George W. Bush

George Walker Bush, naceu en New Haven (Connecticut) o 6 de xullo de 1946.[1] É un político e empesario estadounidense que en 2001 se converteu no 43º presidente dos Estados Unidos.

O seu mandato estivo marcado pola guerra contra o terrorismo dende os atentados do 11 de setembro de 2001. Promoveu a invasión de Afganistán en busca do terrorista Osama bin Laden en outubro de 2001, e a invasión de Iraq para desarmar a Saddam Hussein. Presidente que levantou paixóns en grande parte do electorado conservador norteamericano e provocou manifestacións na súa contra tamén no resto do mundo, sobre todo en Europa a raíz da súa política exterior considerada hostil e mesmo criminal por parte da opinión pública europea, segundo reflicten diversas enquisas publicadas. Logo das eleccións de 2008 pasou a ser substituído por Barack Obama, quen asumiu o cargo o 20 de xaneiro do 2009.

Está casado con Laura Welch Bush e é pai de dúas xemelgas.

George Walker Bush
George W. Bush

20 de xaneiro de 2001 – 20 de xaneiro de 2009
Vicepresidente Dick Cheney
Precedido por Bill Clinton
Sucedido por Barack Obama

46º Gobernador de Texas
17 de xaneiro de 1995 – 21 de decembro de 2000
Tenente Gobernador Bob Bullock(1995-1999)
Rick Perry(1999-2000)
Precedido por Ann Richards
Sucedido por Rick Perry

Datos persoais
Nacemento 6 de xullo de 1946 (73 anos)
Estados Unidos de América Estados Unidos New Haven, Connecticut, EUA
Partido Republicano
Cónxuxe/s Laura Bush
Fillos Jenna Bush
Profesión Empresario (petróleo, béisbol)
Alma máter Universidade Yale
Harvard Business School
Fortuna USD 8-21 millóns
Relixión Metodista
Residencia Crawford, Texas (privada)

Vida antes da presidencia

Familia

George W. Bush naceu en 1946 en New Haven, Connecticut. É o primoxénito do presidente dos Estados Unidos George H. W. Bush e a súa muller Barbara Bush. Cando tiña dous anos, a súa familia mudouse a Texas, onde viviron dende entón.

Estudos e carreira militar.

Estudou na Universidade Yale e recibiu un título de Historia en 1968. En maio dese mesmo ano, e en plena Guerra de Vietnam, formou parte da Texas Air National Guard[2] (en galego, Garda Nacional Aérea de Texas). Tras dous anos de adestramento, foi asignado a Houston. En 1972, foi suspendido de voar por non ter realizado un exame físico programado.[3] Pasou á reserva da Forza Aérea con honores o 21 de novembro de 1974[4], seis meses antes do debido coa fin de estudar en Harvard.

Despois de graduarse en negocios, Bush volveu a Texas e casou con Laura Welch, coa que tivo dúas xemelgas en 1981. Isto convérteo no único presidente dos EEUU da historia con xemelgos.

Controversias respecto ó seu pasado

O pasado de George Bush foi obxecto de críticas durante as campañas electorais de 2000 e 2004. Por un lado, houbo investigacións relativas ó seu pasado militar; por outro, consumiu durante a súa xuventude tanto alcol coma drogas -aínda que afirma ter pasado a unha vida sobria dende que cumpriu corenta anos.

A súa carreira política

En 1978, Bush intentou ser candidato do Partido Demócrata dentro do distrito 19 de Texas, pero perdeu por unha estreita marxe de votos as primarias.

En 1994, sendo xa o seu pai presidente dos Estados Unidos, Bush gañou as eleccións para Gobernador de Texas, ó tempo que o seu irmán se convertía en Gobernador de Florida. Isto foi o primeiro paso na súa carreira á presidencia.

Vida como Presidente dos EUA

Campaña electoral de 2000

Foi no ano 2000 cando Bush decidiu que era o momento adecuado para converterse no candidato republicano á presidencia dos Estados Unidos. Aínda antes de presentarse, xa era o favorito en tódalas enquisas. Bush centrou a súa campaña na baixada de impostos, a posibilidade de selección de centros educativos por parte dos pais (de pago), a potenciación da extracción de petróleo en Alaska e a reforma das Forzas Armadas.

Bush perdeu as eleccións primarias en Nova Hampshire (contra John McCain, de Arizona), pero acabou gañando na maioría dos estados. Escolleu como home forte a Dick Cheney e iniciou unha intensa campaña.

