Tácito, que os chamou Gotones. Entón habitaban o Norte de Xermania, en terras que antes poboaron Boii, Getae e Scythae. Ampliaron os seus territorios e incorporaron a outros grupos veciños (de orixe xermana e sármata) e dominaron do Theiß (en alemán) ou (Tisza) ao Don e do Ponto ao Báltico.

Vándalos

Os vándalos foron un pobo de Europa central, un dos pobos indoeuropeos da familia xermánica que habitaban as rexións ribeiregas do Báltico (na zona das actuais Alemaña e Polonia). Os lugiones ou vándalos ocupaban o territorio ao oeste do Vístula e xunto ao Oder, ata o norte de Bohemia. A palabra vándalo parece ter un dobre significado e querería dicir «os que cambian» e «os hábiles», mentres que o seu outro nome, lugii ou lugiones, tamén con dobre significado, querería dicir «mentireiros» e «confederados». Parece ser que ao principio as tribos dos vandulii (ou vandali) e a dos lugii (ou lugiones), xunto coas dos silingos, omanos, buros, varinos (seguramente chamados tamén auarinos), didunos, helvecones, arios ou charinos, manimios (talvez denominación variante de omanos), elisios e naharvales correspondían a pequenos grupos de orixe similar (aínda que non está claro que todas as citadas fosen do mesma orixe), integrando outra rama do grupo dos hermiones (unha rama do cal eran os suevos e tribos afíns), formándose despois un gran grupo identificado xeralmente como lugiones, cuxo nome predominaba para designar a todos os pobos compoñentes, incluídos os vándalos. Máis tarde (século II) acabou prevalecendo o nome de vándalos para o conxunto de pobos. Tamén pobos celtas, como os osen ou osos e os cotinos, entraron na agrupación dos lugiones.

Xordanes

Xordanes foi un funcionario e historiador do Imperio Romano de Oriente. Aínda que escribiu unha Historia de Roma (Romana), a súa obra de maior interese é De origine actibusque Getarum (A orixe e as fazañas dos Godos), ou Getica, escrito en latín (probabelmente a terceira lingua de Xordanes) en Constantinopla, sobre o 551.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.