Glaciación de Würm

A glaciación coñecida como Würm en Europa e como Wisconsin en América foi a última que coñeceu a terra e con ela considérase rematado o Plistoceno e as chamadas "glaciacións antropolóxicas" polos científicos, debido a que foron usadas polo ser humano para o seu paso a América. As outras "glaciacións antropolóxicas" anteriores á Würm ou Wisconsin, foron Glaciación de Donau, fai 2 000 000 de anos; Glaciación de Günz, de 1 000 000 anos atrás; a Glaciación de Mindel de fai 400.000 anos e a Glaciación de Riss de fai 150.000 anos. Suponse segundo as teorías enunciadas, que todas elas foron empregadas polo ser humano para o seu paso a América, en maior ou menor grao. Os científicos considéranas "glaciacións recentes".

Postúlase que comezou hai 100.000 anos e rematou hai 12.000. Neste período, a especie humana non acadou a extinguirse, mais se reduciu intensamente as poboacións diminuíndo a dispersión xenética orixinal. Practicamente non hai máis de 40 milenios que recomezou a dispersión xenética.

Esta glaciación foi aproveitada polo ser humano para facer o seu paso dende Asia até América polo estreito de Bering, segundo unha teoría. Durante aquel período glaciar, o clima terrestre tornouse moi frío. Entón os glaciares avanzaron alén dos casquetes polares, até preto dos trópicos. Nesa zona os continentes recubríronse de xeos se xearon os lagos, lagoas e ríos. Os mares de pouca profundidade desapareceron, porque as súas augas trocáronse en glaciares. Foi xustamente neses tempos que os estreitos e arquipélagos continentais e insulares quedaron sen cobertura líquida ; polo tanto, e temporalmente, moitas zonas próximas quedaron unidas. Uniuse, por exemplo, Australia-Tasmania con Nova Guinea, Filipinas e Indonesia. O mesmo aconteceu entre Xapón e Corea.

Entre Asia e América, ao reducirse o nivel das súas augas, o estreito de Bering converteuse na "ponte de Bering" ou "ponte de Berinxia". Leva ese nome na honra do navegante Vitus Jonassen Bering (Dinamarca, 1681-1741), quen explorou eses mares coa axuda dos tsares de Rusia.

Os científicos afirman que a "ponte de Berinxia", en condicións de ser transitado polos homes e animais, durou un breve período xeolóxico. Na súa primeira quenda, uns 4.000 anos. Na segunda etapa uns 15.000 anos. Di un científico:

Esa ponte de terra tiña unha lonxitude de 75 km e un máximo largo de 1.500 km. Esas magnitudes son máis características dun istmo, pero os científicos manteñen a denominación de "ponte" polo seu significado de "unión" entre ambos continentes.

Durante 19.000 anos, os grupos primitivos de Asia tiveron a oportunidade de cruzar a "ponte de Berinxia". Ese tempo foi suficiente para que as primeiras bandas humanas e outras olas de inmigrantes da Asia chegaran ao norte de América.

As Glaciaciones wurmienses son períodos de frío máis intenso do Paleolítico, que se dividen en:

  • Würm o Wisconsin I
  • Würm o Wisconsin II
  • Würm o Wisconsin III

Entre estes períodos existen períodos de oscilacións que os dividen e que son denominados interglaciares ou subestadios.

Mapa veg ultim glac
Tipos de vexetación no cumio da última glaciación

Véxase tamén

  • Fenomeno de Donau.
  • Glaciación de Günz.
  • Glaciación de Mindel.
  • Glaciación de Riss.
  • Evolución humana.
  • Poboación humana.
  • Primeiros poboadores andinos.
Arquipélago Toscano

O Arquipélago Toscano é unha cadea de illas entre o Mar da Liguria e o Mar Tirreno, ao oeste da Toscana, Italia.

A proximidade das illas a varias cidades importantes converteunas nun lugar turístico destacado. A historia e a literatura aseguraron que a maioría da xente este familiarizada coas illas de Elba e Montecristo.

Arte paleolítica

O Paleolítico é a etapa máis longa na historia do ser humano. Durante este período, os nosos devanceiros vivían da caza e da recolección de vexetais, asociábanse en tribos e as súas ferramentas eran de pedra tallada, madeira e óso.A arte nace no Paleolítico superior, pouco despois do ano 35 000 a. de C., cando os seres humanos modernos poboaban practicamente todo o globo terráqueo. Con todo, as súas manifestacións fundamentais, por non dicir case as únicas, parecen reducirse a Europa, ao sur do límite que marcarían os xeos durante a Glaciación de Würm.