O 7 de novembro do ano 2000, o día das eleccións, pensouse nun principio que os votos do estado de Florida irían para o Partido Demócrata co seu candidato Al Gore. Logo, as televisións anunciaron que ese estado correspondía a Bush. En último lugar, afirmaron que non había diferenza dabondo para confirmar a vitoria de ningún candidato. Iniciouse así unha importante polémica. Houbo queixas por parte dos dous partidos: as papeletas eran confusas, as máquinas de votar non funcionaban ben, os votos dos residentes no exterior daban problemas e moitos votantes non puideron exerce-lo seu dereito porque llo prohibiron de forma irregular.

Para intentar solucionar estes problemas, tódolos votos do estado de Florida se fixeron pasar por unha máquina de reconto, que deu como gañador a Bush. Pero aquí non rematou todo, porque varios condados onde a marxe era moi estreita tiveron que volver facer un reconto manual. O 9 de decembro a xustiza estadounidense paralizou este reconto e deu por válidos os resultados da máquina de reconto, co que Bush se converteu no gañador no Estado de Florida, e tamén no conxunto do país.

Primeira lexislatura

A primeira lexislatura de George W. Bush como presidente dos Estados Unidos empezou o 20 de xaneiro de 2001 e rematou o mesmo día do ano 2005.

Os primeiros oito meses deste período transcorreron de forma normal. Bush tiña unha maioría exigua, polo que non puido levar a cabo moitas das leis que tiña planeadas, pero o seu apoio popular oscilaba entre o 50% e o 60%.

Porén, o 11 de setembro de 2001 tivo lugar un atentando contra as Torres Xemelgas e o Pentágono. Isto fixo dar un importante xiro á política exterior estadounidense. Ese mesmo día, o Presidente declarou unha guerra contra o terrorismo; a súa taxa de aprobación ascendeu ata o 90%.

Os efectos desta política non se fixeron esperar. O 8 de outubro de 2001, Bush creou a Office of Homeland Security (Oficina da Seguridade Nacional). Unha das principais funcións deste organismo é fixa-lo nivel de alerta nos Estados Unidos (verde-azul-amarelo-laranxa-vermello).

Neste mesmo mes, Bush decidiu invadir Afganistán, país gobernado polo réxime talibán que, segundo el, daba refuxio a terroristas coma Osama bin Laden. Nesta operación, foi axudado pola meirande parte dos países occidentais e a OTAN. Como resultado desta operación militar, os talibáns foron depostos, pero Osama bin Laden non foi atopado. Bin Laden morreu o 2 de maio de 2011 nunha operación militar realizada por forzas especiais do exército dos EE.UU.

En 2002, Bush propuxo por primeira vez a idea do Eixe do Mal, un grupo de países que supuñan unha ameaza para a paz mundial, nos que se incluían Iraq, Corea do Norte e Irán. Pouco despois, a súa administración anunciou que os investigadores descubriran armas de destrución masiva en territorio iraquí. Saddam Hussein, presidente iraquí, foi descrito coma unha ameaza para o mundo mentres seguise mantendo o seu cargo.

En 2003, unha coalición formada por tropas dos Estados Unidos, o Reino Unido e un pequeno grupo de países (entre eles España e Polonia), invadiu Iraq dentro da Operación Liberdade Iraquí. Esta invasión supuxo un grave conflito internacional, dado que non había ningún tipo de resolución das Nacións Unidas que apoiase a existencia de armas de destrución masiva e, polo tanto, unha posible invasión.

O 2 de maio de 2003, Bush anunciou o fin da guerra propiamente dita en Iraq. Isto non era verdadeiramente certo: moitas das tropas da coalición seguían loitando (e seguen) dentro do país. As "armas de destrución masiva" que Bush situaba antes e durante a guerra en territorio iraquí aínda non foron atopadas.

A captura de Saddam Hussein o 13 de decembro de 2003 foi un dos poucos éxitos da intervención armada. Morreu enforcado o 30 de decembro do 2006 após ser xulgado pola morte de 148 xiís na vila de Dujail en 1982.

Cos problemas derivados da guerra en Iraq, a aprobación pública de Bush era só do 46% en maio de 2003, e a reelección facíase complicada.

Campaña electoral de 2004

Malia todo isto, na campaña de 2004 George Bush deu mostras de ser un político moi hábil. Na súa loita contra John Kerry, centrou a súa campaña en demostrar que el era capaz de loitar contra o terrorismo e defende-lo país.

