Gandaría

A gandería ou gandaría é unha actividade económica do sector primario, dedicada á cría do gando, o conxunto de gando dunha explotación gandeira ou a propia explotación gandeira. O obxectivo é sacar proveito da cría e explotación de animais, xeralmente domésticos, para obter carne e outros produtos coma o leite, ovos, coiro ou la.

A gandería bovina, porcina, equina e caprina son as máis comúns, aínda que ultimamente a cría de animais alternativos parece aumentar.

A gandería está intimamente relacionada coa agricultura, e estas dúas actividades humanas dependen dun tipo especial de ambiente e ecosistemas, que son os do medio rural ou agroecosistema.

Ovellas fonsa
Rabaño de ovellas.
Tudanca
Vacas de raza tudanca en Cantabria, España.
EC Black Piglets
Porcos autóctonos de Mallorca, España.

Historia da gandería

A gandería comezou no neolítico, cando o home iniciou a domesticación de animais herbívoros como vacas, ovellas, cabras e abandonou a caza e a recolección de froitos. Estes animais como o gando vacún serviron, ademais de proporcionar carne, como animais de carga de mercancías, tiro do arado, proporción de peles e máis tarde de leite e derivados. O esterco acumulado nos cortellos serviría para fertilizante dos primeiros cultivos. Estes mesmos animais axudarían ao desmonte dos bosques e a creación de pastos. Nas rexións do hemisferio norte, o gando trasladaríase segundo as estacións desde as zonas frías ás amornadas no inverno, e desde as calorosas ás máis frescas no verán.

Afírmase que é anterior á agricultura, resultando da mellora dos cazadores-recolectores, que deseguido de aprenderen a cazar os animais vivos para matalos, déronse de conta da posibilidade e utilidade da súa cría.

Nas primeiras etapas da gandaría, o home continuaba nómade, e na maioría das veces conducía os seus rabaños domesticados sen procurar xa a caza senón novos pastos para alimentar o rabaño.

Aínda que non hai probas da práctica da agricultura antes do 8000 a.C., os seus efectos foron drásticos sobre a gandaría, pois a agricultura fixou o home no lugar do plantío, co cal tiveron que inventarse novas solucións en substitución da gandaría nómade.

Clasificación da industria gandeira

A industria gandeira clasifica ao gando segundo o fin deste:

  • Gando de cría
  • Gando de engorde
  • Gando leiteiro

Formas de explotación

1000000vacas
Evolución de gando vacún en Castela e León, Galicia, Cataluña (as tres máis altas de España) e Portugal entre 1995 e 2004.

Segundo a forma de tratamento dos animais, a gandería pode clasificarse en:

  • Gandería extensiva: é onde se utilizan grandes extensións de terreo, dedicado ao crecemento do gando. Mantéñense con herbas que nacen e se desenvolven naturalmente. Este tipo de explotación leva á deforestación de bosques e á extinción de especies animais, ademais de pór en risco comunidades indíxenas que dependen dos recursos naturais [Cómpre referencia].
  • Gandería intensiva: é un sistema de produción agrícola que fai un uso intensivo dos medios de produción. Por iso, pódese falar de agricultura intensiva, en man de obra e en capitalización.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Cabezón de la Sal

Cabezón de la Sal é un municipio e unha vila da comunidade autónoma de Cantabria, España. Cabezón está situado na fouce de Santa Lucía, horadada polo río Saja paralelamente á Sierra do Escudo de Cabuérniga.

Cabezón de la Sal limita cos seguintes municipios: ao norte con Udías e Alfoz de Lloredo, ao sur con Ruente e Mazcuerras, ao leste con Reocín e ao oeste con Valdáliga.

Cabuérniga

Cabuérniga é un municipio da comunidade autónoma de Cantabria (España). Está situado na zona oriental da comunidade e a uns 54 quilómetros da capital, Santander, achantado dentro do val do Saja.

Limita polo norte con Valdáliga, polo sur con Los Tojos e Mancomunidad Campoo-Cabuérniga, polo leste con Ruente e Los Tojos, e polo oeste con Rionansa e Tudanca.

Comarca da Terra Chá

A comarca da Terra Chá é unha comarca galega situada na zona norte e interior da provincia de Lugo. É a comarca máis extensa de Galicia con 1822,75 km². No ano 2014 tiña 42.336 habitantes. A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros —cómpre citar o castro de Viladonga— con agros e pasteiros chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.

Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.

A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandaría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiros, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.

Departamento de Agricultura dos Estados Unidos

O Departamento de Agricultura dos Estados Unidos (en inglés, United States Department of Agriculture, USDA) é unha unidade executiva do Goberno Federal de EE. UU. O seu propósito é desenvolver e executar políticas de gandaría, agricultura e alimentación. A súa meta é entender nas necesidades dos produtores (granxeiros, rancheiros), promovendo o comercio agrícola e a produción, traballando para asegurar seguridade alimentaria, protexendo os recursos naturais, mellorar as comunidades rurais, e pór fin á fame.

Foi creado o 15 de febreiro de 1889, en xurisdición do Goberno Federal de Estados Unidos. Posúe un persoal de 105.778 empregados a xuño de 2007; cun orzamento de $94.000 millóns de USD (2006). O seu director é Mike Johanns, como «Secretario de Estado de Agricultura»; o seu segundo é Charles F. Conner, secretario deputado de Agricultura

Distrito Bukedea

Bukedea District é un dos distritos da Rexión Oriental de Uganda, chamado así pola súa poboación capital, Bukedea. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de arredor de 122.500 habitantes.

Limita co Distrito Kumi polo oeste e norte, co Distrito Bulambuli polo leste, co Distrito Sironko e o Distrito Mbale polo sueste, e co Distrito Pallisa polo sur.

Foi creado polo parlamento ugandés no 2006 e tornouse operacional o 1 de xullo de 2007. Anteriormente formaba parte do Distrito Kumi. Este distrito, conxuntamente cos de Amuria, Kaberamaido, Katakwi, Kumi e Soroti conforma a subrexión Teso, lar de dous millóns e medio de persoas das etnias iteso e kumam.

A agricultura de subsistencia e a gandaría son os dous piares económicos do distrito.

Distrito Bulambuli

Bulambuli District é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital Bulambuli.

Limita co Distrito Nakapiripirit polo norte, co Distrito Kapchorwa polo leste, co Distrito Sironko polo sur e co Distrito Bukedea polo oeste.

Foi creado en 2009, e tornouse operacional o 1 de xullo de 2010. Anteriormente, o distrito formaba parte do Distrito Sironko. O territorio da zona meridional do distrito é montañoso e é propenso a enchentes. En troques, a parte setentrional é seca e propensa a sufrir secas.Segundo o censo do ano 2002 tiña unha estimación de poboación de aproximadamente 97.300 habitantes.A agricultura de subsistencia, así como a gandaría, son as principais actividades económicas do distrito.

Distrito Gomba

O distrito de Gomba é un distrito da Rexión Central de Uganda.

Entrou en función o 1 de xullo de 2010, cando se partiu o antigo Distrito Mpigi en tres: Distrito Gomba, Distrito Butambala e Distrito Mpigi.

A súa poboación estimada no 2010 era duns cen mil habitantes, o que supón un decrecemento con respecto ao 2002, cando se nomeaba como condado e tiña 133.264 habitantes.

Limita co Distrito Mubende polo norte, co Distrito Mityana polo nordeste, co Distrito Butambala polo leste, e cos Distritos Kalungu, Bukomansimbi e Sembabule polo sur. A sede capital do distrito atópase en Kanoni.

É un distrito principalmente rural, con gandaría e agricultura de subsistencia.

Distrito Kalungu

Kalungu District é un distrito do sur da Rexión Central de Uganda, chamado así pola súa capital, Kalungu. Entrou en función o 1 de xullo de 2010 e o cálculo da súa poboación no 2002 era de 160.684 habitantes.Limita cos Distritos Gomba e Butambala polo norte, co Distrito Mpigi polo nordeste e leste, co Distrito Masaka polo sur e co Distrito Bukomansimbi polo oeste.

A agricultura, así como a gandaría e a pesca polo lago Vitoria e as marxes do río Katonga, constitúen as principais actividades económicas do lugar.

Posúe un hospital, Villa Maria Hospital, administrado por monxas franciscanas.

Distrito Katakwi

Katakwi District é un distrito da Rexión Leste de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital Katakwi.