A arte mural das covas (chamada arte parietal) concéntrase moi intensamente en certas rexións francesas (Dordoña, Pireneos franceses, Corrèze, Charente, Loira, Hérault, Lot e Garona) e españolas (cornixa cantábrica, Pireneos, costa mediterránea e algúns puntos da Meseta Central), aínda que ocasionalmente pode aparecer en Portugal, Italia, Europa Oriental e pouco máis. Non se pescudou o motivo que explique por que non se acharon restos de arte paleolítica parietal no resto do mundo.

A Arte Mobiliar (definida como obxectos decorados que poden ser transportados) é máis abundante, estendéndose non só por Francia e España, senón tamén polos vales do Danubio, do Don e a cunca do Baikal, xa en Asia. Hai restos esporádicos no resto do mundo, como se indica ao final.

Desde os primeiros descubrimentos de obxectos artísticos paleolíticos, no século XIX, sempre se suscitou o enigma da motivación e o significado desta arte, aínda que parece haber consenso en que se cumpre unha función relixiosa e que a súa temática está intimamente relacionada co medio natural. Queda pendente o feito innegable do seu alto valor estético e artístico: os homes prehistóricos demostraron, nalgúns casos, unha ansia de perfección e un sentido da beleza totalmente comparable á dos artistas doutras épocas históricas.

No entanto, o lector debe estar avisado que este artigo só toca, forzosamente, aqueles elementos artísticos que se conservaron ao longo dos séculos, o que constitúe, sen dúbida, unha parte ínfima de todo o corpus artístico paleolítico. Perdemos, como mínimo, aspectos tan fundamentais como a tradición oral, a danza, a música, o adorno corporal etc.

(Á dereita, debuxo dun Bos taurus primigenius achado na cova de Lascaux, Francia.)

Arte rupestre do Val Camonica

As esculturas en pedra do Val Camonica están situadas na Provincia de Brescia, Italia, e constitúen a maior colección de petróglifos prehistóricos do mundo. A colección foi recoñecida como Patrimonio da Humanidade pola Unesco en 1979 e foi o primeiro sitio recoñecido en Italia. A Unesco recoñeceu formalmente máis de 140.000 figuras e símbolos, pero os novos descubrimentos aumentaron o número de incisións catalogadas entre 200.000 e 300.000. Os petróglifos están espallados por todas as superficies do val, pero concéntranse nas áreas de Darfo Boario Terme, Capo di Ponte, Nadro, Cimbergo e Paspardo.

Era cuaternaria

A era cuaternaria ou Cuaternario é unha era xeolóxica que se estende dende o final do Noexeno, é dicir, hai 2,588 ± 0,005 millóns de anos ata os nosos días (a IUGS cambiou recentemente o anterior límite de 1,64 millóns de anos). Coñécese esta era tamén como antropozoica (iniciada hai 1 millón de anos) por ser nela cando apareceron os homínidos.

O Cuaternario divídese en dous períodos, Plistoceno e Holoceno. Actualmente négaselle a cualificación de era xeolóxica, preferindo referirse ao cuaternario como un sistema xeolóxico (xunto co Terciario), dentro da era cenozoica.

Climaticamente caracterízase polo enfriamento xeral da Terra, durante as glaciacións que son o fenómeno climático máis importante deste longo período e nas que o norte de Eurasia e América estaban cubertas cunha gran capa de xeo. Considérase que se produciron catro principais, cos seus consecuentes interperíodos. Estas glaciacións foron denominadas (seguindo a escola clásica que toma como referencia Europa central) co nome dos afluentes do Danubio onde se determinaron as primeiras observacións: Glaciación de Günz, glaciación de Mindel, glaciación de Riss e glaciación de Würm.

Os depósitos continentais e costeiros xunto cos fondos mariños permítennos un coñecemento dos fenómenos que ocorreron, como o desenvolvemento das formacións morrénicas, fluvioglaciais, lacustres e eólicas (loess) ou a formación dos últimos relevos alpinos.

Respecto da flora, os fósiles que quedaron ofrécennos unha curiosa similitude coa actual. Máis cambios aconteceron na fauna, onde se aprecia a desaparición dalgunhas especies como os proboscídeos, o oso das cavernas ou o megacero. Pero a grande innovación na vida animal que se produce no Cuaternario é o desenvolvemento do xénero Homo.

