Gasterosteidos

Os Gasterosteidos ou espiñosos (Gasterosteidae) son unha familia de peixes mariños e de río, incluída na orde Gasterosteiformes. Distribúense por todo o hemisferio norte.

Gasterosteus aculeatus tüskés pikó
Gasterosteus aculeatus

Características

Poden ter un corpo alargado ou non, nu ou con escudetes óseos ó longo dos laterais. Boca súpera.

Ante a aleta dorsal posúen unha serie de 3 a 16 espiñas dorsais ben desenvolvidas e illadas, de onde deriva o nome común de espiñosos. A aleta dorsal é atrasada e con 6 a 14 raios. Nas aletas pelvianas (ás veces ausentes), unha espiña e un ou dous raios brandos. Na aleta caudal, 12-13 raios.

A lonxitude máxima é de 18 cm, no caso de Spinachia spinachia.

Canto ó seu comportamento reprodutivo, destaca o feito de coidan das crías.

Clasificación

Segundo FishBase, é necesaria unha revisión da clasificación taxonómica dos membros desta familia.

Admítense cinco xéneros con 7 ou 16 especies, segundo se consideren como tal ou como subespecies.

  • Xénero Apeltes (De Kay, 1842)
  • Xénero Culaea (Whitley, 1950)
  • Xénero Gasterosteus (Linnaeus, 1758)
  • Xénero Pungitius (Coste, 1848)
  • Xénero Spinachia (Cuvier, 1816)

Véxase tamén

Ligazóns externas

Evolución experimental

A evolución experimental ou evolución biolóxica experimental é a comprobación de hipóteses e teorías da evolución biolóxica por medio de experimentos controlados. Coas ferramentas moleculares modernas, é posible identificar as mutacións sobre as que actúa a selección natural, saber o que provocou as adaptacións, e coñecer exactamente como funcionan estas mutacións. Debido ao gran número de xeracións necesarias para que se produza a adaptación e poida observarse, os experimentos de evolución biolóxica adoitan levarse a cabo con microorganismos tales como bacterias, lévedos ou virus. Porén, tamén se realizaron estudos con animais tales como raposos e roedores, que demostraron que poden igualmente ocorrer adaptacións notables dentro de só de 10 a 20 xeracións; en experimentos cos peixes silvestres Poecilia reticulata oberváronse tamén adaptacións nun número de xeracións comparable. En conxunto, a evolución experimental foi realizada en organismos multicelulares e unicelulares eucariotas, procariotas, e virus. Realizáronse tamén traballos similares de evolución dirixida de determinados encimas, ribozimas e xenes replicadores

Río Miño

O Miño (en portugués: Minho) é o río máis longo de Galicia, cunha lonxitude de 307,5 km . Pasa polas cidades de Lugo e Ourense e polas vilas de Rábade, Portomarín, Ribadavia, Melgaço, Monção, Tui e Valença do Minho.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.