Gian Lorenzo Bernini

Gian Lorenzo Bernini, nado o 7 de decembro de 1598 en Nápoles e finado o 28 de novembro de 1680 en Roma, foi un prominente escultor e arquitecto na Roma do século XVII.

Gian Lorenzo Bernini
Gian Lorenzo Bernini, self-portrait, c1623
Gian Lorenzo Bernini
Nacemento7 de decembro de 1598
 Nápoles
Falecemento28 de novembro de 1680 (81 anos)
 Italia
Soterradobasílica de Santa María a Maior
NacionalidadeItalia
Relixióncatolicismo
Ocupaciónescultor, artista, pintor e arquitecto
PaiPietro Bernini
FillosDomenico Bernini
Coñecido/a porPalazzo Barberini, Longino, Cátedra de São Pedro, Busto de Costanza Bonarelli e Igreja de Santo André no Quirinal

Traxectoria

Foi un dos máis fieis intérpretes da arte contrarreformista e da renovación católica romana, a súa visión artística é escenográfica e teatral. Son fundamentais as súas achegas ó nacemento da arte barroca. Tras as súas primeiras esculturas para o cardeal Borghese, con múltiples puntos de vista e dinamismo pleno de realidade, comezou en 1624 o seu labor en San Pedro: o baldaquino, a cátedra, as tumbas de Urbano VIII e Alexandre VII caracterizadas por invencións variadas e sorprendentes, movemento e espectacularidade, integración de artes, tipos e materiais e alegorías cristiáns. A columnata exterior, tamén obra súa, relaciona a igrexa co espazo exterior como sucede coas fachadas do palacio Barberini e das súas igrexas, na cal os valores plásticos superan ós espaciais.

Entre as obras máis coñecidas de Bernini están as fontes de Roma, fontes pesadas caracterizadas como axentes da natureza, esculturas e rochas que forman coas fervenzas de auga un todo único, que converte á auga en escultura. Destacan a Fonte dos Catro Ríos e a Fonte do Tritón.

28 de novembro

O 28 de novembro é o 332º día do ano do calendario gregoriano e o 333º nos anos bisestos. Quedan 33 días para acabar o ano.

Apolo e Dafne (de Bernini)

Apolo e Daphne é unha escultura de Gian Lorenzo Bernini realizada entre 1622-1625 que se conserva na Galería Borghese de Roma. Formaba parte dun conxunto de catro estatuas, e eestá realizada en mármore.

Baldaquino de San Pedro do Vaticano

O baldaquino de San Pedro é un ciborio ou baldaquino monumental, obra do Gian Lorenzo Bernini, en catro columnas culminadas en dosel; forxado en bronce macizo negro e sobredorado, de estilo barroco, que está emprazado no centro do cruceiro da Basílica de San Pedro da Cidade do Vaticano, directamente baixo a cúpula. O colosal elemento deseñado e executado por Bernini, combina elementos escultóricos e arquitectónicos e alberga baixo o seu dosel o altar maior da basílica, que á súa vez se sitúa sobre a cripta na que se acha a tumba do apóstolo san Pedro.

Barroco

O Barroco é un movemento cultural e artístico que tivo lugar principalmente durante o século XVII. O termo provén do francés baroque, de barocco, figura de siloxismo que os renacentistas aplicaban aos razoamentos absurdos, cruzado co portugués barroco, perla irregular ou, por extensión, xoia falsa.A cultura barroca nace dunha situación histórica concreta, que é a crise económica e social que as monarquías absolutistas e a Contrarreforma non puideron ocultar. Por esa razón, o home desa época refuxiouse nos avances da ciencia e na expresión artística e literaria. O Barroco caracterízase tanto polo esplendor artístico e cultural como pola decadencia social e económica.

O Barroco é unha reacción fronte ao manierismo, movemento elitista, complicado e intelectual e, en xeral, á orde estética renacentista, de beleza equilibrada e razoable. O Barroco non cifra o seu ideal na proporción bela, máis ben procura a realidade cotiá, con frecuencia tratada con extrema crueza. Á vez mostra gusto polo aparatoso e monumental, empregado como instrumento propagandístico tanto da monarquía como da Igrexa católica.

