Gando

O gando ou gado é o conxunto de animais mansos de catro patas criados polo ser humano para a produción de carne ou leite e mais os seus derivados que serán empregados na alimentación humana. A actividade humana encargada da cría do gando e a gandaría.

Flock of sheep
Rabaño de ovellas.

Tipos de gando:

1000000vacas
Evolución de gando vacún en Castela e León, Galicia, Cataluña (as tres máis altas de España) e Portugal entre 1995 e 2004.
O número en Galicia inspirou o título da obra Un millón de vacas, de Manuel Rivas.

Segundo a especie domesticada ou criada, clasifícanse en:

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Armenteira, Meis

Santa María da Armenteira é unha parroquia que se localiza no concello de Meis. Segundo o INE, en 2016 tiña 776 habitantes (354 homes e 422 mulleres), o que supón un descenso respecto ós anos 2014, cando tiña 823 habitantes, ou 2004 cando tiña 822 habitantes.

O topónimo Armenteira procede do latín ARMENTARIAM, do substantivo ARMENTUM, 'rabaño de gando maior' e do sufixo abundancial -ARIAM.

Aeroporto de Gran Canaria

O Aeroporto de Gran Canaria (IATA: LPA, OACI: GCLP) é un aeroporto español da rede de AENA situado na illa de Gran Canaria, na baía de Gando, ocupando superficie dos municipios de Ingenio e Telde. O aeroporto forma parte do aeródromo de utilización conxunta Gran Canaria/Gando xunto coa base aérea do Exército do Aire de Gando.

Ocupa o quinto lugar na rede aeroportuaria española por número de pasaxeiros, tralos aeroportos de Madrid-Barajas, Barcelona, Palma e Málaga. Está igualmente entre os 25 máis importantes de Europa e entre os 100 primeiros do mundo. Tamén nas proximidades do Aeroporto de Gran Canaria atópase o Centro de Control de Tránsito Aéreo de Canarias.

O aeroporto está situado a 18 km da capital da illa, As Palmas de Gran Canaria, e a 25 km dos centros turísticos.

Alcubilla de Avellaneda

Alcubilla de Avellaneda é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 161 habitantes (INE 2012).

Ten 176 habitantes e a súa economía baséase no cultivo de trigo, cebada, centeo, avea e xirasol; o gando lanar e porcino (once naves) e as colmeas e viñas.

Flora: Enciñeira, xenebreiro, carballo e té.

Fauna: Corzo, xabaril, lobo, charrela.Festas principales: 3 de febreiro "As Candelas" e 22 de xullo Santa María Madalena, patroa da vila.

Outras festas e tradicións: 14 de setembro, Exaltación da Santa Cruz.

O 17 de agosto Festa de Verán. O 11 de xuño, San Bernabé. O 13 de setembro, Festa do Prado. O 10 de xullo, San Cristóbal e o 17 de xaneiro, san Antonio. O 25 de abril, San Marcos.

Apareamento

En bioloxía, o apareamento é o conxunto de todos os comportamentos de cortexo e cría que realizan dous individuos de distinto sexo para procrear, e que culmina coa cópula; en oposición á posibilidade de procrear descendencia cun só (autofecundación de hermafrodita, partenoxénese).

En animais sociais faise extensible á crianza ou coidado da cría en común, nalgunhas aves por exemplo, incluiría a construción do niño e a nutrición dos pitos.

No gando e outras especies domesticadas ou controladas polo ser humano, a inseminación artificial e outras técnicas de reprodución asistida adoitan substituír o apareamento natural.

Corte (do gando)

A corte é un espazo cuberto e pechado onde se acolle o gando doméstico durante a noite ou, modernamente, de forma permanente. Pode estar constituída por un edificio propio ou formar parte doutra principal.