Limita co Distrito Napak polo norte, co Distrito Nakapiripirit polo leste, co Distrito Kumi polo sur, co Distrito Ngora e co Distrito Soroti polo suroeste e co Distrito Amuria polo oeste.

Foi creado en 1997, sendo anteriormente parte do Distrito Soroti. Atópase dentro da subrexión Teso, lar dunha poboación estimada de 2.5 millóns de persoas das etnias iteso e kumam. En xuño de 2005, a parte oeste do distrito separouse para formar o Distrito Amuria.

Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación estimada de 118.900 habitantes.

A agricultura de subsistencia así como a gandaría son as principais actividades económicas do distrito.

Distrito Kyankwanzi

Kyankwanzi District é un distrito da Rexión Central de Uganda. O nome do distrito provén da súa capital, Kyankwanzi. Creouse no ano 2010, sendo anteriormente parte do Distrito Kiboga.

A agricultura e a gandaría son as dúas principais actividades económicas do distrito.

Conta cunha poboación total de 147.400 habitantes segundo as cifras subministradas polo censo poboacional levado a cabo durante o ano 2002 en Uganda, cando era subcondado.Limita co Distrito Masindi polo norte, co Distrito Nakaseke polo leste, co Distrito Kiboga polo sueste, co Distrito Mubende polo sur, co Distrito Kibaale polo suroeste e co Distrito Hoima polo noroeste.

O distrito subdivídese nas seguintes unidades administrativas:

Mulagi

Ntwetwe

Gayaza

Wattuba

Butemba

Nsambya

Kyankwanzi

Distrito Nakaseke

Nakaseke District é un distrito da Rexión Central de Uganda, nomeado así por Nakaseke, a súa capital e maior poboación.

Limita co Distrito Nakasongola polo norte e nordeste, co Distrito Luweero polo sueste, co Distrito Wakiso polo sur, co Distrito Mityana polo suroeste, cos Distritos Kiboga e Kyankwanzi polo oeste e co Distrito Masindi polo noroeste.

O distrito subdivídese nas seguintes unidades administrativas:

Kapeeka

Ngoma

Kinyogoga

Wakyaato

Nakaseke Town Council

Kaasangombe

Semuto

KikamuloSegundo o censo do ano 2002, tiña unha poboación estimada duns 137.300 habitantes. A principal base económica do distrito é a agricultura e a gandaría, así como a pesca nos pantanos.

Distrito Pallisa

Pallisa District é un distrito da Rexión Oriental de Uganda, que recibe o seu nome pola súa poboación capital, Pallisa.

O Distrito Pallisa limita polo norte (de oeste a leste) por Distrito Serere, Distrito Ngora, Distrito Kumi e Distrito Bukedea, polo leste co Distrito Mbale, polo sueste co Distrito Budaka, polo suroeste co Distrito Kibuku e polo oeste co Distrito Kaliro.

O censo do ano 2002 estimaba a súa poboación en 300.700 habitantes, nunha área de 1.956 km2.

A agricultura de subsistencia e a gandaría son as principais actividades económicas. En menor medida, tamén hai pesca, piscicultura, como tamén apicultura.

Gando

O gando ou gado é o conxunto de animais mansos de catro patas criados polo ser humano para a produción de carne ou leite e mais os seus derivados que serán empregados na alimentación humana. A actividade humana encargada da cría do gando e a gandaría.

Neolítico

O Neolítico, Nova Idade de Pedra, (do grego néos "novo" e lithos "pedra"), por contraposición a Paleolítico ou Vella Idade de Pedra, é un dos períodos en que se considera dividida a Prehistoria. Inicialmente déuselle este nome en razón dos achados de ferramentas de pedra puída que parecían acompañar ó desenvolvemento e expansión da agricultura. Hoxe en día defínese o neolítico precisamente en razón do coñecemento e uso da agricultura ou da gandaría. Normalmente, pero non necesariamente, vai acompañado polo traballo da olería.

Nómade

Os nómades (do grego: νομάδε, "nómade", "o que deixa os rabaños nos pastos") son comunidades que se trasladan dun lugar a outro, no canto de establecerse permanentemente nun só lugar. Estímase que, no planeta, ao redor de 30 a 40 millóns de persoas pertencen a pobos nómades.Os primeiros seres humanos foron nómades, mais aínda é a forma de vida de moita poboación do mundo.

