God Save the Queen

"God Save the Queen" (Deus Salve a Raíña) é unha canción patriótica do Reino Unido cuxo autor é descoñecido (algunhas fontes din que é posible que sexa a adaptación dunha peza do compositor francés Jean-Baptiste Lully) tradicionalmente usada como himno nacional polo Reino Unido e as súas colonias.

God Save the King (Deus Salve o Rei) naceu durante o reinado de Xurxo II. Pénsase que a primeira interpretación pública da canción ocorreu durante a rebelión dos "Corenta e Cinco". En referencia á rebelión xacobita, engadiuse un verso que inclúe Rebellious Scots to crush (Os rebeldes escoceses, até os esmagar), aínda que se canta raramente na actualidade. "Deus Salve a Raíña" (por mor de que na actualidade a coroa británica a ostenta a raíña Sabela II) é un dos dous himnos nacionais de Nova Zelandia (xunto con "Deus Defenda Nova Zelandia"), e o himno real de Australia e Canadá.

Hai que aclarar que non existe unha versión autorizada no Reino Unido. O himno non foi xamais adoptado oficialmente por Proclamación Real nin Lei do Parlamento. En xeral, cántase só unha (ou de cando en cando, dúas) das estrofas.

Era polo pasado o himno nacional da maior parte dos países do Commonwealth; aínda que a maioría deles teñan agora o seu propio himno nacional, varios (dos cales Australia, Nova Zelandia e Canadá) o recoñecen en tanto que himno real.

God Save the Queen
God Save the King
En galego: Deus salve a Raíña
Gstk
Himno deEstados
  Nacional
Nova Zelandia Nova Zelandia
Reino Unido Reino Unido
  Real
Flag of Antigua and Barbuda.svg Antiga e Barbuda
Australia Australia
Flag of the Bahamas.svg Bahamas
Flag of Barbados.svg Barbados
Flag of Belize.svg Belize
Flag of Canada.svg Canadá
Flag of Grenada.svg Granada
Flag of Saint Kitts and Nevis.svg Saint Kitts e Nevis
Tuvalu Tuvalu
Xamaica Xamaica
Depedencias
Flag of Bermuda.svg Bermudas
Guernsey Guernsey
Xersei Illa de Jersey
  Real
Man Illa de Man
LetraDescoñecido
MúsicaDescoñecido
Adoptado1745
Mostra da música
God Save the Queen (Instrumental)

Letra[1]

Letra orixinal en inglés Versión en galego En francés
(empregada na parte francófona do Canadá)

God save our gracious Queen,
Long live our noble Queen,
God save the Queen:
Send her victorious,
Happy and glorious,
Long to reign over us:
God save the Queen.

Thy choicest gifts in store,
On her be pleased to pour;
Long may she reign:
May she defend our laws,
And ever give us cause
To sing with heart and voice (1)
God save the Queen. (2)

O Lord, our God, arise,
Scatter thine (or her) enemies,
And make them fall:
Confound their politics,
Frustrate their knavish tricks,
On thee our hopes we fix:
God save us all.

Not in this land alone,
But be God's mercies known,
From shore to shore!
Lord make the nations see,
That men should brothers be,
And form one family,
The wide world over.

From every latent foe,
From the assassins blow,
God save the Queen!
O'er her thine arm extend,
For Britain's sake defend,
Our mother, prince, and friend,
God save the Queen!

Lord grant that Marshal Wade
May by thy mighty aid
Victory bring.
May he sedition hush,
And like a torrent rush,
Rebellious Scots to crush.
God save the Queen!

Deus salve a nosa gloriosa Raíña,
Longa vida á nosa nobre Raíña,
Deus salve a Raíña;
Que a faga vitoriosa,
Feliz e gloriosa,
Que teña un longo reinado sobre nós
Deus salve a Raíña.

Os mellores presentes;
Que sexa agradábel darlle
Que o seu reinado sexa longo;
Que ela defenda as nosas leis,
E sempre nos dea motivo
De cantar co corazón e a voz
Deus salve a Raíña.