Adoita utilizarse esta denominación para o espazo onde se acolle o gando bovino ou equino, reservando para o caso do gando porcino o nome de cortello. Outros nomes populares da corte son boedo (propio de bois), cortaduría ou cortello (dedicado ós becerros).

Elfo

Un elfo é un ser sobrenatural da mitoloxía e do folclore xermanos. Os elfos aparecen en numerosos textos en inglés antigo e antigo nórdico e aparecen no folclore tradicional británico e escandinavo.

Os elfos eran orixinalmente seres ambivalentes con certas habilidades máxicas que podían axudar ou obstaculizar os seres humanos, pero nas tradicións posteriores convertéronse en seres cada vez máis sinistros que aflixían ós seres humanos e ó gando de diversos xeitos. Na cultura popular moderna asociáronse coas fadas e a cultura románica. O movemento romanticista reviviu o interese polas crenzas da antigüidade, e os elfos entraron no século XX no xénero fantástico a través de traballos publicados por autores como J. R. R. Tolkien.

Gandaría

A gandería ou gandaría é unha actividade económica do sector primario, dedicada á cría do gando, o conxunto de gando dunha explotación gandeira ou a propia explotación gandeira. O obxectivo é sacar proveito da cría e explotación de animais, xeralmente domésticos, para obter carne e outros produtos coma o leite, ovos, coiro ou la.

A gandería bovina, porcina, equina e caprina son as máis comúns, aínda que ultimamente a cría de animais alternativos parece aumentar.

A gandería está intimamente relacionada coa agricultura, e estas dúas actividades humanas dependen dun tipo especial de ambiente e ecosistemas, que son os do medio rural ou agroecosistema.

Guachetá

Guachetá é un concello do departamento de Cundinamarca (Colombia), que se atopa na Provincia de Ubaté, a 118 km de Bogotá. Coñecido pola súa produción de carbón mineral e o gando leiteiro, deuse a coñecer como a "Cidade Carbonífera e Leiteira de Colombia". É considerado un destino turístico polas súas rochas perfectas para a escalada.

Hermes

Hermes é o deus mensaxeiro, o que anuncia as noticias, o protector dos camiños e guía do viaxeiro. Fillo de Zeus e de Maia, sendo aínda moi neno xa deixou sentir o espírito inquedo e aventureiro: coa coiraza dunha tartaruga inventou a lira e cambioulla ao seu irmán Apolo (a quen astutamente lle roubara o seu gando) polo caduceo ou bastón da concordia. Protector do comercio e do que pacta en tratos, pasa por ser o inventor dos pesos e medidas nas transaccións comerciais.

Legume

Denomínase legume (do latín legumen) a un tipo de froito seco, tamén chamado comunmente vaíña, vaxa ou bagullo. Así mesmo reciben tal nome as sementes comestibles que crecen e maduran dentro deste froito e as plantas que as producen.

Os legumes constitúen un grupo de alimentos moi homoxéneo, formado polos froitos secos das leguminosas, sendo dehiscentes, desenvolvidos a partir do xineceo, dun só carpelo e que se abre tanto pola sutura ventral como polo nervio dorsal, en dúas valvas e coas sementes nunha fileira ventral. Estas vaíñas adoitan ser rectas e carnosas. Polo xeral posúen unha carne interior esponxosa, con tacto de veludo e de cor branca. A súa parte interna corresponde ao mesocarpio e ao endocarpio do froito.

O tamaño dos legumes varía dende un milímetro ou pouco máis ata medio metro. A súa forma, aínda que na maioría dos casos é alongada e comprimida, como a dos feixóns ou fabas, varía moitísimo.

Estes froitos pertencen á grande orde das plantas leguminosas (familia Fabaceae, leguminosas de gran). Malia o gran número de especies que compón esta familia, as empregadas para a alimentación humana e do gando é moi baixo.