Basílica de San Pedro

A basílica papal de San Pedro (en latín: Basilica Sancti Petri, en italiano: Basilica Papale di San Pietro in Vaticano), coñecida comunmente como basílica de San Pedro, é un templo católico situado na Cidade do Vaticano. Con 193 metros de lonxitude, 44,5 metros de altura e 2,3 hectáreas de superficie, é a igrexa cristiá máis grande do mundo. A altura que lle confire a súa cúpula fai que sexa unha característica dominante no horizonte de Roma. É considerada como un dos lugares máis sagrados do catolicismo. Describiuse como «ocupante dunha posición única no mundo cristián», e como «a máis grande de todas as igrexas da cristiandade». É unha das catro basílicas maiores.

Na tradición católica, a basílica atópase situada sobre o lugar do enterro de san Pedro, que foi un dos doce apóstolos de Xesús de Nazaret, primeiro bispo de Antioquía, primeiro bispo de Roma e, polo tanto, o primeiro dos pontífices. A tradición e as evidencias históricas e científicas sosteñen que a tumba de San Pedro está directamente debaixo do altar maior da basílica; por mor disto, moitos papas foron enterrados en San Pedro desde a época paleocristiá. No sitio da actual basílica foron construídas igrexas desde o século IV. A construción do actual edificio, sobre a antiga basílica constantiniana, comezou o 18 de abril de 1506, por orde do papa Xulio II, e finalizou o 18 de novembro de 1626.Como obra arquitectónica, é considerada como o maior edificio da súa época. Malia a crenza popular, San Pedro non é unha catedral, xa que a Arquibasílica de San Xoán de Latrán é a catedral de Roma.

Carlo Maderno

Carlo Maderno (1556 - 30 de xaneiro de 1629). Foi un arquitecto de orixe italiana, nado en Capolago, cantón do Tesino (Suíza), coñecido mundialmente por ser o autor da fachada da basílica de San Pedro do Vaticano. Ás veces é citado como Carlo Maderna.

Columnata

Na arquitectura clásica, unha columnata é unha longa secuencia de columnas vinculadas por un arquitrabe común. Ás veces constitúe un elemento autónomo, como a famosa columnata que Gian Lorenzo Bernini deseñou fronte á basílica de San Pedro do Vaticano, conformando unha gran praza de planta elíptica, ou a da catedral de Kazán, en San Petersburgo.

A forma particular da de San Pedro responde á necesidade de crear un espazo visualmente pechado pero materialmente aberto que se poida encher e baleitar de xente eficazmente. Cando unha persoa camiña pola praza de San Pedro o propio espesor das columnas superpostas entre si dálle a entender que é un espazo pechado. Porén, ao situarse nunha das dúas fontes, a percepción cambia por completo xa que estas coinciden cos focos da elipse e desde ese punto pode verse o exterior da praza a través das columnas, que xa non se superpoñen entre si.

Dourado

O termo dourado provén do latín vulgar dauratus, e este de auratus, de aurum, que significa ouro. A técnica do dourado consiste en cubrir con ouro a superficie dun obxecto principalmente polo seu valor lumínico, en tanto que se converte nun receptáculo da luz. Tradicionalmente empregábase na arte relixiosa para vinculala coa luz celestial, o que producía sobre os fieis unha sensación de temor e asombro.

Década de 1620

A década de 1620 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1620 e remata o 31 de decembro de 1629.

Fauno entretido por cupidos

Fauno entretido por cupidos é unha escultura realizada en mármore polos artistas italianos Gian Lorenzo Bernini e o seu pai Pietro Bernini. Foi executada durante os anos 1616 e 1617, cando Gian Lorenzo aínda non cumprira os vinte anos. No ano 2017, atópase na colección do Museo Metropolitano de Arte en Nova York.

Galería Uffizi

A Galería Uffizi (En italiano Galleria degli Uffizi) que se traduce como Galería dos Oficios, é un palacio en Florencia, que contén unha das máis antigas e famosas coleccións de arte do mundo.