Ó Deus, noso Deus, veña
Dispersar os seus inimigos
E fágaos caer.
Confunda a política deles,
Fustre os seus truques fraudulentos
En ti depositamos a nosa esperanza
Deus salve a todos nós.

Non apenas neste país,
Mais sexa a misericordia de Deus coñecida
De costa a costa!
Señor, faga que as nacións vexan,
Que os homes deben ser irmáns,
E formar unha soa familia,
Por todo o mundo.

A todo inimigo latente,
e a todos os asasinos, afaste,
Deus salve a Raíña!
Sobre ela, estenda seu brazo,
Pola causa británica, defenda,
Nosa nai, príncipe (princesa), e amigo(a),
Deus salve a Raíña!

Que Deus permita que o Marechal Wade
posa, con poderoso auxilio,
traer a vitoria.
Pod el silenciar a sedición,
E como un torrente, varrer,
Os rebeldes escoceses, até os esmagar.
Deus salve a Raíña!

Dieu protège la reine
De sa main souveraine!
Vive la reine!
Qu'un règne glorieux,
Long et victorieux
Rende son peuple heureux.
Vive la reine!

Observacións:
  • Cando é un rei, no lugar dos versos (1) e (2) emprégase:

With heart and voice to sing
God save the King.

  • As estrofas 4, 5 e 6 están en desuso por considerarse antigas e con ton imperialista

Interpretación no Reino Unido

A versión máis interpretada nos actos oficiais foi proposta polo rei Xurxo V, quen se consideraba como un experto nela (por mor do número de veces que o escoitara). Unha orde do exército foi emitida en 1933, establecendo as normas para o tempo, a dinámica e a orquestración. Estas instrucións inclúense como que o Exército establece o tempo, a dinámica a orquestración.

Ata a última parte do século XX, os asistentes ao teatro e os concertos esperaban de pé, mentres se interpretaba o himno trala celebración do espectáculo. Nos cines, a tendencia do público de saír durante os créditos fixo que se suprimira esta formalidade.

O himno continua sendo interpretado en eventos tradicionais como o Campionato de Wimbledon e The Proms, entre outros.

Nos medios audiovisuais

Tradicionalmente interpretábase antes do fin das emisións da BBC (salvo BBC Two que nunca chegou a ter esta tradición), e tras a introdución das cadeas privadas de televisión esta práctica foi adoptada por algunhas filiais de ITV ata a década dos 1980, pero continuou no final das emisións da BBC One ata o 8 de novembro de 1997 cando a cadea comezou a conectar con BBC News pola noite. Hoxe en día esta tradición mantense en BBC Radio Four, que acostuma emitir o himno antes de conectar con BBC World Service.

O himno tamén se emite antes da Mensaxe de Nadal da Raíña de Inglaterra, salvo en 2007 que foi emitido ao final da mensaxe. Tamén é utilizado para dar avisos sobre a Casa Real, coma a morte dalgún membro, neste caso é interpretado dun xeito máis solemne.

Adaptacións musicais

Compositores clásicos

Ao redor de 140 compositores incluíndo Beethoven, Haydn, Clementi, J.C.Bach, Liszt, Brahms, Carl Maria von Weber, Niccolò Paganini, Johann Strauss (pai), e Edward Elgar utilizaron o himno nalgunha das súas composicións.

Rock

Algúns grupos de rock coma Sex Pistols ou Queen, tamén fixeron adaptacións do God Save the Queen para algúns acontecementos importantes en Inglaterra.[2]

Notas

  1. Cando hai Rei en lugar de Raíña substitúese o Queen por King
  2. Fred Vermorel, Judy Vermorel (1987) Sex Pistols: the inside story p.83. Omnibus Press. Retrieved 26 February 2011
Advance Australia Fair

"Advance Australia Fair" (en galego Avante, Bela e Xusta Australia) é o himno nacional oficial de Australia. Foi creado polo compositor escocés Peter Dodds McCormick. A canción foi representada por primeira vez en 1878, mais non adquiriu status coma himno oficial até 1984, antes desa data o himno era unha canción patriótica australiana.