O 2 de novembro de 2004 tiñan lugar as eleccións, pero non foi ata o día seguinte cando se souberon os resultados, xa que volveu a haber problemas nas votacións, esta vez en Ohio. John Kerry recoñeceu a súa derrota e non houbo tantas investigacións coma houbera en Florida en 2000.

Bush recibiu 286 votos (de 31 estados, fundamentalmente do centro e do sur) e Kerry 251 (dos outros 29 estados, os situados no nordés, no norte e no occidente americano).

Segunda lexislatura

A segunda lexislatura de George Bush comezou o 20 de xaneiro de 2005 e rematou o mesmo día de 2009, cando Barack Obama xurou o seu cargo.

Os obxectivos que marcou para este período son:

  • A reforma do sistema fiscal.
  • A reforma da lexislación sobre os médicos.
  • A reforma da seguridade social.
  • A concesión da cidadanía ós inmigrantes ilegais que xa están no país.
  • Continua-la ocupación de Iraq.
  • Levar a cabo a guerra contra o terrorismo.
  • A mellora da educación pública.
  • Programas a favor da educación universitaria dos máis pobres.

A semiprivatización da Seguridade Social que pretendía Bush foi unha das materias máis candentes dentro do inicio da lexislatura, e a viaxe a Europa que realizou un importante xesto de reparación de relacións tralo conflito diplomático que supuxo a Guerra de Iraq.

A guerra en Iraq seguiu e segue a ser un asunto importante, que fixo que a valoración política de Bush dentro dos americanos -malia a morte de Abu Musab al-Zarqawi- se situase baixo mínimos.

O seu sucesor na candidatura do Partido Republicano á presidencia dos EUA foi John McCain, que perdeu as eleccións presidenciais do 2008 ante Barack Obama.

Predecesor:
William Jefferson Clinton
 Seal of the President of the United States.svg
Presidente dos Estados Unidos de América
 
20012009
Sucesor:
Barack Hussein Obama

Notas

  1. Ahles, Dick (24-12-2000). "Bush's Birthplace? It's Deep in the Heart of . . . New Haven". nytimes.com. Consultado o 21-08-2018.
  2. Romano, Lois (03-02-2004). "Bush's Guard Service In Question". washingtonpost.com. Consultado o 20-08-2018.
  3. Rutenberg, Jim (17-05-2004). "A Film to Polarize Along Party Lines". nytimes.com. Consultado o 20-08-2018.
  4. Brit Hume, Mara Liasson, Jeff Birnbaum, Charles Krauthammer (9 de xullo de 2004). The All-Star Panel Discusses John Kerry's Shifting Positions on Iraq War Spending. Fox News Network (transcripción).

Véxase tamén

Ligazóns externas

12 de xuño

O 12 de xuño é o 163º día do ano do calendario gregoriano e o 164º nos anos bisestos. Quedan 202 días para finalizar o ano.

2001

2001 (MM)foi o primeiro ano do século XXI e do terceiro milenio, aínda que durante as dúas décadas precedentes foi motivo de discusión popular se sería este ano ou o 2000. Os atentados do 11 de setembro de 2001 constituíron o acontecemento máis relevante do ano e marcaron a política da década: con eles iniciouse a "guerra contra o terrorismo", que incluíu a invasión de Afganistán e a segunda guerra do Golfo, e un aumento espectacular nas medidas de seguranza na navegación aérea.

2009

2009 (MMIX) comezou un xoves no calendario gregoriano o designado ano do boi, segundo o horóscopo chinés.

2 de novembro

O 2 de novembro é o 306º día do ano do calendario gregoriano (307º nos anos bisestos). Quedan 59 días para finalizar o ano.

6 de xullo

O 6 de xullo é o 187º día do ano do calendario gregoriano e o 188º nos anos bisestos. Quedan 178 días para finalizar o ano.

Conferencia de Madrid de 1991

A conferencia de Madrid, ideada polo goberno de España e coauspiciada polos Estados Unidos e a URSS, comezou entre 30 de outubro e o 1 de novembro de 1991 e durou tres días. Foi unha tentativa por parte da comunidade internacional de principiar un proceso de paz entre Israel e os palestinos e países árabes como Siria, Líbano, Xordania.

Pouco despois da Guerra do Golfo de 1991, o presidente norteamericano George W. Bush e o seu secretario de estado James Baker formularon os obxectivos e coa Unión Soviética redactaron unha carta de invitación a Israel, Siria, Líbano e os palestinos. Por presión de Israel os palestinos non estiveron representados oficialmente pola OLP senón que se integraron na delegación xordana.