Eustatismo

O eustatismo é a variación do nivel do mar respecto aos continentes, supostamente inmóbiles.

O fenómeno pode ter varias causas. A principal reside nas variacións que pode experimentar o volume total das augas contidas polas cuncas oceánicas, por mor dos cambios climáticos, especialmente os máis importantes e de longo período, representados pola alternancia das glaciacións e interglaciares. O exemplo da glaciación de Würm é revelador: durante ese período a masa das augas marítimas evaporadas e paseniñamente conxeladas sobre os continentes fixo baixar o nivel dos mares nuns 120 m. A ese glacioeustatismo poden sumarse os efectos do termoeustatismo: o arrefriamento das augas marítimas provoca a súa contracción en proporcións considerábeis, xa que 1 °C en máis ou en menos da temperatura media dos mares provoca, respectivamente, unha elevación ou un descenso de 2 m. do seu nivel xeral.

Tamén existe un eustatismo diastrófico, debido ás deformacións tectónicas das cuncas dos océanos tralo fenómeno xeofísico do diastrofismo. Así é como a elevación dunha cordilleira submarina desaloxa un volume similar de auga por enriba do nivel anterior.

Glaciación

As glaciacións son fenómenos climáticos que ocorren ao longo da historia do planeta Terra. Como o propio nome suxire, é un período de frío intenso cando a temperatura media da Terra baixou, provocando o aumento das xeeiras nos polos e unha acumulación de xeo nas zonas montañosas próximo ás rexións de neves eternas (que nunca derreten).

Actualmente as xeeiras ocupan un 10% da área total do planeta e a maioría está localizada nas rexións polares como a Antártica e Groenlandia, mais non sempre foi así. Nos períodos glaciais o xeo cubría preto de 32% da terra e 30% dos océanos.

As glaciacións provocaron grandes mudanzas no relevo continental e no nivel do mar. Cando a temperatura global diminuíu, ocorreu, como consecuencia, o aumento das xeeiras, ou sexa, as baixas temperaturas provocaron o conxelamento da auga nos polos aumentando a cantidade de xeo nos cascos polares.

Outra consecuencia deste proceso foi que a formación das xeeiras non quedou restrinxida ás rexións polares. A neve e o xeo fóronse acumulando nas zonas montañosas próximas aos picos, ano tras ano, ata que o seu propio peso fixo que se desprazasen lentamente, provocando grandes alteracións de relevo no camiño por onde pasaban, formando profundos vales en forma de U e os depósitos de pedra que arrastra o glaciar (morenas). Estas masas de xeo e neve son os glaciares que foron deslizando lentamente ata alcanzar zonas máis quentes, onde se foron derretendo e formando a cabeceira dun río ou dando orixe aos lagos glaciais.

Outra consecuencia foi o rebaixamento do nivel dos mares debido á retención de auga nos polos. O mar afastouse da liña da costa, das praias, por exemplo, expondo grandes extensións de terra e unindo illas e continentes entre si, formando as chamadas pontes terrestres.

Entre os períodos glaciais hai períodos interglaciais, nos que a temperatura da Terra se eleva. O período en que vivimos non é máis que un interglacial.

Holoceno

O Holoceno (do grego ὅλος hólos, "todo", "enteiro" e καινός kainós, "novo", "recente", isto é, "a era totalmente recente"), é unha época da escala temporal xeolóxica, a última e actual época xeolóxica do período cuaternario. Comprende os últimos 11 784 anos da historia do noso planeta, desde a fin da última glaciación (a glaciación de Würm).

É un período interglaciar no que a temperatura se fixo máis suave e a capa de xeo fundiu, o que provocou un ascenso do nivel do mar, que fixo que, por exemplo, Indonesia, Xapón e Taiwán se separasen de Asia; Gran Bretaña, da Europa continental e Nova Guinea e Tasmania, de Australia. Ademais, produciu a formación do estreito de Bering.

Dentro do cadro da escala dos tempos xeolóxicos sitúase no período cuaternario da era cenozoica, do eón fanerozoico, sucedendo a época do plistoceno. O límite con esta época (o plistoceno) definiuse sobre a base da desintegración do 14C (un isótopo radioactivo do carbono) e coincide aproximadamente co final da última glaciación. Por convención, o límite púxose 10 000 anos antes do 1950 (a súa duración, expresada en millóns de anos, é de 0,01143 ± 0,00013 Ma.

