Goberno das Illas Baleares

O Goberno das Illas Baleares (oficialmente Govern de les Illes Balears; Govern Balear ata 1999) é a entidade que exerce o poder executivo na comunidade autónoma española das Illas Baleares. Foi creado pola lei orgánica 2/1983, de 25 de febreiro, modificado pola lei orgánica 3/1999, de 8 de xaneiro, e antes pola lei orgánica 9/1994 do 24 de marzo. Tamén se debe ter en conta a lei 27/1997, do 4 de agosto, pola que se ceden tributos á comunidade autónoma. E a lei orgánica 1/2007, do 27 de febreiro, a cal aproba o vixente estatuto de autonomía.

A iniciativa de reforma do Estatuto de Autonomía corresponde, entre outros, ao Goberno da comunidade autónoma.

Escudo de las Islas Baleares
Escudo das Illas Baleares

Composición

O Goberno das Illas Baleares está formado polo presidente da comunidade autónoma e os seus conselleiros.

O presidente da comunidade autónoma é elixido polo Parlamento das Illas Baleares de entre os seus deputados por un período de catro anos renovable. É nomeado polo rei de España mediante lei orgánica, que se publica tanto no BOE como no BOIB. É a máxima representación institucional da Comunidade Autónoma e é responsable da súa acción de goberno fronte ao Parlamento Balear, xunto aos seus conselleiros, ao que deberá render contas nas sesións de control. En caso de enfermidade, defunción ou calquera outro impedimento poderá ser substituído polo vicepresidente, o presidente do parlamento ou o conselleiro de máis idade. O seu cesamento será tamén publicado tanto no BOE como no BOIB. O presidente recibe o título vitalicio de Moi honorable señor.

Os conselleiros son elixidos e nomeados polo presidente, quen ata 1999 só podía designar un máximo de dez. O seu nomeamento publícase no BOIB a través de lei orgánica. Non é necesario que sexan membros do Parlamento Balear. Cada conselleiro é responsable da área de goberno que o presidente asígnalle, pero tamén se poderán designar conselleiros sen carteira. Os conselleiros deixan de exercer os seus cargos cando son cesados polo presidente ou ben cando este é cesado. Os conselleiros reciben o título de Honorable Señor de forma vitalicia.

O Goberno das Illas Baleares desmantelou á unidade contra a corrupción nas Illas Baleares e disolveuna.

Composición actual

Desde a última remodelación do 6 de xullo de 2012:[1]

  • José Ramón Bauzà (PP), Presidente.
  • Josep Ignasi Aguiló (PP), Vicepresidente Primeiro e Conselleiro de Economía, Facenda e Ocupación.
  • Antoni Gómez (PP), Vicepresidente Segundo e Conselleiro da Presidencia.
  • Rafel Bosch (PP), Portavoz do Goberno e Conselleiro de Educación, Cultura e Universidades.
  • Josep Simó Gornés (PP), Conselleiro de Interior, Xustiza e Administracións Públicas.
  • Carlos Delgado (PP), Conselleiro de Turismo e Deportes.
  • Antoni Mesquida (PP), Conselleiro de Saúde e Benestar Social.
  • Gabriel Company (PP), Conselleiro de Medio Ambiente, Agricultura e Territorio.

Presidentes

Presidentes do Consello Interinsular (órgano preautonómico)
Nome Inicio Fin Partido
Francesc Tutzó 29 de maio de 1979 10 de xuño de 1983 UCD
Presidentes do Goberno das Illas Baleares (órgano autonómico)
Nome Inicio Fin Partido
Gabriel Cañellas 10 de xuño de 1983 18 de xuño de 1995 PP
Cristòfol Soler 18 de xuño de 1995 23 de xuño de 1996 PP
Jaume Matas 23 de xuño de 1996 29 de xuño de 1999 PP
Francesc Antich 29 de xuño de 1999 23 de xuño de 2003 PSIB-PSOE
Jaume Matas (2ª vez) 23 de xuño de 2003 29 de xuño de 2007 PP
Francesc Antich (2ª vez) 29 de xuño de 2007 18 de xuño de 2011 PSIB-PSOE
José Ramón Bauzà 18 de xuño de 2011 Actualidade PP

Notas

  1. Govern de les Illes Balears. "El Govern" (en catalán). Consultado o 7 de xullo de 2012.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Araña vermella

O ácaro-araña vermello ou simplemente araña vermella (Tetranychus urticae) é unha das moitas especies de tetraníquidos ou ácaros vermellos que se alimenten de plantas que se atopan en ambientes secos de todo o mundo e que xeralmente se consideran unha praga moi importante da agricultura e a xardinaxe. O seu xenoma foi completamente secuenciado no ano 2011, sendo o primeiro xenoma secuenciado entre os arácnidos.

Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor

A Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor creouse no ano 1995 pola doazón filantrópica de materiais bibliográficos e documentais do propio Francisco Pillado á Universidade da Coruña, por este motivo leva o seu nome. Sendo o primeiro arquivo extenso do teatro de Galiza e, polo tanto que se favorecesen e desenvolvesen os estudos sobre o mesmo.

Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006

O Estatuto de Autonomía de Cataluña (en catalán: Estatut d'Autonomia de Catalunya) é a norma institucional básica de Cataluña de acordo co establecido ao título oitavo da Constitución española de 1978. Denomínase tamén Estatuto de Miravet porque foi en Miravet onde se reuniron parlamentarios cataláns de todos os partidos por ver de botalo adiante.

O Parlamento de Cataluña aprobou o 30 de setembro de 2005 a Proposta de Novo Estatuto de Autonomía de Cataluña que foi aceptada a trámite polo Congreso dos Deputados o 2 de novembro de 2005. Foi aprobado polo Congreso dos Deputados o 30 de marzo de 2006 e polo Senado de España o 10 de maio de 2006 despois dunha substancial modificación. Foi aprobado tamén en referendo polo pobo de Cataluña o 18 de xuño de 2006. Está vixente dende o 9 de agosto de 2006 aínda que foi modificado por unha sentenza do Tribunal Constitucional do 28 de xuño de 2010.

IB Sat

IBSat foi unha das canles que emitía o Ens Públic de Radiotelevisió de les Illes Balears para a súa emisión en Europa.

Esta canle tiña como obxectivo achegar a televisión e a cultura balear ao resto do continente.

A súa programación baseábase principalmente en contidos de produción propia das canles de IB3 Televisió. As súas emisións comezaron en outubro de 2008 e en novembro de 2012 clausuráronse para aforrar os 400.000 € que lle custaba ao Goberno das Illas Baleares mantelo en emisión.

Illas Baleares

As Illas Baleares (en catalán e oficialmente: Illes Balears) son un arquipélago e unha comunidade autónoma española situada no Mar Mediterráneo, xunto á costa oriental da península Ibérica. A súa capital é Palma de Mallorca, e a lingua propia autóctona é o catalán. O seu principal recurso é o turismo, sobre todo procedente de Alemaña e do Reino Unido, quen o consideran coma destino de viaxes por excelencia.

O arquipélago está formado por dous grupos de illas e numerosos illotes:

As Gimnesias: Menorca, Mallorca e Cabrera e algúns illotes próximos.

As Pitiusas: Eivisa e Formentera e os distintos illotes que as rodean.Conta con importantes industrias de alfaias (as perlas de Majórica) e un parque nacional marítimo-terrestre en Cabrera.

Maria del Mar Bonet

Maria del Mar Bonet i Verdaguer, nada en Palma o 27 de abril de 1947, é unha cantante balear en catalán.

Metro de Palma

O Metro de Palma é un sistema de transporte rápido de ferrocarril na cidade balear de Palma, en Mallorca. Conta con dúas liñas operativas que conforman unha rede en forma de Y cunha lonxitude total de 15,55 km.

Parlamento das Illas Baleares

O Parlamento das Illas Baleares (en catalán: Parlament de les Illes Balears) é, segundo o Estatuto de Autonomía, a representación do pobo de Baleares, ao que corresponde o exercicio do poder lexislativo, aproba os orzamentos, exerce o control do Goberno e elixe ao Presidente das Illas Baleares.

A súa sede atópase na rúa Conquistador de Palma de Mallorca, no edificio do antigo Círculo Mallorquín. A súa presidenta desde 2012 é Margalida Duran, do Partido Popular.

Ruth Mateu Vinent

Ruth Mateu Vinent, nada en Ciutadella o 26 de febreiro de 1976, foi conselleira de Transparencia, Cultura e Participación do Goberno das Illas Baleares. Graduouse en dereito na UIB. Accedeu ó cargo logo da renuncia da anterior conselleira Esperança Camps. Antes diso, xa fora secretaria xeral de Participación, Transparencia e Cultura.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.