Gamba (crustáceo)

Gamba é o nome que reciben varios crustáceos mariños da orde dos decápodos, de abdome desenvolvido (macruros) e casca flexíbel, de tamaño menor que o dos lagostinos, semellante ao dos camaróns, especialmente os pertencentes á familia dos peneidos, que son consumidos como mariscos.[1]

As principais especies presentes nas augas galegas son:[2]

Gamba blanca 01
Gambas brancas.

Notas

  1. gamba no dicionario da RAG.
  2. Ramonell, R. (1985): Guía dos mariscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3.
Aristeidos

A dos aristeidos (Aristeidae) é unha familia de crustáceos decápodos carideos pertencente á superfamilia dos peneoideos.

Como os peneidos, son crustáceos moi apreciados na cociña e as máis famosas gambas forman parte desta familia. Aristeus antennatus, coñecida como gamba vermella ou gamba rosada, é unha das especies máis apreciadas.

Chourizo (crustáceo)

O chourizo (Aristaeomorpha foliacea (Risso, 1827) é un crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos e familia dos aristeidos.

Gamba branca

A gamba branca, ou gamba propiamente dita, Parapenaeus longirostris (Lucas, 1846), é un crustáceo decápodo da familia dos peneidos que ten o seu hábitat nas costas do Atlántico, tanto occidental, desde Massachusetts á Güiana Francesa, como oriental (incluíndo o Mediterráneo) desde Galicia até Angola. Abunda na zona do Golfo de Cádiz, concretamente na costa da Provincia de Huelva.

Gamba rosada

A gamba rosada ou listada, ou aínda rubia, Aristeus antennatus (Risso, 1816) é unha especie de crustáceo malacostráceo da orde dos decápodos, infraorde dos carideos e familia dos aristeidos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.