Durante a Prehistoria, ó non coñecer o home a agricultura nin a gandaría, víase obrigado a seguir os rabaños dos animais dos que se alimentaba para cazalos e sustentarse, ó mesmo tempo que cazaba ou pescaba outros animais e recolectaba produtos vexetais.

O home descubriu a agricultura e a gandaría durante o Neolítico. Grazas a iso, moitas poboacións puideron asentarse nas terras que ocupaban e convertérense en sedentarios. Porén, nalgúns lugares do mundo era necesario desprazar constantemente o gando para que este puidese seguir pacendo unha vez que esgotaba o pasto dun lugar; ou era necesario buscar novas zonas onde cultivar plantas, coma nas selvas tropicais, onde se cultivaban (e séguese cultivando) sobre as cinsas dos terreos queimados, que unha vez cultivados, abandónanse e búscanse novos terreos.

Durante a antigüidade e a Idade Media houbo un gran número de pobos nómades. Moitos deles causaron estragos en grandes países sedentarios, como as invasións bárbaras no Imperio Romano, ó cal fragmentaron; ou as invasións mongois sobre a China e outras moitas rexións asiáticas e europeas, as cales devastaron e conquistaron.

Hoxe a maioría da poboación mundial é sedentaria, ou semisedentaria (coma en Bangladesh, país situado no delta de grandes ríos, a maioría do terreo é tan cambiante que é necesario abandonar as casas para construílas en novos sitios varias veces durante a vida).

Algúns exemplos de conxuntos diferenciables de pobos nómades que hoxe existen son os seguintes:

Tribos amazónicas

Tribos mongolas

Masais

Pigmeos

Esquimós

Pasto

En agricultura, pasto é calquera comestible con base vexetal empregado especificamente no lugar onde se medra a planta para a nutrición de gando, como o caso de vacas, ovellas ou porcos.

O pasto por definición é de orixe vexetal, aínda que o produto inxerido polos animais pode ser un derivado procesado ao cal se engadiron minerais ou restos animais. Para acentuar a calidade nutritiva do pasto búscase unha natureza compensada entre leguminosas e gramíneas, de xeito que se produza unha complementación proteica.

Pliego

Pliego é un concello español da Rexión de Murcia, situado na comarca do Río Mula. Tiña unha poboación de 3.937 habitantes en 2014.

Atópase a 308 metros sobre o nivel do mar e todo o municipio está rodeado polo de Mula. Está a 33 km da cidade de Murcia.

A economía local está baseada fundamentalmente na agricultura e gandaría. O seu maior cultivo son os froiteiros, destacando o albaricoqueiro, nas súas variedades de "búlida" e "real fino", moi apreciados polo seu sabor e calidade nos mercados estranxeiros, ségueno pexegueiros, amendoeiras e viñedos.

Prado

Un prado é unha terra chaira ou de relevo suave, húmida ou de regadío, na cal se sementa e crece a herba co fin de xerar pasto para o gando. Polo xeral os prados mesofíticos crecen en rexións húmidas e non moi frías, nas que apenas existe seca, baixo o dominio dos bosques caducifolios ou aciculifolios. Os prados forman ecosistemas creados pola actividade humana como fundamento dunha economía rural baseada na gandaría, mantendo a vexetación nun estado de subclímax.

Villaralto

Villaralto é un municipio andaluz da provincia de Córdoba. No ano 2005 tiña 1.385 habitantes. A súa extensión superficial é de 23 km² e ten unha densidade de 60,2 hab/km². As súas coordenadas xeográficas son 38º 27' N, 4º 59' O. Atópase situada a unha altitude de 585 metros e a 80 quilómetros da capital de provincia, Córdoba.

Está comprendido dentro do conxunto de pobos que compoñen a comarca de Los Pedroches, situado no corazón xeográfico da mesma.

Villaralto limita cos concellos de El Viso, Hinojosa del Duque, Alcaracejos, Dos Torres e Villanueva del Duque. O seu edificio máis emblemático é a parroquia de San Pedro Apóstolo, con tres naves e torre do século XVIII. A festa máis coñecida é a romaría da Divina Pastora que se celebra na ribeira do Guadamatilla o primeiro domingo de maio. A economía está baseada na gandaría, a agricultura, algunhas industrias e establecementos varios.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.