A parte da planta consumida en alimentación animal e humana varía entre as distintas especies de leguminosas. Na maior parte dos casos, a parte comestible coincide coa utilizada pola planta como almacén de substancias de reserva. A gran variación existente na parte consumida é unha consecuencia da diversidade de estratexias utilizadas polas leguminosas para a súa adaptación aos medios máis diversos.

Marte (deus)

Na mitoloxía romana, Marte (en latín Mars) era o deus da guerra, equivalente ó Ares da mitoloxía grega e mais ao Smertrios da mitoloxía celta. Fillo de Xuno e unha flor máxica (Xúpiter). Inicialmente foi o deus da fertilidade e a vexetación, e o protector do gando, pero despois foi asociado coa loita. Ofrecíanselle sacrificios antes das batallas e dicíase que aparecía nos campos de batalla acompañado por Bellona, unha deusa guerreira. Dise que a súa esposa era Nerio.

Negreira

Negreira é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca da Barcala.

Segundo o IGE, en 2014 tiña 7.009 habitantes (7.079 no 2012, 7.077 no 2011, 7.029 no 2010).

O seu xentilicio é negreirés ou nicrariense.

Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura

Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO, siglas de Food and Agriculture Organization, o seu nome en inglés) é unha organización especializada da ONU, creada o 16 de outubro de 1945, na cidade de Quebec. A FAO reagrupa 192 membros (191 estados máis a Unión Europea). A súa sede está na cidade de Roma, Italia desde 1951, anteriormente tiña a sede en Washington, D.C.. O seu obxectivo supremo é axudar a conseguir un mundo sen fame e o seu lema é fiat panis (pan para todos)

A FAO realiza programas para elevar os niveis de nutrición e de vida, mellora a eficiencia da produción, elaboración, comercialización e distribución dos alimentos e produtos agropecuarios de granxas, bosques e pesqueiras, promovendo o desenvolvemento e mellora da poboación rural.

Este organismo prepara ás nacións en desenvolvemento para facer fronte a situacións de urxencia alimentaria e, en caso necesario, presta socorro emerxente. Promove investimentos na agricultura, o perfeccionamento da produción agrícola, a cría de gando e a transferencia de tecnoloxía ós países en desenvolvemento. Tamén fomenta a conservación dos recursos naturais estimulando o desenvolvemento da pesca, acuicultura e as fontes de enerxía renovables.

Ovella

Unha ovella (Ovis aries)é un mamífero cuadrúpede ungulado doméstico, usado como gando. Como todos os ruminantes, as ovellas son artiodáctilos, ou animais con pezuños. O macho desta especie chámase carneiro e xeralmente presenta cornos longos e en espiral (nalgunhas razas a femia tamén os posúe). A pesar de que o termo «ovella» aplícase a moitas especies do xénero Ovis, polo xeral fai referencia á subespecie doméstica de Ovis orientalis.

Posiblemente descendan do muflón salvaxe de Europa e Asia, e foron un dos primeiros animais en ser domesticados para fins agrícolas, criadas principalmente pola súa la, carne e leite. A la de ovella é a fibra animal máis utilizada e polo xeral recóllese mediante esquila. A súa carne recibe o nome de carne de cordeiro cando é dun animal novo e de ovino maior ou carneiro cando provén de animais de máis dun ano.A cría de ovellas practícase en case todo o mundo e foi fundamental para moitas civilizacións. En 2014 a FAO reflectía a existencia de máis de 1200 millóns de cabezas en todo o mundo, con China como maior produtor, con máis de 200 millóns (un 16,7 % do total), seguida por Australia con 72 e a India con 63 millóns de cabezas. Tamén se crían como organismo modelo para a investigación científica.

Como animal clave na historia da gandería, as ovellas están profundamente arraigadas na cultura humana e aparecen representadas tanto na linguaxe moderna como na simboloxía. Como gando, asócianse xeralmente con imaxes pastoriles e arcadianas. Aparecen en moitos mitos —como o do vélaro de ouro— e nas grandes relixións, especialmente nas abrahámicas. Tanto nos ritos relixiosos antigos como nos modernos, utilizáronse como animais de sacrificio.

