Gaza, Palestina

Gaza (en árabe: غزة, Ghazzah, en hebreo: עזה, Azza) é unha cidade da Palestina, no norte do territorio coñecido como Faixa de Gaza. Localízase preto da costa do Mediterráneo. Tén unha orixe moi remota, probabelmente nun posto avanzado exipcio.

Coordenadas: 31°31′N 34°27′L / 31.517, -34.450

Gaza, Palestina
غزة
Gaza City
Vista da cidade
Localización
Gaza en Palestina

Gaza
Gaza
PaísFlag of Palestine.svg Palestina
GobernaciónGaza
Xeografía
Altitude35 msnm
Superficie45 km²
Demografía
Poboación515.556 hab. (2012)
Densidadehab/km²
Outros datos
AlcaldeRafiq Tawfiq al-Makki
Páxina Oficial de Gaza

Véxase tamén

Ligazóns externas

Operación Marxe Protectora

A Operación Marxe Protectora (hebreo: מִבְצָע צוּק אֵיתָן

, Mivtza' Tzuk Eitan) é o nome que as Forzas de Defensa de Israel (IDF) lle deron á ofensiva na Faixa de Gaza, que comezou o 8 de xullo de 2014. A operación débese a escalada da violencia entre Israel e Hamas.

Operación chumbo fundido

A operación chumbo fundido (en hebreo: מבצע עופרת יצוקה, transliterado: Mivtza Oferet Yetsuká) é unha ofensiva militar realizada polo Exército de Israel (tamén coñecidas por Tzahal) na Faixa de Gaza contra os militantes de Hamás e maila súa infraestrutura e contra a poboación civil en xeral, que comezou o 27 de decembro de 2008 e desenvolveuse até o 18 de xaneiro. As accións causaron grande controversia en todo o mundo (sendo incluso fortemente rexeitada por persoeiros e agrupacións xudías), producíndose manifestacións de protesta en moitos países, considerándose en boa parte do mundo como un masacre e mesmo un xenocidio. Tamén houberon algunhas mostras de apoio á acción israelí nalgunhas cidades, como Londres ou Nova York. O goberno israelí defendeu o seu ataque militar por ser contra o "terrorismo" e en autodefensa, en resposta ó lanzamento de mísiles Qassam por parte de milicianos de Hamás, durante a tregua de 6 meses asinada o 19 de xuño de 2008. Porén, esta tregua fora violada por Israel ó realizar na faixa de Gaza unha incursión, o 4 de novembro de 2008, contra militantes de Hamás na que mataron a 6 deles e deixaron decenas de feridos. Esta acción foi respondida co lanzamento de 35 mísiles que non deixaron feridos. De novo o 14 de novembro, as forzas israelís lanzaron mísiles ferindo a dous palestinos. Cómpre subliñar que a faixa de Gaza atopábase en situación de bloqueo por parte do estado israelí e mailo exipcio dende xuño de 2007, o que provocou unha grave crise humana ó limitarse a entrada de axuda, alimentos e medicamentos, e afogándose a por de si precaria economía da faixa. O cesamento deste bloqueo era condición imprescindible para que Hamás asinara unha nova tregua, que ofreceu poucos días antes do masacre cometido por forzas israelís, aínda que uns días antes de ofrece-la renovación da tregua Hamás déraa por finalizada por non a ter respectado.

Cisxordania
*Faixa de Gaza

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.