A conferencia pretendía servir como un foro aberto para os participantes e non tiña capacidade para impoñer solucións ou vetar acordos.

Década de 2000

A década de 2000 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 2000 e remata o 31 de decembro de 2009.

Fahrenheit 9/11

Fahrenheit 9/11 é unha película documental estadounidense dirixida por Michael Moore e estreada en 2004. Fala sobre as causas e consecuencias dos atentados do 11 de setembro de 2001 en Estados Unidos, facendo referencia á posterior invasión de Iraq liderada por ese país e Gran Bretaña. Ademais, intenta determinar o alcance real dos supostos vínculos entre as familias do presidente dos Estados Unidos no momento dos atentados, George W. Bush, e os Bin Laden, adiñeirada familia de Osama bin Laden.

George H. W. Bush

George Herbert Walker Bush, nado en Milton (Massachusetts) o 12 de xuño de 1924 e finado en Houston o 30 de novembro de 2018, foi o 41º Presidente dos Estados Unidos entre os anos 1989 e 1993. Con anterioridade fora embaixador diante a ONU (1971–1973), director da CIA 1976–1977, e o 43º Vicepresidente dos Estados Unidos co presidente Ronald Reagan (1981–1989). É o pai do 43º presidente dos EUA, George Walker Bush.

Guerra contra o terrorismo

A Guerra contra o terrorismo (en inglés: War on Terror, WoT), é unha campaña militar internacional dirixida polos Estados Unidos de América e o Reino Unido co apoio dos membros da OTAN e outros países, que comezou despois dos atentados do 11 de setembro de 2001 nos Estados Unidos. O Presidente George W. Bush empregou por vez primeira o termo "War on Terror" o 20 de setembro de 2001. A administración de Bush e os medios occidentais empregaron o termo dende entón para facer referencia ó conflito militar, político, legal e conceptual contra organizacións terroristas e réximes acusados de apoialas. Orixinalmente, foi empregado con especial atención nos países asociados con organizacións de terrorismo islámico como al-Qaeda.

No 2013, o Presidente Barack Obama anunciou que os Estados Unidos non continuarían coa guerra, centrándose en inimigos específicos, máis que seguindo unha táctica.

Guerra de Iraq

A Guerra de Iraq, tamén coñecida como Segunda Guerra do Golfo ou Operación Liberdade Iraquí en Estados Unidos, Operación Telic no Reino Unido e, noutros ámbitos, ocupación de Iraq, foi un conflito que comezou o xoves 20 de marzo de 2003 e rematou o domingo 18 de decembro de 2011. Tras finalizala guerra, deuse paso a unha operación de adestramento das tropas iraquís para combater a insurxencia e o terrorismo. Esta operación deuse a coñecer como Operación Novo Amencer, e representa a continuación da guerra de Iraq, que se inicia ó organizar os Estados Unidos unha coalición multinacional para a invasión de Iraq, estando composta por unidades das forzas armadas dos propios Estados Unidos, o Reino Unido e continxentes menores de España, Australia, Dinamarca, Polonia e outros Estados.A principal xustificación para esta operación que ofreceron o Presidente dos Estados Unidos, George W. Bush e os seus aliados na coalición, foi a falsa afirmación de que Iraq posuía e estaba desenvolvendo armas de destrución masiva (ADM), violando un convenio de 1991. Funcionarios dos Estados Unidos sostiveron, dun modo interesado e tendencioso, que Iraq representaba unha inminente, urxente e inmediata ameaza ós Estados Unidos, ó seu pobo e ós seus aliados, así como ós seus intereses. Criticouse amplamente ós servizos de información, e os inspectores designados ó efecto non atoparon probas de que existiran as pretendidas armas de destrución masiva. Despois da invasión, o Grupo de Investigación en Iraq chegou á conclusión de que Iraq acabara cos seus programas para desenvolver as devanditas armas en 1991 e non había ningunha no momento da invasión, pero que tiñan a intención de retomar a produción sempre e cando se levantaran as sancións. Algúns funcionarios dos Estados Unidos alegaron que Saddam Hussein e Al Qaeda estiveran cooperando, pero non hai probas de que existise unha relación de colaboración. Outras razóns para a invasión por parte dos funcionarios incluían as preocupacións sobre o apoio financeiro de Iraq para as familias de terroristas suicidas palestinos, violacións dos dereitos humanos por parte do goberno iraquí, propagación da democracia, as reservas de petróleo de Iraq, aínda que este último foi negado por outros funcionarios.A invasión levou á rápida derrota das forzas iraquís, o derrocamento do Presidente Saddam Hussein, a súa captura en decembro de 2003 e a súa execución en decembro de 2006. A coalición dirixida polos Estados Unidos no Iraq ocupado tratou de establecer un novo goberno democrático. Porén, pouco despois da invasión inicial, a violencia contra as forzas da coalición e entre os diversos grupos étnicos deu lugar a unha guerra asimétrica coa insurxencia iraquí, a guerra civil entre sunnís e xiís iraquís, e as operacións de Al-Qaeda en Iraq. As estimacións do número de persoas mortas varían entre máis de 150.000 a máis de 1 millón de persoas, segundo a fonte. O custo financeiro da guerra estimouse en máis de £ 4.500 millóns ($ 9.000 millóns) para o Reino Unido, e más de $ 845.000 millóns ós Estados Unidos, cun custo total para a economía deste último estimada en $ 3 a 5 billóns. Algunhas das nacións que integraron a coalición comenzaron a retirar as súas forzas como consecuencia dunha opinión pública desfavorable e ó progresivo aumento de efectivos iraquís para asumir a responsabilidade da seguridade no país. Porén, Iraq, non chegou a desenvolver armas nucleares, grazas á Operación Ópera de Israel, acontecida uns anos antes.