A única especie humana que viviu nesta época foi o Homo sapiens, que durante estes últimos milenios desenvolveu a agricultura e a civilización, ocasionando importantes cambios nos ecosistemas.

Idade de Pedra

A Idade de Pedra é o período da Prehistoria que abrangue dende que os seres humanos comezaron a elaborar ferramentas e trebellos de pedra ata o descubrimento e uso dos metais. Tamén se utilizaron a madeira, os ósos e mais outros materiais coma corno, coiro, cordas, ou cestos, mais a pedra (en particular diversas rochas de rotura concoide coma o pedernal, o cuarzo, a cuarcita, ou a obsidiana) foi utilizada para fabricar ferramentas e armas, de corte ou de percusión.

Non obstante, esta é unha circunstancia necesaria, pero insuficiente para a definición deste período, xa que tiveron lugar nel fenómenos fundamentais para o que sería o futuro da humanidade: a evolución humana, as grandes adquisicións tecnolóxicas (o lume, as ferramentas ou a vestimenta), a evolución social, os cambios climáticos, a diáspora do ser humano por todo o mundo habitable (ecúmene) dende o seu berce africano, e a revolución económica dende un sistema cazador-colector, ata un sistema parcialmente produtor, entre outras cousas. O rango de tempo que abrangue este período é ambiguo, discutido e variable segundo a rexión da que se trate. Aínda que é posible falar deste período en concreto para o conxunto da humanidade, non hai que esquecer que algúns grupos humanos nunca desenvolveron a tecnoloxía da fundición de metais e por tanto quedaron sumidos nunha idade de pedra ata que se atoparon con culturas tecnoloxicamente máis desenvolvidas. Non obstante, en xeral, considérase que este período comezou en África hai 2,8 millóns de anos, coa aparición da primeira ferramenta humana, ou quizais pre-humana.

A este período seguiulle o Calcolítico ou Idade de Cobre e, sobre todo, a Idade de Bronce, durante a que as ferramentas desta aliaxe chegaron a ser comúns; esta transición aconteceu entre o 6000 a.C. e 2500 a.C. Tradicionalmente divídese a Idade de Pedra en Paleolítico, cun sistema económico de caza-recolección e Neolítico, no que se produce a revolución cara ao sistema económico produtivo agropecuario, a suma da agricultura e maila gandaría.

Lübeck

A Cidade Hanseática de Lübeck (Hansestadt Lübeck en alemán), é a segunda cidade en poboación do estado federado de Schleswig-Holstein, no norte de Alemaña, despois de Kiel, a capital do Land (213 983 habitantes en 2005).Está situada ás beiras do río Trave, é o maior porto alemán do mar Báltico. Lübeck é unha cidade independente (Kreisfreie Städte) ou distrito urbano (Stadtkreis), é dicir, posúe estatuto de distrito (kreis).

O territorio onde se asenta estivo ocupado desde prehistoria. A cidade foi fundada en 1158 por Henrique, o León, duque de Saxonia. Durante varios séculos foi a "capital" da Liga Hanseática (coñecíase pola Raíña da Hansa) e actualmente os seus habitantes recoñecen á súa cidade das Sete Torres como a "Porta do Norte de Europa".

A parte antiga da cidade é unha pequena illa rodeada polos ríos Trave e Wakenitz. O casco antigo forma parte do Patrimonio da Humanidade da Unesco desde o ano 1987. Nel destacan as construcións en estilo gótico báltico de ladrillo.

Hamburgo encóntrase a uns 65 km ao suroeste de Lübeck, e Kiel, a capital do estado, a 78 km ao noroeste. A autoestrada Autobahn 1 conecta Lübeck con Hamburgo e Dinamarca. O distrito de Travemünde é un porto e lugar turístico na costa do mar Báltico.

Madaleniano

O Madaleniano ou Madelenense refírese a unha das culturas mais tardías do Paleolítico superior europeo, comprendida entre arredor de 15.000 e 9.000 anos antes da nosa era. O nome foi proposto por Gabriel de Mortillet a partir do asentamento prehistórico epónimo de La Madeleine, en Dordoña, Francia.

