George Andrew Olah

George Andrew Olah (en húngaro: György András Oláh), nado en Budapest o 22 de maio de 1927 e finado en Beverly Hills o 8 de marzo de 2017, foi un químico estadounidense de orixe húngara, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1994.

George Andrew Olah
Nobel prize medal.svg
Oláh György előadása 8299
Datos persoais
Oláh András György
Nacemento22 de maio de 1927
LugarBudapest Hungría Hungría
Falecemento8 de marzo de 2017
LugarBeverly Hills (California)
SoterradoCemitério de Kerepesi
ResidenciaEstados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidadehúngaro/estadounidense
CónxuxeJudith Lengyel
Actividade
CampoQuímica
Alma máterUniversidade de Tecnoloxía e Economía de Budapest
Contribucións e premios
Coñecido porcatións de carbono (carbocatións)
PremiosPremio Nobel de Química (1994)

Traxectoria

Estudou química na Universidade de Tecnoloxía e Economía de Budapest, onde se doutorou en 1949. Tras a Revolución Húngara de 1956 fuxiu, inicialmente a Inglaterra e posteriormente a Canadá, onde traballou na Dow Chemical Company. En 1965 aceptou o seu nomeamento como profesor de química na Case Western Reserve University e en 1977 na Universidade do Sur de California dos Ánxeles. En 1971 conseguiu a nacionalidade estadounidense.

Investigacións científicas

Interesado en química orgánica desenvolveu as súas investigacións sobre os catións de carbono, denominados carbocatións, fragmentos cargados positivamente que proceden de moléculas de hidrocarburos e que aparecen en fraccións de segundos nos estadios intermedios das reaccións químicas.

En 1994 foi galardoado co Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre os carbocatións, fundamentais na produción de materiais sintéticos.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Predecesor:
Kary Mullis
e
Michael Smith
Premio Nobel de Química
Nobel prize medal.svg

1994
Sucesor:
Paul J. Crutzen,
Mario J. Molina e
Frank Sherwood Rowland
Carbonio

En química, un ión carbonio é un catión que ten un átomo de carbono pentavalente. O nome carbonio pode tamén usarse para designar ao membro máis simple desta clase de substancias, máis propiamente chamado metanio (CH+5), no cal as cinco valencias están completadas con átomos de hidróxeno.Os ións carbonio máis simples despois do metanio teñen dous carbonos. O etanio ou acetileno protonado C2H3+ e o etenio C2H5+ son compostos similares. O ión etanio C2H7+ foi estudado como un gas extremadamente rarificado por espectroscoía infravermella.En textos vellos da literatura química o nome "ión carbonio" era utilizado para designar o que hoxe se chama ión carbenio. As definicións actuais foron propostas polo químico George Andrew Olah en 1972. e agora son amplamente aceptadas.

Un ión carbonio estable é o complexo penta(trifenilfosfina ouro(I))metanio Ph3PAu)5C+, producido por Schmidbauer e outros.

Finados en 2017

Esta é unha listaxe de persoas de sona que finaron ao longo de 2017. Primeiro lístanse as personalidades internacionais, e a continuación as personalidades galegas, ordenadas por data de falecemento. A lista recolle, por esta orde, data de falecemento, nome, idade ao falecer, profesión ou motivo de sona, nacionalidade de orixe e causa da morte.

Para unha listaxe ordenada alfabeticamente, véxase a categoría "Finados en 2017".

Frank Sherwood Rowland

Frank Sherwood Rowland, nado o 28 de xuño de 1927 en Delaware, Ohio (Estados Unidos) e finado o 10 de marzo de 2012, foi un profesor de química estadounidense na Universidade de California, Irvine. A súa investigación dedícase á química atmosférica e á cinética química, foi condecorado co Premio Nobel de Química en 1995.

Kary Mullis

Kary Banks Mullis, nado o 28 de decembro de 1944 en Carolina do Norte é un bioquímico estadounidense, coñecido pola invención da técnica PCR para amplificar secuencias de ADN. A técnica introduciu unha revolución na investigación biolóxica e médica, o que lle levou a recibir o premio Nobel de Química de 1993.

Mario J. Molina

José Mario Molina-Pasquel Henríquez, nado o 19 de marzo de 1943 en Cidade de México, é un enxeñeiro químico mexicano e un dos máis importantes precursores para o descubrimento do buraco de ozono antártico. Foi gañador (xunto con Paul J. Crutzen e Frank Sherwood Rowland) do Premio Nobel de Química de 1995 polo seu papel para a dilucidación da ameaza á capa de ozono da Terra por parte dos gases clorofluorocarbonos (CFC), converténdose no primeiro cidadán mexicano en recibir o Premio Nobel de Química.

Michael Smith

Michael Smith, nado o 26 de abril de 1932 en Blackpool (Inglaterra) e finado o 4 de outubro de 2000 en Vancouver (Canadá), foi un químico, bioquímico e profesor universitario canadense, de orixe inglesa, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1993.

Paul J. Crutzen

Paul Jozef Crutzen, nado o 3 de decembro de 1933 en Ámsterdan (Países Baixos) é un químico holandés, gañador do premio Nobel de Química en 1995 polas súas investigacións sobre a incidencia do ozono na atmosfera.

1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
2001–

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.