Illas Maug

As Illas Maug son tres illas deshabitadas pertencentes ao Municipio das Illas do Norte, en Illas Marianas do Norte.

A vexetación das illas consiste principalmente de gramíneas con algunhas palmas de coco.

Durante a Segunda Guerra Mundial (1939-1945) foron abertas estacións meteorolóxicas e de dotación.

O 6 de xaneiro de 2009 o presidente George W. Bush designou ás Illas Maug como parte do Monumento Nacional Mariño Marianas, protexendo así as illas da pesca comercial e outros tipos de explotacións sobre as illas.

Laura Bush

Laura Welch Bush, nada en Midland, Texas, o 4 de novembro de 1946, é a dona do ex-presidente dos Estados Unidos George W. Bush e a ex-Primeira Dama do seu país entre 2001 e comezos de 2009 dos Estados Unidos. É a única filla de Harold e Jenna Welch. Está diplomada en Ciencias dende 1968 pola Southern Methodist University de Dallas.

Michael Moore

Michael Francis Moore é un cineasta e escritor estadounidense, Palma de Ouro 2004 no Festival de Cannes coa súa película Fahrenheit 9/11, autor de libros e películas nas que denuncia á sociedade e poderes estadounidenses, en particular e con esta película, o contorno do Presidente George W. Bush e o seu contorno a raíz dos atentados do 11 de setembro de 2001 (ós que fai alusión o título, que xoga co da novela Fahrenheit 451 de Ray Bradbury). Por dito motivo, a película premiada foi vetada pola Disney para a súa distribución nos EEUU.

National Security Agency

A National Security Agency (en galego «Axencia de Seguridade Nacional»), máis coñecida polas súas siglas en inglés NSA, é unha axencia de intelixencia estadounidense.

Saddam Hussein

Saddām Hussein ʻAbd al-Majīd al-Tikrīt (صدام حسين عبد المجيد التكريتي), nado o 28 de abril de 1937 e finado o 30 de decembro de 2006, foi o presidente de Iraq entre 1979 e o seu derrocamento en 2003 por Estados Unidos como cabeza dunha coalición internacional.

St. Petersburg, Florida

San Petersburgo, en inglés Saint Petersburg e normalmente denominada polos seus habitantes como unicamente St. Pete, é unha cidade duns 250.000 habitantes situada no condado de Pinellas, no estado da Florida (Estados Unidos). A cidade é ben coñecida por ser destino turístico de moitos norteamericanos e europeos, sendo alcumada A Cidade Soleada (The Sunshine City).

Tamén tivo unha importante relevancia política durante os comicios presidenciais estadounidenses de 2001, onde George W. Bush se enfrontou a Al Gore.

A cidade está situada nunha península entre a Baía de Tampa e o Golfo de México. Está conectada coa terra polo norte; ao lesta está a cidade de Tampa, con pontes a través da Baía de Tampa; e ao sur encóntrase Bradenton, mediante a Sunshine Skyway Bridge.

Século XXI

Tempo entre 2001 e 2100 da era cristiá. É o século actual.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.