Para a elección desta canción coma himno tivo que superar unha votación popular entre outras dúas cancións, o himno Real o God Save the Queen e o himno non-oficial Waltzing Matilda. Outras cancións e marchas foron influenciadas polo Advance Australia Fair ao longo do tempo, coma o Australian Vice-Regal salute.

Anguila

Anguila é unha colonia británica no Caribe, que comprende a Illa de Anguila e máis algúns illotes próximas, e que ten fronteira marítima con San Martiño, unha dependencia de Guadalupe, ao sueste. Ao oeste, ten como veciño máis próximo outra colonia británica: as Illas Virxes Británicas. A súa capital é The Valley.

Bermudas

As illas Bermudas (en inglés: Bermuda) son un arquipélago de América do Norte no océano Atlántico que forman parte do Territorio Británico de Ultramar.

A capital é Hamilton. Na colonia circula a libra das Bermudas en paridade co dólar americano. O arquipélago é un paraíso fiscal, nos últimos anos está a crece-lo sector turístico.

God Defend New Zealand

God defend New Zealand (en galego Deus defenda Nova Zelandia) é o himno nacional de Nova Zelandia, compartindo rol con God Save the Queen. A letra foi composta orixinariamente por Thomas Bracken en 1870. John Woods realizou a música en 1876. O himno foi declarado oficial en 1940.

Guernsey

Guernsey ou Guernesei[Cómpre referencia] é unha illa na canle da Mancha parte do arquipélago das Illas da Canle. É unha posesión da coroa británica. Ten unha poboación de 58.870 persoas e a capital é Saint Peter Port. No ano 933, a illa foi tomada polo Ducado de Normandía no norte de Francia. Cando en 1066 os normandos invadiron Inglaterra, Normandía e Inglaterra foron unidas baixo unha monarquía. Durante a idade media, Inglaterra perdeu moita da súa terra no continente europeo pero conservou as súas illas na Canle da Mancha, incluíndo Guernesey.

Ademais da illa de Guernsey, a Bailía de Guernsey (en francés Bailliage de Guernesey, en inglés Bailiwick of Guernsey) inclúe as illas veciñas de Alderney (poboación 2.400) e de Sark (poboación 610), e algunhas outras illas moi pequenas. A lexislatura elixida do territorio chámase Os Estados de Deliberación. O xefe de goberno é un administrador elixido chamado o Bailiff, e o xefe de estado é o Tenente Gobernador, que é designado pola raíña.

Como a da veciña illa de Jersey, a economía de Guernsey baséase nos servizos financeiros como paraiso fiscal, o turismo e a agricultura. Un servizo de transbordador conecta as illas con Gran Bretaña e Francia.

Himno de Escocia

Oficialmente, non hai un himno nacional de Escocia que substitúa ao God Save the Queen, tradicionalmente empregado para representar ao Reino Unido. Existen, iso sí, varias candidatas, entre as cales xurdiu un intenso debate social e político, e algunhas das cales se empregan xa frecuentemente como himnos en eventos políticos ou deportivos.

Himno de Suíza

O Himno de Suíza, tamén coñecido como Cántico Suízo (en alemán: Schweizerpsalm, en francés: Cantique suisse, en italiano: Salmo Svizzero, en romanche: Psalm svizzer) é o himno nacional de Suíza.

A historia do actual himno nacional suízo data de 1841, cando o himno foi composto polo monxe cisterciense da abadía de Wettingen Alberik Zwyssig (1808-1854). Desde entón o himno foi cantado frecuentemente en eventos nacionais. En 1961 foi admitido provisionalmente, ata que foi declarado himno oficial da Confederación o 1 de abril de 1981.

Himno de Xibraltar

Xibraltar conserva como himno oficial o God Save the Queen, ao igual que outras dependencias do Reino Unido. Porén, tamén ten o seu propio himno local que foi elixido por concurso no 1994. A letra e a música foron compostas por Peter Emberley, que non é xibraltareño.

