GeoNames

GeoNames é unha base de datos xeográfica libre e accesible a través de Internet baixo unha licenza Creative Commons Atribución 3.0.

Geonames4
Densidade mundial das entradas en GeoNames, 2006.

Base de datos e servizos de Internet

A base de datos contén máis de 8 millóns de nomes xeográficos correspondente a máis de 6,5 millóns de sitios existentes.[1] Estes nomes están organizados en 9 categorías e 645 sub-categorías. Datos tales como a latitude, a lonxitude, a altitude, a poboación, o sub-división administrativa, e os códigos postais están dispoñibles en varias linguas e para cada localización.

As coordenadas xeográficas están baseadas no sistema de coordenadas WGS 84 (Sistema Xeodésico Mundial 1984).

A información é de acceso libre e de balde a través dunha interface de Internet.[2] É posible atopar lugares con base nun código postal, ou preto dun determinado lugar e atopar ligazóns para a sección do artigo da Wikipedia.

A interface é de tipo Wiki e os usuarios poden engadir datos, mellorar ou corrixir os datos.

Web de Integración Semántica

Cada recurso en GeoNames é representado como un lugar de recursos identificado por un identificador URI estable. Este id de URI ofrece acceso, a través da transferencia de información a unha páxina Wiki en HTML ou unha descrición dos recursos en RDF utilizando o dialecto GeoNames.

Este dialecto describe as propiedades dos caracteres GeoNames usando a OWL. As clases e códigos son tamén descritos na lingua SKOS. A través da URL dos artigos na Wikipedia ligados na descrición RDF, os datos GeoNames ffan unha conexión ós datos DBpedia e outros RDF.

Notas

  1. GeoNames web oficial (en inglés)
  2. Interface GeoNames (en inglés)
Algadefe

Algadefe é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 315 habitantes (2011).

Benavides

Benavides é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 2808 habitantes (2011).

Biblioteca Nacional de Grecia

A Biblioteca Nacional de Grecia (en grego: Εθνική Βιβλιοθήκη της Ελλάδος) foi fundada en 1832 e sitúase en Atenas. O edificio desta institución, de estilo neoclásico, foi deseñado polo arquitecto danés Theophil von Hansen, como parte dunha triloxía que tamén incluíu a Academia e a antiga Universidade de Atenas. É pública e o seu director é Aikateríni Kordoúli.

Bibliotheca Alexandrina

A Bibliotheca Alexandrina (en árabe: مكتبة الإسكندر; Maktabat al-Iskandarīyah) é unha gran biblioteca e centro cultural da cidade exipcia de Alexandría. A biblioteca foi fundada como un conmemoración e lembranza da antiga Biblioteca de Alexandría, e é tamén un intento de recuperar a antiga gloria da cidade como centro de estudo e erudición.

Brañosera

Brañosera é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 233 habitantes (INE 2012).

Cambridge

Cambridge é unha cidade inglesa de 123.900 habitantes (2010), centro administrativo do condado de Cambridgeshire, célebre pola súa universidade, que acolleu, entre outros alumnos e profesores a Isaac Newton.

Destriana

Destriana é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 602 habitantes (2011).

Europa Occidental

A diferenza que se fai de Europa occidental fronte a Europa oriental (ou mesmo central), é máis por motivos culturais e históricos que propiamente xeográficos (como acontece con outras rexións).

Basicamente, os estados de Europa occidental comparten a tradición do anhelo democrático dende a Revolución francesa (1789) e posterior invasión napoleónica. Durante a Primeira Guerra Mundial, eran estados occidentais os que defendían a vía democrática (Reino Unido, Francia, Benelux,...) fronte ás políticas imperiais (Imperio Alemán, Imperio Austrohúngaro, Reino de Italia,...). Durante a Guerra fría, as nacións de Europa occidental distinguíanse pola defensa da democracia e a economía de mercado fronte os sistemas de partido único e réxime económico socialista de Europa oriental. Durante esta época (1948-1989) o pano de aceiro -fortemente militarizado- dividía o contienente europeo por Alemaña, Austria e Finlandia.

Actualmente os lindes de Europa occidental tenden a diluirse trala incorporación á OTAN de vellos países comunistas e a ampliación da Unión Europea. De feito, xa están na órbita occidental Grecia, Turquía, Malta, Chipre, países bálticos, Hungría, Polonia, Rep. Checa, Eslovaquia e Eslovenia. Todos eles con excelentes relacións con EUA e Canadá e intricados lazos económicos e políticos cos veciños do oeste aínda que moitos non teñen tanto en común como os países históricos da Europa occidental.

Compoñen Europa occidental:

Islandia, Noruega, Suecia, Finlandia e Dinamarca.