Os fillos da terra

Os fillos da terra (na versión orixinal Earth's Children) é o nome dunha hexaloxía, escrita pola escritora estadounidense Jean M. Auel e cuxo primeiro libro foi traducido ó galego por Xurxo Bértola. Os feitos da historia acontecen en Europa, no Paleolítico, a mediados da Glaciación de Würm. A protagonista da serie é unha muller de Cro-Magnon chamada Ayla. A serie vendeu máis de 45 millóns de exemplares en todo o mundo.

Segundo declara Auel, ela estaba interesada en escribir un libro narrativo ambientado na prehistoria. Estaba interesada especialmente nunha época do plistoceno na que conviviron dúas especies humanas: os Homo sapiens e os Homo neanderthalensis. Aínda que ambos grupos habitaban ó longo todo o continente, durante a narración déixase entrever en varias ocasións que os Cro-Magnon estaban a desprazar pouco a pouco ós Neanderthal, que se dirixen lentamente cara a extinción.

Oscilación de Allerød

A Oscilación de Allerød é unha fase de oscilación climática na que o clima vólvese temperado, dentro da terceira Glaciación de Würm, no Paleolítico Superior, que abrangue aproximadamente o período dende o 10000 a.C. ao 9000 a.C.

Neste período, as temperaturas subiron até niveis semellantes aos que temos agora. A vexetación medrou e colonizou áreas ocupadas por glaciares e o nivel do mar subiu cerca de 60 metros. Ao final deste período, houbo un breve retorno do frío, para logo mudar cara o clima actual.

Foi bautizado co nome da cidade de Allerød, en Dinamarca, onde foron identificados por vez primeira depósitos de sedimentos creados durante este período.

Oso pardo europeo

O oso pardo europeo (Ursus arctos arctos) é unha subespecie do oso pardo (Ursus arctos) propia de Europa, dende a Península Ibérica até Escandinavia e Rusia. En Galicia está catalogado como en perigo de extinción.

Paleolítico superior

O Paleolítico superior é o período da Prehistoria caracterizado polo dominio do home moderno en Europa (Homo sapiens), con desenvolvemento de novas técnicas (láminas líticas, industria ósea) e a explosión da arte prehistórica. Cronoloxicamente o seu inicio sitúase arredor de 40.000 a.n.e. e o seu final sobre 9.000 a.n.e.

Pita do monte

A pita do monte, ou pita montesa,, Tetrao urogallus, é unha especie de ave da orde das galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, pertencente ao seu xénero tipo Tetrao.É o membro de maior tamaño da súa subfamilia, distribuíndose por boa parte de Eurasia (Escandinavia, a rexión báltica e a Federación Rusa) con pequenos enclaves nas montañas de zonas temperadas como a cornixa cantábrica, os Pireneos, os Alpes e o Xura.

En España, desde 1979, está vedada a súa caza e, desde 1986, está catalogada como especie protexida, aínda que isto non supuxo, de momento, un incremento da súa poboación. Considérase unha reliquia da era glaciar, pois tras a última (a glaciación de Würm) as súas poboacións fóronse desprazando cara ás rexións máis frías de Europa e á alta montaña.

Aínda que a nivel xeral o status da especie é pouo preocupante, en España está en perigo de extinción, quedando algúns exemplares non Pireneos (da subespecie Tetrao urogallus aquitanicus), e ao longo das zonas boscosas da cornixa cantábrica (da subespecie Tetrao urogallus cantabricus).

En Galiza deuse por extinguida a poboación dos Ancares, a poboación máis occidental da especie, xa que os últimos cantadeiros ocupados observáronse en 2005., pero aínda se atopa esporadicamente debido ao movemento de exemplares de poboacións limítrofes.

Prusia (rexión)

Prusia (en antigo prusiano: Prūsa, en alemán: Preußen, en latín: Borussia) é unha rexión histórica do leste de Europa situada nos confíns das actuais Polonia e Rusia, centrada na baía de Gdańsk na costa sueste do mar Báltico e que se estendía terra adentro até a Masuria.

O seu nome vén dunha deformación do dun dos seus pobos autóctonos, os borusios ou prusianos, de orixe báltica.

A rexión foi colonizada e xermanizada polos cabaleiros teutónicos nos séculos XI e XII que a disputaron durante moito tempo aos polacos.

Distínguese unha Prusia Oriental e unha Prusia Occidental, que foron reunidas temporalmente nunha Provincia de Prusia do Imperio alemán.