Cada 10 de setembro, Día Nacional de Xibraltar, o himno é cantado por un coro escolar acompañado do público en xeral, mentres se liberan uns 30.000 globos vermellos e brancos, cores representativos da cidade.

Illas Caimán

As Illas Caimán (en inglés, Cayman Islands) son un territorio do Reino Unido nas chamadas Indias Occidentais (Caribe), composto por 3 illas: Grand Cayman, Cayman Brac, e Little Cayman.

Illas Virxes Británicas

As Illas Virxes Británicas (IVB) oficialmente simplemente as Illas Virxes son un Territorio Británico de Ultramar do Reino Unido no Caribe, que corresponde á metade oriental das Illas Virxes (as maiores son Tórtola, Virgin Gorda e Anegada). Ten fronteira marítima ao oeste coas Illas Virxes Americanas. Ao leste a Pasaxe Anegada sepáraas doutro territorio británico, Anguila. A súa capital é Road Town.

Inglaterra

Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co Mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co Océano Atlántico, Gales e o Mar de Irlanda. A súa capital é Londres, a maior área urbana do Reino Unido e unha das maiores da Unión Europea.

Inglaterra converteuse nun estado unificado no ano 927 e toma o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas asentadas no sur da illa durante os séculos quinto e sexto. Inglaterra tivo, e segue a ter, un impacto cultural e legal ao redor de todo o mundo, sendo o lugar de orixe da lingua inglesa, da Igrexa Anglicana e do Dereito Inglés, o cal puxo as bases do Dereito nos sistemas legais da maioría dos países do mundo. Ademais, en Inglaterra naceu a Revolución Industrial sendo o primeiro país do mundo en acadar a industrialización.

Nela atópase a Royal Society, a cal mantén fundacións da ciencia moderna experimental. Inglaterra ten a democracia parlamentaria máis antiga do mundo, polo tanto, moitas innovacións constitucionais, gobernamentais e legais, que teñen a súa orixe en Inglaterra, foron posteriormente adoitadas por outras nacións.

O Reino de Inglaterra (incluíndo Gales) continuou como un estado independente ate o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino Unido de Gran Bretaña.

Isabel II do Reino Unido

Isabel II ou Elizabeth Alexandra Mary of Windsor, nada en Londres o 21 de abril de 1926, é unha monarca inglesa. É raíña do Reino Unido, de Antiga e Barbuda, Australia, Bahamas, Barbados, Belize, Canadá, Granada, Xamaica, Nova Zelandia, Papúa Nova Guinea, Saint Kitts e Nevis, Santa Lucía, San Vicente e as Granadinas, Illas Salomón e Tuvalu.

Tamén é a Cabeza da Commonwealth, Gobernadora Suprema da Igrexa de Inglaterra, Comandante en xefe das forzas armadas do Reino Unido e Señora da illa de Man.

Asumiu os seus títulos despois da morte do seu pai, o rei Xurxo VI o 6 de febreiro de 1952. É filla de Elizabeth Bowes-Lyon, irmá de Patrick, 15º conde de Strathmore.

John Lydon

John Lydon, máis coñecido como Johnny Rotten , nado en Holloway, Londres, o 31 de xaneiro de 1956, é un músico punk inglés, coñecido principalmente por ser o vocalista do grupo Sex Pistols, pioneiros da primeira onda do punk. Logo da disolución da súa primeiro banda formou Public Image Limited. A súa imaxe provocadora e sarcástica influenciaron a unha nova e rebelde mocidade.

Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols

Never Mind the Bollocks, Here's the Sex Pistols foi o primeiro e único álbum de estudio da lendaria banda punk The Sex Pistols. A día de hoxe é considerado un dos traballos musicais máis influentes do punk e o rock and roll en xeral. A tradución máis axeitada ó galego do título do disco sería Impórtanos un collón, aquí están os Pistolos ou Impórtanos uns collóns, aquí están os Sex Pistols".

En abril do ano 2016 a revista Rolling Stone colocouno no posto 3 da súa lista dos 40 mellores álbums de punk de todos os tempos.