Irlanda e Reino Unido.

Na Península Ibérica: España, Portugal e Andorra.

Os países do Benelux.

Francia, Mónaco, Alemaña.

Suíza, Liechtenstein, Austria.

Italia, San Mariño, cidade do Vaticano.

Flandres

Flandres (en neerlandés, Vlaams Gewest ou Vlaanderen) é un territorio histórico que constitúe unha das tres rexións oficiais do Reino de Bélxica, xunto coas de Valonia e a Rexión de Bruxelas-Capital. A rexión atópase no norte do país e ten unha superficie de 13.522 km² (44.29% da Bélxica).

Illas británicas

As illas británicas son a illa de Gran Bretaña e a illa de Irlanda, que constitúen o lugar de dous países: O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte por unha banda, e por outra a República de Irlanda. Aínda que separadas polo mar de Irlanda, as dúas illas estiveron vencelladas historicamente á coroa inglesa, pero no século XX (coa guerra de independencia irlandesa e a posterior guerra civil) 32 condados da illa de Irlanda segregáronse da monarquía e constituíronse en república. Os outros catro condados, que estaban comprendidos historicamente na provincia do Ulster (de seis condados), forman parte aínda do Reino Unido.

Historicamente, o nacionalismo irlandés (maiormente católico) sempre pretendeu independizarse do Reino Unido (maioría protestante), e coa creación da República de Irlanda os seus obxectivos víronse parcialmente acadados: porén, o grupo terrorista IRA seguiu atentando para buscar que os catro condados baixo dominio inglés se integrasen na república. Co Tratado de Stormont chegouse a unha solución de compromiso: en termos xerais, a banda terrorista disolvíase a cambio de certa autonomía para os catro condados de maioría protestante.

Indiana

Indiana é un dos estados dos Estados Unidos de América, situada no Medio Oeste.

Prioro

Prioro é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 405 habitantes (INE 2011).

Provincia de Cádiz

A provincia de Cádiz está situada ao sur de España, na comunidade autónoma de Andalucía. Posúe un dos climas máis benignos da Península Ibérica durante boa parte do ano.

Provincia de Tarragona

A provincia de Tarragona é a provincia máis meridional das catro con que conta a Comunidade Autónoma de Cataluña. A súa capital é a cidade homónima de Tarragona. Ten unha superficie de 6.283,8 km² e a súa poboación era de 704.907 habitantes (2005), dos cales case o 20 % vivían na capital provincial.

As cidades de Tarragona (121.076 habs.), e Reus (94.407 habs.), son as únicas da provincia que superan os 50.000 habitantes.

Ródano-Alpes

Ródano-Alpes (en francés: Rhône-Alpes, [ʁo.n‿alp] (AFI); en arpitano: Rôno-Arpes; en occitano: Ròse Aups) é unha rexión de Francia que comprende oito departamentos: Ain, Ardèche, Drôme, Isère, Loira, Ródano, Alta Savoia e Savoia. Ten 43.698 km² e nela habitan 5.645.407 habitantes.

Universidade Complutense de Madrid

A Universidade Complutense de Madrid, coñecida tamén polo acrónimo UCM, é unha universidade pública española localizada na Cidade Universitaria de Madrid e mais no Campus de Somosaguas, en Pozuelo de Alarcón, na mesma comunidade.

Universidade Harvard

A Universidade Harvard (Harvard University) é unha universidade privada, a máis antiga dos Estados Unidos, localizada en Cambridge, Massachusetts. Fundouna a colonia da baía de Massachusetts o 8 de setembro de 1636. Coñecida ao primeiro como New College, pasou a se denominar Harvard College o 13 de marzo de 1639 por John Harvard, que doara os seus libros e a maioría do seu capital á institución, que se converte en universidade en 1780.

É a universidade con maior orzamento do mundo e unha das máis selectivas. Conta 2.300 profesores, 6.650 estudantes de primeiro ciclo e 13.000 de segundo ciclo, distribuídos en nove facultades [cando?].

Vegacervera

Vegacervera é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 368 habitantes (INE 2011).

WOEID

Un WOEID (Where On Earth IDentifier) é un identificador de referencia de 32 bits, orixinalmente definido por GeoPlanet e agora asignado por Yahoo!, que identifica calquera característica da Terra. No ano 2009, Yahoo! liberou por primeira vez a información do WOEID de GeoPlanet ó público, producíndose a última liberación o 1 de xuño de 2012. Pouco despois Yahoo! decidiu deter a descarga de datos até que determinasen un xeito mellor de achegar os datos como parte do servizo".WOEIDs son empregado por outros proxectos, incluíndo Flickr, OpenStreetMap, e zWeather.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.