O seu territorio divídese hoxe entre o nordés de Polonia (Varmia e Masuria), o enclave ruso da óblast de Kaliningrado e o oeste de Lituania (Territorio de Memel).

O antigo estado alemán de Prusia (1525–1947) deriva o seu nome desta rexión.

Río Ohio

O río Ohio é un dos principais afluentes do Mississippi; discorre pola parte leste dos Estados Unidos. Ten unha importancia capital na historia dos Estados Unidos, tanto para as tribos amerindias como para os colonos europeos. O río constituíu unha vía de transporte privilexiada durante a conquista do oeste. Atravesa non menos de seis estados, e a súa conca fluvial esténdese sobre 14 estados, incluíndo á maioría dos estados do sueste do país. O seu principal afluente é o río Tennessee. No século XVIII, o río Ohio constituía a fronteira meridional dos estados do Norte, marcando de facto o límite entre os estados que practicaban a escravitude e os que a aboliron.

Xenoma humano

O xenoma humano é o xenoma do Homo sapiens, é dicir, a secuencia do ADN, con toda a información xenética dos seus xenes e as secuencias non codificantes, contida nos seus 23 pares de cromosomas situados no núcleo de cada célula humana diploide. Tamén forma parte do xenoma humano o ADN mitocondrial.

Dos 23 pares de cromosomas, 22 pares son cromosomas autosómicos e un par determina o sexo, que está formado por dous cromosomas X nas mulleres e un X e un Y en homes, polo que a muller ten 23 cromosomas distintos e o home 24. O xenoma haploide (é dicir, cunha soa copia dos cromosomas de cada par) ten unha lonxitude total aproximada de 3.200 millóns de pares de bases (nucleótidos do ADN) ou 3.200 megabases (Mb) que conteñen entre 20.000 e 25.000 xenes (as estimacións máis recentes indican uns 20.500). Das 3.200 Mb unhas 2.950 Mb corresponden a eucromatina e unhas 250 Mb a heterocromatina. O Proxecto Xenoma Humano obtivo unha secuencia de referencia do xenoma humano eucromático, usado en todo o mundo nas ciencias biomédicas.

A secuencia de ADN que forma o xenoma humano contén codificada a información necesaria para a expresión, altamente coordinada e adaptable ao ambiente, do proteoma humano, é dicir, do conxunto das proteínas do ser humano. As proteínas, e non o ADN, son as principais biomoléculas efectoras; posúen funcións estruturais, encimáticas, metabólicas, reguladoras, sinalizadoras..., organizándose en enormes redes funcionais de interaccións. O proteoma fundamenta a particular morfoloxía e funcionalidade de cada célula. Igualmente, a organización estrutural e funcional das distintas células conforma cada tecido e cada órgano, e, finalmente, o organismo vivo no seu conxunto. O xenoma humano contén a información básica precisa para o desenvolvemento físico dun ser humano completo.

O xenoma humano presenta unha densidade de xenes moi inferior á que inicialmente se predicira, e só arredor do 1,5% da súa lonxitude está composta por exóns codificantes de proteínas. Un 70% está composto por ADN extraxénico e un 30 % por secuencias relacionadas con xenes. Do total de ADN extraxénico, aproximadamente un 70% corresponde a repeticións dispersas, de maneira que, máis ou menos, a metade do xenoma humano corresponde a secuencias repetitivas de ADN. En canto ao total de ADN relacionado con xenes estímase que o 95% corresponde a ADN non codificante: pseudoxenes, fragmentos de xenes, intróns ou secuencias UTR, entre outros.

Zugspitze

O Zugspitze é unha montaña situada na cadea dos Alpes, no macizo de Wetterstein, nos Alpes bávaros. É a cima máis elevada da Alemaña, con 2.962 metros. O Zugspitze sitúase exactamente sobre a fronteira xermano-austríaca, mais o cume está dentro da Alemaña. Forma parte do distrito de Garmisch-Partenkirchen.

O Zugspitze fica nunha rexión de deportes invernais, dispondo dun pequeno glaciar, o Schneeferner, que está en retroceso nos últimos anos.

Sitio moi turístico, a cima é doadamente accesíbel por medio do Ferrocarril do Zugspitze e polos teleféricos a disposición, tanto na parte alemá como na parte austríaca.

As temperaturas medias do cume atinxen os -11,2 °C en xaneiro e os 2,0 °C no mes de xullo. A capa de neve, como media, alcanza os 385 cm en marzo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.