Existen máis de 200 tipos de ovellas no mundo, en hábitats tan diversos como desertos e altas montañas.

Pasto

En agricultura, pasto é calquera comestible con base vexetal empregado especificamente no lugar onde se medra a planta para a nutrición de gando, como o caso de vacas, ovellas ou porcos.

O pasto por definición é de orixe vexetal, aínda que o produto inxerido polos animais pode ser un derivado procesado ao cal se engadiron minerais ou restos animais. Para acentuar a calidade nutritiva do pasto búscase unha natureza compensada entre leguminosas e gramíneas, de xeito que se produza unha complementación proteica.

Refraneiro galego da vaca

A seguir recóllese a pegada da vaca na cultura popular galega, na etnografía e na literatura de transmisión oral.

Vaca

A vaca (Bos taurus) é un animal doméstico orixinario de Europa. Utilízase para a produción de leite, carne e coiro e tamén é animal de traballo, dependendo da raza e o grao de tecnificación do lugar. As femias coñécense como vacas e os machos como bois ou touros. As crías denomínanse puchos, cuchos, cuxos, becerros ou tenreiros, e desde o ano de idade ata que paren, xovencas. Existen os adxectivos vacún/vacúa e bovino.

Segundo a FAO, no ano 2005 existían no planeta 1.272 millóns de vacas, incluíndo nesta cifra a cebús e iacs. En 2009 a cifra ascendía a 1.382.241.378. Delas corresponderían 270.675.336 a África, 509.551.701 a América, 439.175.098 a Asia, 38.616.809 a Oceanía e 124.222.434 a Europa. Destas, 6.020.200, están en España, que ocupa o sétimo lugar do continente e o sexto da Unión Europea por número de cabezas de gando bovino.

Vide

A vide ou videira (Vitis vinifera) é unha planta rubideira, a máis coñecida do xénero Vitis, da familia das vitáceas, con tronco retorto, vástagos nodosos e flexibles, follas alternas, pecioladas, grandes e partidas en cinco lóbulos puntiagudos, flores verdosas en acios, e cuxo froito é a uva. Orixinaria de Asia, cultívase en todas as rexións temperadas. Ao conxunto de vides cultivadas nun campo denomínaselles viñedo.

A vide produce as uvas, froito co mollo do cal se fai o viño. Pola contra as vides salvaxes ou silvestres, non cultivadas, posúen unhas follas máis ásperas, e as uvas son pequenas e de sabor agre.

O cultivo da vide para a produción do viño é unha das actividades máis antigas da civilización, probablemente contemporánea ao comezo desta. Existe evidencia de que os primeiros cultivadores de viñas e produtores de viño, atopábanse na rexión de Exipto e Asia Menor, durante o neolítico. Ao mesmo tempo que os primeiros asentamentos humanos permanentes empezaron a dominar a arte do cultivo e a cativa de gando, así como o da produción de cerámica.

Vættir

Vættir (Antigo nórdico; en singular Vættr) ou wights son espíritos da natureza da mitoloxía nórdica. Estes espíritos naturais divídense en distintas familias, incluíndo ós Álfar (elfos), Dvergar (ananos), Jötnar (xigantes), e mesmo deuses, os Æsir e Vanir, que deben ser entendidos como familias prominentes dentro deles. O termo familias (ættir) é a miúdo traducido como 'clans' ou 'razas'. Estas familias relaciónanse e casa con membros doutras, e ás veces tamén con humanos. Sjövættir (espíritos do mar) son gardiáns de augas sagradas.

O tomte ou nisse é un vätte solitario que vive nas granxas. Usualmente é benevolente e normalmente axuda á xente, ó contrario que o malicioso illvätte. Por outra banda pode causar moitos males se está anoxado, como matando o gando.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.