Gaxate, A Lama

San Pedro de Gaxate é unha parroquia que se localiza no concello da Lama. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 204 habitantes (105 mulleres e 99 homes), distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 187 habitantes.

Coordenadas: 42°22′16.09″N 8°25′34.83″O / 42.3711361, -8.4263417

Gaxate
Gaxate
Igrexa parroquial.
ConcelloA Lama
Poboación204 hab. (2013)
Entidades de poboación12

Xeografía

A parroquia está bañada polo río Oitavén. Sitúase xunto a Verducido, ó sur do concello. Limita ao norte con Xende e ao oeste con Forzáns (Ponte Caldelas).

Demografía

Os habitantes desta parroquia van minguando co paso do tempo, debido á emigración das súas xentes a Portugal, Brasil e Europa, na súa maioría. Proba deste feito son as múltiples evidencias arquitectónicas que podemos admirar, como os pazos ou as casas señoriais, algunhas de estilo indiano. Os seus habitantes, con nostalxia, aínda lembran os anos dourados de Gaxate, onde abundaban as tardes de festa e cine, as xuntanzas, faladoiros e os primeiros paseos en coche.

Historia

Os restos arqueolóxicos achados no castro de Gaxate indican que foi unha zona habitada dende tempos remotos.

Durante o feudalismo, os nobres ocupaban o poder e posuían ostentosas casas que aínda hoxe se poden atopar. Máis tarde, no século XV, Gaxate pertenceu ao Condado de Soutomaior, e crese que Pedro Madruga e a súa esposa Dona Urraca tiveron casa en Gaxate.

Gaxate era un lugar innovador, foi a primeira parroquia do municipio e unha das primeiras da provincia que contou con luz eléctrica grazas á enerxía xerada por unha fábrica de electricidade alí situada.

Lugares e parroquias

Parroquias da Lama

Véxase tamén

Outros artigos

Nieves Loperena

María de las Nieves Loperena de Saá, nada en Baiona, é unha editora, fotógrafa, deseñadora, maquetadora, libreira e dinamizadora cultural galega.

O Castro, Gaxate, A Lama

O Castro é un lugar da parroquia de Gaxate, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2016 tiña dous habitantes (un home e unha muller).

O Eido de Abaixo, Gaxate, A Lama

O Eido de Abaixo é un lugar da parroquia de Gaxate, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2016 tiña 12 habitantes (8 homes e 4 mulleres).

O Pereiral, Gaxate, A Lama

O Pereiral é un lugar da parroquia de Gaxate, no concello pontevedrés da Lama, na comarca de Pontevedra. Segundo o IGE, en 2016 tiña catro habitantes (dous homes e dúas mulleres).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.