Palazzo Montecitorio

O Palazzo Montecitorio é un palacio en Roma e a sede da Cámara dos Deputados de Italia.

Piazza di Spagna

Piazza di Spagna é unha das prazas con máis sona de Roma. Toma o seu nome do Palacio de España, sede da embaixada española ante a Santa Sé e a Orde de Malta. Na praza salientan a coñecida escalinata que chega atá a igrexa de Trinità dei Monti e a barroca Fontana della Barcaccia.

Praza de San Pedro

A Praza de San Pedro (Piazza San Pietro, en italiano) atópase na Cidade do Vaticano, dentro da cidade e capital italiana de Roma e precede, a modo de gran sala períptera, á Basílica de San Pedro, o magno templo do catolicismo. Foi proxectada por Gian Lorenzo Bernini entre 1656 e 1667.

Á praza accédese desde a Via della Conciliazione e mostra, ao fondo, a magnífica fachada da Basílica de San Pedro; esta vía comeza no largo Xoán XXIII, moi preto do castelo de Sant'Angelo, xunto ao río Tíber, pasando ao final pola praza Pío XII.

A praza é unha grande explanada trapezoidal que se alarga lateralmente mediante dúas pasaxes, con forma elíptica, de columnatas rematadas nunha balaustrada sobre a que se asentan as figuras de cento corenta santos de diversas épocas e lugares. No seu interior hai dúas fontes, unha en cada foco da elipse e, no medio da praza, erixiuse un monumental obelisco (de 25 m de altura e 327 t de peso), un bloque pétreo sen inscricións traído desde Exipto que estaba no Circo de Nerón e que, en 1586 o papa Sixto V decidiu colocar fronte á Basílica de San Pedro en memoria do martirio de San Pedro no circo de Nerón. Coñécesa como a "testemuña muda", pois xunto a el crucificouse a Pedro. A esfera de bronce da cúspide que, segundo a lenda medieval, contiña os restos de Xulio César, foi substituída por unha reliquia da cruz de Cristo. As dúas pasaxes de columnas (284 de 16 m cada unha) ábrense a cada lado simbolizando o abrazo de acollida da Igrexa ao visitante que parece invitan a entrar.

Nesta praza o Papa adoita celebrar algunhas liturxias solemnes (especialmente aquelas que reúnen a multidumes demasiado grandes como para que entren na xa de por si inmensa basílica) e outros encontros, sobre todo audiencias públicas.

A famosa Praza da Concordia de París é unha copia desta praza xa que tanto o obelisco como as fontes e a súa distribución son idénticas ás de San Pedro.

Trompe-l'œil

O trompe-l'œil (expresión francesa que significa «enganar ao ollo») é unha técnica pictórica que intenta enganar á vista xogando coa perspectiva e outros efectos ópticos.

Os trompe-l'œil adoitan ser pinturas murais realistas creadas deliberadamente para ofrecer unha perspectiva falsa. Poden ser interiores (representando mobles, fiestras, portas ou escenas máis complexas) ou exteriores, en muros de inmobles.

Tamén poden atoparse pintados en mesas (aparentando naipes dispostos para unha partida, por exemplo) ou outros mobles.

Malia ser máis propios da pintura tamén existen famosos «enganos» en arquitectura, algúns dos máis coñecidos son a Scala Regia no vaticano de Gianluca Bernini ou a Galería Spada do Palazzo Spada de Borromini, nestes casos trátase de contrarrestar certas impresións ou modificar a percepción do espazo mediante efectos arquitectónicos, como variar a altura das columnas para conseguir, no caso da escaleira, que esta pareza moito máis profunda.

Éxtase de Santa Tareixa

A Éxtase de Santa Tareixa de Ávila (tamén coñecida como Transverberación de Santa Tareixa) é unha escultura de mármore e bronce dourado de Gian Lorenzo Bernini, feita entre 1647 e 1652 e situada na igrexa de Santa Maria della Vittoria, en Roma, na capela de Cornaro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.