Georges Simenon

Georges Joseph Christian Simenon, nado en Liexa o 13 de febreiro de 1903 e finado en Lausana o 4 de setembro de 1989, foi un escritor belga.

Georges Joseph Christian Simenon
Georges Simenon (1963) without hat by Erling Mandelmann
1963
Nome completoGeorges Joseph Christian Simenon
Nacemento13 de febreiro de 1903
 Liexa, Bélxica Bélxica
Falecemento4 de setembro de 1989
 Lausana Suíza Suíza
NacionalidadeBélxica
Ocupaciónescritor, novelista e xornalista
CónxuxeRégine Renchon
FillosMarc Simenon e Pierre Simenon
IrmánsChristian Simenon
XénerosNovela
Coñecido/a porComisario Maigret
PremiosEdgar Award

Traxectoria

Simenon procedía dunha familia acomodada limburguesa asentada en Liexa. En 1918 deixa os estudos e en 1919 comeza a traballar par o xornal conservador La Gazette de Liège. Logo da morte do seu pai estableceuse en París (1922). Entre 1945 e 1955 viviu nos Estados Unidos e dende 1957 residiu en Suíza.

Simenon foi un dos escritores máis prolíficos do século XX, escribía entre 60 e 80 páxinas ao día, e durante a súa vida publicou 368 novelas e máis de 200 relatos, aínda que é coñecido sobre todo polas 75 novelas 28 relatos do Comisario Maigret; a primeira novela da serie, Pietr-Le-Letton apareceu en 1931 e a última, Maigret et M. Charles en 1972. As novelas de Maigret traducíronse a 55 linguas e moitas convertéronse en filmes. Unha delas foi traducida ao galego, Maigret na escola.

Simenon tamén escribiu gran número de novelas psicolóxicas como La neige était sale (1948) ou Le fils (1957).

13 de febreiro

O 13 de febreiro é o 44º día do ano do calendario gregoriano . Quedan 321 días para finalizar o ano, 322 nos anos bisestos.

4 de setembro

O 4 de setembro é o 247º día do ano do calendario gregoriano e o 248º nos anos bisestos. Quedan 118 días para finalizar o ano.

Akira Kurosawa

Akira Kurosawa (黒澤 明, Kurosawa Akira), nado en Toquio o 23 de marzo de 1910 e finado na mesma cidade o 6 de setembro de 1998, foi un director, produtor e guionista de cine xaponés. As súas películas influenciaron grandemente unha xeración enteira de realizadores como George Lucas ou Sergio Leone. A súa primeira película acreditada (Sugata Sanshiro) presentouse en 1943 e a última (Madadayo) en 1993. Considerado como un dos máis importantes e influentes directores da historia do cine, Kurosawa dirixiu 30 filmes en 57 anos de carreira.

Kurosawa comezou na industria do cine xaponés en 1936, despois dun breve período como pintor. Despois de moitos anos traballando en filmes como asistente de director e guionista, debutou detrás da cámara en 1943 cun filme de acción Sugata Sanshirō. Despois da II Guerra Mundial, a crítica aclamou O anxo ebrio (1948), no cal Kurosawa escolleu entre o elenco a un daquela descoñecido Toshiro Mifune, facendo medrar a súa reputación como un dos mellores novos directores do Xapón. Os dous homes colaborarían xuntos noutros 15 filmes.

Rashomon, que se estreou en Toquio en agosto de 1950, converteuse o 10 de setembro de 1951 no gañador sorpresa do León de Ouro no Festival de Cine de Venecia, e máis tarde foi estreada en Europa e Norte América. O éxito comercial e da crítica abriulle a porta do mercado cinematográfico occidental. Durante os anos 1950 e 1960, Kurosawa dirixiu aproximadamente un filme por ano, incluíndo Ikiru (1952), Os sete samurais (1954) e Yojimbo (1961). Despois dos anos 1960, volveuse menos prolífico, pero no seu período final dirixe Kagemusha (1980) e Ran (1985). En 1990, acepta o Óscar á Traxectoria Profesional.

Andrea Camilleri

Andrea Camilleri, nado en Porto Empedocle (Sicilia) o 6 de setembro de 1925 e finado en Roma o 17 de xullo de 2019, foi un guionista, director teatral e televisivo, e novelista italiano.

Comisario Maigret

Jules Maigret, coñecido como o comisario Maigret é unha personaxe de ficción creada polo escritor belga Georges Simenon (1903-1989). Protagonista de 75 novelas e 28 relatos, a súa sona medrou ao longo do tempo, en parte debido ás numerosas adaptacións cinematográficas e televisivas das súas novelas.

Gonzalo Torrente Malvido

Gonzalo Torrente Malvido, nado en Ferrol o 4 de abril de 1935 e falecido en Madrid o 26 de decembro de 2011, foi un escritor, tradutor e autor de guións cinematográficos galego.

Maigret na escola

Maigret na escola é unha novela policíaca en lingua francesa do autor belga Georges Simenon, publicada por vez primeira por Presses de la Cité en marzo de 1954 co título orixinal Maigret à l'école. Forma parte da saga do comisario Maigret. Foi traducida ao galego por Xosé Manuel Martínez Oca, e publicada por Vía Láctea Editorial en 1992.

A obra foi escrita en Shadow Rock Farm (Lakeville, Connecticut) entre o 1 e o 8 de decembro de 1953, e apareceu publicada en 6 entregas no semanario Télé-Moustique entre o 14 de febreiro e o 21 de marzo de 1954. Nesta novela as pesquisas de Maigret desenvólvense nun clima aldeán, hostil ao estranxeiro, e iso faille lembrar épocas da súa infancia. Amais de para resolver o caso, o comisario decide ir a Charente Marítimo para evadirse da gran cidade por uns días e para comer ostras e beber viño branco.

Novela negra

A novela negra é, como a definiu Raymond Chandler no seu libro The Simple Art of Murder, a novela do mundo profesional do crime. Debe o seu nome a dous factores: a que orixinalmente foi publicada na revista Black Mask de Estados Unidos e na colección Série Noire francesa, así como ós ambientes "escuros" que logra. O termo asóciase a un tipo de novela policial na que a resolución do misterio non é en si o obxectivo principal; que é habitualmente moi violenta e as divisións entre o ben e o mal están bastante difuminadas. A maior parte dos seus protagonistas son individuos derrotados, en decadencia, que buscan encontrar a verdade (ou polo menos algún indicio de verdade).

Xosé Manuel Martínez Oca

Xosé Manuel Martínez Oca, nado na Estrada o 1 de xuño de 1942, é un escritor galego.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.