Rise, O Voices of Rhodesia

"Rise, O Voices of Rhodesia" ou "Voices of Rhodesia" (en galego: Levantade, Oh Voces de Rodesia) foi o himno nacional do estado non recoñecido de Rodesia e Cimbabue Rodesia (renomeado Cimbabue en 1980) entre 1974 e 1979. A música foi a de "Ode to Joy", o Cuarto Movemento da Novena Sinfonía de Ludwig van Beethoven, que fora adoptado como oficial do continente europeo polo Consello de Europa en 1972. A música utilizada en Rodesia foi un arranxo realizado polo capitán Ken MacDonald, o director da orquestra dos Rhodesian African Rifles. O goberno organizou un concurso nacional para atopar a letra axeitada para combinala coa melodía escollida, gañando a composición de Mary Bloom de Gwelo.

Trala Declaración Unilateral de Independencia de Rodesia, o 11 de novembro de 1965, o país aínda mantiña a súa lealdade á raíña Isabel II como a súa Xefa de Estado, mantendo o "God Save the Queen" como o seu himno nacional. Trala constitución de 1970, coa que o país se constituía nunha república, o himno real foi abandonado, xunto con outras moitas referencias á monarquía, deixando ao país sen un himno nacional ata que se aprobou o "Rise, O Voices of Rhodesia" en 1974. O himno nacional perdeu o seu status legal en decembro de 1979, cando o Reino Unido recuperou o control do país de forma provisional ata o declaración oficial da independencia como Cimbabue cinco meses máis tarde.

Rodesia do Norte

Rodesia do Norte, na actualidade Zambia, foi unha colonia británica formada en 1911 e controlada pola Compañía Británica de África do Sur ata 1923. Dende 1924, o territorio pasou a ser un protectorado, mentres que a colonia veciña de Rodesia do Sur obtiña a autonomía, pero aínda como territorio da coroa. A razón de este cambio foi a intención de Cecil Rhodes de xuntar as dúas Rodesia coa entón Unión Surafricana. En 1953, Rodesia do Norte uniuse a Rodesia do Sur e a Niasalandia (actual Malaui no que os británicos chamaron Federación de Rodesia e Niasalandia, que durou ata 1963, dando paso á independencia de Zambia, o 24 de outubro de 1964.

As capitais foron primeiro Livingstone e logo Lusaka.

Rodesia do Sur

Rodesia do Sur foi o nome da colonia británica que existiu no África Austral entre 1888 e 1979 e que é a orixe do actual Cimbabue. Entre 1965 e 1979, con todo, devandito territorio foi coñecido como Rodesia, tras unha declaración unilateral de independencia que non foi recoñecida por ningún estado]. A colonia situábase ao norte do río Limpopo e da Unión Surafricana.

A Rodesia orixinal xurdiu en 1888, cando Cecil Rhodes conseguiu dereitos de minería na rexión, como a Concesión Rudd e o Tratado Moffat, subscrito co rei Lobengula dos ndebele. A colonia chegou a englobar tamén a Rodesia do Norte (actual Zambia), que se separou, formando un protectorado en 1910.

O territorio recuperou a condición de colonia británica en 1979, cando o Reino Unido asumiu as responsabilidades polo control da zona e concedeulle oficialmente a independencia a través dos Acordos de Lancaster House.

Selección de rugby de Irlanda

A selección de rugby de Irlanda representa á illa de Irlanda (Irlanda e Irlanda do Norte) en rugby unión, o cal é un deporte popular tanto na República de Irlanda como en Irlanda do Norte, aínda que só é o deporte dominante en limitadas zonas xeográficas. Irlanda compite anualmente no Torneo das Seis Nacións (o cal gañaron dez veces de pleno dereito é outras oito compartindo o trofeo) e no Campionato Copa do Mundo de Rugby cada catro anos, onde foron eliminados en cuartos de final en todos excepto en dous (1999 e 2007). Forman parte así mesmo dos British and Irish Lions (un combinado formado por xogadores de tódalas nacións das Illas Británicas que xoga partidos de exhibición cada certo tempo). Oito antigos xogadores Irlandeses forman parte do Salón da Fama Internacional do Rugby (IRHOF), ademais Jack Kyle acadou a súa presenza no IRB Hall of Fame.

Historicamente Irlanda tivo menos éxito que os seus veciños británicos, co menor número de títulos do Torneo das Seis Nacións (10) e Grand Slam (1). Porén, a Unión de Rubgy de Irlanda é amplamente recoñecida por ser unha transición cara o profesionalismo con máis éxito que outras selección de categoría media e Irlanda ten acadado bos resultados, especialmente para unha illa cunha poboación de arredor de seis millóns de habitantes cunha forte competición con outros deportes coma os xogos Gaélicos e o fútbol. Ademais cabe destacar que gañaron tres Triple Crowns (un trofeo non oficial dentro do torneo das Seis Nacións que gaña o mellor das catro selección das Illas Británicas) nos catro anos entre 2004 e 2007.

O segundo centro Brian O'Driscoll, é o actual capitán e maior o máximo récord de ensaios da selección en toda a historia, e é habitualmente nomeado como o mellor xogador de rugby do mundo. Outros grandes xogadores a nivel mundial son Gordon D'Arcy, Marcus Horan, Paul O'Connell, o xogador que acadou máis puntos da historia de Irlanda Ronan O'Gara, David Wallace ou Shane Horgan . No pasado recente, Keith Wood, o predecesor do actual capital de Irlanda antes da súa retirada en 2003, foi o primeiro xogador nomeado Xogador do Ano da IRB en 2001.

O mellor resultado de Irlanda no Ranking Mundial da IRB e o terceiro posto acadado en 2006. Actualmente ocupan a cuarta posición despois de ter que abandonar o moi cedo o mundial de 2007 e un mal inicio de 2008 quedando cuartos no Seis Nacións, mais recuperándose no 2009, pouco de que o adestrador Eddie O'Sullivan renunciase ao seu posto.. En 2009 os irlandeses volveron a gañar o Torneo das Seis Nacións, acadando ademais o seu segundo Grand Slam despois de 61 anos.

The Sex Pistols

The Sex Pistols foi unha emblemática e influente banda de punk rock activa durante a primeira onda do punk británico. Durante a súa fugaz existencia, desde 1975 ata 1978 na que emitiron tan só catro sinxelos e un álbum, converteuse na espiña dorsal do xénero en Inglaterra e a súa existencia motivou a formación de centos doutros grupos. Os Pistols son considerados frecuentemente como os iniciadores do movemento punk no Reino Unido e os creadores da primeira fenda xeracional co rock and roll. A banda estivo formada por John Lydon (Johnny Rotten) na voz, Steve Jones na guitarra, Paul Cook na batería e Glen Matlock no baixo (logo substituído por Sid Vicious).

Sex Pistols emerxeu como resposta ó rock progresivo dos anos 70, considerado por unha parte da xuventude inglesa como comercial e excesivamente elaborado. A banda viuse implicada en numerosas controversias durante a súa carreira, feito que fomentou a súa popularidade pero eclipsou a súa música. De feito, os seus concertos e xiras remataban con violentos disturbios e seu sinxelo "God Save the Queen" de 1977 foi cualificado como un ataque á Coroa e ó nacionalismo británicos.

Rotten deixou o grupo en 1978 logo dunha desastrosa xira polos Estados Unidos. Os tres membros restantes continuaron brevemente con Edward Tudor-Pole e Ronnie Biggs como vocalistas pero separáronse en 1979. O grupo volveu a xuntarse en 1996 (xa sen o finado Sid Vicious) para a "Filthy Lucre Tour" (en galego "xira da ganancia noxenta") e reuníronse novamente en 2002 e 2003. O 24 de febreiro de 2006 os Sex Pistols foron oficialmente incluídos no Salón da Fama do Rock pero rexeitaron a invitación á cerimonia e insultaron ó museo.

Himnos nacionais de Europa
Estados soberanos
Territorios,
dependencias
e outras áreas
Entidades políticas
desaparecidas
Unión Europea
e Consello de Europa

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.